
SANTIAGO ROUCO E FESTA DE SAN ANTÓN
Primeiro de todo, que estou sentindo os foguetes, hoxe 13 de Xuño, festa do San Antón en Melide, misas e demais e actución de grupo de Gaitas do País e a noite a Orquesta Principal de Pontevedra, empeza o vrau empezan as festas meus. Está xa ten a súa historia, e aínda que non é das mais grandes ten o seu aquel é esta organizada polos coñecidos Antonios, De Mánximino e Do Forno. Polos nomes parecen dous xogadores de Boca Juniors e do Corinthians.
Segundo,para os que flipastes con Edilbeto Alonso o emigrante de Curtis, o panorama-freak galego non estaría completo sin outro baluarte de auténtica excepcíon, trátase do mítico Santiago Rouco, moitos de vos seguro que xa o coñecedes por aquel tema que sonaba moito en Gomaespuma, "Oye niña". A min a súa voz recordáme moitísimo, e que non se me enfade, a Barullo "Ruído" -o Fiti de Melide e o organizador do Skaralampio, cando interpreta ós catro ventos temas como "Jalisco, no te rajes", "Guadalajara", "Ni mas, ni menos", "Una paloma blanca" etc e composicións propias coma aquela versión de "La fiesta de Blas" de Fórmula V, transformada en "En el Entra y Verás" -local de culto en Furelos rexentado antergamente por Josefa e Paquillo e agora xestionado polo bigote máxico de "Carrilo"-, a letra di así: "En el Entra y Verás, hey, en el Enra y Verás, hey, todo el mundo salía con unas cuantas copas de más...."
Bueno pois eso que no tema de frikis, próximamente subirei algun tema del grabado ó pe da rua, e a ver quen o mais poderoso de momento conformadevos con escoitar a S.Rouco, prémede aquí e se queredes ver un video caseiro del aqui, tamén podedes visitar as seguintes webes;A regueifae Visicitud y sordidez para mais información.
E terceiro,seguro que xa vistedes por ahi que se estreaba un programa novo na TVG presentado por Carlos Blanco, "Somos unha potenZia" tedes mais datos na páxina de Marcus.
¡Ghrasiñas polo link e por espalla-la boa nova de Rouco!
ResponderEliminarOutrora, eu buscaba as grabación de entrevistas en radio Voz, Gomaespuma, actuacións no Semáforo... Agora, con internet, é incrible poder ser un unha fonte, pero seguro que andan moitos frikis con cousas de Rouco por aí desexosos de compartilas.
¡Veña, subídeas o youtube (ou outro) a pasade-los links!