sábado, julho 29, 2006


Onte venres estivo Mercedes Peón na Praza do Convento de Melide e ninguén sabía nada, eu entereime unha hora antes do concerto. Non sei quen é o responsable da desinformación, pero é triste que veña unha artista dese caladao ó pobo e que pase desapercibido. Por certo, a Peón ten moita familia por estas terras. Eu cada día vexo cousas mais berlnguianas que o propio Berlamga.

quinta-feira, julho 27, 2006


MELIDE MEDRA¡¡¡¡

Non moito, pero medra, que é o contrario a non medrar. Bueno despois deste axioma BarrioSesámico, dicirvos que Melide no último censo gañou 57 habitantes mais, pasou de 7.809 a 7.866. Dos cales 4.535 viven no casco urbano (sen contar Santa María, Furelos, e Castro -aínda que en realidade esteñan no devandito casco-).
No padrón pasado eran 4.411 as persoas censadas. É dicir viven en Melide-pobo 124 persoas mais que o ano pasado.
Moi destacado tamén o número de mulleres, 4.028 fronte os 3.838 homes, (sodes dous centos mais tias, tocades a 1.05 por cada home, quen dicía aquelo que eran cinco por home, e que algún estaba con dez?) Un bon dato si señor, si o comparamos -con quen iba ser, que non se me enfade ningúen eh¡¡- con Arzúa. Xa que no noso veciño concello, e sen embargo amigo, baixaron en 30 habitantes, de 6.632 a 6.602, mais ou menos como estaban. No que si é abrumante a diferenza é en casco urbano, Melide os 4.535 que xa dixemos é Arzúa 2.512, mais de dous milleiros de persoas que viven no pobo, eso sí as parroquias de Arzúa supérannos en todo, tanto económica como demográficamente. Mais datos no Instituto Nacional de Estatística.
Sempre se dixo, e eu creo que é certo, que son moito mais ricas as terras de Arzúa, moito mais fertiles ("é Mariña"-vellos dixit) cas nosas pequenas parroquias montañosas (salvo excepción de Campos e algunha que outra zona mais).
Para que vexades o adianto que nos levan os arzúans, as maiorías das parroquias teñen a concentración parcelaria feita dende fai mais de trinta anos.
Aqui xa van..., bueno, é mellor calar. :).
Que demostran estos frios datos, que o interior de Galicia está vivindo unha crise moi fonda de envellecemento de poboación e que, penso eu, só se vai salvar coa chegada da emigración. Tempo ó tempo. Xente nova que viva en Melide pola semana é pouca, non me extraña. Masa non a teño. Industria tampouco. É do campo...., eso merecería un "post" bastante amplio, porque ó noso agro chóvenlle paus por tódolos lados e mais.
Se nos quitan a construcción e o sector servizos, morrer a miñoca.

LANDIS POSITIVO POR DOPAXE
Floyd Landis o ciclista amish gañador do Tour 2006 parece ser que deu positivo, polo tanto mala nova para o mundo da bicicleta (cada dopaxe e un porto de categoría especial neste deporte) e boa nova de rebote para o galego indomable, Óscar Pereiro. Haberá que agardar para que se faga o contraanalese e despois os médicos da U.C.I practicaran unha serie de probas sorpres nun período de tres meses para saber se a testorena a segrega de forma natural o norteamericano ou é un fáctor esoxéno, mais info aqui. É unha mágoa tamén para os galegos do Phonak(seis, entre masaxistas e mecánicos. Phonak un equipo no que xa deron positivos outros corredores como o tamén yankee, Tyler Hamilton, e onde o cabeza de turco(aínda que non era da Coruña senón de Ponteareas) foi o director Álvaro Pino, que dende aquela andivo en vespino para agora liderar o proxecto da nova equipa ciclista galega, o Karpin Galicia.
Pereiro, un tipo extrovertido e mediático onde os haxa que borra o arquetipo de galego que se ten por ahi endiante, apareceu o outro día en Mos, no homenaxe do seu pobo, cunha camisola onde se podía ler en inglés, Por favor non botedes mais misís.

sexta-feira, julho 21, 2006

Hoxe doble cita musical de altura en Melide.

