sexta-feira, dezembro 30, 2005


"SI, SI, SI, O PRÓXIMO EN MILLÍ"¡¡¡

"´REMATOU O SOÑO, ESPERTAMOS"
Galiza ou Galicia, como queiran, debutou neste terceiro milenio con vicoria fronte a Selección bicampiona do mundo, Uruguay.
Ö partido xa estaba gañado de antemao vendo o ambietazo que había en San Lázaro nunha tarde-noite propia do noso benquerido país.
Supoño que a estas alturas xa estaredes informados de quen marcou os goles e todo eso. Nano (atinou Victor) e dous o mesmo Deus. (3-2, maquillaxe uruguaya ó final)
No que respeita a "excursión" dos de Melide, dicirvos que trasladamos o esprito do San Caralampio as inmediacións e ó propio San Lázaro, montando incluso unha carpa no céspede dunha glorieta enfronte do mesmo Fondo Norte, coa axuda de dúas vallas que nos cedeu gratamente un policia, unha farola, unhas estacas e un Peugeot 106 que habia aparcado ali cerca. Impresionante, a xente pensaba que se trataba dun Chiringuito-Taberno e viñannos comprar cervexa e emapanada pero ó ver os precios desorbitados que pedíamos non tivemos moito éxito, eso si invitamos a todos os que pasaron por alí que non foron poucos: os da "Compañía do Ruído" de Ribeira, un grupazo, o deseñador da bandeira galega coa vaca e locutor no programa de radiovoz "Zapping" Antón-"Anthony"Lezcano,un grupo de seguidores vigueses con "cornos" incluídos (un deles quería entrar pà dentro e un dos colegas díxolle "Tranqui neno, que a festa do Fondo Norte esta agora mesmo eiquí cos de Melide" e un longo etcetera de persoeiros/as.
Despois entramos ó campo, onde nos surtiron de material pro-galaico a esgalla, libro de contos da mellor selección literaria, manguitos azuis e brancos pra meter bulla, bandeirolas autóctonas, xornais feitos pra ocasión etc.
Situamonos no corner con preferencia, sabendo que a parte de ser un bo sitio entraba en tódolos tiros de cámara xa que as cámaras da tvg estaban de fronte.
Colgamos a pancarta, que artistas son os que o fixeron, parecían profesionais.
Cagamonos un pouco na lexislación dos espectáculos deportivos porque tiñamos no autobus 15 caixas de quintos agardando e nos a secano de todo.
E pouco a pouco veu o partido, o speaker que era o do Breogán (un fenómeno no Pazo de Lugo pon a toda a xente arriba) avisaba que "Xa ven, xa chega a Selección Galega" e chegou, emoción a raudais á hora dos himnos, oye que bonito é o uruguayo (parece das pelis de vaqueiros). E escomenza o espectáculo. Perdímonos o primeiro gol, a parte de pola néboa e polas bengalas dos "Siareiros GAlegos" que estaban no fondo sur proque nese momento estabamos cantandolle a unhas rapazas que iban pola pista de atletismo "A por ellas oe oe". Entonamos os cánticos de rigor "Oe, oe eo oe eeee", "galiza ...", "o miúdiño", "a rianxeira", algun acordouse dos que estaban antes e outro dos que aínda estaban antes e así che foi.
Cada fotografo qeu pasaba o noso carón pola pista disparaba unhos cuantos flashes. Así é que saimos en toda a prensa do país. La voz, faro de vigo, el correo, galicia hoxe, dxt campeon etc. Tamén saímos na tele en tódolos corners, e incluso os nosos cánticos nun micro de ambiente que levaba un operario o redor do estadio, cando parou onda nos, SI SI SOMOS DE MIILLÍ, e Melide con gGaliza e co queixo da nabiza escoitaronse nos fogares de 300.000 galegos, aprox. que estaban seguindo a branquiceleste.Soupémolo o momento por que a tecnoloxía avanza e os móviles son a oxtia.DEspois do partido novamente a carpa e despois a ver os concertos que organizaron "siareiros" un pouco mais abaixo do estadio ó caron do Pazo de Congresos e do hotel Puerta del Camino. Tocaron "Os tres trebóns e o vendaval do rosal" o grupo de Xurxo Souto, Antón e Amil dos Papaqueixos e Lourenço o vendaval do rosal amigo da terra de melide.Só lle vimos tres pezas entre elas "NArcotraficante", "licor café" e un corrido. Ben. Despois tocoulle o turno a "DAndy Fever" que probablemente se despediran nesa data. Estiveron moi ben, moito mellor que cando estiveran en Melide con Lamatumbá. Un bon ska si señor. E despois tocou Skarnio, no descanso do concerto fíxolle unha homenaxe a Nacho que subiu o palco recoller un detalle. Nacho foi escueto, deu as grazas e marchou. Nós sacamonos unha foto con el, cando a teña poñoaa. E díxonnos voume meus, que me agardan na cea.
Tryp San lázaro. A 100 metros dos concertos. E despoois viñemos pra terra.
Ah, o speaker. Bueno algo queimouse cando dixo, "CAña, caña o próximo contra España", previament dixera "Si, si , si...." e nos xa saltamos somos de millí, e connosco todo o noso sector. Despois enteramonos que era Si si si , o próximo BRASil.
Bueno, de hoxe un ano e daqui alí moitas veces. Boa noitevella a tudos meus.

quarta-feira, dezembro 28, 2005


XA QUEDA POUQUINHO MEUSSSSSSS¡¡¡¡
Adiante Galicia ......


A falta da foto da pancarta que fixo Emilio (que crack) para o gran partido (6 x 3 m2) fixena no Paint mais ou menos como quedou.
Como non o berro de guerra "Sí, si, somos de Millí" un clásico xa que incluso sae nos agradecemtos do libreto do último disco de Lamatumbá "lume para que saia o sol", os ourensanos unha xente que coñecimos en Sobrado.
E o "Melide coa Galiza e co queixo da nabiza", onde quedan claro dous dos nosos grandes amores. VEñaaaaa. Uruguay que guay para guai Galiza.

terça-feira, dezembro 27, 2005


CB PALAS. OUTRO ANO MAIS.

Hola que tal, o Nadal que?, coma sempre, agardo que sin mais novidade de que a Botella de Anis del Mono, elemento percutivo por natureza, aguantara outro ano mais sen romper apóis da fricción que lle premeu a culler de turno.
Xa que recibin un Comentario de Vitorino Órdoñez de Palas, decíndome que o tema moi ben pero que do Clube Baloncesto Palas nada.
Pois voume desquitar logo. Decirvos que xogo no CBPalas dende a tempada 1998/1999, polo tanto e se boto ben as contas esta é a miña octava tempada defendo as cores dos da Ulloa(como pasa o tempo). Debutei con eles, con 19 anos, en Primeira División Autonómica(desposi de que o equipo conseguirá o ascenso na tempada anterior), e en fronte tiñamos a equipos da talla de Maristas-Lugo, CB Monforte, CD San Ciprian, Siglo XXI-Galicia, San Rosendo-Ferrol, CB As Pontes, Atlantico Coruña, Atako Pub-Lugo, CB Galicia-OAR Ferrol, Conchado y asociados, Estudiantes, AP Cambre e CB Sto. Domingo de Betanzos.
Baixamos, aínda que tiñamos un bon equipo, as lesións, o pouco adestramento e os compromisos persoais e laborais fixeron mella en nos e quedámonos a unha victoria da permanecia. Foi unha experiencia única xa que aquel ano e na aquela categoría enfrontamonos a equipos que agora estan na Liga EBA , equipos históricos (Oar ferrol)-xogamos contra eles un domingo ás 12 da mañán na Malata-tipo ACB, e contra un equipo de xente nova e de promesas do basquet nacional que era o Siglo XXI de Lugo, que daquela adestraba o ex-seleccionador e actual adestrador do Breogán, Moncho Lòpez, e que tiña nas suas filas a un Chantadino larguirucho que non xogaba moito, anos despois soupemos que era Fran Vázquez, xogador do Akasvayu Girona e seleccionado no Draft da NBA polos Orlando Magic.
Na 99-2000 xogamos na Primeira División Provincial de Lugo (hai 3 categorías) e dende aquela seguimos estando nela, sendo un dos históricos da competición.
O noso mellor posto destes anos foi un 2º de fai tres tempadas, onde fumos líderes boa parte da competición. O habitual en nós e facer o mesmo número de derrotas e victorias e manternos no medio da táboa, máis o ano pasado faltalle un pouquichiño pra baixares.
