BREVE HISTORIA DO MUSEO DA TERRA DE MELIDE
27 anos de traballo por e para Melide

Din que non se pode querer aquilo que non se coñece, por iso é moi importante dar a coñecer a historia do Museo da Terra de Melide para que cada vez sexa máis grande a familia de socios, amigos e admiradores/as do Museo.
Dicir para comezar que o noso museo naceu no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudio, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide.
1ª época: 1978-1982
Instálase no baixo da Casa do Concello, nas dependencias da entón Biblioteca Municipal, cunha mostra arqueolóxica castrexa e facendo cada verán exposicións temporais de etnografía, charlas e conferencias que puxeron os alicerces do futuro proxecto e creou a necesidade de conseguir máis espazo para unha exposición permanente de etnografía.

Nun tempo no que se abrían pistas, estradas e camiños, houbo numerosos achados arqueolóxicos á beira dos castros da Terra de Melide, e isto fixo posible a recollida fortuíta de anacos de cerámica castrexa. A eles engadíronse máis tarde outros útiles atopados nos labores agrícolas, moitos dos cales foron doados por nenos das escolas, sabedores do seu valor histórico grazas ás charlas e mostras que un grupo de afeccionados, chamado Grupo Arqueolóxico “Trisquele”, facía nas escolas e colexios da comarca. O Grupo Trisquele estaba formado por Xosé Manuel Broz Rei, Roberto Penín e os irmáns Xulio e Benedito Álvarez García. Este grupo de amigos puxeron, sen dúbida algunha, a semente do Museo da Terra de Melide.
Posteriormente, asínase a Acta Fundacional do Museo da Terra de Melide na que aparecen como fundadores do mesmo os seguintes: Xosé Manuel Broz Rei, Xosé Domingos Fuciños Gómez, Xulio Álvarez García e Benedito Álvarez García.
2ª época: 1982-2000
No ano 1982 faise o traslado a unha casa particular na que se instalan dúas salas: Arqueoloxía e etnografía. Unha casa de Xosé Domingos Fuciños, moi próxima á Praza do Convento, foi a sede do Museo durante 19 anos.
A colaboración da xente e o constante apoio económico dos socios/as foron decisivos dende o comezo pois a meirande parte das pezas eran doazóns e conformaron a primeira mostra da cultura da Terra de Melide.
3ª época: 2001-2005

No ano 1999, os numerosos fondos do Museo e toda a súa actividade esixían unha total renovación e ampliación pois o pequeno local era insuficiente. Foi así como se decidiu adquirir o antigo hospital de peregrinos de Melide, unha das casas máis antigas e importantes da vila posto que data do ano 1502.
Foi tal o interese xeral no novo proxecto que en só tres meses conseguiuse os oito millóns de pesetas necesarios para mercar a casa. Dese xeito, o pobo de Melide mercou por subscrición popular o que é na actualidade o Museo da Terra de Melide. Grazas a ese admirable e singular feito, o Museo ten hoxe un edificio propio, se cadra, como premio a toda unha vida dedicada por enteiro ó estudio e divulgación da cultura dunha comarca e a gardar, conservar e transmitir a nosa memoria histórica e cultural á novas xeracións.
Unha vez mercado o inmoble, cumpría reconstruílo e, para iso, recibiuse no ano 2000 unha achega económica da Xunta de Galiza e da Deputación da Coruña de 30.000 euros cada unha. Pero, esa cantidade non foi suficiente para levar a cabo as obras, polo que fixo falta novamente a axuda económica dos socios. Nunca debemos esquecer que os veciños, socios e amigos de museo responderon unha e outra vez a este proxecto e así foi posible xuntar máis de 10 millóns das antigas pesetas para a construción do edificio
Finalmente, despois de dous anos de obras non exentas de grandes dificultades e problemas que convén esquecer, tivo lugar o 26 de maio de 2001 a inauguración do novo Museo. Facíase así realidade un soño que enche de orgullo a todos os melidenses.
O Museo abría así as súas portas sabendo que aínda quedaban moitas obras por facer e mellorar. Houbo que poñer uns pasamáns provisionais de madeira, o chan das plantas quedada cunha capa fina de cemento, a luz das salas era moi deficiente, non se puideron colocar persianas nas ventás traseiras, etc. E así estivo o Museo durante catro anos.

4º etapa: Dende o 2005
Houbo que agardar case cinco anos para poder ver rematadas as obras do Museo e foi grazas á importante axuda de 30.000 € da Deputación da Coruña. Así, o 30 de novembro de 2005, O Museo da Terra de Melide abriu novamente as portas cunhas instalacións totalmente renovadas e melloradas. Foron o Presidente e Vicepresidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e Xaime Bello e a Deputada melidense, Socorro Cea, os encargados de inaugurar as novas instalacións con madeira no chan de todas as salas, pasamáns novos de aceiro e cristal, persianas, vitrinas acristaladas, máis iluminación, etc.
Agora si que temos un Museo digno de ser visitado, do que podemos sentirnos moi orgullosos e do que temos a obriga de coidar e mellorar cada ano.
Finalmente, cómpre lembrar que, 27 anos despois do nacemento do Museo da Terra de Melide, a Xunta Directiva do Museo está formada por Xosé Manuel Broz como Director-Presidente do museo, Benedito Álvarez de secretario; o seu irmán Xulio, como vicepresidente do mesmo e Xosé Antonio Díaz Rodríguez como tesoureiro e que na actualidade contamos con máis de 300 socios repartidos do seguinte xeito:
13 socios protectores que pagan 150 € ao ano
33 socios colaboradores (55 € ao ano)
327 socios que pagan 30 € ao ano.
A todos eles, o noso máis sincero agradecemento pois a súa fidelidade co Museo fixo posible facer realidade o proxecto cultural máis importante que temos no noso Concello.
Dicir tamén que o Museo da Terra de Melide pertence desde a súa fundación en 1981 ao Consello Galego de Museos.
Agardamos que este breve resumo da historia do noso Museo sirva para coñecelo un pouco mellor e para que siga medrando o número de socios pois son a mellor garantía de continuidade, conservación e mellora do mesmo.
Soqui Cea Vázquez
Socia do Museo

riki debeu morrer....
ResponderEliminaraínda non, aínda non pero non se preocupar, aqui na terra (bueno baixo dela si), non queda ninjién, foiche sempre e serao, é paradóxico a única vez en que a vida é xusta e igualitaria con todo o mundo é precisamente cando esta remata.
ResponderEliminarAsi é todo que tarde moitos anos e vos igual eh, por pedir que non quede, veña vou escribir algo que xa non é sin tempo.
uuuuuuuuuiiiiii, riki, como te vemos!!!
ResponderEliminaránimos para todo, se os precisas, e, veña, que estamos ávid@s dos teus comentarios!
http://achatcialisgenerique.lo.gs/ prix cialis
ResponderEliminarhttp://commandercialisfer.lo.gs/ cialis
http://prezzocialisgenericoit.net/ cialis costo
http://preciocialisgenericoespana.net/ cialis