quarta-feira, novembro 28, 2007


AI, MALENI, MALENI....
Teño que recoñecer que a teño cruzada desde que dixera aquilo de “¡a mí me van a dar lecciones del Plan Galicia de mierda!”. Os últimos acontecentos en Cataluña, sumados a unha prepotencia e un carácter peculiar nestes anos de lexislatura puxeróna no disparadeiro nacional. Non gusta a case ningúen, incluso hai xente do seu propio partido que non a pode ver. Ela di que critican ata a súa forma de vestir, e o seu acento. Cecais se se preocupara mais doutras cousas e non diso lle iría mellor. ¿Quen será o primeiro español que dimita?
+ INFO
aquí
Imaxe: elsemanaldigital.com



QUE LENTA É A XUSTIZA...
17 anos despois, o mítico conxunto do Obradoiro consigue o ascenso a ACB.
Tempada 89-90, play-off de ascenso da primeira a ACB, Juver Murcia-Obradoiro. 3-0, ascende o Murcia, pero un directivo picheleiro entérase de que os pementoneiros poideron cometer alineación indebida ó teren un arxentino con dubidoso pasaporte español. O resto, case duas décadas de reclamacións na xustiza que ó final lle dan a razón. Alégrome ben, como curiosidade o próximo partido que vai disputar o Obradoiro Óptica Val é este sabado en Arzúa fronte o CAB.
Agora a ver quen lle devolve as carreiras truncadas a Popocho Modrego, Alberto Abalde (por c certo a filla xoga nunha universidade americana e é moi boa), Tino Baeza, Cobelo, etc etc
PD: que anos mais gloriosos para o basket galego aqueles finais dos oitenta, principios dos 90. Esas retrasmisións na galega con Sergio Delpont, e Ovidio García, que poñían o acento nas xogadas do escolta do Clesa Ferrol: "Manolito Alleeeeeeer, canastra", ou o do lucense do Leite Río-Dyc-Breogán: "Manel Sáncheeeeeez, tri-tri-tripla, supercanastra cola-cao". ;), tamén retransmitían a NBA os sábados pola mañán, quen non se lembran de aquilo de "colle o balón Scottie "Paipen". Eramos novos.
+ info: aquí
Historia do basket galego nunha reportaxe da TVG:

Xa tedes actualizado o blog Prensa Cire

terça-feira, novembro 27, 2007


Estar no sitio indicado no momento adecuado. Esta foto é impagable.Domingo de feira, duas e media da tarde. Duas lendas melidenses. Personaxes auténticos do pobo. Carlos e Suso. Im-presionante documento.

quarta-feira, novembro 21, 2007

Dxt campeón. 20 de novembro de 2007.


MAIS INFO, no Blog do Cire (crónicas) e no Blog de Prensa Cire (clasfiacións, recortes de prensa e fotos).

sexta-feira, novembro 16, 2007

FIN DE SEMANA COMPLETO.
Pub Gatos, á 1.00 h: QUEMPALLOU, un dos mellores grupos e do panorama folk actual. Divertidos, comprometidos, virtuosos e festeiros. O Morrazo, A Fonsagrada pasando polo país do Deza. Buff, que mestura. Veñen presentar o seu último disco "Polo aire" e chegan a traverso da Rede Galega de Múscia Ao Vivo do Igaem.
Un disco moi traballado onde o fío conductor do mesmo é a radio e o que representa, destacar unha peza que fixeron cos hiphopeiros de Ordes "Dios ke te crew" que é realmente espectacular. Non a atopei no youtbue, sí estoutra:

E na sala 600, a mesma hora, GUEZOS, banda de fusión de rock e follk, e a segunda vez que veñen o 600 e fan unha boa mestura de instrumentos tradicionais con guitarras, baixos, organos e baterías. Son de Ourense. Teñen temas propios, moi coñecido o verán pasado foi "A das festas", ca cal participaron no Apologhit e foi peza mais votada polo público.
Destacan no seu repertorio versións de Lone Star, "A rúa" e Thin Lizzy "whiskey on the jar".

