terça-feira, outubro 31, 2006

O FUTBOL PRAIA ESTATAL FALA GALEGO, OU CORUÑO, NENO.
O mellor xogador do mundo de fútbol praia é da Coruña, chámase Ramiro Amarelle é formaba parte, antes de xogar o baompé nos mellores areais do mundo, daquel equipo do Deportivo Xuvenil que se proclamara campión de España xuvenil derrotando entre outros o Madrid de Guti e Raúl, ala por finais dos noventa.
Naquel equipo campión tamén estaba un rapaz con familia por Melide, Luis Mosquera, que incluso ten xogado moitos campionatos de futbol sala de Agosto no pavillón, co equipo da Noela por exemplo.
A tempada seguinte Lendoiro desfai todo o equipo (eran os anos de Manteca, Abreu etc e de pasar olimpícamente da canteira) e hai que buscarse a vida.
Luis vaise para o Compostela xuvenil e Amarelle empeza a xogar o futbol praia. A selección española daquela(formada por veteranos ilustres do fútbol 11) fíxase no rubio coruñes e integrao no equipo.
Dende aquela Ramiro convirtiuse no mellor sobre a area e actualmente é o capitán do combinado vermello.
Este venres a Selección Española, ou debería dicir Coruñesa, debuta en Brasil na copa do mundo.
porqDigo o de "debería dicir coruñesa" ue tódolos xogadores son do peñón herculino.
Amarelle, Nico, Castro,Javi, Pablo, Iri, Johny, Miguel, Valeiro e Reboredo.
A maioría xoga en equipos modestos do fútbol galego (mais ou menos como o Cire).
Se non me credes, comprobádeo.
Sorte a "SELECCIÓN GALEGA DE FUTBOL PRAIA" en Copacabana (Río).
Por certo os caricocas dinlle a este deporte, "futebol de areia".
TEMPO DO SAMÁIN
Infórmovos que o Cire, categoría senior, derrotou o domingo pola mañán (incluso algún ilustre noctámbulo privouse de saír o saturday, manda webs), 2-3 o Galegos no terreo destes últimos. Púxemonos 0-3 e fallamos un penalty (Non, desta volta non foi Pedja senón que foi o Pelusa do Casco Vello). Coma sempre deixovos o enlace do blog do Cire (feito por Santi de Palas) para saber mais deste partido e do resto da xornada nas outras categorías nas que compite o C.I.R.E Prémelle.
Se preguntades polo Santiso, a resposta é empate UD Santiso, ídem o Sobrado, e o Toques descansou.
Noutra orde de cousas na vila do císter, é dicir Sobrado dos Monxes, organizan un "Gran Magosto" para este venres 3 de Novembro´ás 22.00 h, que estará amenizado polo grupo de gaiteiros "Os Melidaos". Estrela invitada a Castaña zurda, Xele.
Voltando a Melide, xornadas micolóxicas de setas e cogumelos organizadas polo Asociación de Troiteiros "Río Furelos" mañán dia 1 de Novembro.(Entre outras datas).
Os Ruxe Ruxe estarán hoxe en Madrid, pretiño do Bernabeu, no Irish Rover celebrando o Halloween.
Unha tradición celta que aqui en Galiza coñecemos como o Samaín.
O de tallar cabazas ou melóns xa se facía aqui moito antes que chegaran as peliculas yankess.
Se queres saber mais sobre este tema, pica aqui.
Esta tradición aínda está moi viva en Cedeira, no norte da Coruña.
Nota: o logo é do mítico grupo alemán de metal, Helloween.

segunda-feira, outubro 30, 2006

JOSE MONGE CRUZ. "CAMARÓN"
Xa que vos falei de Camarón, non me din resistido e póñovos un video do tubo, do mito xitano interpretando "Como el Agua", gustaríame poñer
"La leyenda del tiempo" pero non a atopei. Camarón, no Olimipia de París no seu ocaso vital pero coa arte que sempre o caracterizou.

Limpiaba el agua del rio
como la estrella de la mañana,
limpiaba el cariño mio
el manantial de tu fuente clara.
Como el agua
Como el agua
Como el agua
Como el agua clara
que abaja del monte,
asi quiero verte
de dia y de noche.
Como el agua
Como el agua
Como el agua
Yo te eche mi brazo al hombro
y un brillo de luz de luna
iluminaba tus ojos...
De ti deseo yo toito el calor
pa ti mi cuerpo si lo quieres tu
fuego en la sangre nos corre a los 2.
Como el agua
Como el agua
Como el agua
Si tus ojillos fueran
aceitunitas verdes,
toa la noche estaria
muele que muele,muele que muele,
toa la noche estaria
muele que muele,muele que muele,muele que muele.
Luz del alma mia divina
que a mi me alumbra mi corazon
mi cuerpo alegre camina
porque de ti lleva la ilusion.
Como el agua
Como el agua
Como el agua.BIS

domingo, outubro 29, 2006


JORGE "MÁGICO" GZLEZ E DIEGO ARMANDO
Dous dos mais grandes artistas que deu o fútbol xuntáronse onte no Salvador nun partido de exhibición, chamado softball .
4-1 gañaron os de Maradona. Dous goles para Diego e un para Jorge.
Diego Armando invitou a Mágico a que forme parte do seu equipo. Normal.
Mágico González fixo mais polo país centroamericano "EL Salvador" que ningúen.
E iso que era un amante da noite e que no homenaxe que lle brindaron en Cádiz houbo que ir chamalo ó hotel porque se quedara durmido.
Xenio e figura, foi amigo de un gaditano ilustre, Camarón de la Isla.
Cóntase del que era mais técnico incluso que Maradona, David Vidal dixit.
Foi de xira co FC Barcelona a EEUU e houbo un incendio no hotel, todos baixaron menos el que estaba na cama cunha Californiana e dicía todo o tempo que el non fora.
Mais info de Mágico premendo aqui

quinta-feira, outubro 26, 2006

Ten razón Laura no seu blog, Ghaiteira, parece que nos mirou un chosco porque vamos de catástrofe en catástrofe. Lumes, riadas, arruinamento dos bancos marisqueeros nas praias das nosas rías, luas de mel no calabozo (Caso A.M. Ríos); só saímos na tele cando pasa unha desgracia.
E aínda por riba unha cousa que parecía que tiñamos aseguradora, pónse en dúbida.
Refírome á victoria no Tour de Óscar Pereiro. Non llo queren dar, queren deixar deserto o vencedor da edición 2006. Era o que nos faltaba. Non nos resignemos e protestemos, que xa andamos cansos de dicir que chove cando o que cae do ceo se trata de orín, ou?

terça-feira, outubro 24, 2006

Anexo ós resultados da xornada.
Segundo nos informan, Santi de Palas e Victor de Sobrado, o Toques empatou na casa do Órdes B a un tanto. Espectácular empezo da liga dos debutantes, estan terceiros na táboa. Esa información era a que tiña eu, pero ó non velo en ningún xornal non a puxen. Seguramente ó xogar sabado esquecéronse de avisar a prensa escrita. E o Melide Fútbol Sala escomenzou a tempada gañando ó Laracha en partido disuputado no Pavillón da Martagona. (3-1). A ver si este ano volven a unha categoría digna como a Atuonómica, que o FS non pode estar en Provincial.
Cambiando de historia cóntovos que dende que Peque leva o pelo longo xa levou unhos cuantos puteos, que si Jason Donovan que si nonseique, agora o que mais lle chaman é Rafa Nadal. Ata xa pide 100 pippers con Cola-Cao.

