terça-feira, janeiro 10, 2006
Outro punto máis para o Cire, nun campo díficil.
Nunha tarde magnífica e cun sol radiante, e baixo ó final. O Club Cire de Melide acadou o seu segundo empate deste ano fronte ó Encrobas.
Outro punto máis para un equipo que esta dando a cara e xogando cunha grande dignidade dende fai xa bantantes datas, poderemos perder, gañar ou empatar pero o Cire este ano loita, brega, sinte as cores e tenta xogar o futebol o mellor posible.
Hai que darlle a noraboa a esta nova xeración que será a encargada de darnos grandes alegrías asi como vaian tomándolle o pulso a esta dura categoría e asi comoa vain collendo experiencia e picardía. No estrictamente futbolístico escomenzamos gañando, coma sempre. Habería que mirar como iríamos na clasificación se só se contasen as primeiras partes. Seguramente entre os 4 primeiros. O gol foi acadado por Julio, que este domingo reviviu as súas mellores tardes cos xuvenís. Cunha grande sangre fría regateou o porteiro na área pequena e acadou o primeiro da tarde. Despois empatarian os cercedenses. Posteriormente un penalty sobor da nosa figura, Je, foi lanzado por Diego ó fondo das maias. O terceiro foi obra tamén de Julio. O Encrobas reaccionou cun penalty moi dubidoso, dos que en cada partido hai infinitos e empatou con moita sorte e cun pouquiño da nosa axuda. Dende aqui darlle ánimos a Carlos Sesar, que só leva dous partidos e xa tivo moitas intervencións de mérito. Faltalle un pouquiño de confianza. Polo demais o terreo de xogo en inmellorables condicións para a práctica deo balompé e dicirvos que o campo téñeno ó carón mesmo de onde gardan o carbon os Reies Magos. Na central de Lignitos de Meirama, de Unión Penosa. Non, non vimos a Florentino por ningures. De fondo viamos mais fume, e conforme a lei antitabaco hai que andar a tino, menos mal que o chofer do Mosquito, vaia fenómeno, díxonos que se trataba da SOciedade GAlega do Medio Ambente, que ten en Cerceda unha das súas plantas. Xente de Cerceda, Bocixa, estades arrodeados por tódolos lados e despois fanvos parques acuáticos pra compensar. Xa nos 70, Fuxan os Ventos protestará polo levantamento da central cun tema escrito por Manuel María, "Onde a loita se chama Encrobas", e non moi lonxe de onde xogamos o domingo a cidadanía revelouse, nunha época onde non era doado, contra o gran capital e o progreso malententido cun amor a terra que quedara por sempre nas vindeiras xeracións. Se queredes saber máis sobor da loita das Encrobas. Pinchade eiqui
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
8 comentários:
Boas Victor, coma sempre un pracer, si oh é fea de carallo jeje
Con respeito o partido da Selección, ogallá seña coma ti dis, e por eso do centenario, sería bonito en Riazor, sen ánimo de polémicas, é o mellor estadio do país. O rival tanto che me ten, pero non estaría mal un Portugal, ou,xa sería o máximo, Arxentina.
Seguro que se enchería o campo e sería outra festa. Agardemos que o selección seña unha realidade e non flor dun día. Saúdos invernais as terras dos monxes¡¡¡¡¡
Ok vitor, ese caí oe, a ver si nos vamos centrar moito na copa e despois a ver que inventamos para non baixar.
Alexis e Pablo Alfaro sen dúbida grandes referentes no fútbol de toque nacional, eso sí un exemplo de profesionalidade, amor ás cores e contundencia no campo. Eu, a pesares de ser algo merengón, sempre fun seguidor de F.Couto. Todos temos fallos.
Xa me contaras o de Alexis, que debezo por escoitalo.
E si, Brasil sería unha opción macanuda, quen nos vería no Zurich coa torcida brasileira, mi madriña. jejje.
Veña, lookin for la fiesta...
Saudos dende as terras de Vilantime (Arzúa).
O de un novo partido da selección galega non vai a ser posible ata fináis de ano (máis ou menos datas similares o de Uruguai) pois ainda que se intentaba disputar preto do Mundial de Alemaña a liga da 2ª división B (principal sustento da galega)remata co mundial xa iniciado e esto faino inviable, polo menos esto e o que eu escoitei.
Ou sexa un partido por ano, cousa máis ben escasa.
Por certo invitarvos a facerlle unha visita a nosa Web pois hoxe subimos a reportaxe do Caralampio 2005.
P.D. Riki ainda estou esperando pola historia do médico La Fuente e o santo patrón, a reportaxe sin eso creo que esta coxa (tirón de orellas) ;-)
Disculpas comisionado de vilantime, non teño perdón.
Chegará non ter medo, que chegará. Tarde, mal e arrastras pero chegará. O santo patrón ten unha delegación moi boa nas vosas terra co Sanquremos, non o dubides. Saúdos a mariña arzúa con respeito e ademirazón. A crónica estará completa. Prometo. He dicho. jejje :)
Riki enteracheste do problema entre o Galegos e o CASX¿?. Menuda salvaxada meu. Ah por certo mira (se ts tempo) o libro de visitas da Hora Amiga e jraciñas pola adicatoria do tema adicado a F. Fellini pola No Smokin Orchestra de Kustorica (este home esta en todo), menudo artista. Bueno benquerido irman vemonos (ou mellor dito escoitamonos) nas ondas hertzianas
PD: ¿Visitachela BeerGuardian Webe?
Aqui unha de Millí chamando a un de Melide! Non sabía eu que había xente da nosa vila con blog.. E surfeando pola rede atopeite! Noraboa por este espazo!
Habrá que seguirte a partires de agora!
Un biko0o!!
Aqui unha de Millí chamando a un de Melide! Non sabía eu que había xente da nosa vila con blog.. E surfeando pola rede atopeite! Noraboa por este espazo!
Habrá que seguirte a partires de agora!
Un biko0o!!
Un saúdo a pepetrola xa che fixen un comentario no de Ith, e a Laura pois benvida a esta movida, e sí, aqui che andamos co tema este dos "Blós" que estan de moda, e nós como dicia o outro "A onde vas tolo, a onde van todos" tamen nos apuntamos a historia das bitácoras.
Un bico tamén pra ti e seguiremos escribindo mentres nos deixen jeje
Enviar um comentário