terça-feira, janeiro 31, 2006


XXXI FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA. 3,4 e 5 de Marzal

Xa sabemos quen van estar na trixésimoprimeira festa do queixo da nosa vila veciña, o Venres quentaran motores a Rondalla Moraima, Fol de Veneno e Mini e Mero(ex-Fuxan os ventos, membros da Quenlla e historia viva da nosa terra), o sábado pola noite Muchachito bombo infierno, Chambao(este si é o enlace bon) e Lamatumbá, asi que se fai frío abofé que nos quenceremos ben tanto co catalán como cos andaluces coma cos ourensás, ilustres coñecedores da nosa comarca e xente festeira de primeiro orde.
O Domingo, sesión folki, Xochilmica, e Milladoiro, xente nova e veteranos ilustrísimos pra darlle o peche a esta edición. No pregón estará Carlos Blanco un dos mellores en todo o que fai(dende a radio, a actuación, os contos, etc etc).
Así que xa o sabedes o primeiro fin de semana de marzo todos a Arzúa.

PD: Na foto, Lamatumbá o 12/9/2004 en Melide, no San Caralampio, patrono etílico máis un espontáneo.
Foto feita pola comisiâo do SanQueremos de Vilantime, outra festa inesquecible.
Thank you Sexto por tudo, e non dou feito eso tan interesante dos links, se alguén o sabe que mo diga meus, sauddeeeee

segunda-feira, janeiro 30, 2006




No Fashion, nova tenda virtual galega na rede.

Recomendovos este link, no fashion é unha web na que podes mercar camisolas, bolsas, gorras e bisutería feita en Galicia.
Non dubides en visitala e se che gusta algo xa sabes compraaaa, veña meus.

segunda-feira, janeiro 23, 2006


Pólvora mollada no derby da montaña, reparto de puntos e cada un pra casiña, e crónica da fin de semana.

O match entre o Cire de Melide e o Boimorto, disputado na Cerne da Galiza, rematou en táboas despois que os dianteiros das duas equipas erraran numerosisímas ocasións craras de gol. O envite rematou en 0-0, pero tranquilamente se poido ver un resultado mais abultado, xa que os paus e os traveseiros repeleron multitude de balóns guindados polas duas escuadras.
Nunha tarde magnífica para a práctica do deporte rei, e cunhas condicións de terreo de xogo(a ver cando escomenzan as obras, de momento todo sigue igual) dignas pero xa preocupantes pola agua que caeu en dias pasados o Centro Instructivo Recreatico Educativo de Melide conqueriu un puntiño que o segue sitúando terceiro, pero mirando dende abaixo, na clasificación do grupo IV da 3ªRexional galega.
Destacar coma sempre a Nacho de Burres pola súa voluntariosiade e ganas, este home é incombustible, un pura sangre, ós dous porterios que xogaron(Sesar e Perilla), tamen coma sempre a Jhecho, mágoa que os arbitraxes non sexan mais xustos, e a Mulero que a pesares de errar en boas posicións, non é menos certo que el creou esas vantaxas e aínda por riba fixo unha chilena tremebunda, eu diría que máis espectacular que as de Hugo pero non me creeríades, que bateu no longueiro. Pra semán que ven toca descanso, ánimo rapazada e coller impulso que esta segunda volta é a nosa.
No ámbeto baloncestístico, pouco que comentar, perdimos en Lugo de mais de 10 puntos e seguimos cuartos.
E no eido do Gatos, vin un pouco da actuación de Window Pane de Ferrolterra, bastante ben, sonido bon, guitarra contundente, voz poderosa e destacar a marabillosa (en galego e con b, non?) baterista que tiñan, a mais de un relembroulle sensacións que tiñan esquecidas.
Non se perder este Venres, os nosos amigos e veciños Porka Miseria que telonearán a banda balear de Punk, Síndrome de Abstinencia.
E xa para rematar ,que me fago moi pesado, e en verdade sono, Xurxo Souto, director de programas da Radio Galega e conductor do programa da Radio Galega "Aberto por reformas" que se emite de 4 a 5 da tarde de luns a venres, na súa labor de divulgador e expansionista da música galega, tivo a ben poñer en antena para todo o mundo, escoitase tamen por internete, a fascinante banda de rock da montaña, así o dixo el, ITH. Se tes un grupo ou coñeces alguén que o teña fan música en galego e teñen algunha maqueta non dubides en mandarlla.
Aledóme moito que soaran, e doulle as grazas a Xurxo por esa querencia por saber que se está a facer non país no eido musical e polo seu interese en promocionar grupos á marxe do sistema de sempre(radiofórmulas, prevendas etc ...
Veña meus

quarta-feira, janeiro 18, 2006


CONCERTOS NO GATOS PARA O QUE QUEDA DE MES

Coma sempre dende a páxina do pub de Nani: www.pubgatos.tk informanos dos concertos para Xaneiro, atención que tocarán PORCA MISERIA dende Melide próximamente. ok?.
NANI:Venres 20 de Xaneiro: Dende Ferrol chega unha banda cun longo historial nas distintas salas de Galicia, chega o contundente metal de WINDOW PANE, será a hostia

Venres 27 de Xaneiro: Xogan de novo na casa os nosos queridos amigos de PORKA MISERIA (Melide-Wichita-Ohio-Furelos)pero desta vez non veñen solos senon acompañados de SINDROME DE ABSTINENCIA, banda mallorquina que aterrará no Gatos para facer uso de toda a enerxia que o seu punk rock permite. Por certo é unha banda con varios discos no mercado. Así que xa sabedes, para despedilo primer mes deste recén comenzado 2006 doble sesión de punk-rock no Gatos. Esperámosvos.

