sexta-feira, janeiro 30, 2009

Sen dúbida a nova mais destacada esta semana en Melide, a parte das consecuencias do paso do ciclón "Klaus", que así lle chamaron, foi a morte onte en Furelos de José Mosteiro "Negreira", aquí vos deixo a nova que saíu no Correo Callego recollido da páxina melidense paxina.de/melide:

Saía da casa para levar a pequena ao colexio, e, de repente, escoitei un ruído moi grande. Pensei que sería coma outras veces, que as casas que hai aquí están moi deterioradas e de vez en cando caen pedras. Pero cando pasei de novo vin que había moitas tellas polo chan, tablas e vigas. E ao carón estaba a súa moto”. Así relata una vecina del lugar de A Igrexa, en la parroquia de Furelos (Melide), cómo encontró el cuerpo sin vida de José Mosteiro Mosteiro -de 72 años, casado, con cuatro hijos y vecino de este lugar-, que falleció tras derrumbarse el galpón, cuya estructura se debilitó a causa del temporal, en el que se encontraba ayer por la mañana dando de beber a sus caballos.

“El viña case tódolos días na súa moto para darlle de comer ou beber ás dúas bestas que tiña”, relata esta joven melidense. Tras ver todo el escombro, avisó a varios vecinos que se acercaron al lugar para comprobar lo sucedido. “Empezamos a separar tellas e madeiras e vimos o seu corpo. Estaba tumbado cara abaixo e xa comprobamos que non respiraba”, relata. Al momento, avisaron a la mujer del fallecido, que se desplazó rápidamente a este lugar y, conmocionada por lo sucedido, “tivo que marchar de aquí”.

Fue alrededor de las 10.15 horas cuando los vecinos de la parroquia de Furelos llamaron a los servicios de emergencia. Hasta A Igrexa acudieron, a las once menos cuarto de la mañana, efectivos de Protección Civil, de la Guardia Civil, de la Policía Local y de los Bomberos, así como una ambulancia del 061 y personal sanitario del centro de salud de Melide.

Según indican desde el parque comarcal arzuano, el techo del “alpendre, de aproximadamente 50 anos de antigüidade”, se cayó sobre Mosteiro, también apodado Negreira, quedando “atrapado na caída e faleceu no momento, debido ao gran peso das vigas”. Los equipos de emergencia procedieron a quitar de entre todo el escombro el cuerpo del fallecido.

Estructura debilitada

El cadáver fue levantado por la juez de guardia de Santiago de Compostela, alrededor de las 13.00 horas, “que ordeou o seu traslado ao Instituto Anatómico Forense de Santiago onde se lle practicará a autopsia”, informan desde el parque comarcal de Bomberos de Arzúa. “As causas que provocaron o accidente -añaden estas mismas fuentes- están sendo investigadas polo Xulgado de Garda de Santiago e pola Garda Civil de Melide, aínda que hai moitas probabilidades de que o temporal da semán pasada debilitara as vigas e paredes, e, ante un pequeno golpe, todo se viñera abaixo, sepultando ao propietario no interior”.

Con este vecino de la parroquia melidense de Furelos, ya son seis las víctimas mortales registradas desde el pasado viernes a causa del duro temporal que azotó Galicia y de sus efectos colaterales. Las dos últimas fueron una pareja de octogenarios que perdieron la vida en Cervo por inhalación de monóxido de carbono

LA CLAVE: El funeral se celebra hoy a las cinco de la tarde

El repentino fallecimiento de José Mosteiro Mosteiro causó gran consternación entre los vecinos de la parroquia y del municipio melidense. El funeral por su descanso eterno se celebrará hoy a las cinco de la tarde en la iglesia parroquial de Furelos, lugar en el que residía desde hace años .

FONTE: El Correo Gallego

Negreira todo un personaxe xa apareceu neste blog naquela foto que atopara en internet na bitácora de Xesús.

terça-feira, janeiro 27, 2009


"HORTENSIA"`09
Este fin de semana pasará a historia como o do "temporal", foi tremendo e hai quen di que foi mais "heavy" que o ciclón trópical "Hortensia" que azotou Galicia en outubro do 1984. Os mais privilexiados contaron, ou contamos, con luz xa ó mediodía do sábado pero aínda hoxe martes hai parroquias do rural (Orois,Golán e Baltar) ás que non chegou a corriente eléctrica. O mesmo pasa cáseque en todo o Concello de Santiso e en parroquias arzúas cercanas ó salto de Portodemouros (Dombodán).
Derivando en multitudes de problemas, todos sabemos a importancia acutal dos conxeladores na aldea ( e na vila, tamén) e ás perdas por falta de "luz" van ser cuantiosas, ó igual que no tema do leite onde ás tomas de terra de tractores e segadoras tiveron que dar "chicha" para poder muxir.
Curioso que as vivendas mais cercanas do enconro de Portodemouros van ser ás últimas en ter servizo eléctrico.
Eso sen contar os desperfectos que ocasionou o forte vento. Múltiples caídas de árbores (sobor de todo na zona de Santiso), chemineas, cubertas, antenas, etc etc.
A forza da natureza en todo o seu esplendor.
Como anécdota os concertos programados na Sala 600 foron en acústico:

sexta-feira, janeiro 23, 2009



A LAMBRETA DE RUDY
Para os amantes do básket e do deporte en xeral que o mallorquín dos Portland Trail Blazers, Rudy Fernández fora elexido para participar no concurso de mates do "All Star" da Nba do vindeiro febreiro e a culminación dun soño de todo unha xeración que se desvelaba para ver aqueles grandes concursos de finais dos oitenta e principios dos noventa.
A espectacularidade do precursor "Doutor J" -Julius Earving-, o incríbel concurso de Spud Webb de 1986 co seu 1.68 m. de estatura loitando contra as leis da física, e por suposto os grandes duelos entre Dominique Wilkins e o gran Michael Jordan fixeron do concurso de mates da NBA todo un acontecemento.
Dende aquela cada ano vemos como traballa o maxín dos concursantes para tentar sorprender ó xurado e ó público.
Segundo contan dende un xornal de Portland Rudy, dotado duns moi bos "muelles"- anda ensaiando un mate ó estilo Djalminha.
Póñemonos en antecedentes, Djalma Freitosa "Djalminha", un "mago" do balón que pasou pola Coruña deixou esta perla de calidade xogando en Riazor contra o Real Madrid: "A lambreta".

Curiosamente "o mate da lambretta" xa o fixo en varias ocasións con éxito un dominicano que xoga en Albacete, Orlando Sánchez.
Ahí o tedes:

A ver que pasa, o Slam Dunk do "fin de semana de las estrellas" será o sábado 14 de febreiro. A ver se o mundo se namora da espectacularidade do primeiro europeo en participar no concurso de mates yankee. Yes we can, criptonita para Howard.

CITA CO GANDO AUTÓCTONO E CO SÉCTOR FORESTAL ESTE FINDE EN MELIDE
Este domingo de feira celébrase en Melide a I Feira Exposición de Gando Autóctono.
Segundo recollemos da web do Concello de Melide : O domingo 25 de xaneiro, xunto co mercado de gando que cada fin de mes se concentra en Melide, celebrarase a I Feira Exposición de Gando Autóctono de Galicia, que traerá ao Pazo de Congresos numerosos exemplares de gando vacún, ovino, caprino e cabalar, das distintas razas autóctonas galegas, entre as que cómpre destacar os exemplares de boi de raza rubia galega. Estes animais contan xa con numerosas distincións e galardóns de distintos concursos de gando vacún. Ademais, a feira, que estará aberta o domingo dende as 7h da mañá ata as 20h, contará con numerosos stands de distintas áreas do medio rural, a través dos cales se informará de como acceder a estes exemplares e das distintas axudas abertas pola Consellaría de Medio Rural para estes e outros fins.
Completa a oferta da fin de semana hoxe venres e mañán sábado uns "encontros abertos ao público con especialistas do ámbito forestal galego. Durante estes dous días, analizarase a multifuncionalidade do monte, a política enerxética, o funcionamento das UXFOR e do Banco de Terras, a xestión da biomasa, a oportunidade para o fortalecemento do medio rural a través do monte, etc."

