terça-feira, janeiro 16, 2007

BALOMPÉ DA POSGUERRA NA CERNE DE GALICIA

Estes días estiven ollando fotografías antigas das disintas formacións históricas dos equipos de fútbol de Melide. Tamén lin no blog do Cire que andaban buscando imaxes vellas.
Pois ben acordeime que no libro do San Roque do ano 1997 gracias a idea dun dos membros da comisión daquel ano, Antonio Varela "Coruña", fíxose unha retrospetiva do deporte melidán, incluíndo tamén o fútbol-sala, o basquet e o ciclismo, cecais faltoulle o hoquei que aqui en Melide tamén che tivo a súa época.
Ollando o libro tamén me dou conta do bon nivel das festas daquel ano con Azúcar Moreno, Los Secretos e Milladoiro como cabezas de cartel.
Daquela as festas organizábanse por gremios, aquel ano tocoulle os da pel (coiro, carnicerías, zapaterías, tratantes etc)
A primeira foto que abría a mostra esta acompañada dun texto emblemático escrito por Manolo Latoneiro e dicía tal cual:
"O remate dos Mundiais de Fútbol pódese falar do grande espectáculo que ofreceu a selección gañadora, pero tamén podemos falar do fútbol da nosa época moza. Nesta foto, non se confundan e pensen que é unha selección estranxeira, senón que se trada do Atlético Melidense. Este equipo posou para os fotógrafos no campo das Granxas (detrás do actual ambulatorio) en marzo de 1942 e formabamos con camisolas amarelas con franxas na manga e no cuello negros e pantalóns desa mesma cor.
De esquerda a dereita: Pituco Triana, Edelmiro (barbería Marcos), Joseíto Fuentes, Pepiño Picado, Enrique Núñez, Moncho Barral (porteiro), Manolito de Priorada, Nicolás Pimpan, Manolo Latoneiro, Suso Pampín Prado e Sadrdón II. O adestrador do team era don Xesús Madriñán, que tamén desempeñaba as funcións de médico.
Facendo memoria podemos recordar a grande goleada qeu lle metemos ó Curtis (8-3) e que o partido se prolongou polo arbitro á luz do candil. Como non había liga, xogábanse partidos amigables ou campionatos de empresas e, naquel entón, xogouse unha final contra Ferroviarios da Coruña e o arbitro roubounos o partido.
Como todo equipo que se precie, tiñamos un Local Social que estaba situado no primeiro piso do café Capitol o que chamabmaos "Sociedade Recreativa Cultural e Deportiva".
Os futbolistas de entón non tiñamos as comodidades que teñen agora, nós tiñamos que sacrificarnos moito tanto a xogar como no demais. Así por exemplo, tiñamos que paga-lo autocar entre todos para ir ós desprazamentos, marcar nós o campo e retrirar tódolos días, despois de xogar, as porterías(senón nolas roubaban). Non tiñamos redes.
Xogabamos contra grandes equipos históricos como, o Compostela, o Polvorín de Lugo, etc...
Tamén podemos sinalar grandes xogadores daquela época, aínda que non aparezan na foto, como forn, por citar algún, Dario Fuciños, Manolo Broz e un tal García, que ficaría posteriormente polo Barcelona.
Desde aquií pido ilusións ás novas promesas futbolísticas e sacrificio para conseguier chegar ás cotas máis altas do balompé.
Manolo Latoneiro.


Outra foto daqueles tempo é unha que se recolle como "Equipo melidán dos primeiros anos cuarenta", nela podemos ver de esquerda a dereita, e de pé a:
Daríos Fuciños, Enrique Gómez, Edelmiro (Barbería De Marcos), Rafael de Carabel, Víctor Blanco, Pituco Taboada e Suso Taboada; anicados, Manolito de Dona Pura de San Benito, fillo Sarxento da Garda Civil, Don Eladio , Manuel Lareo e Suso Pampín Cordido.
Medias distintas, aparición dos cuellos sen cordeles, cintas na cabeza, balóns daquela maeira é o fútbol épico de despois da guerra civil, moita ilusión nos rostros destes rapaces moi novos.

6 comentários:

Anónimo disse...

Si señor! Mira que xa andaba eu, desde hai tempo coa idea na cabeza de facer algo así coa historia, se cadra máis curta, do Santiso. Xa me ofreceron algunhas fotos (Alfonso: a ver se este fin de semana as xuntamos). De todas maneiras, non será nada comparado co rigor e a calidade desta mini reportaxe. Xa me chamara a atención a foto que Alfonso, o do noso bar ten na parede, pero estas son aínda máis curiosas. E por riba documentadas. Eres un xenio, meu!, demostrado unha vez máis

rikimelide disse...