Son Ourense.
E mañán sábado e domingo, a cita é en Arzúa onde se celebrea o festival Terr@ctiva, moitísimas actividades no recinto feiral de Arzúa, eu destaco o capítulo musical onde estarán os vascos Oskorri, os cataláns Ensaladilla so insistent e os galegos Marful. + info aquí

Oskorri, un conxunto histórica que regresa a Arzúa despois de actuar fai poucos anos na Feira do Queixo.
E o domingo partido importante, coma todos, do Cire fronte o segundo clasificado, a Pontecarreira, ás 16.15, todos ó Municpal.
PD: Fútbol sala, Jim Sports Melide Fútbol Sala Vs A Fonsagrada, sábado ás 17.00 no pavillón de Toques.

terça-feira, novembro 13, 2007

A VOLTAS CO CRUCE
Hoxe na contraportada do semanario TIERRAS de Santiago, aparecen duas fotos de Melide, unha de "ayer" e outra de "hoy". Unha esta datada a finais dos oitenta e a outra e actual. Trátase do Cruce, ou da Rotonda, como queirades.


Moito cambia a estampa a pesares dos poucos anos que se xogan as instantáneas, nas duas a esquerda vemos un pouquiño do maxestuoso edificio modernista do Banco Pastor, ó carón o urbanismo que caracteriza ó país, uns chamánlle feísmo, outros progreso, un mal endémico ó fin ó cabo.

Do edificio do Banco Pastor, ou mellor dito a Casa de Mera, hai que dicir que chegou a saír nunha campaña de publicidade do propio banco coruñés.
Foi feita poloas anos trinta, e X.M. Broz coméntanos no Boletín 10 do Centro de Estudos Melidenses do Museo da Terra de Melide, publicado en abril do 1997, que "ten a súa gracia co balcón central con columnas e frontóns nas ventás", dinos tamén Broz sobre esta foto de Adolfo dos anos 50, que "o grupo de casas é moi suxerente de liñas e cores: a fachada da Casa de Mera aínda ten a balaustrada da terraza e a decoración de rombos no ático -no baixo o Banco Pastor e o comerico de motos de Rúa-. A casa de Dona Inés, desaparecida.
As galerías de Bande, a casa de Portos, galería de Pampín e a casa de Romero aínda sen reformar. As árbores da alameda ó sol da tarde.
-E o foco de luz que , cando facía vento pola noite, xogaba coas sombras"

Para rematar este post morriñoso, por culpa do "Tierras", unha imaxe ben curiosa do arquivo de Broz dun carro de herba que acabou no pavimento do mesmiño cruce alo por finais dos setenta, algo que agora é impensable, a non ser que se lle corra a carga a un deses trailers que traen palla de Castilla. Deus non o queira¡¡¡.

De pé, de esquerda a dereita: Cordido, Luigi, Marck, Perilla, Miki, Jechu e Luis Eugenio (adestrador), abaixo, ídem: Mateo, Fernando, Peque, Tarrío e Chiqui.
Saíron no segundo tempo: Miguito, Pucha, Camiño, Juan e Nacho.
SEGUE A RACHA
O Cire voltou gañar, 0-2 ó San Martiño, e segue como líder invicto do Grupo IV da 3ª autonómica, os goles foron obra de Marck (un chut dende 30 metros sorprendeu o porteiro cercedense) e Miguito (que aproveitou o rexeite do cancerbeiro a un tiro de Jechu que a súa vez foi un rexeite do traveseiro a tiro de Marck). O Cire aumentou a diferencia de puntos co segundo clasificado, ó empatar este, Pontecarreira, co Visantoña. Agora son tres os que separan os de Melide da Ponte e do terceiro, Atlético Perillo (os de Oleiros cun partido mais).
Este domingo, ás 16.15 h., visita o municipal de Melide, precisamente o Pontecarreira polo que se trata dun partido importante, sono todos, mais se cabe porque a renda subiría a seis puntos. A ver se houbera moita xente para poder axudar o equipo azul a conseguir a victoria para confirmar o gran ano do fútbol en Melide.
ESPELINDO O FRÍO:O próximo fin de semana vén cargadiño de actividades.
Venres a noite no Gatos, Quempallou. Folk.
Venres a noite no 600, Guezos. Folk-rock.
Sábado e domingo, Festival Terr@ctiva en Arzúa, moito que ver e como toque musical Galeuzca, Oskorri, Marful, e Ensaladilla so insistent.
Ide preparándovos.

