BOENTE ESTÁ MAIS PRETO DE MELIDE
"O CIRE GAÑA NO CAMPO DO MÁXIMO RIVAL E EMPEZA CON BON PÉ A SÚA NOVA ANDAINA NA SEGUNDA REXIONAL"*
*(este foi o títular que lle adiantei o 2 de Setembro no blog de León de Maroxo, anunciándolle xa o que iba acontecer ;) )
Lémbrome do título daquela película de Nicholson, Mejor....Imposible, está claro que ese é o pensamento dos siareiros azuis debido á que o CF Cire de Melide gañou o domingo no feudo do CSD Arzúa por 1-4 no retorno a Segunda Autonómica (Rexional chamouse sempre), despois de quince anos,e ademais ocupa a segunda praza na táboa clasificatoria (anécdota, pero mola).
A parte para os amantes da estatística, se non me engano, e a primeira vez que o Cire lle gaña ó Arzúa no campo do Viso en partido oficial.
Ben, no estrictamente futbolístico, o Arzúa levou o peso do partido pero non atinou co gol nos primeiros compases, din que nesto do fútbol quen perdoa págao, e así foi.
A falta de entedemento entre a defensa local e o seu porteiro propiciou que Peke lle marcara ó seu ex-equipo, tanto co que se chegaba ó descanso.
Os xogadores do Cire (o domingo de amarelo) agradecendo ó apoio incondicional dos siareiros chegados dende a Cerne.
Na segunda metade, o Cire aproveitou as súas ocasións e non perdoou, primeiro Toñito despois dunha maxistral contra e cunha gran definición , co Arzúa aínda pensando nesa xogada, foi Ramón Camiño quen conseguía o terceiro. O Arzúa seguía atacando pero precipitábase nos últimos metros do ataque aínda así nun saque de esquina chegaba o 1-3 obra de Pérez para os locais.
Ó Cire aguantaba atrás sen moitos problemas e nunha falta Suso Pampín poñía o definitivo e histórico, 1-4.
Ben, que lecturas podemos facer despois do partido.
1. O Arzúa está mais rodado físicamente e notase, a parte que ten xogadores que tocan moi ben o balón.
2. Como ben dixo León, ó CSD faltalle un "killer" da área, sen desmerecer o traballo voluntarioso de Dieguez.
3. Veteranía, os arzuáns son moi novos e sen dúbida están chamados a facer grandes cousas no Viso pero está claro que lles falta mais experiencia, é normal.
Alguén dixo tamén que o resultado do partido fora inxusto e que o Cire tivera moita sorte.
Bueno, 1-4 case o di todo, por moita sorte que teñas, tes que meter catro goles.
Estou dacordo en que o fútbol combinativo e a iniciatia na tarde do domingo foi propiedade do Arzúa, pero o Cire despois de recibir duas goleadas en pre-temporada non quixo cometer os mesmos erros,levaba a lección ben aprendida e optou por facer o partido que mais lle conviña dadas as circunstancias.
Ós melidenses nótaselles que as festas do San Roque, e o mes de agosto en xeral pasaron factura nos adestramentos e que aínda non están, nin de lonxe, no mellor ton físico, pouco a pouco chegase lexos.
Ben, agora gustaríame dicir que aìnda que non é un partido como os demais, é un derby e está claro que che gusta gañalo, pero só son tres puntos e acabamos de empezar, pes no chan.
Humildade, traballo e compañeirismo son os prinicipais factores que nos levarán ó noso obxectivo, a permanencia.
Con total seguridade, a 2ª Autonómica presúmese tremendamente igualada e quedan moitas batallas, con equipos moi competitivos, por exemplo o sábado ás 17.00 h. visita o municipal melidense o Olímpico de Rutis, que vira picado por quedar fora da Copa en Melide, e que polo que se está vendo, é un claro favorito ó ascenso, así que a poñerse ás pilar facer un bo encontro contra os de Vilaboa e o domingo disfrutar de A NOSA FESTA.
PD: Gustaríame facer unha crónica mais divertida pero o tartán arzuán e a distancia entre os banquiños e o graderío impediron estar ó loro do ambiente "extra-deportivo".
Aínda así habería que estar de Boente p`acó para non enterarse de que Emilio, Eva e Vacenas levaron a voz cantante nos ánimos dos chegados de Melide(que por certo, non foron poucos), e que fixeron unha festa a pesares de que como é sabido o bombo nas tardes de resaca dos domingos manca un pouquiño.
Cánticos de Emilio: "Outro día no campo da festa en vez do cabalo caparon á besta", "San Caralampio lorololó", "si si si somos de millí"... "el alcalde de Arrigorriaga tiene mucha ilustración, le gusta tocar el txistu, tambien toca el acordeón, también toca la guitarra y le llamaban Pantaléon", "La moto, la moto, la moto..." etc etc.
En definitiva día de festa en Arzúa dos de ....Melide.
Agora a polo Olímpico, gañandoo somos mais líderes. ;)
Ramón Camiño arzuán de nacemento, autor dun dos goles do encontro.
malditos higosdeputa, pa un partido que non vou eu e gañades catro un.
ResponderEliminaresto non pode quedar así, vémonos na volta!
Cousas da vida, que diría o outro, éche o que hai meu, veña non sufras e vémonos no caralampio :;)
ResponderEliminarSEN ESQUECER O:
ResponderEliminarEA EA EA ARZUA SE CABREA!!!!!!!!!
Reymon crack mundial¡¡¡.. A pesares de nacer en Arzúa jejejeje..
ResponderEliminarPÁJARO GUAPO!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarNoraboa a xente do Cire por esta victoria historica.
ResponderEliminarjajjajajja............que partidazo!!!!!!.......qpena me da, q pena me da,,,,,,,,,,,mirade botienses, evos mellor que descendades directamente, pa non perder todolos anos!!!!!!
ResponderEliminarA min o que me ten gracia é que sigue escrito na "telón" da orquestra Olympus o "CIRE MELIDE" (comprobado in situ onte en Teixeiro)
ResponderEliminarAnda a publicidade do noso equipo por Galicia adiante!
GRANDE CIREEEEEEEE¡¡¡¡¡
ResponderEliminarE QUE SIGAN ESES RESULTADOS¡¡¡
ANIMO CIRE¡¡¡ , Riki , a cronica quedou " chapeau " .
APERTAS¡¡¡
caaaaaaa
ResponderEliminarBotes 1 botellon con charangas 4, dilles qe ponhan eso na pizarrilla. (eso si vemonos aló jia!)
ResponderEliminarA todo esto, Rouco tio, ti antes molabas!!
ResponderEliminarese bar xa sentou precendentes de boicot ao arzuanismo... despois todos o vimos chorar.
ResponderEliminar... y con esto no dije nada
Fandi non amenaces gratuitamente a Rouco que e bo paisano, fixo influenciado polo fantasma do antigo propietario-choron do noso bar uuuuuuuUUUUUuuuuuuuuUUUUuuu!!
ResponderEliminarde todass maneiras no san caralampio depaso qe caragamos imos alo e comemoslle un pouco a orella, qe deso os arzuans sabemos largo y tendido!!!jeje
eh, aviso, eu non ameacei a ninguén... só era un comentario, faltaria máis eu ir ameazando aninguen neste blog.
ResponderEliminarPD: e cando eu ameazo, non o fago gratuitamente