terça-feira, maio 19, 2009


KING JAMES, O ELIXIDO
Este ano na NBA, está destacando unha figura sobre o resto, trátase do "animal" LeBron James, o fulano de "o-ja-io" meteu nun adestramento unha canasta imposible, que eu persolamente, levo buscando dende fai dez anos, non lle hai que facer, jajja, ahí vos queda:

segunda-feira, maio 18, 2009


NOVO SPONSOR PARA FERREIRO
Hoxe luns presentóuse no Cantón de San Roque o novo "look" do Porsche 911 do campión galego e nacional de rallyes, o melidán Xesús Ferreiro.
O novo patrocinador desta nova xeira, é a empresa de Melide, Proquintas Grupo.
Ogallá este acordo de colaboración veña cargado de éxitos.
Ferreiro participará esta fin de semana no I Rallye de España de Históricos en Madrid e Segovia, sorte campión ¡¡¡¡

quinta-feira, maio 07, 2009

CRISE LEITEIRA
Mañán venres ás 12.00 do mediodía no Cantón de San Roque de Melide, concentración en apoio ao sector leiteiro, que tan mal o estan pasando, organizado polas cooperativas e os sindicatos que incluirá a lectura dun manifesto.
Unha concentración que tamén se convocou nas seguintes cabezas comarcais: Ordes, Arzúa, Betanzos, Vimianzo e Santa Comba (A Coruña); Chantada, Ribadeo, Sarria, Meira, Palas de Rei e Vilalba (Lugo); Lalín e A Estrada (Pontevedra); e en A Gudiña (Ourense).