quarta-feira, abril 26, 2006


II FOLIADA DE MELIDE

O mais magno evento dentro do panorama da música tradicional e da cultura galega en xeral na tempada primaveral do país e na cerne do mesmo. A foliada.
Se coñemos o Xerais da lingua, explìcanos: Foliada (de fol < lat. folle = home tolo).s.f. 1. Festa, baile ou diversión popular que se celebra pola noite. 2. Baile ou deiversión ruidosas. 3. Reunión de moita xente na que hai moito ruído. Agardemos que así sexa, moita xente, moita festa, baile, música e diversión á esgalla eso á noite, que o resto do día da para moito.

Mostra de artesanía, exposicións (non perder a dos Garceiras), obradoiros tradicionais (A Malla, con máquina do séc.XIX), os Maios, Xantar Popular (todos a xantar de mao do cheff mais auténtico da comarca, Luis "con ajillo ou sen ajillo" do Toxo -rico e abudante- absterse xudeus e musulmáns (raxo, zorza etc), unha boa sobremesa unhos chopitos e unhos "dalkes" e a ver a duas figuras históricas da música galega, dous tótems da recuepración etnográfica das cantigas perdidas da nosa terra, nada mais e nada menos que X.L.Rivas Cruz Mini e Baldomero Iglesias Mero, membros fundadores de Fuxan os Ventos e acutais compoñentes de A Quenlla, todo un luxo, que nos deleitaran con Cantigas de Cego.

Despois charla didáctica sobre a afinación da gaita. A continuación Marcha Ghaiteira dende tódalas prazas da vila salirán os grupos de gaitas pra xuntárense no cruce ou rotonda para dirixirse de novo o Pazo de Congresos e Exposicións -antiga feira- onde terá lugar a Foliada en sí, con grupos de Melide, Antas, Sobrado, Arzúa, Agolada etc
Despois Gran Queimada e a como remate serán libre onde se xuntaran gaitas, requintas , tamboriles ,bombos de todo o país para facer á festa. Quen da mais? De balde coido que ninguen. Non o poden perder.

Dende aqui louvar a Agrupación Castelopolo marabilloso traballo deste ano que sen dúbida dará os seus froitos (novos e non tan novos :) ) o vindeiro domingo. Xa sabedes tedes unha cita ineludible chamase II Foliada de Melide.

terça-feira, abril 25, 2006

25 de Abril 1974, Revolucâo dos Cravos.

Cúmprense 32 anos desta revolta pacífica a cal derrocou o rexime salazarista que gobernaba dende o ano 1928, é dicir a dictadura mais lonxeva de Europa o que provocaba que Portugal fose o pais mais atrasado de todo o vello continente.
Sen dúbida o descontento polas guerras coloniais en Mozambique e Angola foron á causa principal desta revolta que xurdiu dende o propio exército na figura do MFA (Movimento das Forças Armadas), militares desencatandos coa maneira de proceder do seu goberno.
Ás 00.25 horas daquel día, en Rádio Renascença soaba "Grandola Vila Morena" de Zeca Afonso, esta era o contrasinal preestabrecido para dar comenzo a únha revolta única na que non houbo violencia por parte dos sublevados aínda que hai que lamentar 4 mortos por mor dos disparos da _PIDE, Policia política do rexime, contra xente que se manifestaba civilmente.
O motivo por que se coñeza como Revolución dos Carabeis, é que a xente, desoíndo as peticións dos Capitáns revolucionarios na radio, botouse a rúa coa fror de tempada, o cravo.
25 de Abril, é festivo en Portugal(que llo digan o Corte Inglés de Vigo), xa que foi o día que deu paso á transición democrática propiciada polo levantamento dos "Capitâes de Abril".
"O povo é quem mais ordena..." así dicia unha frase da cantiga de X.Afonso, compre non esquecela para non estar condeados a repeti-la historia da humanidade.
25 Abril 1974
Grandola Vila Morena

