segunda-feira, maio 12, 2008
ANTROPÓLOGOS MELIDÁNS
Vanessa de Santiso webmaster do moi recomendable blog A Lareira de Santiso defíneme no seu blog como o "Antropólogo do Cerne", sei que mo puxo con cariño pero non cabe dúbida que o antropólogo da Cerne, con permiso de Xerardo Pereiro de Palas, é Santiago Prado Conde, Chago de Chiquitín para tod@s.
O pasado venres mantiven unha conversa moi interesante con el, e entre outras cousas comentoume que Melide vai ser sede do VI Congresso Internacional de Investigação e Desenvolvimento Sócio-cultural do 23 ó 25 de Outubro de 2008
Carai case nada , Melide unha vila pequena sede de todo un Congreso Internacional, que nas pasadas edicións se realizou entre outros lugares en México e Portugal, sen dúbida o grande artífice deste suceso é o propio Chago. Noraboa de novo, polos teus éxitos como investigador, e por que te sigas lembrando, ben sei que sí e mais que che gustaría, da túa terra natal.
Mantereivos informados das novidades que vaian xurdindo en torno ó Congreso, que sen dúbida non ten precedentes na comarca.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário