sexta-feira, março 26, 2010

VOLTA Ó "WEEKEND"
Sen tempo para dixerir a anterior, chegan de novo as actuacións EN DIRECTO a nosa vila. Hoxe venres temos:
A FUNDACIÓN: Ás 11 da noite. ANIMALES DOMÉSTICOS. Sen dúbida un grupo distiinto que non dexa a ninguén indiferente, está integrado por Marcos Vázques e polo inglés Barry Edwards (compoñente tamén do Sonoro Maxín e colega do "noso" campión Ferreiro, comparte con el e con Anido and company afección polos Rallyes).
Myspace Animales domésticos
SALA 600. Ás 12 da noite. DAVID AMOR. Prosiguen as veladas de monólogos na Sala 600, desta volta cun home de Pontevedra que está trunfando actualmente nos platós de Antena 3. Risas aseguradas.
Acutación colgada en Youtube dunha actuación de D.Amor en Monforte
PUB GATOS. Á 1 da noite. RED PLANET. Rock dende A Coruña.
Web de Red Planet
E MAÑÁN SÁBADO:
NO PUB GATOS, Á 1 DA NOITE.
NAO.
Dende A Estrada, metal, rock, hardcore.
Volta ó Gatos o grupo de Jasper, Paul e Ramón, agora con Fran como vocalita.

Myspace de Nao

quarta-feira, março 24, 2010

PREGÓN DO ANTROIDO 2010 BY "AMIGUETE"
Video de Amiguete, telonero de Manolo Parrado no pregón previo a queima.

O Meco, ou Antroido, este ano foi caracterizado por Tomás (mestre do cartón pedra) como a figura lusa, Cristiano Ronaldo.


Martes de Antroido, Praza das Coles, Queima do Antroido.


Membros da Comparsa, "O Tiro de Mazeda", voltamos gañar por Terceiro Ano coonsecutivo ¡¡¡¡, noraboa os premiados ¡¡¡

María,Yara, Suso, Amiguete, Emilio, Alberto, Miki, Mateo, Capi e Albino.

Bos clientes, ;)

O actor Pepo Suevos que actuaba cun monólogo na Sala 600,saiu fora e pensou que se trataba dun Tiro de verdade.


Tamén tiñamos os Globos (pinchalos con dardos) e o Xogo das "puntas" (moi coñecido no San Froilán de Lugo), consiste en clavar unha punta en tres golpes sobre unha superficie de madeira, sin truco ningún, como así o demostraron os numerosos encofradores que probaron sorte.
Este xogo poderíamolo definir como unha "Proba de Alcolhemia lúdica", xa que realizando a proba viase ás claras como iba o personal. Como dixeron, o das puntas é moi de quentarse

terça-feira, março 23, 2010


MELIDE, UNHA POTENCIA EN KICK BOXING
Hoxe publica o semanario Tierras de Santiago o que para moitos xa é coñecido, en Kick Boxing hai canteira.
Este deporte de combate nado en Xapón, e popularizado en Tailandia, podería considerarse unha mestura entre boxeo, karate e taekwondo, polo tanto é un deporte complentísimo, e esta maxistralmente impartido na nosa comarca polo gran José Ayude, un crack onde os haxa.
Aquí vos queda a nova completa:
La Escuela Ayude de Melide se deja notar en el Nacional
Defendiendo los colores de la selección gallega consiguieron 15 medallas en la modalidad de 'formas' y 'semi contac' de kick boxing.
La Escuela Ayude de Medlide configuró el grueso de la selección gallega de kick boxing que tan buenos resultados cosechó en el Campeonato de España en las modalidades de formas y semi contact celebrado los días 13 y 14 de marzo en Alcorcón (Madrid).

En referencia a los competidores melidenses, excelente el trabajo realizado en la cita madrileña en donde hicieron plenos de medallas los once representantes gallegos -lograron un total de 15 preseas, 4 de oro, 4 de plata y 7 de bronce- convirtiéndose Galicia en la única comunidad que logró conseguir semejante hito.

Nahum Ayude Pallas, con seis años, se convirtió además en el competidor más joven del campeonato y para no ser menos que sus compañeros de selección, logró plata en formas.

En categoría infantil, Mar Riveiro Cabado consiguió el primer oro femenino y dobló con otro oro en combate (semi contac); Aarón Ayude Pallas se hizo con el segundo oro en formas masculino que junto con el de Mar Riveiro, son los primeros para la selección gallega y para la Escuela Ayude, modalidad ésta que tenían atragantada, y destacar también el oro de PatriciaLópez Andrés en combate (semi contact).

