quinta-feira, maio 31, 2007

Aquí estamos de novo, despois duns días sen escribir pasaron moitas cousas, das que supoño estarédes informados. Entre outras o Cire quedou fóra da Copa, pechando unha gran campaña, a mellor en quince anos. Felicidades a todos, directiva, corpo técnico, xogadores e afecciòn. Somos todos necesarios se queremos ter o equipo arriba.
No eido político remataron as eleccións. Tedes mais información na páxina de Marcus, onde este tema en concreto, suscitou un récord de comentarios.
Noutro senso despois dun ano daquel archivo de "audio" famoso que circulara por tódolos móviles e por moitas bitácoras e webs chega agora coido que dende a vila da Estrada unha grabación dun rapaz -de botellón- que lle relata a cámara (dun móvil supoño) unha experencia sexual. ADVIRTO OS MENORES DE 18 ANOS OU XENTE SENSIBLE QUE NON VEXA O SEGUINTE VIDEO.
Impresionante documento, que diría o outro.
Video recollido dos blogs de Ghaiteira, Vitor de Palas e Marcus
COMO SEI QUE NESTA PÁXINA ENTRA XENTE DE TODO TIPO
VOLVO REALIZAR A ADVERTENCIA, Ó MAIS PURO ESTILO PONCIO PILATOS.


BRAÑA:(do latín vulgar. veranea=verán, por se trataren de "pastos de verán"). s. f.
Prado, campo con humidade constante; lameiro, pastos verdes.

Ata o de agora era o que poñía o Xerais, van ter t que ampliar a definción.
E que o noso país éche un país polisémico, e basto, moi basto.

segunda-feira, maio 21, 2007

Deporte na fin de semana.
O Cire gañou o envite típicamente copeiro no derby co Toques por 2-0.
O Cire mostrou mais confianza co Toques e con mais pegada arriba encarrilou o partido na segunda metade, na primeira pouco fútbol .
Eran 1/16 de final, así que xa só queda octavos, cuartos, semis e a Riazor(estadio onde se disputa a final, ;) )
Tedes mais información no blog do Cire
Noutra orde de cousas, Ferreiro gañou a proba de Históricos do rallye de asfalto de Cantabria superando o seu máximo rival este ano, Antonio Sainz.
Ferreiro gañouse o público cántabro en cada curva mercede ó seu pilotaxe-espectáculo á par que competitivo (quedou bastante arriba na clasificación xeral onde lle gañou a coches de mais cabalos) as mans do Mk2 tración traseira.
O vindeiro rallye no que competirá será xa en Galicia, no Rías Baixas o primeiro fin de semana de Xuño.

sexta-feira, maio 18, 2007


MEU IRMAU SANTOS
Hoxe estou bastante anoxado e quizais non debería de escribir nada pero cando mais axiña aclare e desminta o seguinte mellor.
Chegaron os meus oídos certos comentarios que andan circulando estes días de campaña electoral pola nosa vila.
Eu sabía que a politica podía chegar a ser noxenta e tamén sabía que, por desgracia, a mentira no xogo político esta a orde do día. Bulos e falacias escoitanse todos os días e xa se considera como normal agora ben eu non consinto que se intente perxudicar a un membro da miña familia inventando cousas relacionadas comigo e aínda por riba tentar difundilas por ahi endiante.
Non sei quen foi o trazante ou trazantes pero prefiro non sabelo.
Seica eu e meu irmau, integrante dunha das listas que concorren as vindeiras municipais, nos levamos mal por discrepancias políticas, seica meu pai está anoxado comigo por idéntica cuestión. E moitas cousas mais que é mellor obviar.
Eu podo aguantar un vacile sano de calquera sin ningún problema agora ben isto pasa de castaño a escuro, meterse coa familia para desacreditar a un candidato é bastante triste e non o vou consentir.
Non quería falar de política neste blog, queríame manter á marxe pero as circunstancias mandan e non vou permanecer calado ante o que considero unha inxustiza e unha falta de ética.
Eu débolle todo nesta vida a miña familia, tanto a meu pai coma a meu irmau. Non sería o mesmo sen o seu apoio, os seus sabios consellos e a súa constante axuda. Ë bastante feo que o diga eu pero consideros excelentes persoas, e o pobo tamén.
Nesta vida, por desgracia, xa pasamos unhas cuantas xuntos que non lle desexo nin ó peor inimigo e sempre nos comportamos como unha piña, como debe de ser, coido.
E nesta ocasión seguirá sendo así meu irmau ten o meu total apoio e el xa fai que o sabe. Indesexables hainos en tódolos sitios e lugares pero xa vos aviso que as faladorías levaas o vento e o que quedan son as obras.
Sempre se dixo que a muller do César non lle chegaba con ser honrada senón que aínda por riba tiña que parecelo.
De que vale que sexas honrado se calquera pode facer moito mal cun simple comentario que se fai grande polo sistema da bola de neve.
Non estaría mal que estos días se repasase a definición de Democracia, palabra hoxendía en desuso.

