sábado, dezembro 23, 2006


Pois eso o de sempre, felices festas a tod@s tod@s.
Non se mancar e ide a modo que cheja o tempo oh¡¡.
Din por ahi isto:
La Navidad, tal y como la conocemos hoy en día, se basa en la tradición religiosa del nacimiento de Jesús, la visita de los reyes magos y los milagros hechos por Santa Claus (San Nicolás).

Sin embargo, las fiestas navideñas sólo se empezaron a celebrar a partir de la Edad Media, y fueron los papas de aquella época quienes fijaron la fecha en el 25 de diciembre, precisamente para que los fieles prestasen menos atención a las fiestas paganas del solsticio de invierno y más a las celebraciones religiosas. Incluso el típico árbol de navidad tiene un origen celta.

terça-feira, dezembro 19, 2006

O DIONI, KIRCHNER E OUTROS LERIOS
Falando con Chavón e de que Arxentina iba remontando o voo, apareceu na conversa Kirchner e aparte das suas políticas saíu a relucir o seu estravismo o que deu lugar a que se lle comparara co home do "furgón", El Dioni, non o cantante de Camela que se separou e sacou un disco en solitario, senón o ex-guardia xurado que fuxira a Brasil cun lote de cartos.
Xa que estamos cos parecidos razonables, teñen un arie Harpo Marx e Victor Fábregas -Tucho- dos Tonechos, xa o dixera Carlos Blanco no seu programa, "Somos unha potenzia" que a parte é como Emilio define o Cire.
Non sei si somos unha potencia ou non pero este o ano Cire "me lo han cambiado", parece outro, aptitude, compañeirismo, bon trato do balón etc etc, e aínda non facendo grandes partidos vainos sacando adiante. Unha marabilla que xa se empezaba a atisbar o ano pasado, sen dúbida a decisión de que non houbera equipo fai dous anos para que os xuvenís acabasen o seu ciclo deùnos a vida.
Con esta xente nova, e con xogadores doutras xeracións que voltaron, estamos a facer o que queren facer no Madrid, "Veteranos y noveles", e de momento non che nos vai mail. A seguir así meus, que non decaia.

segunda-feira, dezembro 18, 2006

Sono-Tone, a nova revista galega de música

Xa está na rede unha iniciativa caralluda onde os novos valores do panorama blogueiro galego afían as suas plumas e fanos un percorrido por tódalos universos musicais actuais de aqui e acolá, tamén lembran discos clásicos, hai sección de entrevistas, apartados propios para libros e cinema etc etc. Moi completa esta web e actualizarána cada semana. Ten boa pinta, noraboa os creadores Regueifeiro, Vincent Halo ou Martin Pawley entre outros.
Mil primaveras para vos. Link de Sono-tone
Deixovos cun artigo polémico onde se defende unha etapa distinta na vida creativa de Juan Pardo. Recordo xa fai moitos anos ter debatido con colegas que aquel disco do ferrolano-mallorquí era fabuloso e digno de ter na discoteca propia. Tanto pola temática, musicou unha escolma de grandes poemas das nosas letras, como polo barroquismo dos arranxos a ditos textos. A xente non me entendía, estaba o "Xuntos" moi recente, lóxico. Pero todo o mundo ten un pasado.
Aínda así recordo ver o vinilo e escoitalo, fai xa mais de dez anos no Trece, cando aínda non chegará o mundo dixital a taberna martinfreireana.
Gracias Vincent Jalo, polos machucos e por este artigo:
Hai moitos Juan Pardos posíbeis. Temos o Juan Pardo mod de Los Vándalos, los Pekenikes e Los Brincos. Temos ao Juan Pardo productor e padriño de ducias de artistas (Andrés Do Barro, Andee Silver, Queimada, Camilo Sexto...). Temos ao Juan Pardo teen-idol da época de Juan y Junior. Temos ao Juan Pardo pepeiro do "Xuntos máis fortes". Temos ao Juan Pardo compositor da sintonía da mítica serie de debuxos da nosa infancia Don Quijote. Temos ao Juan Pardo ídolo das hexaxenarias nas galas de fin de ano. E tamén temos ao Juan Pardo dos 70, un Juan Pardo perdido, na percura do seu lugar na música e co seu innegábel talento botándolle por fora. Foi a época dos discos en inglés e a vocación de songwriter. E tamén foi a época na que deu a luz a este disco, unha auténtica rareza por vir de quen ven -que non está nada mal vindo dun fillo de militar nado en Mallorca- e unha auténtica xoia na historia da música galega.
Cunha falla absoluta de modestia -no interior do LP sae caricaturizado xunto a Rosalía, Pondal, Castelao e Cabanillas, coma un máis- e uns arranxos excesivos dignos da época (coros soviéticos, cordas barrocas e todo tipo de luxos de producción hoxe en día raros de ver) o ferrolán musica a Pondal (A fala e falade galego) e, sobre todo, a Cabanillas (En pé!, Na morte de Castelao...), nun disco irrepetíbel no senso literal da palabra. Non vexo eu ao bon de Juan Pardo cantando ao "dereito a libertar a terra" ou animando ás pijas de LaCoru a abandonar os "duros acentos de Castela" trinta anos despois. Ou si. Os vaivéns políticos sonche cousa do demo.
Cuestións políticas aparte, este disco é dos que hai que ter. Tanto por ser fiel reflexo dunha época -en 1976 debía de ser galleguista de toda la vida até Don Manuel- como pola calidade dunhas cancións -"Probiña da tola" estaría sen dúbida entre as primeiras nunha hipotética lista das mellores cancións galegas da historia- que, se somos capaces de borrar mentalmente a produción kitsch setenteira que as decora, farán parte do noso playlist fundamental de por vida. I é que o señor Pardo, queramos ou non, é un dos mellores compositores e vocalistas da historia contemporánea da nosa música.

