quinta-feira, setembro 07, 2006

XA ESTOU DE NOVO POR EIQUI
Como poderíades comprobar últimamente non escribin moito, un abano longo de motivos foron o impedimento. O feito feito está. Así que ó allo.
Facendo un pequeno resumo o Venres 25 de Agosto aconteceron duas novas reseñables, remataba o campionato de fútol-sala de Agosto (un dos decanos de Gz) coa victoria do equipo toquense-friolano do Pub Kemais que lle gañou na lotería dos penaltys ós rapaces de palas, Matines. En semifinais quedáronse as escuadras arzúas de Cascón e Fotos Luis, auténticos favoritos para gañar o torneo, xa que a outra potencia Limpezas Apostol sucumbirá en cuartos contra estes últimos tamén na tanda dende a pena máxima. O mais destacable deste ano foi o record de equipas apuntadas e a confirmación da baixada de nivel con respecto ós anos 90. Isto traduciuse em mais igualdade e mais emoción. Lanzar un berro ós equipos de Melide que últimamente non saborean as meles do triunfo. Será o SanRoque?, quen o sabe. No resto de categorías non sei os clasificados e sintoo ben (Infatiles, Xuveniles, Feminino...Baloncesto -ahi non, basket non, foiseme a pinza e que estábame a lembrar cando Pedro Da Fonte organizaba un campionato con varias categorías ala por finais dos 80 e principios dos 90, ademais como se faría para facelo agora, se non están pintadas as liñas do terreo de xogo no "Pavillón POLI-DEPORTIVO", ) eche o que ahi diria o outro.
Bueno pois non sei os resultados porque acudin o concerto que programou o Xacobeo ó amparo do "Vai de Camiño"- este sabado en Arzúa o Mago Antón- cuio protagonsita eran a séptima formación da banda viguesa Siniestro Total. Concerto para cumplir calificaríao eu, ben formalmente (bon sonido, boa ubicación) pero carente de toda emoción. O mellor do bolo, o rescate de temas míticos daquel disco que se titulaba "De hoy no pasa" ou aquela que dicía"Quiero ser Emilio Cao"(eh-Tomas); e destacar tamén o club de fans que ten a banda pola parte de Arzúa, con Miguel Toldos e o sobriño como máximos protagonistas. Quen non se riu cando Miguel lle dicía: -Julián, te vi en la Sexta y en Localia. ;). Despois había concerto no Gatos, ata aló fumos tocaban un grupo de Segovia denominado Adobe (nada que ver co Photoshop), os do acueducto moi parecido a Marea e a Extremo pero ben. A sorpresa chegou cando rematando a sua actuación chegou Julián & company e claro os da terra de Perico (delgado) fliparon e houbo que tocar unha con eles. Digo tocar, porque eu tamén subin e dende aqui digolle a Recaldillo que me mande a foto que salgo eu co micro e detras miña julián hernandez cunha guitarra fender, impagable. O tema foi, Bailaré sobre tu tumba. Xiao quedouse toda a noite por Melide, que coñece ben porque fará un ano e medio veu presentar o primeiro disco do seu proxecto paralelo, Transportes Hdez & Sanjurjo, dueto que forma co ex-acordeón dos Diplomáticos de Monte-Alto, Rómulo. DE feito comprometeuse a vir presentar o segundo traballo a Melide, un traballo que estan preparando estes meses. Destacar de Xiao, a sua gran acesibilade (falou con todo o mundo sen poñer unha mala cara, e non foron poucos os que o abordaron) e simpatía. Entre nós, acobou no 600 cunha tellaza.

Sem comentários: