sexta-feira, maio 30, 2008


MELIDÁNS QUE TRUNFAN: VÍTOR MEJUTO
Segundo recolle hoxe a Voz:
Vítor Mejuto, responsable de la sección de fotografía de La Voz de Galicia, inauguró ayer en Madrid una exposición de pintura titulada Mundo troquelado, un conjunto de doce cuadros pertenecientes a una misma serie y ubicados dentro del estilo denominado como abstracción geométrica.
Durante un período aproximado de tres semanas, este fotógrafo nacido circunstancialmente en Barcelona, pero que reside desde los 10 años en Galicia con toda su familia de la tierra, muestra en la Sala de Arte Geométrika, un trabajo claramente introspectivo, y que está basado en la generación de formas nuevas y en las leyes de la geometría.
«Mi obra se puede enmarcar dentro de la tradición de lo que se dio en llamar abstracción geométrica, disciplina cuya génesis podemos encontrar en el constructivismo ruso, que produjo el suprematismo, la Bauhaus y el movimiento De Stijl holandés, y que más tarde fue asumido por informalistas de la escuela de Nueva York, como Frank Stella o Kenneth Noland», explica Mejuto. Algunas de estas propuestas derivaron en el Minimal, mientras que otras, como en el caso de Peter Halley, revisitan la obra de los grandes maestros para acuñar el término Neo Geo. «Esto no es otra cosa que valerse del espacio y de sus propiedades, del color y su comportamiento, para hablar más de pintura y menos de emociones. Aunque esto último es muy discutible», precisa este fotógrafo gallego de sangre y sentimiento.
Vítor Mejuto es consciente de que esta clase de pintura no está muy popularizada, aunque precisa que cuenta con «bastantes seguidores». «En España hay artistas de gran prestigio que siguen este estilo -precisa-, como Palazuelo y Gerardo Rueda; incluso en Galicia también hay algunos que sobresalen, como Luis Carucho y De Labra. Es más, muchos miembros de esta escuela se han integrado en el llamado Grupo de Cuenca».
Este profesional de la fotografía, que estudio tres cursos de Bellas Artes en la Universidad de Salamanca, reconoce que su gran preocupación en esta actividad artística es el color y la frontera que existe entre los distintos colores, además del lenguaje y los volúmenes que usa para combinarlos.
Vítor Mejuto, que reside en Vilagarcía de Arousa desde hace 14 años, los mismos que lleva trabajando como fotógrafo en La Voz de Galicia, lleva doce dedicando gran parte de su tiempo libre a la pintura: «Una vez que abandoné la figuración, siempre me he movido en estos presupuestos». Además de haber expuesto en distintas localidades gallegas y españolas, el año pasado lo hizo en Ámsterdam.

Vítor tamén ten blog: Preme
e páxina web: Preme

quinta-feira, maio 29, 2008

..Tí imaginate a reina de Ingaletrra...


Facendo unha ronda de visitas polos blogs da comarca, atopeime con esta marabilla no blog de Ghaiteira, trátase dunha discusión de dous paisanos nun bar sobre Rodolfo Chiquilicuatre, jajaj, gracias Ghaiteira por descubrirnos este grandísimo video:


Somos unha potencia en videos pra o Youtube. ;)))

(...) UNA CHISPA ME COMA


Mandáronme un mail (gracias -almunasberzas-) que viña con este video agregado e véxome na obriga de compartilo convosco xa que o mesmo ten a súa coña.
Digamos que é unha continuación do de Tojeiro (droja no cola-cao), o de M.C.D (mecagho nas estrellas...), o de Bin Laden (son gran traballador...) etc etc, os frikismo galego en acción.

quarta-feira, maio 28, 2008


Domingo 1 de Xuño, ás 18.00 h. no Municipal de Melide, partido único.

SEGUIMOS DE COPAS


Despois de eliminar en dazaseisavos de final a un dos "gallitos" desta Copa da Coruña 2008, o recén ascendido a primeira, Mesón do Bento C.F, nun partido épico xogado d poder a poder no Municipal melidán, podedes ler unha acertada crónica do envite no blog das Brigadas Azuis, agora tocounos en sorte nesta ronda, octavos, un rival a ter moi en conta tamén , o Olímpico de Rutis (Vilaboa-Culleredo), quinto clasificado na Segunda Autonómica Grupo I (para o ano será un dos nosos rivais) e que é todo un histórico do fútbol modesto das mariñas coruñesas.
Agardemos que o domingo sexa todo unha festa de fútbol e de nada mais, e que o Cire se plante en Cuartos de Final, para que se cabe, facer mais redonda esta campaña 2007-2008.