segunda-feira, outubro 23, 2006

FÚTBOL NA CERNE, E OUTROS LERIOS.
O Cire sucumbe en Pontecarreira (2-0), o Santiso fai o propio na casa no seu choque co Viltatuxe (0-3), o partido Toques-Órdes-B suspéndese e o Sobrado gaña o seu primeiro envite pola mínima tendo como rival ó San Martiño (3-2).
Xornada aciaga para o deporte rei da comarca na categoría de Terceira Autonómica.
Só a victoria do Atlético Sobrado lavou un pouco a imaxe dunha xornada para esquecer.
Dicir que o Cire, é o que me toca mais a mau -e o corazón-, non tivo o seu día na chuviosa tarde do domingo e baixou da "nube" creada a xornada anterior mercede ó magnífico xogo despregado perante o CASX.
Pero bueno, coma sempre se queredes saber máis sobre o Cire de maiores, dos Xuvenís (gañaron 4-6, tipo Federer) e dos Cadetes (perderon en Pastoriza-Arteixo) tedes que entrar no blog oficioso do clube, feito por Santi de Palas, xogador do primeiro equipo e técnico das categorías inferiores, Prémelle, blog do Cire.
Se queredes disfrutar dunha auténtica e xenuina crónica dun partido da Terceira Autonómica grupo-11, tedes que entrar no de Tono M., que representa ás cores verdeamarelas nos campos do país do Deza e o Trasdeza e no ciberespacio, Prémelle, blog da UD Santiso.
Para enterárse de que pasa co Sobrado Xuventude, neste caso é un sitio web ó uso : C.A.Sobrado X.
E faltános o blog ou páxina do Toques, que agardemos que non tarde moito.
Dicirvos tamén que empezou á tempada o Melide FS(fútbol sala), do que non teño noticias, pero cando as teña contaréivos como quedaron ós pupilos do tándem de gardaredes Neira e Conde.
Falando de tempadas, outra que empezou foi a de caza. Estar está catalogado como deporte, pero bueno supoño que haberá opinións e criterios para tódolos gustos.
Cambiando de rego, recoméndovos o blog do irmán de Marcus,Xurxo, unha bitácora que habería que clasificala como din os brasilerios coma, Beleza.
Outra recomendación internaútica é a da páxina dun tocaio meu que é
un apaixoado dos grandes mestres e virtuosos das seis cordas, e do mundo marabilloso da maxia:Diario do mago
Bueno xente como din por ahí: "Nunca choveu que non escampase"

sexta-feira, outubro 20, 2006



Hoxe, 20 de Outubro de 2006, cúmprese un ano desta andaina cibernética.
A todo a xentiña que entrou neste recuncho da rede de redes, só se lle pode dicir GRACIAS, e se a pesares diso aínda ó seguides facendo tedes o reino dos ceos aberto de par en par.
Como pasa o tempo, chacho.

