quinta-feira, setembro 28, 2006


MELIDEINBLOG xa aparece no século XIII nun pergamino atopado polo director do Museo da Terra de Melide, Xosé Manuel Broz Rei no Archivo Histórico da Universidade de Compostela. En realidade trátase dun manuscrito xa que o orixinal encóntrase no Archivo Histórico Nacional de Madrid.
Non tiñamos constancia de que Internet tivera tanto tempo de vida, pero agora xa o sabemos. Naquel tempo quen sería Bill Gates, un Mercader de Venecia?,
no canto de Apologhit habería un "Concurso de Cantigas de Escarnio e Maldezir", Tiña algo que ver Averroes co Clínico de Santiago?, Martín Códax xa era un viño daquela ou só un Marquinhos Drinkin da época?,¿Presentaríase Alfonso X "O Sabio" a "Saber y Ganar"?, etc etc,
Fora coñas e tonterías varias, hoxe o xornal herculino "La Voz" Nova de Verdade
publica na súa edición Santiago un artigo onde se fai referencia a unha copia do pergamino que hai no Museo e onde se recolle por primeira vez o termo "MELIDE".
793 anos despois a gran maioría da xente designa a vila da Cerne de Galicia como "Melide" esquecendo así anos escuros onde o "Mellid" foi imposto algo a forza.
O que ningúen esperaba é que nese anos da posguerra onde o "Mellid" era o oficial a xente inventouse un termo novo, o "Millí" que aínda hoxe emprega moitísma xente maior para refirise a esta secular vila.

quarta-feira, setembro 27, 2006

ORTIGUEIRA-IBIZA
O outro día comentoume Lorito o espectáculo de Antonio Campo, alcalde de ortigueira e empresario pizarreiro (rmau do dono de Cerámicas Campo da Laracha, seguramente tedes visto palés de ladrillos co seu logo, estes irmaus viñeron dun pobo pequeno da provincia de León) no programa da Sexta, Pocholo Ibiza 06.
Pois prefiro non opinar nada o respecto e que vexades o video si tedes tempo.

Esto é o que publica Vieiros:

APARECEU A SEMANA PASADA NO PROGRAMA DA SEXTA
O alcalde de Ortigueira divírtese con Pocholo diante das cámaras
[27/09/2006 09:35] A pregunta "Viches o alcalde de Ortigueira no programa de Pocholo?" levaba varios días circulando de bocas a orellas incrédulas até que hoxe por fin temos o documento gráfico. Grazas a Youtube -e a quen o colgou- podemos ver o fragmento do programa Pocholo Ibiza 06, emitido pola Sexta o pasado martes, no que se ve o mesmísimo Antonio Campo, moi animado e xeneroso, compartindo a noite ibiceira co popular sobriño-neto de Franco. Á súa intervención non lle falta de nada: nin rapazas guapas, nin gaiteiros, nin exhibición de billetes de 500 euros, nin promoción do festival do mundo celta, que tal vez foi a razón que levou o rexedor a viaxar á illa balear. Nos dez minutos de vídeo podemos ver cómo Campo mide a dialéctica -e a carteira- con Pocholo Martínez-Bordíu, que tras o encontro comenta: "Menudo paxaro. Este... sabe latín".

E xa andan opinando desto fora das nosas fronteiras: prémelle

terça-feira, setembro 26, 2006


APOLOGHIT-NA TELE-XOVES 28/9-ORDES
Este xoves na disoteca LP45 de Ordes a TVG, a Galega ou como se chame agora, grabará AO VIVO un programa especial (non se sabe aínda cando se emitirá) acerca do fenómeno de Apologhit, contando para a ocasión con moitos dos grupos que participaron (non todos, en total son 38) e por suposto, co gañador Pulpinho Viascón, ex-membro entre outros de Zorza el Griego, Bocheichinhas, Diplomáticos de Monte-Alto, Jarbanzo Negro, etc etc.
Un Vias que superou na votación do xurado de expertos elexido para a ocasión (Nonito Pereira, Xil Ríos, Pia de Tolomei etc etc), á Kalindra Xida da Banda Potemkin, grupo de vellos coñecidos que poidemos ver este verán na Sala 600.
No Ránking de popularidade (as votacións da xente na web do concurso) gañaron os ourensáns Guezos con 5248 votacións seguido da Ruta do Colesterol composta por uns ruídosos de Ribeira
O fenómeno foi tal que temas como o de Marquinhos Drinkin, Igour de Fresa, foron obxeto de 40.000 descargas (se X.Souto non se engana).
Felicitar a Vieiros e ó programa da Radio Galega, Extrarradio pola idea de buscar unha canción do verán galega.
Oh, casualidade¡ cando se procura un "hit" na nosa lingua o que mais soa en tódolos lados é a Cabritinha do minhoto Quim Barreiros.
Para acudires á cita podedes chamar por tfno o nº 981540642 ou ben personarse alí a iso das oito do serán, a discoteca é jrande e supoño que non se encherá (a sala, o resto xa veremos).

segunda-feira, setembro 25, 2006


VAI DE BANDEIRAS
Xa que o tema vai de bandeiras, o Humberto alias Tutti estivo de vacacións en Italia e trouxo como recordo da illa de Cerdeña a sua enseña nacional.
A bandeira fica agora colgada do teito da Cervexería 0 13. Ó vela acordeime da controversia que xurdira meses atrás en Aragón co seu escudo.
Arredor dunha cruz de San Xorxe aparecen catro cabezas de moros vendadas.
E claro, conforme estan os mundos de hoxe hai certa polémica e preténdese eliminalos.
O mesmo pasou coa lenda que ten o noso Santiago que dende a época dos cruzados siguénlle alcumando o Matamoros e noné por Coto precisamente.
A illa de Cerdeña foi española na época dos reis católicos e por eso teñen hoxendía a bandeira que teñen.
Ora ben, non se sabe a ciencia certa de onde ven a iconografía do símbolo sardo e maño.
Esto foi o que atopei pola rede:
La antigüedad y significado de este símbolo es el que levanta más controversias.
Mientras unos lo representan como los cuatro reyes de la antiguedad, de forma similar a muchos otros pueblos y ciudades de la península.
"Modernas" interpretaciones (desde el siglo XIV) lo asimilan a la ayuda sobrenatural de San Jorge en la conquista de Huesca, y las cabezas ya no serian de reyes antiguos sino de reyes moros (zaragozanos).
La muestra más antigua del uso de las cuatro cabezas en la Corona de Aragón es un sello del rey Pedro III de 1281. Se cree que alude a la legendaria batalla de Alcoraz, en el siglo XI, en la que el rey Pedro I ganó la ciudad de Huesca y en la que se aparecieron el mismísimo San Jorge y un caballero alemán rescatado de Antioquía por el santo."


Bueno se vades polo 13 mirade pro teito e veredes o trapito.

sexta-feira, setembro 22, 2006

Volvendo a navegar pola arañeira da internet, a ver si un día destes vamos ir a pique e vai todo pro carallo, atopei unha páxina curiosa que xa coñecía pero que levaba tempo sin entrar e ó volvelo facer descubrin outra cousiña que se pode considerar unha anécdota ou curiosidade. A web en cuestión é Bandeira Galega onde o seu obxectivo e divulgar bandeiras históricas de Galicia e poñelas a disposición do público distribuíndoas nunha tenda virtual. Entre outras esta a bandeira sueva e unha explicación da mesma, coido que Fandinho ten un exemplar deste símbolo.
Bueno pois a anécdota ven na sección Fotos-Izando a Bandeira Galega polo mundo adiante onde atopas fotos da enseña branquiazul en Galicia, Glasgow,Cornualles, EEUU, Bretaña etc e ........(a ver si adiviñades).............Siareiros do Co. Melide. Trátase dunha foto do día que fumos ver o debut da Selecciòn Galega de Fútbol a San Lázaro. O pé da foto di o seguinte:
Siareiros de Melide apoiando á Seleción Galega.
"Denantes Mortos que Goleados!", anuncia desafiante a serea celta de Castelao. Siareiros de Melide dando folgos á nosa seleción nacional de fútebol no encontro contra Uruguai xogado no Estadio de San Lázaro o 29 Decembro 2005 (Galicia 3 - Uruguai 2).
Podédelo ver picando aqui

quinta-feira, setembro 21, 2006

"Encrobas, a ceo aberto"