terça-feira, maio 27, 2008



CARLA DA GANDARA DE BARRANTES
Juan Rial, campión galego de hípica na modalidade de Andadura, xa non compite con tanta asiduidade cos cabalos e agora anda mais centrado na cria de cans de pedigree.
A cadela que lle ocupa ó tempo a Juan, chámase "Carla" e é da raza "Montaña do Piríneo", mercouna a uns rapaces de Tomiño (Pontevedra), Gándara de Barrantes.
Xa a levou a varios concursos-exposicións, Portugal, Exposición Internacional de Vilagarcía e o pasado fin de semana acudiu a "LXXX EXPOSICION INTERNACIONAL DE PRIMAVERA" de Madrid, que se fai en Talavera de la Reina, non poido sair mellor a experiencia xa que a exempladr de Juan e Conchi acadou o primeiro premio, EXCELENTE
1ª CLASE INTERMEDIA. Noraboa os donos e por suposto a Carla.
HUMILDES E VANIDOSOS
Vin no blog de Marcus un video dun programa de TVE que ten bastantes similiutdes co Callejeros de Cuatro, chámase "Comando Actulidad".

En dito video o reporteiro entrevista a Matías El humlilde, un auténtico personaxe que semella sacado da saga "2 Fasta 2 Furious", moi coñecido por colgar videos no Youtube das súas tolerías por Mallorca.
Cando rematei de velo veume a cabeza outro persoeiro que acadou sona na rede despois de aparecer no gran programa "Callejeros".
Trátase de Ramón "El Vanidoso":

Fíxose tan popular, que as mentes inquedas dos internautas fixeron as preceptivas parodias animadas:

sexta-feira, maio 23, 2008

CONCERTOS EN MELIDE, ESTA FIN DE SEMANA:
No Pub Gatos Nani informanos do seguinte:
O venres 23 visitannos dúas animas en pena. Dende a católica Zamora chegan PUNKATS, dúo Psychoacusticpunkbilly, composto de guitarra e voz que aparte da súa forza musical non deixarán a nadie indiferente pola sua interactividade co público e polos seus disfraces. Son uns demos. Entrada gratuíta.

E o sábado 24 ata o Gatos e dende A Coruña veñen felicitarlle os 60 anos a todo un mito e historia viva DA MÚSICA DOS DERRADEIROS CUARENTA ANOS, o poeta do rock BOB DYLAN. Homenaxe que será feita por unha banda composta por músicos de distintas formacións herculinas e que para esta ocasión fanse chamar THE HIGH LIGHTS BAND, TRIBUTE TO BOB DYLAN, que penso que non é preciso decir que estilo e que pao tocarán no que será unha noite inesquencible. Sobre todo para aqueles que lles toquen as dúas entradas para ver a Lenny Kravitz en Vigo o 29 deste mes, xa que durante o concerto farase o sorteo das mesmas para aqueles que consigan participacións bebendo HEINEKEN. entrada gratuíta.
Na Sala 600:
Hoxe o grup coruñés TACRACK, no horario de costume.

quarta-feira, maio 21, 2008


SOFTWARE LIBRE. Un software para todos.


LUGAR: Edificio Multiusos de Melide.
DATA: Sábado 24 de Maio.
HORA: 18.00 h.
PROGRAMA:
18:00Presentación. Eduardo San Miguel. Consultor de TI-Indra
18:10.-INTRODUCCIÓN Ó SOFTWARE LIBRE. Rafael Rodríguez Gayoso. Enxeñeiro de informática.
18:30.-COLOQUIO
19:00.-TALLER DE GNU/LINUX. Jorge Lama Varela. Usuario de Linux.
* A entrada é gratuita
* Os participantes poden traer os portátiles para probar os programas.
* O evento está dirixdo a usuarios de calquera idade e profesión.

PLAY-OFFS 2007-2008
A fichaxe de Pau Gasol polos LA Lakers fixo que os amantes do basket, nos engancharamos de novo a liga profesional estadounidense, a N.B.A.
Tódolos afeccionados soñamos cunha final Celtics-Lakers e así rememorar os nosos anos de tenra infancia cando seguíamos a liga a traverso de "Cerca de las estrellas" de Ramón Trecet.
Sabiamos os quintetos titulares de memoria dos dous equipos: Byron Scott, Magic Johnson, James Worthy, A.C Green e Kareem Abdul-Jabbar polos amarelos e Dennis Johnson, Danny Ainge, Larry Bird, Kevin McHale e Robert Parish polos de Massachusetts.-Corroeme a curiosidade, busco na wikipedia e atopo o seguinte:
Su nombre proviene de una voz indígena local que significa "lugar del monte grande", como Monte-Alto logo, ou High-Mountain que din os neo-coruños.
As finais de conferencia son as seguintes no Oeste: Lakers-San Antonio Spurs, e no Leste: Detroit Pistons-Boston Celtics.
Non hai dúbida que os texanos e os "bad-boys" da Motown non queren ser convidados de pedra e trataran de evitar a toda costa a final do "glamour".
A ver que pasa. Xurxo xa pronositcou a "anti-final"....todo se decidirá na "En-Bi-Ei Básketbol-American´s-geim"-