quinta-feira, outubro 19, 2006


Agora tócalle a música.
Mañá Venres 20, naSala 600 -antigo A1-, concerto dos ferroláns RIFF-RAFF,grupo exclusivo de versións de ACDC(son moi bos) que xa estiveran alomenos duas veces na nosa vila no mítico Gatos.
Nese local non hai nada programado, esto é o que nos di Nani: "O Venres 20 descansaremos, había algo programado pero non puido ser. Cousas do rock and roll
Pero para rematar o mes o día 27, Venres por suposto, seguiremos ca onda metalera cos tamén coruñeses Pulsar, que a decir verdade non sei si veñen sos ou traen algún grupo acompañandoos, para ofrecernos un repertorio amplio con moitos guiños ós Deftones.
E así son as cousas e así volas conto, non esquezades que os concertos son a partires da unha da noite e ca entrada totalmente gratuíta, bueno si alguén quere facerse cargo dalgún dos meus gastos, non hai problema eh, que non se corte, estou aberto a calquer cantidade, sobre todo si é superior ós 24.000 €, je,je,je...bueno nada máis, moitos bicos a tod@s, saúde e moito r´n´r. Nani
"
No 600 haberá mais concertos no mes de Novembro, entre eles a Banda de Nash, Macarrada (ex-MCD) e Porka Miseria. Todo o seu tempo.
Xa que o blog leva o titulo que leva,e arengado pola xente, véxome na obriga de, a parte de facer esto por mera afición, en convertir esto nunha bitácora de servicio público.
E en materia deportiva, como me recorda Tono (), concretamente en fútbol (é o deporte rei e o no que mais xente compite da nosa comcarca) a información que din esta semán está incompleta.
E esta foi unha semana moi boa en canto a resultados, agáss o Sobrado (que como ben sabedes sucumbiu ante o Cire), os outros dous represantes da nosa comarca venceron nos seus envites.
O Toques, do grupo V de Terceira Autónomica, gañou 4-3 vs Galegos de Frades.
Xogaron no campo da Ponte de Santiso, porque o seu está pendente de cumplir unha normativa (dende a miña óptica rídicula) que obriga a que o terreo de xogo esteña pechado con "barandilla".
Os toquensen, nun inicio de liga sorprendente, é a sua primeira tempada federados, encarámanse nun moi meritorio segundo posto do grupo.
Como anécdota da pasada xornada, dicir que o xogador do barrio melidáo do Castelo, Josu, tentou unha chilena na zahorra santicense, con resultados nefastos para o seu lombiño. Ai, cabeciña.
E do Santiso, dicir que tamén gañou por 1-3 no campo do Dozón. Mais información no blog de Tono M..
A próxima xornada deparará estes choques:
Sobrado-San Martiño (estreando campo os da lagoa)
Órdes b-Toques (a ver se segue a racha para os de Julio)
Ponte Carreira-Cire de Melide (a seguir polo bon camiño)
e no grupo 11, Santiso-Vilatuxe (a parte de rivalidade futobolísitca, de bandas de música, son míticas a de Vilar de Ferreiros-Visantoña e a propia de Vilatuxe (Lalín))

Comenta Tarrío, depois da "ensalzación da amistad" que lle fixen un pouco mais abaixo, que teño unha botella de cen jaiteiros debaixo da mesa do ordenata.
Teño que desmintilo categóricamente, non, de momento non a teño. Pero si que me gustaría ter un PC "tuenado" como o da foto.
A imaxe correspnde ó "propietario" deste blog; Falabarato, e fíxose popular entre o mundo do blogmillo galego.

quarta-feira, outubro 18, 2006


PEDJA VIVE EN SAN SALVADOR
A estas alturas da película case que todo o mundo mundial sabe (ou deberíao saber) que o ídolo persoal de Tarrío é un ex-xogador balompédico montegrino.
Pedrag Mijatovic, actual Director Técnico do Real Madrid; cando se oe falar del todo o mundo se acorda (ou polo menos os merengues) de que foi o heroe da 7ª no Amsterdam Arena fronte a Juventus.
Pero Pedja para Tarrío é moito mais, é un exemplo de "modus vivendi", a gomina, a perilla (as veces), a chulería innata (ben entendida), a clase, as formas, o saber estar, o sex-appeal (porque non dicilo) son rasgos que comparten ámbolos dous personaxes.
Eu a Pedja non o coñezo, pero sí a Tarrío, é podo dicirvos a parte de todas estas chorradas, que o estimo moito, e que é unha persoa dos pés (aínda que poña botas de chupamelapunta) á cabeza (aínda que ás veces pareza un anuncio de PolySwing).
Preguntáredevos a que ben este exercicio de amizade (mais propio dun sabado a noite cunhas copas, a famosa "exaltación de la amistad, que outra cousa").
Pois ben, a que esta tempada Javier Tarrío voltou a disciplina do Cire de Melide, e que o pasado domingo debutou perante ó Sobrado, realizando un gran partido (aínda que se lle notou un pouquiño que lle falta ritmo de competición) provocando unha pena máxima e, aínda que me doa na alma escribilo, errándoa tamén.
Pero dende aqui animámoste Terry a que inaugures na Pontecarreira a tua conta goleadoara e que nos fagas vivir vellos tempos.
Ala, utro día falaremos de Chiqui, Peque, Capi etc etc. Que se preparen.
Veña un abrazo compañeiros.