Vincent Jalo

sexta-feira, dezembro 15, 2006

CONCERTOS PARA HOXE, VENRES
Na Sala 600 estará o maxistral guitarrista dos Suaves, Alberto Cereijo cun novo proxecto que se fai chamar ECO. Mais info na web do propio Cereijo
Nani comentanos quen pisará hoxe as tarimas que se superpoñen a esa estructura birrista do entramado de caixas de quintos no Gatos: " Esperemos que non se lles mollaran os instrumentos a esta banda arousana e poidan vir tocar este día, eles son TIO JAMES, que farnannos vibrar cos seus temas e algunha que outra versión do mellor hard rock "

quinta-feira, dezembro 14, 2006

XA BEN, XA CHEGA A SELECCIÓN GALEGA



Como ben saberedes quedan exactamente duas semáns para que a nosa selección de balompé xogue o seu segundo partido perante a selección sudamericana de Ecuador no municipal de Riazor por mor do centenario do clube herculino.
Como non os de Melide non podemos faltar a tan insigne cita e xa temos 92 entradas encargadas, polo que este ano o mais seguro e que levemos dous omnibus para desplazarnos a cidade onde ninguén é forasteiro. Por un prezo módico e a escote pagarmos os buses, entradas, viandas (bocatas, empanadas, viño....etc) e por suposto a pancarta. Quen queira información que pase polo Noso Bar, na Praza da Herba. Zona dos viños, e que pregunte por Alfonso.
En principio ubicaremonos en Preferencia inferior, informóvos que os Siareiros Galegos teñen prevista cubrir todo o fondo de Pavillón Inferior (unhos 3000) e supoño que en fronte en Maratón Inferior-General estarán os Blues. É dicir estaremos no miolo do tema.
Queíavos comentar tamén que de momento non temos ningún atisbo de deseño da pancarta, abro aqui públicamente un concurso de ideas para o deseño da mesma. Que queredes que lle poñamos?, Que frase vai encabazar a nosa expedición?. Veña a discurrir que vos sabedes. Eu xa teño algunha na reserva por si acaso pero confío en vos. Non vos cortedes e anímadevos, valent todas as calibacións que teñades. Temos que superar o listón do ano pasado. Queda inagurada a tormenta de ideas. Deixadeas en "comments" ok?. Veña quen gañe por suposto terá un pequeno agasallo sorpresa. Saúde e "Cos de Melide de afección Galiza será nación" jojojo veña.
Enlace da nosa experiencia o ano pasado en Compostela
Esquecíame tedes mais información, detallada e completa na páxina amiga da UD Santiso fetia por Tono.