terça-feira, maio 20, 2008


CIRE-MESÓN
Nos 1/16 de final da Copa da Coruña, o rival que lle tocou en sorte ó Cire no sorteo de onte luns, foi un equipo moi forte que acaba de ascender de Segunda Autonómica Grupo I (o grupo no que recalará o Cire a vindeira tempada) a Primeira Rexional.
Trátase do clube ordense, Mesón do Bento C.F, que fai dous anos militou na mesma categoría co Cire pero que en dous anos fixo un auténtico equipazo.
Xente tan experimentada como Chollas, Damián, Minguilla, Dani Regos, Cristian son os baluartes dos mesoneiros.
O Cire ten a vantaxa de que xoga na casa,que é a partido único, e que tamén ten moita moral despois do ansiado ascenso desta campaña.
Sen dúbida un gran partido no Municpal de Melide,en prinicipio o domingo ás 18.00.

ART-NATURA
Info extraída da páxina da Asociación A.d.e.ga<
o 23 de maio ao 6 de xuño. A exposición Art-Natura na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inaugúrase este venres 23 de maio 20:00 no Edificio Multiusos de Melide. Na inauguración estarán presentes membros de ADEGA e do Concello de Melide na persoa da concelleira de cultura. A exposición permanecerá aberta dende o día 23 de maio até o 6 de xuño. A mostra realízase coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Melide e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente.
exposición “ART-NATURA”, promovida por ADEGA, é unha mostra itinerante por todo o territorio galego en defensa da Rede Natura galega e en defensa do noso Patrimonio Natural. Melide é a oitava localización na que se expón “Art Natura” tras Compostela, O Carballiño, Lugo, Oroso, A Coruña, Fene e Marín onde tivo unha boa acollida. Participan nela máis dun cento de artistas galegos con 102 obras plásticas, 28 literarias, e 2 audiovisuais.
Durante este 2008, pretendemos tamén presentar a exposición en Pontevedra, Ferrol, Carballo e Cabanas. Permanecere atent@s ás novas convocatorias e datas

segunda-feira, maio 19, 2008

LEE TRON


A verdade que de espectacular se pode calificar o traballo do inefable Pietro Pandurini, a última entrega do cómic "H" no blog de Xosi é impresionante. A aparición de Cho-Tsi, e dos "italianos" Rallini e Chiquitini, promete, e promete moito.

Aproveitando o rexurdir da banda deseñada pola parte de Pedro, cólgovos aquí a obra que se publicou xa fai uns aniños, no último boletín de Curuxás. "Lee Tron", no que o artista multidisciplinar melidán refrexa o mundo da noite a través dun antiheroe que non leva ben que lle servan "garrafón", pero mellor é o que vexades.

Para ver mellor as viñetas clicade nas imaxes.



quinta-feira, maio 15, 2008


UN DE VILALBA
Manu Chao está de actualidade no país, xa que vai estar en Monforte esta fin de semana, actuando e tamén formará parte dunha mesa redonda falando da Censura, conxuntamente co seu pai Ramón e Xosé Manuel Pereiro "Rotring" o venres ás 20.00 en terras de Lemos.
Para a semana tamen actuará na cidade de A Coruña.
O outro día Amiguete preguntóume se vira "Muchachada Nui" a pasada semana, e a verdade é que non o vira a pesares de que soio seguir o programa, igual non en directo pero sí na rede como fai moitísima xente.
O motivo do inquérito do compañeiro Adrían non era outro que saber si ollara a parodia que facía Joaquín Reyes, do propio Manu Chao.
Fai unhas datas vino, sen querer, na páxina do amgio arzúan Fandinho e a verdade é que me fixo bastante gracia.
O clan de Albacete, que así lles chaman, teñen un humor distinto, a min recórdanme algo a "Canal Clandestino", aquel programa de televisión que facían os mozos melidáns do instituto nos primeiros noventa para botar unhas risas o Día das Letras Galegas.

terça-feira, maio 13, 2008

CAMBIO DE IMAXE NA ESCUDERÍA MELIDÁ
As novas cores do coche e da equipación do equipo MelideMotorSpor, presentadas o sábado 10 de maio na praza do convento de Melide. O próximo reto do equipo de Ferreiro será gañar no Rallye Cantabria Infinita en próximas datas, como fixeron o ano pasado, e a parte deixando unha magnífica sensación.

