quinta-feira, junho 21, 2012

sexta-feira, maio 04, 2012

VIII Foliada de Melide. Os trapeiros de Melide e a xente que andaba pola rúa de San Pedro interpretan "Fisterra". A foto atopámola neste blog

segunda-feira, fevereiro 06, 2012


quarta-feira, outubro 26, 2011


OS MELIDAOS ACTÚAN ESTE VENRES NO PROGRAMA LUAR DA TVG

Para Os Melidaos, que cumpren 10 anos, será a primeira vez que actúan en televisión.
Os Melidaos presentarán en Luar unha das cancións incluídas no novo disco que están gravando, e na que cantan todos os membros do grupo.O grupo melidense de música tradicional Os Melidaos actuarán o vindeiro venres, 28 de outubro, no programa Luar da TVG. Trátase da primeira actuación do grupo nun programa televisivo e agardan que a xente disfrute da mesma.
Os seis músicos dos Melidaos: Marcelino Vázquez, Pepe Taboada, Pepiño Blanco, Luís Casal, Antonio Raposo e Xele Barrio, están moi satisfeitos de poder actuar neste coñecido e veterano programa televisivo pois significa espallar a música feita dende Melide.
Os Melidaos interpretarán nesta ocasión especial unha peza cantada que tamén se poderá escoitar no novo disco, que agardan telo rematado para finais deste ano, que levará por título “Axudádeme a cantar”.

quinta-feira, agosto 04, 2011


SUSIÑO PORTADA DO PROGRESO DE HOXE

sexta-feira, julho 01, 2011


O pasado Martes participei no programa semanal de radio do meu amigo Jorge "Josu" Iglesias, dinamizador do proxecto Partner Tic en Melide, tamén participou no espazo Carlos Sánchez, outro coñecido melidense que acudiu a un dos numerosos cursiños que se imparten no Mulitusos de Melide e que se está iniciando no mundo dos Blogs. Deixovos o enlace: facer click aquí


Como cada Martes se realizo el programa "ParnetTic ti es parte". Este 28 de junio del 2011, tuvimos un programa muy ameno y divertido, en el que hablamos de los Blogs. Tuvimos como invitados a 2 personas relacionadas con este mundo, uno porque acaba de empezar a descubrirlo, como es Carlos Sánchez, que es un almumno que realizo uno de los cursos Parnettic, en el que veiamos la Creación de un Blog y otro invitdao como es Ricardo López (Riki), que es el bloggero mas antiguo de nuestro ayuntamiento, empezando su recorrido en el año 2005.

segunda-feira, maio 30, 2011



Tremenos Peta Zeta Top, versións dos míticos texanos por tres grandes músicos e mellores persoas, Jose de Palas, guitarra e voz, Pablo de Sobrado, batería e voz, e Brais de Melide, baixo e coros.
Fenomenal posta en escea, coas barbas e os sombreiros, e fenomenal concerto, noraboa rapaces ¡¡¡¡

quarta-feira, dezembro 22, 2010

Orquestra Sinfónica de Melide co grupo folk Liorna no espectáculo Gallaecia

terça-feira, dezembro 21, 2010

Éxito dos Melidaos en Sada:

quinta-feira, dezembro 02, 2010


OS MELIDAOS PRESENTAN O SEU PRIMEIRO DISCO NA CASA DA CULTURA DE SADA
Melide, 2-12-2010

A Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acolle este sábado a presentación do traballo “Que ben baila, que ben baila” do grupo melidense.

Os Melidaos xa están traballando na gravación do seu segundo disco no que a protagonista será, ademais da música, a voz dos membros do grupo.


O grupo de música tradicional Os Melidaos presentarán en Sada o sábado, 4 de decembro, ás 20:00 h da tarde o seu primeiro disco. Os Melidaos veñen de participar na XXI Semana da Música da Terra de Melide, na que sorprenderon ao numeroso público asistente ao evento con pezas cantadas, algo moi inusual nas formacións de música tradicional de Melide.

Lembrar que entre os seis membros dos Melidaos hai músicos veteranos de renome como Marcelino Vázquez (gaita) e Pepe Taboada (clarinete), membros durante moitos anos do Ballet Galego Rei de Viana e da histórica agrupación coruñesa Cántigas da Terra, entre outras moitas. A esta última formación tamén pertence o músico Antonio Raposo (gaita e voz do grupo).
Na actuación do vindeiro sábado interpretarán as pezas do seu primeiro disco “Que ben baila, que ben baila” e, novamente, poñerán voz a varias pezas máis. Entre as pezas escollidas para o concerto no auditorio sadense non faltará o pasodobre composto polo membro do grupo Pepe Taboada co nome de “Pasodobre os Melidaos”.