quarta-feira, janeiro 21, 2009



AXENDA TRIPLE
A oferta de ocio amplíase en Melide. Se nos últimos tempos é habitual que o Pub Gatos e a Sala 600 programen concertos, monólogos, espectáculos ao vivo, maxia etc a partir desta fin de semana súmase, de novo, o local situado no Forte (Avenida de Toques e Friiol), A Fundación.
Así entón para este venres 23 de xaneiro teremos as actuacións de :
A Fundación: A partir das 11.30 da noite concerto de Harry Navison Band, grupo que chega dende Ferrol formado por ex-compoñente dos Limones, dos Cempés e dos Tigres do Cañotas. Estilo: Country, blue-grass, swing etc. Podelos escoitar picando neste
enlace.
Sala 600A partir das OO.OO h. Pacífico + Zia, Pacífico é un grupo de Vigo formado entre outros polo ex-guitarrista de Kannon, Anxo Bautista e que conseguiu varios premios a nivel nacional. Estilo: Pop-Rock con toques de Emo-Pop. Influencias: moi josiñeiras ( ;) ), Muse, Radiohead etc Xa tocaron en Melide no Gatos e podelos escoitar no seu
myspace.
Zia: Son de Madrid e os seus membros (con perdón) estiveron en formacións tan senlleiras como SuperSkunk,Vacazul, Sex Museum ou Deluxe.
Prometen "rock sin prejuicios con una letras, que aún recordando épocas y formaciones anteriores son más honestas y arriesgadas". Veñen avalados por grandes actuacións en directo.
Escoita a ZIA
Pub Gatos Com nos conta Nani: Dentro da Rede Galega de Música Ao Vivo virán por segunda vez os vigueses APHONNIC despois da exitosa xira realizada por Brasil, Europa e o resto do estado español presentando novo traballo sin esquecer a mítica versión de "We will rock you" de QUEEN e outros temas que nos farán brincar e bailar ata o mencer.
Viran presentado o seu novo traballo "6bajopar" grabado nos míticos estudios Aeramaster de Vigo, dende que estiveran fai uns anos no Gatos compartiron esceario con grupos como Hamlet, Sôber, Skizoo, Habeas Corpus, Skunk D.F., Vikingo M.D,Terroristars, Estirpe, Tenpel, Kannon, Boikot Reincidentes,Fe de Ratas ye un longo etc. Para os mais frikis a súa versión do "Bienvenidos" de Miguel Ríos, soa ó final da peli de Jorge Coira "El año de la garrapata", ou "O ano da carracha" como prefiras.
Pica AQUÍ para escoitar ós Aphnonnic.

terça-feira, janeiro 20, 2009

VOLVO PARA QUEDAR (A ver si desta sí)

Prácticamente dous meses sen escribir no blog, como pasa o tempo, xa paso de disculparme, felicítovos pola vosa paciencia e supoño que vos quedou claro que Ferreiro foi o campión moral do nacional de históricos 2008. ;)
A ver se vou collendo ritmo, sacando tempo e vou actualizando mais a miúdo.
Bueno a nova de hoxe en Melide, é que de novo a paisaxe amenceu nevada e non houbo "escuela", cando eramos pequenos soñábamos con días coma este, e hoxe volvín ver esa ilusión (nos tempos que corren dominados pola play station e a wii) nos rapaces que se apoderaron das rúas, e dos prados para xogar co branco elemento.
O tempo está virado, que dirían os vellos, xa que este inverno debe se a cuarta ou a quinta vez que neva. Algo totalmente inusual por estes lares.
Noutra orde de cousas e botando a vista atrás este ano non poiden acudir a cita anual co fútbol galego en Riazor no partido da selección contra Irán (ó final foi o combinado persa quen veu a Riazor en vez de Chile).
Aínda así, coma sempre e xa van catro anos, o mais selecto da mocidade (e non tanto) melidense -capitaneado este ano por Vacenas, coa colaboura de Diego Lirio- viaxou a Coruña para dar alento á Irmandiña.
A expedición do Cerne situouse no pavillón superior e a pancarta que fixemos para o primeiro ano en San Lázaro saíu da palleira de Eva en PEZOBRÉS-SANTISO (a pancarta cumpriu o seu cometido sgundo dixo o padriño de Eva: "despois de seca-la herba,....era grande, ....prestábase, eso chámase reciclaxe sí señor, un día falaremos dos lugares onde estivo pendurada esa pancarta) e voltou ondear na fría noite coruñesa.
Como curiosidade póñovos esta foto anécdotica que me pasou Miki e Mateo do bus onde viaxaban os xogadore e o corpo técnico de Galicia.
Ó sacarlle a instantánea sumouse mais xente a facer fotos e o bon do buseiro incrédulo, pensou que se enganara de cartel e puxo outro que poñía "Selección Gallega Femenina".
No partido en sí, o triunfador foi o "neto" de Melide, Nacho Novo.