Coma sempre a entrada será de balde e a hora do comenzo rondará a unha da mañá. Graciñas a to@s pola vosa paciencia , saúde e moito r´n´r. Nani.

terça-feira, janeiro 17, 2006



MALA TARDE DE DOMINGO

Boas, o Cire de Melide perdeu este domingo na casa perante o Queixas, segundo clasificado do grupo IV da terceira rexional galega por 1-3, o gol meliâo acadouno Domingo Costoya. Eu non poiden asistir o encontro por mor de ter que disputar en Meira (lugo) onde nace o Miño un encontro da primeira provincial de baloncesto co CB Palas, que por certo tamén perdimos, pero todo isto non ten ningunha importancia comparado co suceso acaecido na tarde dese domingo no campo do Galegos en Frades onde dous xogadores do Sobrado foron agradidos por membros do equipo local, o central e o adestrador-delegado no encontro Galegos-C.A.Sobrado.
Agardemos que isto non volva suceder en ningún campo.
Tedes mais información se vos interesa eiqui e na páxina web do Sobrado tamen tedes un foro espcial para expresarvos. Este. Sen máis e desexando pronta recuperación ós afectados, Xogo limpo e Amizade neses campos de dios do noso país, Fútbol=Festa, Deporte=Ledicia, antes do resultado están as relacións entre persoas e poboacións.
Tarde de domingo, diversión e partidos en "boa lid", ok?, esa é a miña opiniâo.

terça-feira, janeiro 10, 2006


Outro punto máis para o Cire, nun campo díficil.

Nunha tarde magnífica e cun sol radiante, e baixo ó final. O Club Cire de Melide acadou o seu segundo empate deste ano fronte ó Encrobas.
Outro punto máis para un equipo que esta dando a cara e xogando cunha grande dignidade dende fai xa bantantes datas, poderemos perder, gañar ou empatar pero o Cire este ano loita, brega, sinte as cores e tenta xogar o futebol o mellor posible.
Hai que darlle a noraboa a esta nova xeración que será a encargada de darnos grandes alegrías asi como vaian tomándolle o pulso a esta dura categoría e asi comoa vain collendo experiencia e picardía. No estrictamente futbolístico escomenzamos gañando, coma sempre. Habería que mirar como iríamos na clasificación se só se contasen as primeiras partes. Seguramente entre os 4 primeiros. O gol foi acadado por Julio, que este domingo reviviu as súas mellores tardes cos xuvenís. Cunha grande sangre fría regateou o porteiro na área pequena e acadou o primeiro da tarde. Despois empatarian os cercedenses. Posteriormente un penalty sobor da nosa figura, Je, foi lanzado por Diego ó fondo das maias. O terceiro foi obra tamén de Julio. O Encrobas reaccionou cun penalty moi dubidoso, dos que en cada partido hai infinitos e empatou con moita sorte e cun pouquiño da nosa axuda. Dende aqui darlle ánimos a Carlos Sesar, que só leva dous partidos e xa tivo moitas intervencións de mérito. Faltalle un pouquiño de confianza. Polo demais o terreo de xogo en inmellorables condicións para a práctica deo balompé e dicirvos que o campo téñeno ó carón mesmo de onde gardan o carbon os Reies Magos. Na central de Lignitos de Meirama, de Unión Penosa. Non, non vimos a Florentino por ningures. De fondo viamos mais fume, e conforme a lei antitabaco hai que andar a tino, menos mal que o chofer do Mosquito, vaia fenómeno, díxonos que se trataba da SOciedade GAlega do Medio Ambente, que ten en Cerceda unha das súas plantas. Xente de Cerceda, Bocixa, estades arrodeados por tódolos lados e despois fanvos parques acuáticos pra compensar. Xa nos 70, Fuxan os Ventos protestará polo levantamento da central cun tema escrito por Manuel María, "Onde a loita se chama Encrobas", e non moi lonxe de onde xogamos o domingo a cidadanía revelouse, nunha época onde non era doado, contra o gran capital e o progreso malententido cun amor a terra que quedara por sempre nas vindeiras xeracións. Se queredes saber máis sobor da loita das Encrobas. Pinchade eiqui

quarta-feira, janeiro 04, 2006


ESCOMENZAMOS O ANO CON CAÑA DA MONTAÑA

Boas a todos, agora que parece que pasou a reseca ven o turno de escribires algo. Pra empezar bo ano a tod@s, e que vos parece si o escomenzo cunha promesa que fixera xa fai algunhas lúas. Xa colguei os temas da maqueta do grupo da comarca coruñesa da Montaña (Mesía, Frades, Boimorto....), ITH, a banda do luthier de Boimorto Toxo(baixo neste grupo),Miguel Folgueira na batera,dos Anxeles,
e dos guitarristas, Miguel de Xanceda e Pablo de Abellá, o cal pon a voz amén de zoupar nas seis cordas.
Para min son moi bos,o corte que mais me gusta é o de Depresión, no que recorda na súa introducción ós mellores Iron Maiden e no seu desenrolo os Suaves da etapa-Cereijo. A letra, unha delicia. Disfrutádeo meus.A mágoa e que non me entrou enteiro faltalle un pouqechiño, a ver si o dou arranxado, pero para abrir boca, vale.
Este é o link pra escoitalo: Ith-Depresión.
Os outros dous temas son, Que morran, unha versión dun tema da cantautora latinoamaericana, Olga Manzano, Que se mueran. Unha balada maxistral, e O bufón, cunha intro de Miguel na batería, e unhas guitarras sen distorsión, que daran paso a boa voz de Pablo e aos solos fantásticos de Miguel Iglesias de Xanceda.
Pinhcade e escoitadeos: O bufón e Que morran¡¡¡¡.