Navegando pola rede de redes atopei no blog amigo de Vituco Neira Ouveando , "frontman" dos Ruxe-Ruxe e outras mil cousas mais, o trailer do documental que leva anos preparando Bocixa, o lider doutro grupo mítico do rock galego, os cercedenses Zenzar sobor da problemática da instalación nas Encrobas (Cerceda) nos anos 70 dunha central térmica polo grupo Unión Fenosa.
Este caso foi moi celebre na Galicia daqueles días, incluso Fuxan os Ventos con letra de Manuel María reflexaron o caso na "Cantiga das Encrobas".
A reacción popular da xente desa aldea enfrontándose a Garda Civil xa é unha imaxe mítica da nosa historia contemporánea.
Daquela loita labrega quedou unha reportaxe gráfica do fotógrafo da Voz, Xosé Castro.Prémelle para velas
Se queredes mais información do caso picade aqui.
Pois ben á marxe do bon facer de Bocixa e cia na elaboración deste documental, a anécdota salta cando levados 30 segundos do "trailer" aparecen unhas imaxes dun partido celebrado no campo de fútbol que se construiu ó caron da devandita Central.
¿Quen pensades que xogaba aquel día, cando grabaron as imaxes?
Unha pista: era un partido da terceira rexional galega do grupo cuarto.
Bingo, o noso "Cire de Melide" Vs Encrobas C.F que exercían de locais.
Concretamente as imaxes que saen no documental son as dunha pena máxima cometida sobre Jhecho que materializou maxistralmente Diego, que si non lembro mal supoña o 1-2 para o Cire. O encontro remataría en táboas con tres tantos para cada escuadra.
Eu estiven nese partido, disputado este Xaneiro pasado (a primeira fin de semán coido) e xa comentara con Emilio que carallo facía un equipo de Tv aquela soleada tarde de inverno.
Pensabamos que sería a TV de Cerceda, e sorprendiamonos de que seguiran equipos de parroquias do seu concello que militaran tan abaixo no futbol aficionado.
Agora xa saímos de dúbidas.
Aqui vos deixo a crónica que fixen co gallo daquel "match" disputado cun sol de inverno como testemuña.
Se queredes saber mais sobre a loita das Encrobas, recoméndovos este enlace, dun especial da Voz con motivo do 25 aniversario do suceso, e estoutro onde relata os feitos Manuel Rivas.
E para mais información sobre o documental:
Nova de Galicia Hoxe e Nova de Vieiros

quarta-feira, setembro 20, 2006

ESTADE ATENTOS, PORQUE ESTA MADRUGADA PARECE SER: "QUE VIENE GORDON´SSSSSSSSSS"