terça-feira, dezembro 12, 2006


SON CERCEDA E ITH. O ROCKANDROLL RESISTE.O pasado venres no pub Nunca Mais de Ordes,patrocinado pola Sociedade de Xestión do Xacobeo e coa finalidade de promocionar o Camiño Inglés a Santiago estiveron os grupos cercedenses Zënzar e Machina e os boimorto-frades-xancedanos Ith (estes últimos tamén actuaron o xoves anterior no Gatos co inconvinte de que ás cinco cancións foise a corriente eléctrica e non poidemos disfrutar de toda a intensidade destes grandes músicos, ó berro de "queremos un solo potente, que nos fagha vibrar" Miguel Folgueira colleu as baquetas (que van a pilas) e bourou na súa batería tanto como quixo sacando moreas de notas que encheron a fría noite melidana nunha síntese de intensidade percutiva e virtuosismo raiboso. Foi impresionante.
Do concerto de Ordes comenta o feudal semanario Tierras de Santiago:
turno para el "rock clásico con toques innovadores" que según su guitarrista, Miguel Iglesias, caracteriza a ITH. Y desde luego, su sonido contundente y buenas formas convencieron. Las melenas del personal no dejaron de menearse hasta las 03.30 horas, reclamando "más festivales" para la comarca.
ENTRARÁCHE POLOS OLLOS.
Inaguroúse hoxe no Multiusos de Melide (antigo Instituto) a Exposición intinerante da experiencia visual creada pola Xunta chamada Galicia Dixital
Hai unha fixa que esta ubicada en San Martiño Pinario que é verdadeiramente espectacular. Segundo contan dende o gabinete de comunicación da Xunta:
Esta exposición, converxencia entre arte e tecnoloxía, ten como obxectivo achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e institucións galegas. Así, en Melide xa teñen programada a súa visita alumnos dos distintos centros educativos do seu radio de influencia.
As novas tecnoloxías introducen ó visitante nunha atmosfera especial que nos amosa unha Galicia diferente, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que envolven ó visitante e que lle permiten gozar dunha experiencia nova e divertida.
Ata o de agora, máis de 400.000 persoas visitaron esta exposición que leva varios anos percorrendo Galicia e que ten a súa sede permanente no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.
A exposición “Galiciadixital”, de entrada gratuíta, estará en Melide do 12 ao 17 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Se sodes de Melide ou vos cadra de pasar por aqui e tedes tempo non vola perdades, sempre verédes cousas sorprendentes, aínda que neste mundo cotián de hoxe tan avanzado tecnolóxicamente estas cousas xa non impactan tanto como fai unhos anos.

sexta-feira, dezembro 08, 2006

MARI CONDE PLAYA, :)
Recollido do blog melidâo de Ghaiteira.
Perdéuse unha rapaza no Naseiro......

quinta-feira, dezembro 07, 2006


HOXE NO GATOS........

ITH


Os membros da formación rockeira, Pablo de Abellá, Miguel de Xanceda e Toxo e Folgueira de Boimorto, actuaran hoxe na histórica Sala Gatos en solitario e mañá en Ordes conxuntamente con Zenzar e Machina.
Se queredes escoitar unha maquetinha antiga da banda: premede aqui
Rock and roll duro da montaña. Nunca choveu que non escampara.
Buscando pola rede atopei unha entrevista que lle fixeron o luthier de Andabao (boimorto-vaca é) Xose Luis Toxo. Deixovoloa aqui:
Collida de Musiqueando
M: Como aprendiches o negocio? Porque non hai unha escola de luthiers...

T: Non. En yankilandia si, hai cursos e movidas desas.
Pero por aqui por agora non, non.
Eu comprara unha guitarra moi mala, asi mala, bueno, debia ser mellor
do que era, pero era horrible, e estaba tan mosqueado porque me costara
pasta, pasta non, pero eran 90 mil pelas hai 15 anos, e oye, era pasta
unha guitarra, jolines, soaba fatal, non penso dicir a marca, estaría
ben, e entonces mosqueárame con ela e empecei a destrozar nela e
facerlle chapuzas e funlle pillando o puntillo pouco a pouco.