Breve Historia de Os Melidaos
O grupo de música tradicional galega Os Melidaos naceu arredor do ano 2004 en Melide, lugar de fonda tradición gaiteira e berce de mestres da gaita. Esta agrupación musical xorde pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar.
Co disco “Que ben baila, que ben baila”, Os Melidaos renden unha homenaxe a todos os músicos populares, anónimos e recoñecidos, que contribuíron a que a música tradicional e os instrumentos populares formasen parte do noso ser como pobo.
Os Melidaos pretenden poñer en valor a cultura galega, dignificar a nosa música e acadar o fin último da mesma: A diversión do pobo.

Os membros dos Melidaos son:
Marcelino Vázquez- gaita
Pepe Taboada- clarinete e gaita
Pepiño Blanco- bombo e gaita
Luís Casal- Tamboril e pandeireta
Xele Barrio- acordeón
Antonio Raposo- gaita e voz

O concerto de Sada será a segunda vez que se presenta o disco de Os Melidaos, despois da presentación oficial en Melide o pasado mes de maio.

sexta-feira, novembro 05, 2010

POR AQUÍ ME ANDO
Moi boas a tod@, como poidestes comprobar este blog, por desgraza, estase contaxiando do que pasa no país, ESTÁ PARADO.
Hoxe vou "postear" de novo que me apetece e vouno facer saúdando a todos os que seguistes, agora cada vez menos obviamente, este espazo dende fora de Melide, e dende fora de Galicia, que sei que sodes moito. Dende Xenebra, Gèneve, non Larios, London, Bcn, Andalucía, Valencia, Bilbao, por suposto Madrid etc. etc.
Agora onde ferve a actualidade cibernética melidense é no Facebook, e os mais novos no Tuenti, é o que hai, aínda así aproveito esta entrada para colgarvos un video dunha campaña publicitaria que ten como máxima protagontista a unha melidá de pro, Marta Landín, e a verdade é que saen moi guapas, as duas, mirade o video e entenderédesme ¡¡¡

sábado, agosto 14, 2010

CAPITAL DO FUTSAL
Espectacular cartel, I Semana EYPAR de fútbol sala, organizado polo Meide FS. comeza hoxe en MELIDE, o mellorciño do fútbol sala, MUNDIAL, ata vén todo un campión de europa, o Samira ruso + info aquí

quinta-feira, julho 08, 2010

Nos recunchos da rede sempre se atopan sorpresas agradables coma esta curtametraxe, transcorre no noso monte Olimpo, O BOCELO, non ten desperdizo.
Fasildo, canso da cidade, decide facer unha viaxe ao campo. Quere poñer en orde a súa vida e pon rumbo cara a cova da serpe, lugar de onde escoitou moitas lendas na súa xuventude. De camiño encontrará moitos obstáculos, enganos da tecnoloxía moderna, dificultades ás que terá que poñer fin de unha ou de outra maneira. Nesta súa travesía tamén coñecerá novos amigos que farán que se decate do senso da súa existencia, chegando á conclusión de que o importante non é o destino senon a propia viaxe.

segunda-feira, maio 17, 2010

SI HOLLYWOOD FOSE GALEGO...
Moi guapas estas montaxes de Navallada TV:



sexta-feira, maio 07, 2010


Hoxe venres doble concerto no Gatos:
Chegan dende Santiago de Compostela, The Homens e Desbrozadora:
Texto do Correo Gallego
The Homens + Desbrozadora
VIE 7 MAY, 01.00 h.
Pub Gatos, Melide

The Homens presentarán este viernes día 7 de mayo su nuevo disco, Cuarta Potencia, en Melide. La banda compostelana actuará en el Pub Gatos a la 1.00h., acompañada por sus paisanos Desbrozadora.

The Homens llevan ya cinco años intentando cuadrar la ecuación que combina melodía, energía y actitud. Xocas (batería), Roi (bajo y voz), Martin Wu (guitarra y voz) y Cristovo (teclas, panderetas e ingeniería eléctrica) tienen en Cuarta potencia la continuación de su celebrado Tres. Cuarta potencia es melodía a volumen atronador, es inocencia pop y nihilismo negro, y muestra a la banda más preocupada por las melodías y las letras y, a la vez, más ruidosa que nunca. Producido de nuevo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy…), el nuevo disco recoge una docena de canciones en las que vuelcan todo lo vivido y aprendido en cuatro años de gira sin fin, insistiendo en su gusto por el pop británico de todas las décadas y por la energía del punk americano de los ochenta, y añadiendo la psicodelia y experimentación. Cuarta potencia es energía condensada en píldoras dulces, es cantar bonito con la boca espumando rabia. Cuarta potencia es cantar por no llorar.
Conciertos


E O DOMINGO ÁS SETE DA TARDE DENTRO DAS ACTIVIDADES DA XIX FESTA DO MELINDRE:
ESPIDO (GUADI GALEGO E GUILE FERNÁNDEZ), NA PRAZA DO CONVENTO.

