
Bueno, no capítulo de hoxe uns singulares gaiteiros cambian o instrumento patrio polo balón e as polainas polos pantalóns curtos para disputar o xa comentado Campionato de Agosto.
"Froito novo", agrupación fundada ó amparo dos Padres Pasionistas e de Gabriel Mato "Garceiras" tiña tempo para todo, tanto animaban unha romaría coma suaban ó uniforme roxibranco e estas fotos de embaixo así o atestemuñan.
De esquerda a dereita e de pé: Miguel de Mina (porteiro, Mingos de Pita, Cabezudo , e Ramón (Chita). Abaixo: Pita panadeiro, Dimas e Moncho Palancas.
A foto está tomada no grupo vello (nº 1) nos primeiros oitenta coa grada da portería a media entrada e onde distingo a varias persoas.
Nesta outra imaxe, xa tomada no pavillón actual, vemos de esquerda a dereita e de pé a: Miguel de Mina, José de Mina, Ramón, Ferrys e J.R de AGolada. Abaixo: Mingos, Michel, Alfonso de Mina e Pazo Cabezudo.
Non sabemos si o entrar o campo soaba o "Antigo himno do Reino de Galicia" pero ben podería ser polas veces que o interpretaron en procesións e actos diversos os compoñentes da nosa agrupación folclórica mais internacional ata o momento.Ata aquí a entrega de hoxe, gracias a Alberto Prado por pasar o traballo de dixitalizar as fotos e mandarmas (eres un fenómeno, cuerno).
Nas próximas edicións , xa vos informo, veredes un dos mellores ciclistas galegos da historia compartindo unha xornada de cicloturismo co mais granado da socieade melidense de finais dos oitenta, non vólo perdades.
Xa que vai de futbol decir que (como decias nunha entrada anterior) Me llena de orgullo y satisfacion... decir que os nosos cadetes estan a tan so 3 puntos de conseguir o ascenso de categoria xa que un dos seuus rivais pinchou esta semana. Ademáis con 4 puntos (quedannos 6 por disputar) teriamos case seguro o título de liga xa que por o momento temos a diferencia de goles a favor.
ResponderEliminarUn saudo e forza Cire
un bo traballo, si señor
ResponderEliminarÑooooo! Fixeime na primeira foto e aínda non existía a Estación 35/Terminal/Metro, era un simple garaxe. Pero eso si, Mingos xa tiña a barba.
ResponderEliminarNoraboa por estos "reportaxes" porque a verdade é que están xenial
Obrigado a tudos, seguiremos logo poñendo imaxes do "melide de antaño" jejejje, sí tes razón que aínda non abrira a EStación, tardaría unhos seis sete anos despois desa foto, mais ou menos.
ResponderEliminar