terça-feira, outubro 17, 2006

E-MAIL GRATUITO CO NOME DE MELIDE.net
Se queredes ter un enderezo electróncio de 2 GB de capacidade co nome de Melide despois da arroba, por exemplo tejedillo@melide.net, podedess facelo gratuitamente gracias a xestión do ciberpaisano Marcus. Só tes que entrar na súa páxina, Marcus.es e deixarlle un comentario dicindo que a queres, e quen eres. Mais información picando aqui.
Veña unha aperta, e xa sabedes cibermelidâos unídevos.

segunda-feira, outubro 16, 2006


PRIMEIRA VICTORIA DO CIRE, ESTE ANO.
Van xa tres partidos de competición, e xa fixemos de todo.
Empezamos perdendo 3-2 na casa do Oza dos Ríos (dous goles de Jhecho), empatamos a xornada pasada a un tanto(Brais, de falta) perante o Mesía, tamen fóra, e onte por fin gañamos xogando por primeira vez como locais (aínda que foi no campo de Vilasantar, xa que o novo campo municipal de Melide aínda esta por rematar -poñámoslle un mes ou dous- ). O dito, vencimos 2-0 os nosos veciños comarcais do Sobrado Xuventude, un rival que se nos resisíta dende fai anos e que onte por fin conseguimos dobregar.
Un moi bó partido do Cire borrou do mapa o conxunto marelo, que puido sair cunha gran goleada ó lombo, ó pouco que os nosos dianteiros tivesen mais sorte na definición. Non pasa nada, hai que gardar a pólvora para vindeiros envites, que falta a facer. A seguir así, rapaces que vamos ben. Noraboa a todos en xeral, gran partido colectivo. Destacar a Santiago "Taborda" polos dous chicharros e que non decaia para a semana fronte ó Pontecarreira, onde se non lembro mal o ano pasado o dianteiro palense tamén mollou, cun tanto de bemoles.
Deixovos o enlace do Blog do Cire, feito por Quintás, onde a parte de enterarvos do equipo senior, saberedes como lle vai as categorías inferiores, os xogadores do futuro.
A imaxe do balón Mikasa (por certo como mancaba na testa o cabrón) é unha homenaxe a Juan Segade, por tantos anos e anos de buscar esféricos na maleza do país (gran coñecedor da flora galega anexa ós campos, toxos, xestas, codesos, silveiras e demais elementos selváticos) e polos seus cafés (que no descanso espabilan a calquera).

quarta-feira, outubro 11, 2006

LUCUS AUGUSTA, FESTA FESTORUM
O nivel de concertos (todos gratuitos¡) que houbo este San Froilán en Lugo é de auténtico chapó. Xa levan unhos cuantos anos refrandados nesta tónica.(nordist mist-º ou schweppes, non sei)
Pero para min o prato forte (a parte do pulpo-polbo)quedou para hoxe e mañá. Aínda que moita xente non acude a capital lucense neste día por coincidir coa ponte do Pilar e coa masificación de xente en todos,todos, si todos, os sitios.
Se che gusta pasear sen agobios hoxe non é o día.
Para quen se achegue aló (50 km dirección nordeste, servizo de Freires (17.00,19.30,21.00) terá a oportunidade de ver a un grupo que foi Premio da Crítica Europea 2006 no apartado de novas músicas, Ojos de Brujo.
E como toque do país, a organización pensou en Ourense, Lamatumbá e Festicultores.
Casi nada. Mañá como coloifón, Barricada e Ismael Lò.
Disfrutade os que vaiades e cuidado cos botellóns na Muralla. Preme e flipa
Video de Festicultores trouppe, fíxadevos no xogo das puntas (picardía lucense).

terça-feira, outubro 10, 2006

Yasuri Yamileth vs Ankara´s Boy
Despois de ver este video...

...desontoxiqueime con esto:

I FOUGHT TO LAW, LAW WON.
Petei contra a lei e a lei gañou.
PD: Reggaton + Match3 = More blood ,less hair.