quinta-feira, maio 06, 2010

quinta-feira, abril 22, 2010

Programación da VI Foliada, esta fin de semana:

SÁBADO 24 DE ABRIL

11:00 Apertura da MOSTRA DE ARTESANÍA e EXPOSICIÓNS

PRAZA DO CONVENTO


11:00 SEMINARIO de percusión para o canto tradicional (RELATORIO CONCERTO)

EDIFICIO MULTIUSOS



11:30 ANIMACIÓN DE RÚA. Xigantes e cabezudos acompañados polo grupo TREBOEIROS



12:00 CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA

ZONA DE VIÑOS



17:00 SEMINARIO de percusión para o canto tradicional (SESIÓN PRÁCTICA)

EDIFICIO MULTIUSOS



17:00 CONFERENCIA “Instrumentos pobres” (Manu Rodríguez “O hedras”)

CAPELA DE SAN ANTÓN



18:00 Entrega de premios do CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA.

Actuación dos grupos gañadores

PRAZA DO CONVENTO



18:30 ACTUACIÓN do grupo TREBOEIROS

PRAZA DO CONVENTO



19:30 MARCHA GAITEIRA. Percorrido pola vila



21:00 SERÁN

PRAZA DAS COLES



- HERBA GRILEIRA Melide

- FROITO NOVO Melide

- AXÓUXERE Melide

- VAIDARELA Melide

- ABEANCOS Melide

- FOL DA CHOUSA Visantoña

- BINGO BIRÓN Toques

- A MARISTELA Sobrado

- FIADEIRA Antas de Ulla

- FALCATRUEIROS Monterroso

- PANDERETEIRAS Sarria

- BICO DA BALOUTA Agolada

- XIRANDOLA Bandeira

- PAO DE BUXO Silleda

- D OUTESON Serra de Outes

- MAGHÚA A Coruña

- AIRIÑOS GALEGOS DOCE ALBOR Santurtzi





01:30 ACTUACIÓNS

PRAZA DAS COLES



- TIRULEQUE

- CE ORQUESTRA PANTASMA (home orquestra)






DOMINGO 25 DE ABRIL





11:00 Apertura MOSTRA DE ARTESANÍA e EXPOSICIÓNS

PRAZA DO CONVENTO



11:30 ANIMACIÓN DE RÚA. Xigantes e cabezudos acompañados pola Corxa AIRIÑOS GALEGOS DOCE ALBOR de Santurtzi



13:00 ACTUACIÓN da Corxa AIRIÑOS GALEGOS DOCE ALBOR de Santurtzi

PRAZA DO CONVENTO



13:30 MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL:BRISAS DO QUENLLO (Tordoia)

PRAZA DO CONVENTO



14:00 OBRADOIRO TRADICIONAL. Convertir un fío en tela

PRAZA DO CONVENTO



17:00 TÍTERES TRES GLOBOS presenta a obra “O parrulo feo”

PRAZA DAS COLES



17:30 TEATRO Rodesindo da Barrosa

PRAZA DO CONVENTO



19:00 ACTUACIÓN

PRAZA DAS COLES



- ARRÁS





DURANTE TODA A XORNADA ANIMACIÓN NAS RÚAS CON TEATRO, ZANCUDOS E XOGOS POPULARES

segunda-feira, abril 19, 2010

Deixovos outro video atopado no Youtube adicado a Melide:

sexta-feira, abril 16, 2010

VOLTAN OS ESFORZADOS DA RUTA
Como xa informaron fai unhas datas no blog do Club Ciclista Melidense a XXV edición da Volta a Castela e León pasara por Melide este domingo 18 de abril a iso das 12 e 25 da mañá.
Alberto Contador, Ezequiel Mosquera, Denis Mechov etc., unha oportunidade para ver o mais granado do pelotón internacional. Eso sí non se pode parpadear moito que pasan nun vira-vira.
Aínda hoxe é recordado por moitos o ano en que Perico Delgado pasou escapado pola nosa vila nunha daquelas Voltas a Galicia que se disputaban en Agosto.

TREMENDA FIN DE SEMANA
Venres, Tri-concertos,
11 da noite: Na Fundación: Les Trois de Cora Estilo/s: Electrónica - Chanson française, jazz, blues, clásica, chegan dende Compostela.
12.30 da noite. Na Sala 600. Chega AID , o futuro do Hip-Hop Galaico. Aid non tén "flow", ten xeito.
19 aniños, vén dende Vigo , unha das grandes sorpresas dos últimos tempos da música galega. 1 da noite: No pub Gatos: TROMENTELOS CHIS PUM
Que dicir deles, non se pode perder o mellor da música tradicional e folk da nosa comarca, andan a preparar a grabación do seu primeiro disco e esta é unha moi boa oportunidade de velos ao vivo e de disfrutar dos seus novos arranxos e composicións.
Adiante Tromentelos ¡¡¡