Tono, teño unha foto Santiso de cando ascendera a 2ª rexional, alá polo tempada 96-97, sacada no campo do monterroso.
Michel e Alfonso xa estaban, tamèn saen Nani, Fernando Orois, Julio, Baby, Cordido, o mítico Rouco,os Sueiros,Pepiño, josé luis, victor, Lito,juan o porterio barrenado entre outros. igual xa a tes, senón a tes dimo que cha mando.

Anónimo disse...

Esa foto aínda non a teño. Se podes mándama a sontono@terra.es (obrigado por anticipado). Foi ademais o ano que eu empecei a xogar co equipo e daba cos pés no cu ó verme o lado de xente como Charly e Fernando, os dous con algúns anos e partidos menos nas pernas, en segunda rexional, viaxando 2 horas para ir p. ex. a Cabo de Cruz a xogar os últimos 10 minutos dos partidos. Como din os da ONCE... será la ilusión!

rikimelide disse...

ter razón é todo ilusión

Anónimo disse...

Se a historia do santiso inclue o fortuna eu teño algunha que outra foto...Riki impresionante documento, boisisisisimo..saudos

Anónimo disse...

A ti que che gusta o futebol ahí che van unhas cantas reflexions matemáticas encol de
Oliver e Benji..
unha aperta. Varela

Seguro que cientos de veces te has preguntado como era posible que un partido de fútbol de 90 minutos durase capítulos y capítulos en esta serie japonesa…

Pues bien, Resaka Scientific ha invertido cientos de millones de rupias turcochipriotas y ha investigado miles de horas para no lograr absolutamente nada. Y, como nos hartamos de trabajar, pues decidimos sacarlo de Internet, que es más fácil y no gastamos dinero en aspirinas. Aquí esta este documento que cambiara tu idea sobre la vida, la tierra y el fútbol.

Para encontrar la distancia a la que se ve el horizonte, basta un poco de trigonometría:
El radio de la Tierra (6327 Km.), el radio de la Tierra más la altura del observador (calculémosle 1′70 m, aunque sean japoneses, y por tanto pequeñitos), y la línea que va de los ojos del observador al horizonte forman un ángulo rectángulo.
El ángulo al centro de la Tierra resulta ser ß. De aquí se puede deducir la ecuación:


6378 Km = 6378,0017 Km*cos (ß)

Es de ella de donde se puede obtener el ángulo al centro de la Tierra (ß). Como final de la parte científica, la distancia del observador a la línea del horizonte se puede calcular como 6378,0017 Km * sin (ß).

Ah, ¿que queríais sólo la medida? Bueno, la cuestión es que la distancia a que una persona de 1,70 m de altura ve el horizonte es de alrededor de 4′5 Km. Teniendo en cuenta que la línea de puerta aparece cuando un jugador está (más o menos) a 3/4 de la longitud del campo, es fácil deducir que Oliver y Benji juegan en un campo de aproximadamente… ¡¡18 Km. de longitud!!

Y aquí comienzan las cuestiones que a uno le acuden a la cabeza inmediatamente: ¿a qué velocidad media corre Oliver (o Mark o Julian)? ¿A 150 kilómetros por hora? (Esto explica por qué este pobre enfermo del corazón no consigue nunca acabar un partido).

Pero hay más preguntas: ¿os habéis fijado en cuando Oliver Aton chuta desde su área un balonazo que atraviesa los 18 Km. de campo, agujerea la red e incluso la pared del fondo? La pregunta obvia es ¿hacen controles anti-dopaje en Japón? ¿A que velocidad dispara Oliver? ¿A 16.800 kilómetros por hora? ¿No rompería la barrera del sonido varias veces? ¿No se reventaría el balón varias veces? El balón… ¿es en realidad un balón o una bala de cañón de la primera guerra mundial? ¿Como puede un portero como Benji parar un cañonazo de Oliver? ¿Le arrancará los brazos o parará el balón disparando un misil tierra-aire con un misil Sidewinder? ¿Usará un Bulldozer? Y poniéndonos tétricos… ¿y si el balón impacta en la cabeza de otro jugador (o en otro jugador) nada mas ser disparado a la velocidad de 16.800 Km./h? ¿Le arranca la cabeza o lo atraviesa? ¿El balón revienta? ¿Revienta la cabeza? ¿Como logra Oliver que no se le salga los huesos de la pierna? ¿Dando varias vueltas sobre si mismo hasta que acabe el giro por inercia?





webalia