Tormenta tropical

God save the Hortensia

Xa fai unhos cantos días e "posts" que Marcus nos ven informando na súa bitácora do inminente "cambio" na TVG (tvga, en realidade tería que ser teuvegue, non?).
Ese cambio parece ser que só vai a abranguer o que é a "mosca" (o indicativo que se pon nunha marxe do cadro da pantalla) e a imaxe corporativa das entradiñas e a publicidade da cadea.
No que respecta a "grella" de programación, todo segue igual agás pequenos remendiños.
Da actual serie de programas da nosa tele quédome con Alalá, un programa que chegou a emocionarme onte(e digovos que non é doado)coa emisión dun especial de toda a xente que pasou polo progrma na sua primeira tempada.
Pois ben,a reportaxe que me impactou onte foi aquela na que a xente de Barro de Arén (no concello pontevedrés de Cerdedo) recibía ós voluntarios que viñeron a axudar a extinción dos incendios do mes de Agosto.
Podíase ver nun antigo "teleclube" as persoas maiores recibir ós novos con cantigas e bailes tradicionais. Pelos crespos de emoción.
Esta e outras historias poderánse ver o vindeiro sabado as 16.00, no documental "Voluntarios".
Outro dos programas que merecen seguir e incluso ampliar un pouco o seu tempo de emisión é os domingos da sobremesa "Galica a Ras" onde o piloto melidá (e un dos mais espectaculares de Galicia) Xesús Ferreiro xa acaparou bastante protagonismo en diversos especias e entrevistas.
Por certo este sábado vai competir no Rallye Nacional de Asfalto de Ferrol, que teña sorte.
Pois longa vida a Alalá e a xente que se interesa pola cultura popular do país, como esa xente de Agolada que o pasado sabado organizaron outro encontro mais no mercado medieval agulense dos "Pendellos" entre outros destacou a actuación dun dos grupos mais sobranceiros e necesarios da nosa música, A Quenlla, que fixeron un concerto ameno á par que didáctico(ese Mero ilustrando cadansúa peza coas suas emocionantes explicacións) en moitas cousas.
Houbo un guiño local ó cambiar o texto da súa peza mais senlleira "A Rumboia" por un ideado para a ocasión por Vázquez Pintor, un docente nado en Melide afincado no Morrazo pero con gran relación coas terras do Deza.
Os responsables desta edición da festa dos pendellos tamén teñen un grupo de música tradicional que se chama "Bico da Balouta", grupo que xa estivo levando o son do instruento patrio por terras da Verde Eirín.
Pois ben, este grupo de músicos e sen embargo amigos, estan este ano de xira, pero unha xira moi especial, xira polas tabernas, e a parada en Melide fixerona o pasado venres 8 no Noso Bar, deixando nota do seu saber facer e da conxugación do poderío das voces do país, Deza-Melide-Toques.
Deixovos unha ligazón dun artigo da páxina web de JL Sucasas onde podes ler parte do texto que se reparte coas letras para cantar todos xuntos, feito polo homazo de Souto(Toques) Manuel Varela, Varelita.Ah, non se enfadará Josefa de Furelos cando se entere de que o "slogan" da Galega para esta tempada é "Mira e verás" moi semellante a esa taberna mítica que foi-é que é o "Entra y Verás".

sexta-feira, setembro 15, 2006


Milocho(foto a esquerda), líder dos Festicultores Trouppe mais de Trópico de Grelos.
Unhas formacións que actuaron nos eventos mais festeiros de Galicia nos dous últimos anos. É non se perderon ningún. Calificou en declaracións ó programa "Un día por diante" na sección que comandaba no verán Alberte Rivero (ourensán coma iles) da Radio galega; ó Caralampio como a festa mais potente do país e na que mellor o pasaran. Gracias a eles tamén, que axudan é moito a que cada ano sexa mellor.
Festicultores ou Os mesmos en Komunikando.
Tedes fotos do Caralampio, en: Bar Atenas e en Sanqueremos.

