
LANDIS POSITIVO POR DOPAXE
Floyd Landis o ciclista amish gañador do Tour 2006 parece ser que deu positivo, polo tanto mala nova para o mundo da bicicleta (cada dopaxe e un porto de categoría especial neste deporte) e boa nova de rebote para o galego indomable, Óscar Pereiro. Haberá que agardar para que se faga o contraanalese e despois os médicos da U.C.I practicaran unha serie de probas sorpres nun período de tres meses para saber se a testorena a segrega de forma natural o norteamericano ou é un fáctor esoxéno, mais info aqui. É unha mágoa tamén para os galegos do Phonak(seis, entre masaxistas e mecánicos. Phonak un equipo no que xa deron positivos outros corredores como o tamén yankee, Tyler Hamilton, e onde o cabeza de turco(aínda que non era da Coruña senón de Ponteareas) foi o director Álvaro Pino, que dende aquela andivo en vespino para agora liderar o proxecto da nova equipa ciclista galega, o Karpin Galicia.

Pereiro, un tipo extrovertido e mediático onde os haxa que borra o arquetipo de galego que se ten por ahi endiante, apareceu o outro día en Mos, no homenaxe do seu pobo, cunha camisola onde se podía ler en inglés, Por favor non botedes mais misís.

Ei Riki! aquí David, canto tempo.
ResponderEliminarQue saibas que o día de Pla de Beret , cando Pereiro perdeu 26 minuntos había un comando de galegazos nas rampas do porto integrado por Xulio Ruxe, eu e varios ponteses máis animando o bo de Oscar.
Eu coido que foron os nosos ánimos os que lle deron folgos ;-)
Coma dixemos ese día, sin imaxinar o que ía pasar ¡FORZA PEREIRO SEMPRE!
Ahi está ese comando Sar-Pontés dandolle enerxia (endesa é moito) non dopante ó de Mos, a ver si se confirma o de Landis, parece que o new york times xa dixo que a testorena era sintética polo tanto, dopping, fixome moita gracia o que viña o outro dia no xornal de que se bebera duas cervexas e catro jack daniels despois da "pajara", por eso consumiu tantos bidóns de auga, eran pra resacaa¡¡¡
ResponderEliminar