Neste ano empezamos perdendo con estrépito con Milagrosa, unhos vellos coñecidos que sempre estan ahi arriba e este ano van claramente a polo ascenso, perdimos de moito no pavillón da antiga Frigsa en Lugo, un recinto onde non nos gusta xogar nadiña xa que ten unha pisicina climatizada embaixo e sube o calor ata a pista facendo moi dificultosa a práctica do deporte. Reaccionamos e gañamos cómodamente na casa ó Celtas de Foz. E no último partido disputado voltamos saborear a victoria perante o Chantada na sua pista, por só 3 puntos de diferencia. Actualmente imos cuartos empatados a puntos co primeiro, a falta de disputarse un encontro entre o Y Que dure(Pub de Lugo) e o Deportes Élide no que presumiblemente gañen os outros candidatos claros o ascenso os Y que dure.

quarta-feira, dezembro 21, 2005


PROGRAMACIÓN DO GATOS PARA OS SEGUINTES VENRES.

Vaise acabando o ano e xa están as uvas e o cava preparado, pero sempre celebraremos que no PUB GATOS hai concerto, cousa rara ¿non sí?, así que a espera de pechar uns flecos para informaros do que acontecerá en Xaneiro vou relatarvos os que restan deste mes de Decembro, derradeiro deste ano de 2005 (estou profético).

Coma aperitivo da Noiteboa e dando un xiro ó que estamos acostumados no Gatos o Venres 23 faremos unha gran festa co grupo de música tradicional "OS MELIDAOS", que como ben indica o seu nome son de Melide aínda que sempre hai algún infiltrado, ¿verdade Xele?. Non se descarta que preto do fin da actuación a cousa se desbarre un anaquiño e apareza algunha que outra "jitarra eleutrica" e "janas" de festa a esgalla. Rum, rum, rum ...suspense, suspense..haberá que estar para comprobalo.

E o Venres 30 para despedi-lo ano no que a concertos se refire, qué millor que facer unha grande homenaxe ó rock and roll, e para elo nada millor que versións das millores bandas e intérpretes da historia: Doors, Led Zeppelin, Janis Joplin, Rollings Stones, AC/DC, Eagles, Stepenwolf..etc que estarán maxistralmente interpretadas polo grupo coruñés THE MITICOS, agora xa se sabe de qué ven o nome. Despois desto creo que as uvas correrán millor pola miña gorxa o día seguinte, ¿non vos parece?.

Coma sempre a entrada será de balde e comenzará todo o tinglado a partires da unha da noite.

Nada máis, para este ano chegou, así que non vos dou a tabarra ata o ano que ven (uf que alivio diredes).
Pero antes de que acabe este voltarei a tolearvos cos de Xaneiro, ¡qué mentireiro son!, ja, ja, ja

Que teñades tod@s moi boas festas e o ano que se aveciña supere con creces este que abandoamos. Saúdos e moitismo r´n´r. Nani . www.pubgatos.tk

terça-feira, dezembro 20, 2005


POLÉMICA NA SELECCIÓN.