terça-feira, setembro 12, 2006


Puchos, boinas, gorras e tocados imposibles, lentes de deseño kafkiano, faces e pel como improvisado lenzo, teas brancas cobretorsos con forma T cumprindo labouras de libro de visitas, nas extremidades inferiores o vaquero aínda domina pero xa se ve a mais pura moda manuchaesca, tenis vellos nos pés, un sorriso permanente nos beizos do persoal, maus ocupadas con etílico destino, nos miolos o único obxetivo de satisfacer as neuronas do divertimento, orellas perforadas amén de polo frío metal, nalgún caso, polas notas quentes de improvisados instrumentos.
A vista de paxaro, unha colebra multiculor encaramase no desnivel do 3% vol da Herba as Ichoas. No chao un afluente perdido do Furelos. Xa andan mirando a Asociación de Troiteiros para limpalo de plástico litronesco e de vidro purrelense.
O ceo despexado respetando o santo patrón. A terra de Rosalía non quere perderse esta data marcada en vermello no calendario e manda o seu producto por excelencia que cos tradicionais cachelos nas pallas é gloria terreal nun mundo de anxos e demos por igual.
Nas pantallas dos chigres un piloto asturiano abandoaba unha carreira dun circo mediático, a ningúen lle importaba o grand prix melidâo remataba de empezar e aínda había moitas curvas que gobernar.
O inxenio non se quería perder esta sacra cita e locía a raudais en debuxos e textos serigrafiados en 100 x 100 algodón.
No horizonte, si alí onde se xunta o divino e o humano, se te fixabas ben podías ler, A NOSA FESTA 60º ANIVERSARIO, feliz no teu día patrón, horamoste como o mereces.
A radio pública do país tinxiase a media mañá da morada cor Barullesca disparando nas ondas hertzianas galaicas.
A hora do vermouth extendíase no tempo ata insospeitados horarios non tradicionais.
O xantar facíase con solenmidade aplacando o fervor dos liquidos de pequena e alta graduación nas nosas paredes intrínsecas.
O polbo tamén quería xogar este partido. Abofé que asi foi, nunha comida racional e racionada.
Fume traído do caribe en forma de gran habano contaminaba unha dixestión dun día especial. Hospitalidade cos nosos visitantes xa sexan famliliares, veciños doutros concellos, marxe esquerda do Nervión ou intercionalmente cos fies do Apostolo ou debería dicir Prisciliano.
E no lusco e fusco, cando a luz do sol esmorece e a complicidade emotiva da noite quere facerse co protagonismo ,os curmáns ourensáns dos zingaros centroeruopeos facían a súa máxica aparición, e mudaban o boureo percutvio afro-brasilo-cubana matinal para dar paso o demostramento da irmandade saudosa Miñota-Danubiesca,co Arnoia na alma.
1008 razóns para sementar a festa, e os Cultivadores desa Festa xa estaban eiqui.
Recuncaban por segunda vez e Deus mediante voltarán a recuncar, porque eles son a festa e o domingo o cene desta terra, un ano mais coa valiosa axuda do Deus Baco ,era a FESTA personificada.
Obxetivamente, o San Caralampio non é a mellor festa de Galicia.
Pero en primeira persoa e levado un pouco polo corazón que mo discuta algúen se ten o suficiente índice de testosterona.
Este ano, polo menos eu, non vin (menos mal) ós inimigos da festa: Pelexas, discusións, malos rollos etc etc
Agardemos que non volvan nunca mais porque no cerne da mesma non vos precisamos, precisamos seres vivos que a entendan con cabeza e que a manteñan no tempo como símbolo de liberdade e evasión momentánea da crua realidade, porque ese día ningúen pensa en mover marcos de leiras ou en botar misís e borrar cidades de mapas milenarios.
E os que o fagan, que ese día vaian visitar ó principe das tebras e de paso que lle den recordos nosos.
Por desgraza amigos "pasou o día, pasou a romaría".

quinta-feira, setembro 07, 2006

Xa chega a sexaxésima edición da Nosa Festa.
Alá polo ano 1946, en plena posguerra, o médico compostelano Alberte de la Fuente xunto cos melidaos Fondevila e Suso do Pelos armaron o que sería a primeira edición do Caralampio. Para moitos o patrón dos borrachos. A festa non foi unha invención deles senón que tiña como referente a que se celebraba en Santiago baixo o mesmo nome, en Marín tamén o celebran. De la Fuente sen dúbida foi o artífice xa que era picheleiro. Os primeiros anos celebrabase no lugar coñecido aínda hoxe como O Cruceiro a carón da taberna de Pelos. Segundo conta Mingos de Pita no Cerne
a ver si suben agosto e setembro a edición dixital- deste mes no ano 1971, un dos carteis humorísticos rezaba, "25 anos de Sol no Caralampio", o tempo respetaba a festa.