terça-feira, maio 15, 2007

Está viñeta, por desgracia, está moi de actualidade:

DERBY NA COPA.
Se as miñas fontes non se enganan, o vindeiro domingo no Estadio Municipal de Melide disputarase a segunda rolda da Copa da Coruña entre os conxuntos do C.F Cire de Melide e o Toques C.F.
A copa, o torneo do k.o, é unha competición que se xoga despois de conclulír a liga e que un dos seus alicientes á xogar a final en Riazor.
Se emocionante se presenta xa de por sí ese domingo no panorama balompédico cos decisivos partidos da primeira división Dépor-Sevilla, Recreativo-Madrid e Atlético-Barça a guinda será este duelo a cara de can entre as escadras veciñas.
Dicir que na primeira rolda disputada o pasado domingo o Toques obtivo a victoria lonxe das terras do Bocelo, mais concretamente no feudo do Culleredo. 2-3.
O Cire clasificouse directamente a segunda rolda o estar exento da primeira.
Supoño que será ás 17.00 h., cando saiba algo mais coméntovolo.
Recordar os resultados previos deste ano: Toques-Cire, 1-3. Cire-Toques 2-2.

terça-feira, maio 08, 2007

BROZ REI, XOSÉ MANUEL
Xosé Manuel Broz en internet. Im-presionante. Artista total. Historiador con historia. Profesor. Melidán onde os haxa.Director do Museo. Traballador infatigable. Quédome moi curto nas definicións pero coido que é mellor que o vexades por vos mesmos. Descubrín o blogue o outro día mergullándome na rede. Premede e disfrutade da beleza: Xosé Manuel Broz
Imaxe: Acuarela- Praza do Convento- Melide- 1998?
Blogue: http://xosebroz.blogspot.com
FERREIRO A POLO NACIONAL

Outro evento importante do sábado foi a presentación da escudería de rallyes Motor
Melide Sport que este ano dan un salto de calidade e pasaran de correr o Galego (onde xa son tricampións) para competir polo título do Campionato Nacional de Hisóticos.
Cantabria (dentro de duas semanas), Asturias, Cataluña e Galicia (Rías Baixas, Ferrol, Ourense) serán algun dos lugares onde os afeccionados poderán disfrutar do espectáculo do Ford Escort MKII -un coche que cumple neste mes trinta anos-. Esta reliquia será pilotada polo melidán Xesús Ferreiro, que formará tándem co copiloto ferrolán Roberto Lorenzo. O Escort MK2 é un coche histórico e foi pilotado nos seus tempos por ilustres do volante como os fineses Ari Vatanen e Hannu Mikola ou polo sueco Björn Waldegård á sazón gañador do título mundial do 1979 (por certo as cores verde, vermella e branca que o coche de Ferreiro leva no morro son unha homenaxe a este piloto que naquel tempo competía para e escudaría Ford-Castrol).