O luns aparecía unha información no diario "La Voz de Galicia" no que se intuía que non había sintonía entre a Federación Gallega de Fútbol, presidida por Julio Meana e a Secretería Xeral para o Deporte, de Santiago Domínguez.
Parece ser que as rencillas viñan por convocar Fernando Vázquez á parte dos xogadores, a médicos(o do dépor e o do celta), utilleiros, delegados(Naco o ex de Compos e Celta) etc.
A Federación considerou iso unha inxerencia, xa que tiñan un pacto firmado coa Secretaría polo cal organizaban o partido e mais encargábnse do corpo técnico que sería o da Selección de Aficionados, e armouse a de Dios coas declaracións do número dous da Fedración.
Ó final había rumores de que Vázquez quería dimitir.
Nacho,o delegado, tamén fixo unhas declaracións polémicas nas que dicía que a Selección semellaba unha compesación entre as grandes cidades Vigo-Coruña quedando esquencido o resto.
Isto é o que pon na web de vieiros:

Meana: "Para nós, o partido do 29 é coma unha final de Champions"
[20/12/2005 11:03] O presidente da Federación Galega de Fútbol, Julio Meana, vén de escenificar, a carón do director xeral de Deportes, Santiago Domínguez, o seu "agradecemento total á Dirección Xeral, coa que mantemos unha sintonía total". Meana desautorizou as opinións verquidas onte nun diario coruñés polo seu número dous, Ramón de Llano, e negou a existencia de conflitos entre eles polo control da federación. "O presidente son eu", dixo Meana. Domínguez ironizou ao respecto: "Unha selección está en crise cando perde varios partidos; nós aínda nin xogamos".
E C H E T O D O U N H A C O M E D IA. Por eso nos dicimos que se arranxen e adiante Selección Galega, Selección de Breogán.

segunda-feira, dezembro 19, 2005

VOLTA A VICTORIA Ó FUTBOL MELIDÂO E O CIRE ENTRA EN DOUS DIXITOS POR PRIMEIRA VEZ EN MOITOS ANOS. XA TEMOS 10 PUNTOSSSS. (3 victorias e un empate). Cire-Mesía 5-3

O Cire gañou ó Mesía na casa gracias a cinco goles de Jesús Vázquez Jecho, os tres tantos dos visitantes non foron dabondo para conquerir a victoria en Melide.
Nun partido disputado, outra vez mais a valía e a clase de Je foi determinate para levar os tres puntos. Non sei exáctamente os goles que levará pero coido que todos os do equipo agás unhos pouquiños, como anécdota cabe sinalar que no partido fronte o Sobrado Xuventude un dos goles do Cire foi conseguido nun barullo no área a salida nun corner, o arbritro preguntoulle o noso central e capitan aquel día, Capi ,quen acadara o tanto e este respondeulle coa sua sorna característica nel habitualmente: "Apuntallo ó 11 que o que os leva todos". Onte meteu tres de pena máxima, un de rexeite a saque de falta dura por parte de Brais e outro a pase de Santi. A verdade e que a ninguen se lle escapa que este é un xogador de outra categoría. Hoxendía é un privelexio para o Cire que siga connosco, soio destacariamos un defecto neste home, debería ser menos polémico, pero bueno a raza e a casta saen de dentro e senón que llo prgunten a Sotichkov e a outros moitos. Dende aqui dexesarlle o mellor tanto a el coma a todos os seus compañeiros, que fixeron tamen un grande esforzo no partido de onte. Cabe sinalar que debutaron Carlos Sesar na portería, Perillas sancionado por 5 cartóns non xogou, e Miguito, cunha boa actuación na primeira parte e mantendo o tipo na segunda.
Como resultado sorprendente, ou non, nesta xornada do grupo 4º da terceira rexional, o Sobrado X. Vs Mesón do Vento ou Bento (non o sabemos) que acabou cun 1-0 para os amarelos inflinxíndolle a terceira derrota desta tempada os lideres da categoría.