segunda-feira, abril 24, 2006


CIRE 0-SAN ESTEVO 1 DEPORTE MELIDE

Noutra preciosa tarde de domingo o Cire sucumbiu de novo contra o terceiro clasificado do grupo IV da Terceira Rexional. Nun partido de pouco fútbol o San Estevo de Abellá levouse os tres puntos porque creu mais na victoria cos melidâos, estes últimos con varias baixas importantes. Malia todo os de Frades tampouco fixeron méritos en demasía á hora de decantar a balanza (ou romana). Notábase que a tempada vai esmorecendo e que a ilusión vaise perdendo e xa se vai pensando na Copa, agardemos que o Cire a xogue. En fin a falta de tres partidos e a modo de balance, destacar deste ano, despois dunha tempada sin federarse, que os rapaces novos lle deron un pouco de aire fresco e lle botaron, case sempre, ganas e orgullo á hora de vestires as cores do equipo do noso concello. Moitos partidos que se perderon, ben seguro de que se poderían gañar cun pouco mais de oficio. Destacar que case sempre nos adiantamos nós no marcador. En xeral a tempada non foi das mais malas que eu recordo, falo da última etapa, como manchóns e coa esperanza de que servan para dar táboas e experiencia ó plantel soio destacaría ás goleadas escándalosas que recibimos no primeiro partido,e o outro día en Betanzos e os catorce que nos espetou o Mesón do Bento, equipa que xa está ascendida a segunda rexional. Sen dúbida dos erros un aprende e non hai mellor que levalas para aprender dos erros. Este ano viuse moito mais fútbol que outras tempadas e ademáis gañoúselle a escadras tan díficles como Oza ou Pontecarreira por poñer dous exemplos. Pois eso rapaces nunca perdades o orgullo de vestir ás cores do Cire que é o equipo da nosa vila.
Moita xente dime que escribo demasiado do Cire e que non falo doutros deportes que se practican na nosa vila. Admito a suxerencia pero pouco mais hai que dicir do deporte na Terra de Melide, eternamente esquecido e con visos de seguires así. O outro conxunto que está federado no noso pobo é o Melide Fútbol Sala que disputaba a Liga Provincial de Fútbol Sala, por desgracia para o ano terá que seguir, e xa é o terceiro, nesta competición xa que non poido conquerir o ansiado ascenso. Non corren bos tempos para aquel equipo que a mediados dos noventa acaparaba a antención dos melidaos ó chegar xogar na Primeira Nacional-B.
Sen dúbida o deporte na nosa vila está en crise, ou ¿sempre o estivo?, o que non me negará ninguén é que por potencial, falo de habitantes e servicios, coido que tanto o fútbol modesto coma outras especialidades terían que estar mais arriba.
Por eso é digno de xustiza loubar e recoñecer a tódolos melidenses que compiten tanto nos dous equipos de Melide, Cire e FS e a tódolos emigrados que andan polas comarcas veciñas competindo e disfrutando do deporte.
Non sei que opinades vós pero abaixo en comments tedes opción a deixar a vosa opinión, veña meus un saúdo.

segunda-feira, abril 17, 2006

Unha de cal e outra de area, Rialeda de Betanzos 8, Cire de Melide 1.

segunda-feira, abril 10, 2006


CIRE-PONTECARREIRA, 3-0; II FOLIADA MELIDE

Este domingo non puiden asistir o encontro pero deixovos un enlace cunha crónica, dende Palas, QuintásA República independiente e tamén vos poño o enlace a "Agrupación Folklórica Castelo"(O Castelo é o Monte Olímpo ou un Pindo particular para os melidâos xa que foi castro despois castelo-de ahi o nome- derruido polos Irmandiños, un movemento que no século XV tivo a Melide coma lugar de reunión dada a sua stuación xeográfica e revolucionaria(bueno eso é unha licencia miña)e agora é Capilla,dedicada o Carmelo, e á beira camposanto) para que saibades dun proxecto senlleiro en Melide no eido da música tradicional no cal encontraredes moitas seccións e in formacións, incluída a da II Foliada de Melide que terá lugar o próximo 30 de Abril, Domingo día de Feira.
Xa falaremos algo mais endiante dela de momento quedavos o mencionando enlace.

quarta-feira, abril 05, 2006

GALEGOS 2, CIRE 2. TÁBOAS EN FRADES E DEPORTE NA VILA DA CURVA(PALAS).