Este ano o coche sufriu unha serie de modifiacións como por exemplo un cambio total de motor, adquirido recentemente en Portugal, para facer que sexa o mais competitivo posible.
O acto de presentación foi nos xardíns do cantón de San Roque e foi presentado humildemente por un servidor. Era a primeira vez que un acontecemento deste tipo se realizaba no noso concello, polo tanto quedáronnos gañas de facer algunha cousa mais para que o público disfrutase e coñecese este mundiño como por exemplo a colocación dunha pantalla xigante para ver algún video do equipo. Aínda así, sincera e modestamente, creo que o acto quedou curiosiño.
Sen dúbida a música axudounos moito e a selección de temas, como a banda sonora do Equipo A para a presentación dos membros da escudería (inmaculado e conxuntado coas camisas oficiais do equipo) ou a que eliximos para canda entraran piloto e copiloto no parque (tamén impresionantes cos traxes de raia diplómatica que portaban e esperemos que os poñan moitas veces este ano para coller os trofeos de cada rallye). "Carros de Lume" de Vangelis de fondo sorprendeu á xente.
Á hora de levantar a lona que cubría o coche rotulado recentemente cos novos patrocinadores (Deputación de A Coruña, TurGalicia, Publicidade "eMe" e o propio "Motor Melide") a sempre monumental "Carmina Burana" puxo os pelos crespos de emoción nalgunha persoa.
Para que vexades si acertamos coa música ou a nosa vea "rappeliana" o día seguinte no estadio Bernabeu nos prolegómenos do partido decisivo Madrid-Sevilla sonou este mesmo tema.
Para rematar, como non podía faltar, unhos pinchiños debaixo da carpa que adquiriu o equipo para cubrirse do sol do país da pel de touro neses parques móviles onde se xuntan tódolos vehículos antes de escomenzar unha carreira.
Ö xeito de sorpresa os gaiteiros de "Axoúxere" apareceron o remate do acto dedicarlle unhas pezas tradicionais ós presentes.
Moita sorte a Ferreiro e a toda a súa xente e dicirvos que aínda que non gañedes para nós sempre seredes os nosos campións.
PD: Se premedes nas fotos amplíanse, ;).

HOMENAXE A GENARO
O pasado sábado tivo lugar no Balneario de Pambre (Palas de Rei) á primeira comida-homenaxe a Genaro Sueiro, bedel histórico do Instituto de Melide, por mor da sua merecida xubilación. Foron 35 anos de servizo dende o 1972, ano no que entraba en funcionamento o antigo Instiuto de Bacharelato de Melide. Arredor dun cento de persoas compartiron mesa e mantel co homenaxeado, a maioría ensinantes acutais e de distintas etapas do centro amén de persoal de secretaría e limpeza. Parabéns Genaro por este merecido descanso de despois de tanto traballado.
Saúde amigo¡¡¡¡

COMRECIO XUSTO
De novo de volta infórmovos o primeiro de todo que mañán no marco da Semana Galega de Comercio Xusto a ong Amarante, organiza unha conferencia sobre a situación das traballadoras do téxtil en Tánxer que traballan para as multinacionais europeas.
O acto seá o MÉRCORES, 9 DE MAIO, ÁS 20 horas na TENDA XUSTA (Rúa San Pedro, nº5 de Melide). O invitado é Elkhamichi Aboubaker, lider sindical, representante da campaña roupa limpa en Marrocos e impulsor do Colectivo Attawassoul de Tánxer.

quinta-feira, maio 03, 2007


Hoxe Xoves a partires das 16.00 na Radio Galeg no programa "Aberto por reformas" e na sección que dirixe Vituco de Aríns "Dimensión Vituco" entrevista ó grupo de punk melidao, Porka Miseria.

quarta-feira, maio 02, 2007

MOMENTOS DA III FOLIADA
Enviarónme unhas fotos que tirou magníficamente Xosé García e que nos amosan algún dos momentos mais entrañables desta, xa, III Foliada de Melide.
Esta primeira imaxe mostrános a Mero, toda unha insitución da música galega, presentando a outra institución como é Miro Casabella. Por unha vez Mini deixou a Mero e fixo parella con Miro. Un trabalinguas de xente comprometida co país.
Mero na sua locuaz e improvisada presentación quixo remarcar que Miro era un "cantor de auga fresca" e non un "cantante" termo que se desvirtou bastante nestes últimos 30 anos.
Outro dos grandes momentos da xornada foi cando despois de facer un percorrido polas rúas e estradas de Melide as nove agrupacións folklóricas -das comarcas de Melide, A Ullloa, Deza e Tabeirós- dirixirónse o Pazo de Congresos e interpretaron "antergos himnos" ao unísono. Pelos crespos de emoción.

Aqui embaixo tedes os anfitrións e organizadores deste "magno evento",que se está a consolidar como un referente auténtico do folkore galego. Noraboa polo traballo rapaces. Por se hai algún despistado son a Agrupación Folclórica O Castelo de Melide

E para rematar unha imaxe que moito me prestou e que eu titularía "O descanso do guerreiro", Luís o do Toxo, fenómeno onde os haxa, tomándose un respiriño coa Toxoneta ó fondo.


En fin que foi todo un suceso e un éxito e gracias a todo o mundo que organizou, colaborou, asistiu ou disfrutou desta festiña. Así da gusto.