Primeiro estalo na sala 600 (o a1)con Grupo Potemkin, unha banda onde varios músicos de grandes grupos galegos (Ruxe-ruxe, Papaqueixos, Os Tres trebóns, Papaqueixos etc) se xuntan co único obxectivo de armar festa e de mesturar cantas mais músicas distintas mellor. Teñen unha canción en Apologhit , a Calindra Xida, e non iba mal situada.
E o outro estalo da noite, e non menos espectácular, e a chegada a Galiza na sua primeira xira do ska-punk-celta dos suizo-galegos Cenk. Outra vez mais a mítica sala gatos achéganos un concertazo de nivel, que ademais serve de punto de partida na nosa terra para esta xira galega dos helvéticos, que estarán entre outros sitios en Palas, Chantada, Ribeira (festa da dorna), San sadurniño, etc etc. Nani que grande eres.
Podedes escoitar gratis os seus temas premendo eiqui.
Xa sabedes ceade ben que a noite vai precisar de enerxia extra.
Melide móveseeeeee.
Por certo, acabo de velo no blog de Ghai-teirada xa é oficial o cartel do San Roque 2006.
Melideinblog adíantouse en primicia, todo por vos xentiña, veña. Rock and roll¡¡¡

sexta-feira, julho 14, 2006


Sempre que vou ó Castelo polo Carme, e escoito as cancións propias deste tempo adicadas a virxe, acórdome sempre do amigo Carmelo que xogou no Cádiz a finais dos oitenta e principios dos noventa. Un home que parecía de todo menos central de balompé, os gaditanos bautizárono como "O Beckenbauer da bahía" e era un icono do clube xunto con Máxico Gzlez. Pois eso que cando escoito "Nubecilla del Carmelo senos protectora y madreeeeeeee" lembróme deste homiño.
Aproveito este post para preguntarme porque no interior de Galicia (Melide e Arzúa) lle temos tanta fé e adoración a "Virxe do Mar". Para quen non o saiba as nosas terras estan regadas únicamente polo Furelos e polo Iso, entre outros.

Deixovos tamén a opinión de Otero Seoane sobor da adxudicación de licencias de tv, moi interesante o que di "desde dentro" e tamén nos confirma ós que estivemos algún día no audiovisual, que sigue sendo unha profesión mais inestable e volátil que o clima no San Roque, e que nas teles locais se cobra unha pouca miseria. Premede aqui.

HOXE NO MÍTICO PUB GATOS DE MELIDE,
a partires da 1.00 h, o grupo de ska vigués, KOGITO ERGO SUM
Sonidos xamaicanios para unha noite que se presume apetecible, tanto no eido meteorolóxico como no eido musical. Xa sabedes se non encotrades nada mellor, dubidoo, tedes esta proposta. Veña.

quinta-feira, julho 13, 2006


Vouvos dar unhas datas de Concertos e Festas imprescindibles este verán:

-Venres 14 de Xullo, no Gatos, a banda de ska viguesa Kogito.

-Venres 14 de Xullo, Joâo Afonso, sobriño do Zeca, en Carballo (A Coruña)

-15/7 MILLADOIRO en Barakaldo

-15 de Xullo, FESTIVAL DA CHAIRA (A Pastoriza- Lugo)
-Noitébregos
-Os tres trebóns
-Kogito
-Saldos Arias
-The Nerds


-15/7 LAMATUMBÁ + RUXE RUXE + MALVELA Vilaxoán de Arousa

-Venres 14 e Sabado 15 en Caldas de Reois (Po). FestivalCultura Quente

-15/16/17 de Xullo, festas do Carme en Melide, tamén en Arzúa.

-Xoves 20 de Xullo, en Castrelos-Vigo. Franz Ferdinand + Delorean + Femme Fatale.

-Venres,21 de Xullo, Cenk grupo punk-ska-celta dende Suiza. Moi bos.No Pub Gatos.

-Venres,21 de Xullo, Banda Potemkin, en Disco 600, grupo que mestura moitas músicas.

-21/22/23 de Xullo en Vilar de Mouros, norte de Portugal, o considerado mellor festival da península, con Sepultura, Iggy Pop e Kussundulola entre outros.

-23,24,25 de Xullo,
Festigal no Campus-sur en Compostela, o 24/7 tamén esta anunciado Banda Bassotti en Compostela, non se sabe aínda onde e quen o organiza.

-Festa da Fraga nas Pontes, o 24 estarán Berrogüetto e La Bottine Sourient e o 25 Lamatumbá.