quarta-feira, novembro 07, 2007



CAMERÚN-SELECCIÓN GALEGA.
Esa é a nova de hoxe, o terceiro partido da Selección Galega de fútbol será ante Camerún o xoves 27 de decembro en Balaídos (Vigo).
A selección camerunesa está considerada, por palmarés, unha das mellores do continente africano. De feito, gañou en catro ocasións a Copa de Nacións deste continente xesta que lle valeu aos seus xogadores o cualificativo de “leóns indomábeis”. Ademais, o combinado africano participou en cinco ocasións na Copa Mundial de Fútbol.
Antes deste partido debutará o combinado feminino deste deporte fronte a Cataluña.
Os adestradores dos homes seguirán sendo Arsenio e Fernando Vázquez.

segunda-feira, novembro 05, 2007


6-0
Estes días de atrás Bernd Schuster, adestrador do Madrid, dixo que o seu equipo se asemellaba na forma de xogar o suízo Roger Federer, nº 1 do mundo no deporte da raqueta.
Pois onte domingo quen actuou tipo Federer foi o Cire, que lle endosou un set en branco ó filial do Dorneda de Oleiros. Non puiden ver o partido, pero parece que foi un partido cómodo onde anotaron Jechu (dous), Peke, Miki, Marck e Pájaro. Mágoa perderse o gol de Pájaro. Noraboa o equipo que este ano se está saíndo da táboa, para a semana vaise fora a San Martiño (Cerceda) e dentro de quince días partido clave da primeira volta, visita o Municipal da Estrada da Golada a Ponte Carreira que despois dos pinchazos do Perillo (perdou 4-3 co Oza) e o Boimorto (perdeu 1-0 en Toques nun gran partido dos veciños) é o noso máximo perseguidor a un punto.
Non sei porqué pero estes días vai de fotos históricas,nesta Felipe González debeu parar en Melide pouco antes de ser presidente (1982), os rapaces que estaban xogando no parque vírono, cruzaron e posaron para a historia en frente do Marta, que mais dá con quen seña a foto se o bonito é ver a Ito, Manolito, Manolo, Joma, Merceditas, Buguino, Mon etcétera etcétera, os rapaces daquela que agora andan pola trintena e algún polos cuarenta, cando eran novos. Vaia pintiñas, eran os tempos dos Payasos da tele, hoxe na tv hai outro tipo de paiasos menos simpáticos..

Arquivo: Sacada do Noso Bar, non creo que Alfonso se enfade mais do habitual por poñela aqui, ;), aínda así espero que non me pida dereitos de autor ou de imaxe.

EFE-ESE. (f.s.)
Benvida ó blogomillo melidán o blogue do Melide Fútbol Sala, un auténtico histórico deste espectacular deporte que incluso chegou a militar nunha categoría nacional.
Hoxendía compite na 1ª Autónomica, grupo Norte, despois de conquerir o ascenso na campaña pasada da man do tándem de adestradores Neira-Conde. O enlace para entrares é o seguinte melidefutbolsala.blogspot.com
Para mais inri os rapaces de Baby (adestrador actual) aínda non poden disputar os seus partidos en Melide debido os problemas de pista no pavillón da Martagona. Ánimo e a facer unha boa campaña¡¡¡