
SON CERCEDA E ITH. O ROCKANDROLL RESISTE.O pasado venres no pub Nunca Mais de Ordes,patrocinado pola Sociedade de Xestión do Xacobeo e coa finalidade de promocionar o Camiño Inglés a Santiago estiveron os grupos cercedenses Zënzar e Machina e os boimorto-frades-xancedanos Ith (estes últimos tamén actuaron o xoves anterior no Gatos co inconvinte de que ás cinco cancións foise a corriente eléctrica e non poidemos disfrutar de toda a intensidade destes grandes músicos, ó berro de "queremos un solo potente, que nos fagha vibrar" Miguel Folgueira colleu as baquetas (que van a pilas) e bourou na súa batería tanto como quixo sacando moreas de notas que encheron a fría noite melidana nunha síntese de intensidade percutiva e virtuosismo raiboso. Foi impresionante.
Do concerto de Ordes comenta o feudal semanario Tierras de Santiago:
turno para el "rock clásico con toques innovadores" que según su guitarrista, Miguel Iglesias, caracteriza a ITH. Y desde luego, su sonido contundente y buenas formas convencieron. Las melenas del personal no dejaron de menearse hasta las 03.30 horas, reclamando "más festivales" para la comarca.
Eu creo que Toxo inda ten moito máis que ofrecernos. É unha pena que non volva a compoñer coa súa propia banda, imprimindo así ó seu propio estilo e caracter a banda. Porque con Ith e con Lony faino que nin dios.....pero anda que non nos daría unha alegría se refundase os vellos Mestizaxe!!!
ResponderEliminarIba a ser apoteósico. Xa que ó meu parecer a Mestizaxe só lle sobraba Edith. É cun par de arranxos e incorporacios quedaríalles moi boa banda.
Anda Toxo, di que polo menos ó vas pensar o!!! xD
Dacordo totalmente contigo.
ResponderEliminarToxo é versátil é ante a carencia na nosa terra de baixistas, baixos non hai pero vajos si, mcd.
Do de que sobraba Edith, pois tamén estou dacordo. Non se adecuaba ben ó estilo.
Non sei que me da a min que o do Mestizaxe pasou a historia pero quen o sabe?, igual volven polos cartos como tantos e tantos jejjej
veña un saúdo ás Highlands da comarca.
quen dixo que había carencia de baixos ? iso demostra a falla de coñecemento do fillo de McLaud, o baixista que lle da o nome a "Rial y los Reyes del Ritmo"
ResponderEliminarCajonacona pasoúseme que había grandes domiñadores das catro cordas cruzando o Río Iso. ç
ResponderEliminarDisculpas aos Reis do Ritmo e a León por dubidar de que tivera o carné do Xabarin. Aínda cho pasamos ben o outro día, recordando vellos clásicos de Chantada a Pontevedra pasando por montealto. Veña r
pois preparate, para o dia q as notas musicais saian do río vello (ubicación exacta do ensaios place) porque repertorio xabariniano vai ter un pouco
ResponderEliminarDebezo por escoitarvos.
ResponderEliminarOla!!!
ResponderEliminarSon edith e férveme o sangue polo que leo de casualidade despois de tanto tempo! Ha, ha! Pois non! Francamente sorprendida comigo, encontro fóra de prazo a oportunidade que algún día necesitei e hoxe me vén, por se aínda me pode escoltar alguén con quen comparta aprezo. Agradézovos a ocasión que me brindastes e os collóns para dici-lo que moitos máis ca vós pensaban e, confundíndose, non se atrevían a expresarme. Amigos! Actuar como gueixa non significa exercer de cortesá… Imos por partes.
Primeiro, sei dicir que non vos caiba dúbida de que Toxo ten infinito que ofrecer como músico, como artesán e como persoa, pero o “punto Toxo” -e isto é algo que me levou tanto tempo asimilar como acada-la miña orde interior e volver amar- é unha maneira de vida segundo a cal a paz interior debe manterse por riba de todo e aínda a conta de desaproveita-lo propio talento nalgúns aspectos. É un xeito de honestidade vital como outro calquera, dos escasos que quedan. Espero que estea moi recuperado daquela fatalidade. Ánimo e alegría para el e @s que quere.
Despois, o comentario sobre min é esencialmente certo, gustaríame pensar que tamén “inxusto” ou con algunhas carencias de información cando menos. Queda claro que as propostas Mestizaxe e Skvra -teriades que escoita-las impresionantes guitarras desta última!- acusaban unha falta de compaxinación nas tendencias e que, anque sexa un pouco difícil xulgar quen debe adaptarse a quen nestes casos, a máxima discordancia partía da miña voz. Isto sucedeu precisamente, en contra do que poida parecer, por tratar de adaptarme sen éxito ás preferencias de todos e miñas sen dar aplicado o pragmatismo que conviña. Demasiada poesía e… O que non vai, non vai. Neste aspecto Skvra estivo un chisco mellor, non o suficiente, creo. Sen embargo falar de quen sobra ou falta nun contexto no que todo o mundo “se deixou a pel” ó seu xeito, e non pouco, resulta duro de escoltar. Xusto neste sentido, a Miguel Folgueira, con quen sempre me sentirei en débeda, debíalle unha desculpa por aquelas diferencias. Tal vez non só a el. Ai, a inexperiencia! As boas intencións eran a base daquel rock, pero…Se alguén le isto… Non trato de establecer ningún debate nin penso respostar a “críticas” posteriores, só pretendo ser libre para arrincarme esta espiña, agora que xa parecía non doer, ofrecendo a miña parte da verdade e ficando en paz cos demais. Agarimos, sorte e forzas a aludidos e non. A tódolos que aínda cren na música, na arte e en calquera forma “interna” de beleza e sinceridade… GRACIAS!!! Moitos bicos!
E gracias sen límite a quen fixo posible o renacemento en min da persoa capaz de dicir isto!
(Unha lembranza sentida para o grande Vega)
Erratas: onde di "escoltar" quere dicir "escoitar". Deica!
ResponderEliminar