Os carteis humorísticos ala polos 70 eran unha fiestra aberta a creatividade, a ironiía, ó realismo social etc etc. Eu tiven a oportunidade de ver algún deles na exposición que se fixera nen 1996 con motivo do quincuasexímo aniversario.
Unha grande grua enriba da igrexa parroquial e encabezando o debuxo o texto "Melide paradiso da construcción", a pe de praza dous paisanos pregútabanse se o parroco estaba dacordo. Coido que o debuxo era de X.M.Broz, todo un mestre de mestres.
Tamén por eses anos a festa recaeu en maus de xente mais nova (daquela, :)), que tamén lle duron pulo entre outras cousas ó Antroido. O noso recoñecemento para eles, aqui sen dúbida e cando nace a Banda do Peto (con ese gran director que foi Ramonciño), os pementos, os cachelos nas pallas, o concurso de debuxo "Alberte LAfuente", etc. Coido que o "Tiro a lata con escopetas de pau" no pozo pequeno xa ven algo mais de vello. Quen vos pode contar isto con detalle é o propio Mingos, sen dúbida cronista "extraoficial" da nosa vila.
O dos carteis humorísticos perdeuse, non así o debuxo, o concurso de tiro ou a gastronomía xa referida (Manolo Parrado aínda pon o jorro).
Pero últimamente, mais ou menos dende o ano 90, a festa mudou case 100 x 100 masa 100 x 100. "Enrollarse con la peña" é o que se leva, camiseta branca, pañoleta, rotuladores, jorros de palla, e viño por riba, masa na teño.
Non vou enxuizar esta conducta da xente, parceme que os tempos cambian.
Pero é unha mágoa que todas as grandes festas desta índole cada día se parezan mais entre elas, preguntándote as veces onde estas. Falo da Saínza en Ourense, do Berro Seco na Costa da Morte, os Caneiros en Betanzos, o Naseiro en Viveiro ou a subida a Santa Tegra no sur do país.
Un dos "eslogans" ou "frase para o recordo" daquel Maio do 68 parisino era "Prohibido, prohibir", eu dende logo non lle vou prohibir a nadie nada, San Caralampio me libre. Pero un consello vouno dar, cecais un pouco retrogrado de mais, por favor deixade as pistolitas de plástico na casa, oh. E levade unha boa bota de viño" Se cae alghún por fora non pasou nada pero tampouco o tiredes en plan industrial, meus. Ou si, dicia o proprio Parrado, que o Caralampio é como o Antroido transgresión pura e xornadas de liberdade a eito. Pois eso que cada can lamba o seu.....
Este ano contaremos, gracias a X.Prado-Barullo- presidente da Comisión(o que firma os papeis) e a súa comisión (Malloca, Lalo, Mellid, Peque, Pedro ...etc etc)coas actuacións das charangas "Tíralle do Aire" que repiten. "Os amigos de Visantoña" estes non repiten cuatripiten polo menos, son de Visantoña e xonga cuase que na casa e a percusión malvada de "Tró-pi-co de Gre-los" dende Allariz.
Pola noite, os Festicultores Trouppe co seu espectáculo rumaníacos, tocando a ras de chan como mandan os cánones zingaros, non volo perdades e a Orquesta Azalea, unha orquesta media que xa deu moito que falar debido o alto grado de sensualidade e cumbia que desprende a foto do seu cartel que xa anda colgada pola zona de viños.
Escoitanse comentarios irreproducibles neste blog inmaculado.
Andade cos ollos ben aberto, non pola traca que tamén, senón porque cando rematen os festicultores e previo paso a orquestra un grupo de rockandroll actuará de xeito clandestino. O dito disfrutade neniños que isto acabaseeeeeeeeee.
23 e 24 de Setembro, Terr@ctiva en Arzúa.
Presentouose onte en Arzúa, a vindeira edición do FEstival TErractiva, que non sabes o que é, pois mira o que din eles dende a súa páxina Terractiva: "Terr@ctiva é un gran festival medioambiental que ten como obxectivo a defensa e a promoción do noso medioambiente. Terr@ctiva, é un festival de alternativas, calidade de vida, expresión artística e cultural, que loita pola defensa da biodiversidade.
Talleres,cursos, charlas, exposicións, ecoloxía, bon rollo, e como atracción o festival Galeuzca, este ano contará coas acutacións dos cataláns La Carrau e Dios ke te Crew o sabado 23 de setembro e dos vascos Fita Fik e Berrogûetto o domingo.
+ info na devandita páxina.
www.terractiva.org
Promove Concello de Arzúa, financia a Diputación e xestiona a Cooperactiva.
Terceira edición xa.
PROGRAMA ESPECIAL DEZTV SOBOR MELIDE
Efectivamente, Deztv emitiu o pasado luns dentro do seu programa "A peneira" un amplo reportaxe de entrevistas adicado o noso pobo.
Alí saíron tódalas, ou case, "forzas vivas" do noso concello: os tres grupos políticos (Ánxeles do goberno, Soqui do Bng, e Manolo do PsdeG, Varela presidente da Cooperativa Melisanto, Rodríguez de Asetem, Mingos de Pita da Asociación decana da vila e Xesús Carlos, presidente do Cire. Creo que os dixen todos, porque na miña casa DEZTV non chega de todo ben e había momentos que se marchaba o sinal.
Pareceme ben que un medio de comunicación se interese pola nosa vila, sinal de que algo de mercado lle viron. DezTV é un medio privado. Supoño que aproveitando que DezTV -centrado na sua primeira etapa só nas terras do Deza-, se ve ben nas terras da Estrada e nas DE Melide amplian o megocio. Vilariño entrevistou as autoridades no Cantón e Gulías microenmano, coido que Marcus nos pode falar mellor deste xornalista, tomou a temperatura da xente da rúa, coma ti ou coma min. Preguntas como se coñeces a alcaldesa, que tal de festas, que lle falta a Melide, etc etc foron a súa arma para entrar nestas terras de Abeancos.
Non me gustou que preguntara tan intensamente, coma querendo coaccionar a xente na sua resposta, se Melide precisa úrxentemente un Centro Comercial.
Igual era porque me tocaba a fibra, pero si somos realistas é o futuro, para ir ó cine tes que ir fora (por exemplo a ese Lalín-que ten dous centros comerciais- ou a Lugo ou Santiago).
Eu dende logo non o vexo tan urxente. Señora/or compre en Melide, de todo e para todos, non era así.
Xuntanza dos Maiores (quen chejará alá)Ó pasado domingo 3 de setembro, Melide foi invadida polos "Nosos maiores". Isto é a nosa vila foi designada pola Vicepresidencia da Xunta como unha das catro sedes(unha por provincia: Carballiño-Ou-, Vilalba-Lu-,Pontevedra-Po- e nós-AC-) do programa "Lecer para os nosos maiores" que ven sendo xornadas de ocio, domingos, para a xente da terceria idade con orquestas, gaiteiros e como animador do cotarro o inesquencibel e paisano de Quin, Xosé Manuel Piñeiro, outrora co-buque insignia xuntamente con Gayoso da "antiga" TVG, a nova Tvg non é que seña moito mellor, falando disto mirade que definición hai pola rede da nosa canle pública de TV PRÉMELLE MEU.
Bueno pois que en torno a cinco ou seis mil maiores xuntáronse na Area Recreativa da Praia Fluvial de Furelos, ogallá se repita tódolos anos porque sempre deixa beneficio ó pobo e mais publicitáo en toda Galicia. A gran diferenza entre esta reunión e as dantano é que aqui eche como en Ribadeu, cada un paga o seu.
Amenizou a xornada os distintos grupos de gaitas de Melide: Melidaos(segundo o Cerne SuperPiñeiro tocou con eles, haberá que preguntarlle a Pepinho e a Xele,Froito Novo, Castelo, Axouxere etc), orquesta Montes e os picheleiros-alacarinos-bulgaros Festicultores, que quentaban motores porque teñen que voltar este domingo para estar nA Nosa FEsta
Nova na Voz
Nova no Correo "Manchego"
Nova no Abc, manda virghen
Nova no Ideal
CENK
Outro concerto que vivimos no Gatos foi en Xullo o dos suizos Cenk, xa están as fotos na sua web. E califican o concerto como, We`ll jammend all night long¡¡¡ (tocamos toda a noite de Dios....) iso é algo que soe ocurrir no mítico local da esquina Pardo Bazán-Galicia.