segunda-feira, maio 12, 2008


"H"
O sinpar Pedro Panduriño xa leva uns cantos venres publicando na grande bitácora de Xosi as primeiras páxinas dun comic que se albisca como obra de culto na Terra de Melide.
Pedro que xa ten publicado parte das suas barrenaduras mentais en forma de octavo arte no "Intres" do IES Melide e na revista de "Curuxás" entre outras publicacións está moi ilusionado con este proxecto.
"H" é o nome deste tebeo no que Pedro anda a traballar esta primavera.
Como di Xosi: "todo parecido coa realidade é unha sospeitosa coincidencia" continua o xornalista póndonos en situación : "unha advertencia: se un fulano de case dous metros vos pide nun bar que vos deixedes retratar, non o permitades ou acabaredes sendo carne de banda deseñada. O que isto escribe accedeu e agora é Cho-Tsi, o xefe da mafia chinesa en Melide (imaxinade qué Melide, un no que hai ata mafia tibetana)...Un Melide dacabalo entre Sin City e China Town. A historia promete ser interesante", abofé que sí, ben interesante, noraboa por esta iniciativa é por compartila co blogomillo melidán nesta dirección:
preme aquí
Permanecede atentos ó que acontece na "vila costeira e asiática de Millí".
Grande Peter¡¡¡¡

ANTROPÓLOGOS MELIDÁNS
Vanessa de Santiso webmaster do moi recomendable blog A Lareira de Santiso defíneme no seu blog como o "Antropólogo do Cerne", sei que mo puxo con cariño pero non cabe dúbida que o antropólogo da Cerne, con permiso de Xerardo Pereiro de Palas, é Santiago Prado Conde, Chago de Chiquitín para tod@s.
O pasado venres mantiven unha conversa moi interesante con el, e entre outras cousas comentoume que Melide vai ser sede do VI Congresso Internacional de Investigação e Desenvolvimento Sócio-cultural do 23 ó 25 de Outubro de 2008
Carai case nada , Melide unha vila pequena sede de todo un Congreso Internacional, que nas pasadas edicións se realizou entre outros lugares en México e Portugal, sen dúbida o grande artífice deste suceso é o propio Chago. Noraboa de novo, polos teus éxitos como investigador, e por que te sigas lembrando, ben sei que sí e mais que che gustaría, da túa terra natal.
Mantereivos informados das novidades que vaian xurdindo en torno ó Congreso, que sen dúbida non ten precedentes na comarca.

sexta-feira, maio 09, 2008

XVII FESTA DO MELINDRE E DA REPOSTERÍA TRADICIONAL. DOMINGO 11 DE MAIO. MELIDE.




Voan á velocidade da luz os anos da nosa vida. Agora é o momento de facer unha paradiña e reflexionar. No pouso da nosa pequena historia sempre nos quedarán marcados a lume os vosos grandes trunfos, ó igual que as dolorosas derrotas, os sufrimentos e penurias, ás longas travesías no deserto, penas e alegrías que curten os nosos corazóns de siareiros e que nos unen como colectivo.
Un equipo, un pobo. Cire de Melide.
Por suposto que nunca camiñaras só, cando eramos cinco, cando somos cincocentos e cando sexamos cinco milleiros. FORZA CIRE¡¡¡
PD: Este é un trunfo tamén de tódolos xogadores que se escornaron na lameira do antigo campo e que o deron todo polos colores azuis nos anos escuros do clube, e por suposto un recoñecento especial ós directivos que estiveron as duras e as maduras (mais ben as duras) todos estes anos termando do clube. Noraboa e parabens¡¡¡

quinta-feira, maio 08, 2008

SOMOS CAMPIÓNS¡¡¡¡


Non foi sin tempo, ser campións e voltar a Segunda Rexional Autonómica e que renovara o blog.
Agora si podémolo dicir ben forte e ben alto, somos Campións e ASCENDEMOS¡¡¡
GRACIAS Á AFICIÓN MELIDÁ QUE RESPOSTOU EN MASA para presnciar o que foi unha auténtica festa do fútbol local.
Megafonía, sorteo de cesta, Tractor engalanado, etc etc en fin todo preparadao para que o Cire cantara o alirón e así foi. Nun partido perfecto dos azuis no que tiveron a sorte de adiantarse moi rápido no marcador e así vecer os nervios existentes. Bon xogo e festa, nunha tarde do domingo 4 de maio de 2008 que quedará para a historia.
+ info no blog do Cire
Ata se fixo a onda ou ola:

quinta-feira, maio 01, 2008


ESTE DOMINGO 4 DE MAIO , ÁS CINCO DA TARDE MELIDE TEN UNHA CITA COA HISTORIA, NO CAMPO MUNICIPAL DE MELIDE, SE GAÑA O CIRE ASCENDE, O RIVAL SERÁ O VISANTOÑA DE MESÍA, VÉN ANIMAR Ó TEU EQUIPO NESTE GRAN RETO, O DOMIGO ÁS CINCO¡¡¡¡¡
F O R Z A C. I. R. E. ¡¡¡¡¡¡¡