segunda-feira, dezembro 12, 2005


O CIRE ABONADO A DERROTA

Hoxe, outra vez mais, teño que dar malas novas con respeito ao futebol melidâo. O Cire de Melide voltou perder nesta ocasión fronte o Santo Estevo de Abellá, terceiro clasificado no grupo 4º da terceira rexional galega.
Nun partido marcado polas decisións arbitrais ,de novo, o Cire plantoulle cara a un dos gallitos da competición ata ben mediada a segunda parte.
Coma ven sendo habitual adiantamonos no taboleiro de marcas, apóis chegaría o empate dos de Frades e logo o seu segundo tanto precedido dun foro de xogo clarísimo que o arbitro non se dignou a sinalar.
Os do Cire protestaron e o trencilla, nas antípodas do estilo inglés de arbitraxe, escomenzou a actuar, coma ben dixo o noso central Capi, "estilo oeste", tarxeta vai tarxeta ven, ata chegar o maravilloso número de 7 marelas pros xogadores de campo e 2 vermellas para o adestrador e o delegado.
Coma anécdota cabe sinalar que o porterio dos verdes, Përilla, díxolle o colexiado "Só, falto eu", co conseguinte cartón ao canto.
A autoridade no campo deicidiu chamar a outra autoridade, la Bénemerita.
Non era para tanto.
Na segunda metade o Cire consigue o empate nun maravilloso pase de 40 metros de Capi para a carreira de Jhecho, que outra vez mais e xa van unhas cuantas, bate por baixo ó porteiro rival.
A partires de ahi a mala sorte (3º gol deles nun rexeite) e algunha decisión técnica , o cansazo, e a superioridade física e técnica do nº10 dos de Abellá decidiron un partido enganoso en tanto o resultado.
O campo en inmellorables condicións, está enclavado nunha das arterias de producción láctea do noso país (Frades,Ordes,Mesía etc), xusto o lado do campo, vimos aparcados diante dunha explotación leiteira maquinaria valorada en 200 millóns,a ollo, das antigas pesestas, onte estivemos na terra de JOHN DEERE, e perdemos, pero os bos momentos virán e co espiritú e co valor da nosa xente e da nosa hisoria algún dia conseguirémolo. VAMOS RAPACES E FORZA CIRE¡¡¡¡¡

terça-feira, dezembro 06, 2005


CONCERTO DE ITH ESTE MÉRCORES 7/12 NO GATOS.

Guten taken meus, pois aqui che andamos de ponte e esqueciame de anunciarvos que este mércores víspora do día das Conchas (8/12)no gat-horario habitual e no gat-garito de sempre vai estar o grupo rock de Xanceda (Mesía) e de Boimorto (Vaca é), mesturados o 50 % vol, ITH. Está formado por Toxo (mestre artesán e constructor de guitarras autodidácta) de Arentía-Andabao (Boimorto) ó baixo, Miguel Folgueira (apagafuegos)de Os Anxeles (L.A)-Corredoiras-Boimorto a bateria, Miguel II, guitarrista, de Xanceda, e Pablo na outra guitarra e voz (Mesía too).
Como podestes comprobar personaxes moi queridos e moi activos na música da comarca son membros deste combo que fai un rock duro en galego moi interesante, onde podemos atopar dende versos de Celso Emilio ata punteos "made-in-soho".
Interesante tamen as versións que fan de grupos míticos xa, como Guns and Roses, Mike Oldfield, Rolling, Bob Marley etc etc
Pois eso, si tedes tempo e vagar pasade polo Gatos e ó mesmo tempo de que vos quentades na cheminea de leña tamen se vos queceran as orellas co ritmo das duras notas de guitarras salvaxes e ceivas, duns guerreiros do corazón de Galiza.
O nome tomano de ITH, fillo de Breogán (caudillo celta), conta a lenda que Ith dende o alto da Torre de Hércules divisou unha nova terra e lanzouse na sua procura, esa nova terra era a Verde Eirín, a nosa irmá Irlanda.
No outro orde de cousas o CIRE perdeu este pasado domingo fronte o Rialeda (Betanzos) por 0-1 en encontro disputado en Melide. Partido de pouco fútbol no que o Cire mostrou vontade e ocasións para darlle a volta o gol tempraneiro dos brigantinos, pero a escasa fortuna e a mala actuación do colexiado empediron a ansiada remontada pola poboada grada nunha tarde de frio e aire.
Sen mais, como diría Nani, Saúde e rockNroll.