Nas fotos da sua xira pola nosa terra, Galiza Calling chamarónlle (en homenaxe ós Clash), hai diversos apartados, fotos dos concertos na Dorna en Ribeira, Melide, Palas-Rockandmotos-, Chantada-SalaMogay-, San Sadurniño -DZine- etc ,fotos da paisaxe, da gastronomía, e fotos de personaxes(Friends and people). Cajonatos ahi saljo eu e mailo Toxo(pé de foto:"Melide's craziness: I let this guy rockin on my guitar for some galician tunes"), e a min califícanme asi meus: "we couldn't stop this one, he kept singing loud some good songs", que mais ou menos é "nos non poidemos paralo, el cantou duro boas cancións" jajjaja, esta si que é boa. Na foto non saín moi favorecido, os meus ollos xa non son moi grandes pero si os poño como si fora a disparar no tiro a lata con escopetas de pau aínda menos. Ahi vos queda:
Chino sigue tu camino
Hai mais fotos como a do esceario (chamoulles a atención tocar encima de caixas de quintos de Estrella), a de Varelita afinando a palleta-local specialist chámanlle-.,local pipers, comida, richi rastreros etc...
Ah, ó Gatos deicanlle esta sentenza : "(o pub mais r'n'r de Galiza)", e a Nani danlle as grazas por traelos.
XA ESTOU DE NOVO POR EIQUI
Como poderíades comprobar últimamente non escribin moito, un abano longo de motivos foron o impedimento. O feito feito está. Así que ó allo.
Facendo un pequeno resumo o Venres 25 de Agosto aconteceron duas novas reseñables, remataba o campionato de fútol-sala de Agosto (un dos decanos de Gz) coa victoria do equipo toquense-friolano do Pub Kemais que lle gañou na lotería dos penaltys ós rapaces de palas, Matines. En semifinais quedáronse as escuadras arzúas de Cascón e Fotos Luis, auténticos favoritos para gañar o torneo, xa que a outra potencia Limpezas Apostol sucumbirá en cuartos contra estes últimos tamén na tanda dende a pena máxima. O mais destacable deste ano foi o record de equipas apuntadas e a confirmación da baixada de nivel con respecto ós anos 90. Isto traduciuse em mais igualdade e mais emoción. Lanzar un berro ós equipos de Melide que últimamente non saborean as meles do triunfo. Será o SanRoque?, quen o sabe. No resto de categorías non sei os clasificados e sintoo ben (Infatiles, Xuveniles, Feminino...Baloncesto -ahi non, basket non, foiseme a pinza e que estábame a lembrar cando Pedro Da Fonte organizaba un campionato con varias categorías ala por finais dos 80 e principios dos 90, ademais como se faría para facelo agora, se non están pintadas as liñas do terreo de xogo no "Pavillón POLI-DEPORTIVO", ) eche o que ahi diria o outro.
Bueno pois non sei os resultados porque acudin o concerto que programou o Xacobeo ó amparo do "Vai de Camiño"- este sabado en Arzúa o Mago Antón- cuio protagonsita eran a séptima formación da banda viguesa Siniestro Total. Concerto para cumplir calificaríao eu, ben formalmente (bon sonido, boa ubicación) pero carente de toda emoción. O mellor do bolo, o rescate de temas míticos daquel disco que se titulaba "De hoy no pasa" ou aquela que dicía"Quiero ser Emilio Cao"(eh-Tomas); e destacar tamén o club de fans que ten a banda pola parte de Arzúa, con Miguel Toldos e o sobriño como máximos protagonistas. Quen non se riu cando Miguel lle dicía: -Julián, te vi en la Sexta y en Localia. ;). Despois había concerto no Gatos, ata aló fumos tocaban un grupo de Segovia denominado Adobe (nada que ver co Photoshop), os do acueducto moi parecido a Marea e a Extremo pero ben. A sorpresa chegou cando rematando a sua actuación chegou Julián & company e claro os da terra de Perico (delgado) fliparon e houbo que tocar unha con eles. Digo tocar, porque eu tamén subin e dende aqui digolle a Recaldillo que me mande a foto que salgo eu co micro e detras miña julián hernandez cunha guitarra fender, impagable. O tema foi, Bailaré sobre tu tumba. Xiao quedouse toda a noite por Melide, que coñece ben porque fará un ano e medio veu presentar o primeiro disco do seu proxecto paralelo, Transportes Hdez & Sanjurjo, dueto que forma co ex-acordeón dos Diplomáticos de Monte-Alto, Rómulo. DE feito comprometeuse a vir presentar o segundo traballo a Melide, un traballo que estan preparando estes meses. Destacar de Xiao, a sua gran acesibilade (falou con todo o mundo sen poñer unha mala cara, e non foron poucos os que o abordaron) e simpatía. Entre nós, acobou no 600 cunha tellaza.