-25 de Xullo. ZIGGY MARLEYen Vigo Parque de Castrelos .

-26 de Xullo : Santiago (praza da quintana) Maceo parker (98% de funk e 2% de jazz).

-Venres 28 de Xullo, Rock and Motos no Camiño.El Ultimo ke Zierre, Desorden, A Banda de Poi,Cenk. Palas de Rei.Gratuito.
-Sábado 29, segunda xornada do Festival de Palas, La Excepción,Dark la Eme,Octubre 28,Alén.Entrada de balde.

-29 de Xullo, FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA (Narón)
Gaitas de Artabria (Galiza)
Lau-Tximino (Euskal-Herria)
Nao (Galiza)
Skacha (Galiza)
Skarnio (Galiza)

Xa en Agosto,

1 de Agosto Vigo - Pet Shop Boys, Auditorio de Castrelos.

2 de Agosto Vigo - Helloween, Auditorio de Castrelos.

3 de Agosto Coruña - Paul Weller + The Sunday Drivers + Burning, Riazor. Noroeste Pop - Rock.

4 de Agosto. Melide. Saldos Arias. Pub Gatos.

5 de Agosto. Festival da Carballeira, Zas (A Coruña)

-XOCHILMICA (Galicia)

-CRISTINA PATO & MUTENROHI (Galicia)

-LUNASA (Irlanda)

-COMAS (Bélgica)


5 de Agosto. Coruña - Limones + Miguel Costas & Silvia Superstar + Teo Cardalda & Juan Rivas & Iván Ferreiro + Siniestro Total, Praia de Riazor.

Sábado 5 ás 21 H. FESTIVAL PARDIÑAS

ITH (Galiza)
BASIDOU (Marrocos)
IALMA (Bélxica)
N´FALY KOUYATÉ y DUNYAKAN (Guinea)
RUXE-RUXE (Galiza)

Domingo 6 ás 22 H. PARDIÑAS

TRÓPICO DE GRELOS (Galiza)
UXU KALHAUS (Portugal)
KORRONTZI (Euskadi)
LEILIA (Galiza)

-12 de Agosto. Festival dos Botes. Arzúa. RuxeRuxe e +

VII FESTA DA TROITA EN SOBRADO DOS MONXES
12 de Agosto II FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE
Festicultures Troupe
Lony (grupo rock Teixeiro, o baixista é Toxo)
Fundación Toni Manero
La Kinky beat

-13 de Agosto. Festival dos Botes. Arzúa. Lamatumbá e +

12 de Agosto. Narón . Def con Dos. Trasancos Rock.

-14/15/16 en Paredes de Coura, Portugal pretiño da fronteira con Galicia.O Festival mítico de Paredes de Coura.

-15/16/17/18/19/20. San Roque`06 en Melide, coas mellores bandas de música e as mellores orquestras de Galicia.
Peche de festa o domingo día 20, con (primicia absoluta para o blog)MUCHACHITO BOMBO INFERNO.


-SABADO 19 DE AGOSTO. SAN QUEREMOS 06. + info aqui

-19 de Agosto, FESTIVAL DO CASTRO (Pantón - Lugo)

-A BAnda de Poi
-Dios ke te crew
-Os tres trebóns
-Os Carunchos
-Nao
-Caldaloba
-Papacola


-26 de Agosto, Concertos na Explanada Pabellón Municipal de Deportes de Lugo
-La banda del camión
-Juan Rivas
-Iván Ferreiro
-Deluxe
-Miguel Costas & Silvia Superstar

-27 Agosto: Festa do Río (Arcediago - Santiso)

-28-29 Agosto: Festas do San Agustín (Visantoña)

En Setembro, o 10, segundo domingo do mes, SAN CARALAMPIO, 60 aniversario. Entre outros estarán Trópico de Grelos e Festicultrores Trouppe, ademais poderá haber algunha sorpresiña.


Buff, que verán meus, e esto é só unha pequena parte do que hai no país, + info en

Desconcierto,Axenda agrupación Castelo,Komunikando, Lume na palleira , Miki, Otero Seoane (aínda non sei quen é)etc etc

terça-feira, julho 11, 2006


Problemas nas concesións da nova Televisión (TDT) en Galicia.