M: E tinhas ferramentas?

T: Non che fan falta ferramentas moi... para esto. Para reparar
o que atopas nunha ferreteria. Para facer unha guitarra
necesitas ferramentas de carpinteria,
o que atopas en bricoking ou en leroy merlin, para esto, sobra, pero
eu fago unha guitarra cada tres meses.

M: E logo para facer imitación das guitarras miticas, como aprendiches?
Tes unha de cada, ou?

T: Non, non teño pero me pasan moitas para arreglar, polas mans, vas
apuntando, vas grabando mentalmente cousas, e mira, na miña familia
somos carpinteiros e enton xa tes moito contacto coa madeira,
e xa che digo, ferramentas comuns de todo, xogaba de pequeno con
elas e empecei a tocar a guitarra, e xa desde pequeno dis esto é
de madeira, bueno, a ver que pasa, e a experimentar: a primeira é
horrible, a segunda é peor ca primeira,... jajjaj

M: E ensinoute alguén o principio?

T: Non, porque mira aqui non hai, que eu conozca en galicia,
estan pablo seoane que leva tempo, e maior ca min, o mellor tera sesenta anos ou asi.
Foi o primeiro aqui por galicia, e logo eu, e javi un chaval de as pontes
pero javi andaba a estudar unha carreira anda liao con eso. En madrid
e barcelona hai mais, bueno, en relacion a poboacion hai menos que
aqui. Pouco a pouco empezar...

M: E ti adicaste a guitarras e baixos eléctricos, pero acústicos tamen?
Guitarras españolas por exemplo?

T: Si, reparar todo tipo, e construir o corpo solido de guitarras, de
española fixen algunha, asimétrica de todo, non molaba nada, fago de
jazz, de jazz si, non sabes, tipo violin, con buratos con forma de f,
eso gústame moito, é unha guitarra moi bonita. A verdade é que agora vivo
de esto, fago un par de traballos de carpinteria o mes, e as reparacións
tamen che quitan tempo, sempre me retraso. Este traballo e experimentar,
tes que investigar, probando, perdes pasta o principio.

M: O normal, que é que mais fas, reparacións, construír?

T: Reparacións é o que mais, todo o ano, cada ano contei os dous primeiros anos,
catrocentas guitarras pásanme polas mans, e é o mais rentable, conta que facer
unha guitarra tes que comprar as pezas, cen mil pesetas, e construír non sacas moita pasta ,pero é bonito, é un vicio. Outros xogan o futbol e...

M: Outros instrumentos que non sexan guitarras?

T: Non, en principio non, pero algunha vez un violín pasoúme polas mans, para repar. Algo sinxelo, pero construír non, non teño nin idea, e aparte xa me pasou o
tempo de aprender.

M: Madeiras coas que traballas?

T: As tipicas para esto, caoba, arce, fresno, nogal, ebano, as típicas que se usan dende sempre, a mellor, depende de cada guitarra, asi, cada madeira dalle o seu sonido, por exemplo as gibson normalmente levan caoba, para darle ese sonido, pesado denso.

M: Onde a consigues?

T: De estados unidos, outra cousa, tamen, en galicia hai un trapicheo de madeira,
como é un porto importante de entrada para europa, por exemplo a caoba noutras cidades de españa díficil pero en ferrol, vilagarcía por ahi hai moitas madeiras vellas de hai moitos anos e eso é bo para a guitarra cando mais antigua sea a madeira mellor que mellor, e madeira que xa esta curada...

M: Barnices, que din que é moi importante?

T: Eu traballo normalmente con laca nitrocelulosa, e unha laca mais débil
ó roce, ó desgaste, pero é mais lixeira, pero por exemplo, para un violín, o 25 por cento do sonido e o barniz, e úsase moito poliester e poliuretano, pero que pasa, e moi díficil traballar con eles, son moi duros, quedan moi ben pero cando tes unhas instalacións adecuadas, unha temperatura, unha corriente de aire provocada a proposito..., a veces traénme guitarras para despintar, para que se vexan as madeiras, e atopaste con cada cousa, capas de ata dous milimetros de barniz, dous milimetros, que é duro, moito mais duro que a madeira, e obviamente, ten que influir no sonido.