sábado, dezembro 03, 2005



COMO BAIXAR O CD. SELECCIÓN GALEGA XA¡

Acompañando o primeiro número da revista Bravú dedicado monograficamente á procura da Selección Galega, xa!, editouse un CD con nove temas da man de músicos e grupos musicais, máis ou menos accidentais, nos que tamén achegaron as súas voces xogadores como Fran, Michel Salgado, Xose Ramón ou Nacho.

Galicia/Brasil, I Viña/M.Peón/M.Chao (mp3. 1,4 mb)
Lume de biqueira Fran + Xosé Ramón + Os diplomáticos de Montealto (mp3. 4,9 mb)
Selección ská Xenreira + Nacho (mp3. 5 mb)
Un cantar miudiño Siareiros galegos (mp3. 1,5 mb)
Selección de Breogán Korosi Dansas + Michel (mp3. 3,9 mb)
Galicia/Brasl, II Viña/M.Peón/M.Chao (mp3. 1,2 mb)
Arsenio is in da'house Sushi Loop (mp3. 5,5 mb)
Futbolistas de Galicia Coro dos Rozadores de Santa Cristina de Viso (mp3. 1,9 mb)
Non vai ser todo fútbol Pinto D'Herbón (mp3. 4,3 mb)

O LINK PARA BAIXAR TODO ISTO E MAIS É: www.vieiros.com/seleccionsdescargas.php?Ed=44

Outra cousiña podedes baixar a música do gran grupo compostelá Ruxe-Ruxe, os seus últimos Cdeses: A terra dos Comentos e Fervendo, nun exercicio de desinteres e expandimento dos de Aríns: http://www.ruxeruxe.com/1mp3.php.

Sen máis ata a próxima IRMAUS.

quinta-feira, dezembro 01, 2005




FAGA FRIO OU NON, MELIDE COA SELECCIÓN ¡¡¡

Xa queda menos pra o partido que a Selección Galega de fútbol disputará en San Lázaro perante a bicampeona do mundo ,Uruguay.
Como ben me informou Victor Latoneiro, xa está a venda a camisola de Galiza, cecais o sitio mais preto pra mercala sexa Deportes López.
A verdade é que na páxina onde ven que é www.vieiros.com/seleccions pon que está en Arzúa, pero como ben sabedes López tamen ten tenda en Melide na Rúa da Habana (ó caron da Tahona). Polo tanto non será dificil conseguir a elástica branquiazul.
Polo demáis sen novidade, recoméndovos esa páxina de vieiros porque hai fotos curiosas dun partido que xogaron xa fai 8 anos na Estrada, siareiros e artistas, entre eles Xurxo Souto,Paco Lodeiro, Manolo Rivas etc, asi como tamen hai fotos históricas da primeira selección galega que xogou o primeiro partido ou match(como se dicía de aquela) Vs un combinado do Centro, outra das curiosiades que ten a páxina e que podedes descargar de balde aquel disco Selección Galega Xa, onde grupos do Bravú xunto con estrelas de aquel momento (FRan, Xosé Ramón, Nacho do Compostela, Michel Salgado) cantan a prol da selección. Alomenos e simpatico e anécdotico. Sen mais un saúdo a tod@s