Xa o víamos o outro día no blog de Marcus, ó medio no que traballa, Código 0, quedou sen licencia da futura televisión dixital terrestre. Moi mala nova, xa que Código TV formaba parte de Onda Nós, unha iniciativa moi boa onde varias canles de tv do país poderían ter un mínimo de programación propia e en galego.
Pero como din os que mais anos teñen, "sonche os mesmos cans pero con distintos collares", o goberno galego optou polos amigos de sempre, o cuarto poder tamén che manda, e ben: Prisa, Faro(gurpo prensa ibérica) etc. Pero bueno se queredes saber mais sobre este escuro tema o mellor é que vos informedes nesta ligazón, Vieiros.
Que opinades vos?, 0 comments supoño, veña um saúdo.

segunda-feira, julho 10, 2006


Italia, campiona dil mondo.

Genaro Gattuso, un calabrés (Sur de Italia), xogador do poderoso clube do norte AC Milan, críticado nesa zona do país alpino polo seu carácter sureño e os seus modos de vida. Foi sen dúbida a alma dunha escadra chea de oficio e de talento case a partes iguais.
Tetracampiona do mundo, repítese a historia do Mundial de Naranjito, cando os azurris deambularon na primeira fase, en Riazor e Balaídos, e empataron os tres partidos ante Polonia,Camerún e Perú. O mellor balance de goles deúlles o pase a seguinte fase por riba de Camerún. Despois foron de menos a mais e gañaron aquela Copa, para delirio do presidente da república, Sandro Pertini que á beira do Borbón rezumaba ledicia por tódolos recunchos do seu corpo. Curiosamente o Calcio naquela época tamén estaba en entredito por presuntas irregularidades e amaños de partidos. Sónabos de algo?, incluso o mellor xogador daquel Mundial, Paolo Rossi tivo que permanecer unha tempada na cadea.
Ágora estamos na diatriba de si baixara a Juve a Serie C, a 2ªB italiana, e o Milan a segunda, o Ministro de Xustiza (ex-directivo daquel Nápoles de Maradona e Caniggia)xa pediu públicamente antes da final, que se conquerian a victoria se promulgase unha amnistía, ampárandose no chocante que sería ver a unhos cantos campións do mundo deambulando por aqueles campos de Deus. A ver que pasa, en Italia todo é impredecible. É o único país, semelláse un pouquechiño a Vigo neso, en que cando mais desgoberno hai, mais evoluciona a industria, a cultura en definitiva o país. Paradoxas de la vita.
Ah, a foto dos xogadores italianos, é un galano a toda a sección feminina que visita este "blog" que tamén merecen alegrar os olliños de cando en cando, ou que dicides?
Por certo na enquisa de "Melide in blog" o 70 % dos votantes, elexístedes Italia e o restante ós galos. Noraboa Nostradamus da cerne.
Deixovos aqui o video da canción "Azurro" dun novísiiiiisimo daquela, Adriano Celentano, todo un mito da música mundial. Que nos falga dese ceo azul e dos viaxes a Marte. Il pomerechio è troppo azurro......

sexta-feira, julho 07, 2006


Unha das páxinas douradas do rockandrol escribiuna un grupo irlandés chamado Thin Lizzy.Hoxe venres no Gatos, homenaxe a mítica banda de Phil Lynott debido ó vintecinco cabodano da súa tráxica morte, a partires da 1.00 h.
Os encargados de facelo serán uns vellos coñecidos, xa tocaron duas veces no Gatos e unha no segundo e último Trece Gatos Rock. Dende Ribadeo, a gaita´n´roll de Mallory.
Se non estades en Ortigueira é unha boa opción.

Whiskey na Xarra¡¡¡¡¡

segunda-feira, julho 03, 2006

Acabo de velo en Chuza¡, que a súa vez foi colleito do blog Apocalipsedoporco que a súa vez o tirou do mítico Youtube, por algo á Internete lle chaman a rede de redes. Non ten desperdizo e ademais e o video mais baixado(27 millóns de veces), e polo tanto visto, dese portal que está sendo unha competenza moi dura para Google video. Se queredes saber mais sobre o Youtube pinhcade eiqui. Alá, a bailar con.......

Evolución da danza.

domingo, julho 02, 2006

SÍ PORTUGAL ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Duelo de Gallitos, mércores ás 21.00 h.