sexta-feira, setembro 22, 2006

Volvendo a navegar pola arañeira da internet, a ver si un día destes vamos ir a pique e vai todo pro carallo, atopei unha páxina curiosa que xa coñecía pero que levaba tempo sin entrar e ó volvelo facer descubrin outra cousiña que se pode considerar unha anécdota ou curiosidade. A web en cuestión é Bandeira Galega onde o seu obxectivo e divulgar bandeiras históricas de Galicia e poñelas a disposición do público distribuíndoas nunha tenda virtual. Entre outras esta a bandeira sueva e unha explicación da mesma, coido que Fandinho ten un exemplar deste símbolo.
Bueno pois a anécdota ven na sección Fotos-Izando a Bandeira Galega polo mundo adiante onde atopas fotos da enseña branquiazul en Galicia, Glasgow,Cornualles, EEUU, Bretaña etc e ........(a ver si adiviñades).............Siareiros do Co. Melide. Trátase dunha foto do día que fumos ver o debut da Selecciòn Galega de Fútbol a San Lázaro. O pé da foto di o seguinte:
Siareiros de Melide apoiando á Seleción Galega.
"Denantes Mortos que Goleados!", anuncia desafiante a serea celta de Castelao. Siareiros de Melide dando folgos á nosa seleción nacional de fútebol no encontro contra Uruguai xogado no Estadio de San Lázaro o 29 Decembro 2005 (Galicia 3 - Uruguai 2).
Podédelo ver picando aqui

5 comentários:

Anónimo disse...

exacto, teño un exemplar dese símbolo :)

cabe dicir que son un pequeno colecionista de bandeiras, e como tal, non podía faltar a primeira bandeira do noso país.
PD: agradecerlle unha vez máis a Zeltia este magnífico agasallo

Anónimo disse...

Aquí unha xornalista destinada no lado escuro da Administración Pública, coñecedora deste recuncho de riki a través de meu irmán (Tono: www.udsantiso.blogspot.com). Ando traballando na Dirección Xeral para o Deporte, a organizadora (dende o cambio político... xa se sabe!) dos partidos das seleccións nacionais. Tiven o privilexio de traballar en todos os procesos das nosas seleccións: fútbol -noite memorable e emblemática de nadal...-; baloncesto e balonmán, sen esquecer a creación do primeiro equipo profesional de ciclismo.
Vin que o riki -que está en todo- ten información e fotos do partido da selección de fútbol. Eu teño -por aquelo do choio- un feixe delas, así que présome gustosa a cederchas. Todo sexa pola causa.
Tamén quedo dispoñible por aquí para o que precises e que teña que ver co deporte galego (a ver se sei dar resposta!).
O dito, noraboa pola páxina e segue facendo patria.

rikimelide disse...

Tómoche a palabra e noraboa polo traballo que estades a facer dende a Dirección, vades no bon camiño. Tiña que chegar unha muller de Santiso para meter caña que si non... non era nada.
Pois eso gracias polo comentario (a ver si non é o último)polos ánimos e polo ofrecemento, un bico pra ti unha aperta pra o teu irmau

rikimelide disse...

Ah, deixoche a dirección do correo para o que faga falla, rikimelide@gmail.com, e invirtindo os papeis e facendo eu de xornalista, ¿sábese algo do vindeiro partido da Selección?, ¿o equipo de ciclismo participará na Volta a España do ano que ven?, bueno xa chega que me meto no papel e parezo unha metralleta. Veña

Anónimo disse...

Graciñas por responderme! Por partes: espérase partido da Selección Galega en Nadal. Aínda non se pode confirmar rival, pero si que, case con toda seguridade, a festa este Nadal será en Riazor. En relación ao Karpin Galicia, tampouco hai resposta "oficial" de Unipublic que, como sabes, é a que organiza a caravana, aínda que todo pinta moi ben.
Xa saberás que a Vuelta do ano que vén sae de Vigo, e que ademais da etapa prólogo están comprometidas outras dúas etapas pola terriña. Cousa bonita!
En fin, que aquí seguiremos, informando extroficialmente dos temitas que máis nos tocan o coraçao, aínda que sexa no eido deportivo.
Apertas gordas!
Ah, pásoche algunha foto do partido da selección que non sei se terás, e nas que sae o incombustible Miki.