O findesemán pasado deixou como bagaxe outro punto mais para o Cire tra-lo empate acadado no encontro fronte o Galegos. Adiantaríanse os fradenses e conseguiría remontar o Cire con goles de D.Costoya e Diego pero ó final reparto de puntos na tarde do domingo. Debido as numerosas baixas tivo que vestirse de curto o adestrador. Non poiden asistir o partido xa que me encontraba en terras da Ulloa vendo outro encontro importante, este englogado dentro da 2ª rexional lucense, onde o líder ,o Palas,recibía o terceiro, O Páramo, co resultado final de un tanto a un.
A verdade é que se xogaban bastante calquera dos dous equipos xa que quedan poucas xornadas para o remate da competición e calqueira punto extraviado pode ser de ouro á hora de conquerir ese tan ansíado premio final que é o Ascenso.
Dicir que nesta categoría soben dous, e outro implicado na loita por acadar a primeira rexional é o Taboada, o cal está a un punto do Palas e lévalle outro ós do Páramo.
Impresionante ambiente nas gradas nunha tarde fenómenal para a práctica do balompé, o campo en inmellorables condicións a pesares de estar a herba un poquiño longa de máis, clasificada por algún dos ali presentes ,foi Tarrío, coma modelo arxentino. Arxentina era a canción que deu paso a saída dos xogadores,trátabase de "La mano de Dios" do Potro Rodrigo pinchada dende a bancada, concretamente dende o fondo norte, por unhos afeccionados moi ruidosos ataviados con sereas de porto, bidóns de aceite industrial ó modo de bombos improvisados cunha pranta debuxada no medio, equipo estereofónico e amplificatorio, consignas varias, piroctenia etc etc.
Sen dúbida o ambiente estaba no "Komando Kuruxás" que é como se califican estes siareiros´. Bastante concorrencia tamén por parte de hinchas do outro equipo e moitos melidâos e arzúans na bancada que se desprazaron ata esta curvilínea localidade.
No estrictamente futbolístico adiantáronse os visitantes nunha xogada desafortunada entre o porteriro e a súa defensa a media hora da primeira parte. O resto do partido foi un monólogo do Palas que a pesar de trenzar boas xogadas non acababa materializando o gol, este chegaría no desconto do envite cun gol de estratexia dos ulloáns. O delirio estalaba nos Chacotes e o ascenso cada vez mais cerca para un equipo plagado de xuventude(ahi temos coma exemplo a Chorén ou Koeman) e pingas de veteranía (Luis E.Mato é o 10). Dende aqui desexámoslles os pupilos de Castilla todos os exitos do mundo. A verdade é que disfrutei do encontro cun pouco de envexa sana ó ver o que se podería facer en outras vilas con ilusión e traballo,e digno de admiración o que estan facendo eses rapaces. A ver se a medio prazo poderei ver o mesmo, campo a tope, bon firme, e o equipo loitando polo ascenso no municipal da Estrada da Golada.
Xa que ando falando do deporte lucense, dicirvos tamén que este sábado rematamos a liga regular co CB Palas e namentres non oucurra unha debacle estamos salvados xa que acabamos en quinto posto, e polo tanto terían que baixar numerosos equipos da provincia de lugo de autonómica a primeira provincial para arrastrarnos a nós e que non subira ningún da nosa liga, así que noraboa rapaces outro ano mais manténdonos, que non nos levemos a engano, e ó que aspiramos polo menos últimamente. Destacar deste ano ós rapaces (Vítor, Luis etc) que a pesares da idade, con desparpaxo e boas maneiras van collendo nivel e ó cabo de poucos anos daránnos o relevo ás vellas glorias cando colguemos os "tenis". Veña un saúdo a tódolos que entrades neste enredo que polo visto non sodes poucos, porque agora xa estades controlados co "Contador de Visitas.,agora mesmo van 258 jejj, un sáudo chavaladaaaaa