segunda-feira, novembro 05, 2007

Non sei porqué pero estes días vai de fotos históricas,nesta Felipe González debeu parar en Melide pouco antes de ser presidente (1982), os rapaces que estaban xogando no parque vírono, cruzaron e posaron para a historia en frente do Marta, que mais dá con quen seña a foto se o bonito é ver a Ito, Manolito, Manolo, Joma, Merceditas, Buguino, Mon etcétera etcétera, os rapaces daquela que agora andan pola trintena e algún polos cuarenta, cando eran novos. Vaia pintiñas, eran os tempos dos Payasos da tele, hoxe na tv hai outro tipo de paiasos menos simpáticos..

Arquivo: Sacada do Noso Bar, non creo que Alfonso se enfade mais do habitual por poñela aqui, ;), aínda así espero que non me pida dereitos de autor ou de imaxe.

2 comentários:

pepetrola disse...

Seguramente cando se sacou esta foto eu senón nacera faltaríame moi pouco para nacer.

Im-pre-si-o-nan-te documento como o do rei, doutor!

Na próxima foto histórica xa me imaxino o Papa Xan Paulo II en Melide tomándolle unha no Ezequiel.

fandi disse...

oh my god!

se a foto do monarca me deu arcadas ao vela, cando vin esta non puiden resistirme de ir ao baño a potar.

Quen lles diría a eses nenos (e a ese tan non neno de bigote) que pouco tempo despois, o homiño co que sacaron a foto se convertiría nun terrorista de estado.

La vida te da sorpresass sopresas te da la vidaa

PD: OTAN de entrada NO