M: E as pastillas, depende do tipo de guitarra que queiras, tamen influen no sonido
As pastillas que mais che gustan persoalmente, cales son?

T: Claro, a min nunha gama determinada, todo ten calidad, gibson, dimarzio, todo ten calidade, nunha gama de cen euros, a calidade tela, e logo o que tes que buscar e que che guste, a min mira, non sei se buscamos un determinado sonido porque nos acostumbramos a escoitar esto, o que pasa, explicoche; nos cincuenta fixeronse moi ben as cousas , eses tipos sabian o que facian, dixeron mira vamos vamos a xuntar esta madeira con esta, vamos usar estas pastilllas, non era porque
sairan asi as cousas de casualidade, nos cincuenta mirabase moito o tema.
E agora, a maioria dos guitarristas sobre todo, estan volvendo os inicios, buscan ese sonidos.
Os baixistas non, nese sentido os baixistas son mais innovadores, arriscan moito, buscan cousas distintas, o 90 por cento das guitarras que me encargan son copias de guitarras miticas dos cincuenta, sesenta como moi tarde.
Vexo mais curioso, non sei se friki e a palabra, o baixista que o guitarrista, arrisca mais, o guitarrista mais que nada volve os 50, a ese sonido
porque penso, que nos 50 armaron o pifostio, non sei se nos acostumbramos a ese bo sonido.

M: Que nos podes dicir da cordaxe?

T: E nas cordas tamen, unha calidade, se ve, eu vexo calidade en todas as marcas,
diferencia, mais que nada seria entre aceiro ou niquel, aceiro e mais denso o sonido, pero despois as marcas, nunha gama de precios, calidade vala ter, logo cales escollas e cuestion do gusto de cada un, o unico se che digo a verdad, hai unhas cordas modernas que aguantan mais tempo, non esta triunfando nada, vexo que a xente, non sei se sera polo precio, non lle gustan.

M: Cal e otraballo mais estraño que che encargaron?

T: Pois un que fixen o principio, un guitarrista Marcos Teira encargóume un cacharrin,porque é flanmenco, e oe, non podes chegar e darlle, é unha cousa moi tecnica, hai que quentar,e encargárame un cacharrin perqueno con cinco trastes, para quentar a mao dereita, e por certo,interesarame por facerlle a patente o non chegara a patentalo, e pouco despois patentarao un tipo
e non tivo ningun exito, asi que menos mal que non fixera nada.
Tamen os de berroguetto me encargaran unha cousa asi, para practicar nos viaxes no bus, e asi.

M: Cantas guitarras tes feito?

T: Nin idea, non moitas pero unhas vinte, vintecinco, trinta pero nunca as contei.

M: Mais ou menos recordaas todas?

T: Si, mais ou menos si, o principio fixen para os coñecidos, que deixan os cartos en apoiarte,houbo unha epoca que dixen hai que mellorar esto, e paseime case un ano facendo guitarras para min, e faciaa e non me molaba, e o lume, quitaballes as cordas e ala para queimar, epaseime asi destrozando madeira un ano, pero bueno, que queres e unha maneira de facer algo un mesmo.
Facia experimentos seguido seguido

M: E cando rematas unha guitarra, que e o que tocas primeiro nela para probala?

T: Huy, non sei, non sei non sei, o que fago, e tocalas desenchufadas, que e o
importante nos instrumentos, pero nunca me parei a pensar, creo que nunca toco
o mismo, improviso moito, tocar sempre o mismo non me gusta nada.
O que fago cando as probo, e ir a zonas concretas, nas fender vou o duodecimo traste a facer a escala pentatonica de mi, que e ai onde se mira o sonido fender, asi metalico.

M: Xa a ultima cousa, un disco, unha guitarra e un guitarrista

T: Ah, si, isto xa persoal de todo, "Whitesnake 1987", o guitarrista, John Sykes
disco grabado para facer pasta, de estudio pero queiras que non,
non esta grabado como os de hoxe en dia, un disco que e moi pastelero, pelos cardados, moito beibi, beibi, love, love seguido, pero eu penso que e un gran disco disfrazado de esa estetica.
glam y hard rock, e o guitarrista john sykes gustame moito, cunha les paul custom, cunha distosion moi moderna, pero, curioso.