Decir que competidores consagrados con grandes resultados en otros campeonatos como es el caso de Bruno Agra, Cora Ayude o Cristina Cardeiro se tuvieron que conformar con el bronce, lo que no es poco y lo que evidencia claramente la gran calidad y el excelente nivel de los competidores y la gran dificultad para conseguir un puesto en el podio.

Así las cosas, en semi contact infantil, el resto de premiados melidenses fueron: Alberto Méndez Mato, con una medalla de plata; Cora Ayude Pallas, bronce en formas infantiles; y en categoría sénior, plata para Adolfo Prieto López y bronce para Marcos Alvarellos y José Conde.

Las próximas citas, el campeonato de España de lyght contact (Madrid, 10 y 11 de abril) y un campeonato en Ourense a celebrar los días 8 y 9 de mayo.

Link da nova en Tierras
Leño voltouse a xuntar o 17 de Febreiro en Madrid, na Sala Caracol, con motivo da publicaión so álbum tributo "Bajo la Corteza" onde participan numeros@s artistas e bandas nacionais.

quarta-feira, março 17, 2010


ALTERAZION DEL ORDEN
Brais, Silvela, Samuel, Carlos e Rubio presentan en directo o seu primeiro disco este venres na Sala 600.
Tedes + info e podedes escoitar algunha canción no seu myspace

Alterazión del Orden é un grupo de PUNK que nace en Melide no verán de 2006 de man de catro amigos que desexaban expresar as súas ideas a través da música e de paso matar algo de tempo libre, que naquela época era moito.

Influenciados desde o principio por grupos punk estatais e estranxeiros como CICATRIZ, SALVATE SI PUEDES, SEGISMUNDO TOXICÓMANO, THE UNSEEN, RANCID ou ANTI FLAG, sen esquecer aos grupos punk do 77; e despois de moitas horas no local de ensaio e moito traballo; empezan a saír os primeiros temas, con música e letras creadas polos membros do grupo, que marcarán o que será o estilo musical que caracteriza ao grupo: un punk potente pero ao mesmo tempo melódico, moi influenciados sobre todo polos grupos de punk americanos.

Alterazión del Orden continua mirando ao futuro, sempre coa ilusión dun grupo novel que tenta tocar o máximo posible sen importar o lugar, pero sempre tendo en conta as súas ideas e coa seriedade dun grupo de amigos que lles gusta facer as cousas ben.

Desde o ano 2006 foron varios os integrantes que formaron parte da banda, a eles e á xente que nos apoiou ou nos apoia, GRAZAS!



DE NOVO A AXENDA CARGADIÑA
Mañán xoves 18 de marzo, véspera do día de San Xosé, festivo, presentación da programación da VI Foliada de Melide que se celebrará o 24 e o 25 de Abril, este ano coa gran novidade de que vai ser nas prazas e rúas melidenses.
Ademais a cita de mañán inclúe un serán con varios grupos participantes, Herba Grileira, A Maristela, Fiadeira e Trimuíños.
+ info en folidadamelide.com



O VENRES 19 NO PUB GATOS, ACTUACIÓN DOS EX-CAIMÁN DO RÍO TEA, DENDE PONTEAREAS REPITEN NA DE NANI, CAPITAN FURILO, PRESENTANDO O SEU ÚLTIMO TRABALLO, "ROCK"

terça-feira, março 16, 2010

MELIDE NO ENTROIDO DE VERÍN
Encontro hitórico entre Enrique "Napoléon" Vilariño e o Hitler de Monterrei, se coñeceran o licor café a campaña rusa sería outra cousa e hoxendía a historia sería outra.

Piratas Somalís da Cerne de Galicia detrás do Alakrana (ex Río Furelos)








sexta-feira, março 12, 2010


OUTRO FINDE +
Segue a intensa programación cultural nos locais de ocio melidenses nas fins de semana.
Hoxe temos:
SALA 600: MELI.DEATH FEST VOLUMEN II.
Segunda edición do festival mais escuro dos que se celebran na comarca. Death Metal, Black Metal, Metal Galaico Extremo, Tribulationist Black/Death Metal cos grupos galegos: The Last Twilight (De Palas de Rei), e Xerión, os madrileños Eterna Penumbra e os lusos Pestifer, a partires das 23.30 h., as cincuenta primeiras ánimas que se presenten no ritual levarán de balde o Melideath CD Compilation (....)