M: Esa e a guitarra que escolles como guitarra favorita?

T: Non, unha non escollo, unha para cada cousa, a fender para o sonido fender e a gibson para o gibson, hai tempo levabase unha guitarra versatil, para tocar todo, pero iso é imposible, eu quedariame gustariame ter as catro guitarras miticas, en vez de unha soa con mil botons para facer trampas.

M: Moi ben pois xa esta, que che parece?

T: Cojonudo!

Non hai foros de guitarras na rede onde non apareza este fenómeno.

terça-feira, dezembro 05, 2006

GALICIAN MUSIC SPEAK GALEGO IN TWO FRONTS
Hoxe a noite a xente que lle gusta a boa música feita no país, na lingua do país e por músicos do país ten unha dúbida. Achégarse ó Sar -Multiusos de- a ver os ourensanos Lamatumbá co atractivo de que estaran acompañados por unha banda internacional como Asian Dub Foundation, por unha boa casua ademais, seica é contra o lume.
A outra ofreta é na histórica Sala Capitol onde presentarán o seu último e marabilloso disco -Comercial, xa a venda- os compesteláns Ruxe-Ruxe. Acompañados por a revelación do verán, Marquinhos Drinkin e o seu inxenio(e + sorpresas).
Quen tivera o don da ubicuidade. Pero éche o que hai. Que haxa ben xentiña nos dous concertos, que seguramente será así.
Eu recomendovos os dous, e como preguntarlle a un neno, ¿a quen queres mais a papa ou a mama?. Os dous. Longa vida para a música galega.
Por certo para mais inri, hoxe tamén no Gatos A PEDIR DE MILKHOUSE (Pontevedra), pop-rock. E tamén o Barça-Werder Bremen, os da xeración do 78 (e mais algún do 79) teñen a súa xa típica cea. Buffff. Ide amodiño e respetade as sinais, de todo tipo.

sexta-feira, dezembro 01, 2006


LOS TIGRES DEL CAÑOTAS HOXE VENRES NO GATOS

O conxunto de rock cachondo, humorístico e de temática sexual (entre outras moitas mais cousas) de Perlío, concello de Fene. Chegan ó Gatos despois dunha longa negociación bilateral, presentarán ó seu segundo larga duración "Rock Machito".
Para mostra un botón:
EL PUTERO (hit do seu primeiro álbum)

Sigiloso por la noche
al salir de trabajar
cubierto por un abrigo
que te proteje del frio
y también tu identidad
esquivando a la gente
con rapido caminar
pero vas siempre pendiente
de no ver algún vecino que te pueda delatar

solo eres un putero
que nunca podrá entender
que lo hacen por dinero
nunca te podrán querer

estas jugando con fuego
te estás jugando la piel
cuando menos te lo esperas
te la cambian de burdel

te paras frente a la puerta
los nervios a flor de piel
Tu quieres volver a verla
Y pagarle lo que sea
Es dulce como la miel

Estrecharla entre tus brazos
Oirla llamarte guapo
Y al cabo de media hora
Darle todo lo que cobras y a dormir solo otra vez
solo eres un putero
disfrazado de señor
y es porque no tienes huevos
de montartelo mejor

te quieren por tu dinero
No por tu conversación
tanto tienes tanto vales
Es la vida don Ramón

Pero ya de vuelta en casa
Rapidito a descansar
Y mañana en el trabajo
contarles a los colegas que te hartaste de ligar

Pero no engañas a nadie
Porque aquí todo se sabe
Luego hablan a tus espaldas
Y aunque no les faltan ganas
De subir para probar

solo eres un putero
que nunca podrá entender
que lo hacen por dinero
nunca te podrán querer

solo eres un putero
y no hay nada más que ver
que para ti no es un juego
es una forma de ser.

Agoran triunfan coa ranchera Lupita, mais información na súa páxina web:
Tigres del Cañotas
Dicir que hai dous compoñentes que comparten grupo cos Cempés.
Festa asegurada.
Hoxe tamén ás 11.30 h, obra de teatro na Fundación