PUB GATOS: LOS ETERNOS.
No horario de costume country rock na de Nani cos músicos de longo recorrido que agora forman LOS ETERNOS. Chegan dende as terras de Ortegal.
Para saber mais: preme aquí


A FUNDACIÓN: BELÖP
No local ubicado no Forte a partires das once da noita, rock con movida "indie" da man dos gañadores do II QUEIXO MAQUETÓN celebrado o pasado sábado en Arzúa, os vigueses Belöp. Myspace
E MAÑÁN SÁBADO:
Os ex-Lony de Teixeiro co luthier de Andabao, Toxo, ao baixo chámanse agora: MODERN DISCOVERIES, as xentes do Mandala, do Norfolk etc. de Teixeiro fan de novo un tributo ao rock en directo na SALA 600 a partires das 00.30 h.
Versións variadas de Nirvana, Queen,U2, Oasis, Coldplay, The Doors, Oasis, todo un espectáculo.

quarta-feira, março 10, 2010

TROIKAVideopresentación da nova adquisición da Ganadería Pereiro de Melide trátase de "Troika" unha egua frisona de orixe holandés adquirida recentemente en Ferroltera, fina onde as haxa, gañadora de varios certames de estampa e beleza.
Este équido conxuntamente co mais selecto gando cabalar da nosa comarca participará na III edición da Ruta Cabalar que organiza a Peña O Estribo de Arzúa este vindeiro sábado que transcurrirá segundo contan os seus organizadores polos "distintos camiños rústicos, por onde ían os nosos avós, e tamén parte do Camiño de Santiago" rematando a ruta cunha cea de irmanamento dos mais de catrocentas participantes procedentes de distintos puntos da comunidade así como alén de Pedrafita.

terça-feira, março 09, 2010

LOITAS OLÍMPICAS, PORCOS MORTOS, BARÓN E FERREIRO
A resaca da fin de semana deixounos novas ben dispares na Cerne de Galicia:

UN PORCO NO FURELOS
Texto e fotos: Xavier Pazo- Asociación Río Furelos-
----------------------------------------------
De cada pouco os medios de comunicación infórmannos da morte de grandes cetáceos en distintas partes do mundo, por ficaren varados a vontade nunha especie de suicidio. Este é comportamento para o que os científicos aínda non teñen explicación certa. E será que os nosos porcos comezan a imitar esa conduta e chímpanse ao río sabedores de que un día lles chegará o seu San Martiño? Isto ben a conto de que, despois das últimas enchentes, a retirada das augas deixou varado o corpo sen vida dunha porca morta na marxe do río Furelos, máis abaixo da ponte de Portochao, no límite con Santiso. Isto xa nos parece o colmo. Ante un espectáculo tan inexplicable para os tempos nos que estamos, optamos nesta ocasión pola ironía e o humor, non se deixar de dicir que o responsable de tal barbaridade é máis porco ca o pobre animal. Membros da Asociación de Troiteiros denunciaron o feito ás autoridades locais e comprobaron in situ que, quen a tirou, fíxoo con aleivosía porque se preocupou, antes de perpetrar o delicto, de lle retirar calquera elemento identificador. Os membros da Asociación, solicítanlle ás autoridades que retiren o corpo morto do animal antes de que a súa descomposición se converta nun problema medioambiental de maiores consecuencias dado o seu tamaño, e que fagan as pescudas pertinentes encamiñadas a descubrir o responsable. Non nos cansaremos de repetir, máis unha vez, o chamamento a todos os veciños da bisbarra para erradicar este tipo de comportamentos que, aínda que illados, poden ser tremendamente perniciosos para a saúde do Medio e dan de nós unha imaxe inculta e incivilizada

TIERRAS DE SANTIAGO
Cora Ayude gana en Melide el campeonato de lucha olímpica
Los jóvenes de la escuela local consiguieron varias medallas en el certamen autonómico júnior ·· Galardones en libre y greco-romana
MELIDE. J.R.
Los deportistas de Melide volvieron a dar la campanada el sábado en el campeonato autonómico de lucha olímpica junior (16 a 20 años) que se desarrolló el pabellón de A Martagona, de la localidad. La competición se desarrolló entre las 10.00 y las 13.30 horas, finalizando con la entrega de medallas. Los ganadores de este campeonato formarán parte del equipo que representará a Galicia en los próximos campeonatos de España, que se celebrará en Gijón, los días 27 y 28 de marzo.
En el caso de la Escuela Ayude de Melide, la gran vencedora fue Cora Ayude Pallas, que quedó en el primer puesto de la categoría de libre olímpica. Por su parte, en el segundo puesto quedaron Bruno Agra García (en libre olímpica y también en la misma posición en greco-romana), y Adrián Carril García, que quedó tercer clasificado en libre olímpica y en greco-romana. En la categoría por equipos la Escola Ayude quedó en el segundo puesto de libre femenina.

FERREIRO GAÑADOR EN ASTURIES
Rallyeracing.net
Jesús Ferreiro-Javier Anido en velocidad fueron los ganadores de la prueba " II edición del Criterium Solo Escort". La prueba, reservada a los históricos modelos MKI y MKII del Ford Escort se disputó en Cornellana.
En el apartado de velocidad, los primeros líderes fueron los locales ‘Lolo’ García y Javier Rodríguez, que con su MKII marcaron el mejor crono en el paso inicial por Las Nisales, por delante de los gallegos Jesús Ferreiro y Javier Anido, con un MKI. El equipo de Melide Competición se hizo a continuación con la primera posición de la general, mientras que los representantes de Pravia Autocompetición se veían obligados a abandonar por problemas de motor.
Tras completar los seis tramos con una espectacular conducción que hizo las delicias de los numerosos aficionados que presenciaron la prueba en directo, Ferreiro-Anido se adjudicaron la victoria final, pese a que un error en el penúltimo tramo pudo costarles el primer puesto ante el MKII de José Antonio López-Fombona y Agustín Ramos

BARÓN ROJO NA CORUÑA
Crónica do concerto
O sábado á noite tivo lugar no Colisemu da Coruña o único do concerto do Barón en Galicia con motivo da xira do seu XXX aniversario, que conta coa formación orixinal da mítica banda, Sherpa, Hermes e os irmáns De Castro a pesares das desavenencias que houbo entre eles nas dúas últimas décadas.

quinta-feira, março 04, 2010

VAI VINDO A PRIMAVERA
Arestora en Melide loce o anhelado sol, despois dunha intensa invernía por pouco que seña agradécese ver de novo os efectos do Lourenzo. Pero agora non toca falar de climatoloxía, senón do "tempo" da fin de semana que xa peta a porta.
Se o inverno foi repleto tamén o son, como xa vén sendo habitual, as actividades que se aveciñan para estes primeiros días de marzo. Como de cotío, o venres 5 de Marzo será un día de Cicloxénese explosivo, a pesares que desta volta A Fundación, e o Pub Gatos non teñen nada previsto.
Así a cousa vai de MONÓLOGOS, na Sala 600 ás 00.00 h. Evaristo Calvo, un dos compoñentes de Mofa e Befa, representará un dos papeis que facía en Air Galicia, O TURISTA MADRILEÑO.
Á mesma hora no pub Cult Room de Melide, actuación de CARLOS BLANCO.

Para os amantes do naipe,tamén venres gran campionato do xogo de moda, Poker Texas Hold`em, na cervexería 13. - All in ¡¡¡ -
O sábado e o domingo, a festa que sempre precede a primavera, XXV Festa do Queixo de Arzúa, con moitas actividades que podedes consultar na súa web oficial, entre as que destacan os concertos do sábado, cos franceses Rinocerose (rock con música electrónica)e o domingo toca folk, co sorprendente gaiteiro Anxo Lorenzo e os ourensáns Mutenrohi.
Á parte de todo o programa, eu destaco o deseño este ano do cartel, simplemente espectacular e imaxinativo obra do xovén arzúan multipremiado, Daniel Camino.

E para rematar o fnde, algo de deporte, o Cire desprázase o domingo a casa do líder para disputar as catro e meida da tarde un duelo co Queixas (Cerceda), no calificado polos siareiros da Liga da Montaña,como o PARTIDO DO ANO xa que os cinco puntos que separan os cercedenses dos de Melide, poden quedar en dous de gañaren estes, e tendo en conta que o Cire ten un partido menos, a victoria é clave para intentar ascender como primeiros, lembramos que o segundo xogaría a promoción. Todos a Queixas, Forza Cire ¡¡¡¡

quarta-feira, março 03, 2010

Guineypaltrow, ou como se diga

Con motivo dunha recete expedición de melidáns á casa de turismo rural "A Parada das Bestas" en Pidre (Palas de Rei) co gallo dunha despedida, comentei con algún destes que nese significativo establecemento a gañadora dun Óscar, Gwyneth Paltrow, cambioulle os cueiros a Antón, fillo de Suso e María propietarios deste local con encanto da nosa contorna.
A proba está neste video que vos deixo aquí abaixo, colgado no Youtube por Marcus.
É un fragmnto dun dos capítulos adicados a Galicia do programa yankee "On the road again", que a laureada actriz de Hollywood conduciu conxuntamente co coñecico cociñeiro italoamericano, Mario Batali, para descubrirlles ó público americano os sabores da cociña ibérica, e que se emitiu en España no Canal Viajar.

Se queredes saber mais botádelle un ollo a páxina web oficial da Parada das Bestas ou a esta entrada de xullo do ano pasado no blog de Marcus`
É que Palas é moito Palas, desde ministros ao mellorciño do "star-system" ¡¡¡

terça-feira, março 02, 2010

UNIVERSAL OCOPUSS FROM MELIDE
Agora que rematou o II Fórum Gastrónimo d Compostela aproveito para comentarvos o seguinte : seica din os grandes eruditos e gurús gastronómicos que o pulpo (o do polbo non acaba de convencer) onde mellor sabe é no interior e non na costa.
Para os que somos de terra adentro, e en particular do noso querido Melide, ésta sentencia soanos a unha obviedade e perogrullada tan grande ou mais que a Pena da Moura.
Unha das pulpeiras mais afamadas da cidade da Coruña leva precisamente por nome "A pulpeira de Melide" pertence a familia Charrancas con ascendencia aló por outro dos grandes referentes na cocción do cefalópodo, O Carballiño.
Se un acostuma a viaxar a cotío por esta rede de redes que é a Internete, e aínda por riba ten buscado algunha vez algo (información, imaxes, videos no youtube, etc) apostaría 99 contra 100 que se ten atopado co que é sen dúbidas o establcemento melidán mais coñecido alén das nosas fronteiras, a Pulpería Ezequiel.
Iso mesmo me aconteceu a min hoxe polo que rápidamente decidin compartir convosco o meu "descubrimento" e así aproveito para como diriamos en termos coloquiais "darlle vidilla ao blog", que a verdade é que lle fai boa falta.
Ezequiel,hoxe rexentada pola segunda xeración, despois da retirada do propio Aziquiel do Violo (como é coñecido por todos) e de Mercedes, non cabe dúbida, é o noso grande embaixador diante do mundo, pelegríns de toda raza e condición esforzanse en preguntar por onde cae ese punto maracado en bermello nas súas guías xacobeas.
Agora que se aproxima a primavera e ata mais aló do outono, non vai ser raro ver o grande local encravado onde remata o Cantón de San Roque e escomenza a Avenida de Lugo, convertido nun novo Babel de étilicos cantos, o duro Camiño a Compostela deixa paso a uns dos mellores descansos posibles, intres de farra disrutando do famoso Octopuss to Party, compartindo mesa cos vellos que veñen cobrar as suas pensións e os tratantes que xa fixeron feira.
Sirva este post de homenaxe a tódolos pulpeir@s que percorreron o país das mil festas e feiras con tan afamado producto e xa de paso a tódalas pulperías de Melide que hoxe elaboran tan exquisito prato e con tan boa factura (Alongos, A Garnacha, Mosquera, Curros, Mandil, Liñares, Tita, e seguro que me deixo moitos mais, que me perdoen.
A verdade é que da gusto ver xente de tódolos rincóns da nosa comunidade desprazarase a nosa vila cada domingo de mercado ou de feira grande coa excusa de dar unha volta e ó pasar o medodiía compartir unhas cuncas e o producto do mar en pratos de madeira, un turismo existente, e que habería que cuidar.
Deixovos este link que foi o motivo desta sentida actualización : preme aquí

segunda-feira, março 01, 2010

COMPAÑEIRISMO NA ALTA MONTAÑA, UN BO EXEMPLO
Pep Guardiola ,por todos coñecido, ten por costume motivar os seus xogadores con videos, por exemplo antes da final da Champions de Roma amosoulles unha montaxe épica relacionada coa película Gladiator.
Nas horas previas o partido deste sábado perante o Málaga o técnico catalán arengous os seus pupilos co visionado do documental "Rescate de Iñaki Ochoa de Olza" emitido por Canal Plus dentro do seu espazo "Informe Robinson" e gañador do último premio Ondas a programa de actualidade.
Para os que sintades curiosidade se tedes tempo recomendovos o visionado da peza, mreces a pena, aquí vola deixo recollida en tres anacos no YOUTUBE.



Se queredes saber mais preme: aquí