sexta-feira, fevereiro 23, 2007

Como ben sabedes hai, mais ou menos, un mes que fixen un pequeno especial sobre a historia do balompé melidense, como me imaxinaba, a escolma iba quedar moi incompleta e estou a recibir cada semán achegas de xente que ten imaxes e sabe historias daqueles "maravillos años", tamén intentei non deixar de lado outros deportes, aínda que menores non menos importantes, como o basket ou o ciclismo (teño o capítulo do hockey na récamara). Para profundizar un pouco mais na nosa historia e completala, á parte do deporte, o capítulo da CULTURA é fundamental, é unha institución que turrou moito en prol dela e que foi pioneira é o Museo da Terra de Melide aqui vos deixo unha breve historia feita por Soqui Cea, publicada no último bolétín(nº dezanvoe) do senlleiro Museo:
BREVE HISTORIA DO MUSEO DA TERRA DE MELIDE

27 anos de traballo por e para Melide


A directiva do Museo da Terra de Melide cre moi necesario dar a coñecer a historia do noso Museo á xente nova e con ese obxectivo publica estas páxinas nas que se pretende resumir o intenso e continuo traballo durante algo máis dun cuarto de século.
Din que non se pode querer aquilo que non se coñece, por iso é moi importante dar a coñecer a historia do Museo da Terra de Melide para que cada vez sexa máis grande a familia de socios, amigos e admiradores/as do Museo.
Dicir para comezar que o noso museo naceu no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudio, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide.
1ª época: 1978-1982
Instálase no baixo da Casa do Concello, nas dependencias da entón Biblioteca Municipal, cunha mostra arqueolóxica castrexa e facendo cada verán exposicións temporais de etnografía, charlas e conferencias que puxeron os alicerces do futuro proxecto e creou a necesidade de conseguir máis espazo para unha exposición permanente de etnografía.
Nun tempo no que se abrían pistas, estradas e camiños, houbo numerosos achados arqueolóxicos á beira dos castros da Terra de Melide, e isto fixo posible a recollida fortuíta de anacos de cerámica castrexa. A eles engadíronse máis tarde outros útiles atopados nos labores agrícolas, moitos dos cales foron doados por nenos das escolas, sabedores do seu valor histórico grazas ás charlas e mostras que un grupo de afeccionados, chamado Grupo Arqueolóxico “Trisquele”, facía nas escolas e colexios da comarca. O Grupo Trisquele estaba formado por Xosé Manuel Broz Rei, Roberto Penín e os irmáns Xulio e Benedito Álvarez García. Este grupo de amigos puxeron, sen dúbida algunha, a semente do Museo da Terra de Melide.
Posteriormente, asínase a Acta Fundacional do Museo da Terra de Melide na que aparecen como fundadores do mesmo os seguintes: Xosé Manuel Broz Rei, Xosé Domingos Fuciños Gómez, Xulio Álvarez García e Benedito Álvarez García.
2ª época: 1982-2000
No ano 1982 faise o traslado a unha casa particular na que se instalan dúas salas: Arqueoloxía e etnografía. Unha casa de Xosé Domingos Fuciños, moi próxima á Praza do Convento, foi a sede do Museo durante 19 anos.
A colaboración da xente e o constante apoio económico dos socios/as foron decisivos dende o comezo pois a meirande parte das pezas eran doazóns e conformaron a primeira mostra da cultura da Terra de Melide.
3ª época: 2001-2005
No ano 1999, os numerosos fondos do Museo e toda a súa actividade esixían unha total renovación e ampliación pois o pequeno local era insuficiente. Foi así como se decidiu adquirir o antigo hospital de peregrinos de Melide, unha das casas máis antigas e importantes da vila posto que data do ano 1502.
Foi tal o interese xeral no novo proxecto que en só tres meses conseguiuse os oito millóns de pesetas necesarios para mercar a casa. Dese xeito, o pobo de Melide mercou por subscrición popular o que é na actualidade o Museo da Terra de Melide. Grazas a ese admirable e singular feito, o Museo ten hoxe un edificio propio, se cadra, como premio a toda unha vida dedicada por enteiro ó estudio e divulgación da cultura dunha comarca e a gardar, conservar e transmitir a nosa memoria histórica e cultural á novas xeracións.
Unha vez mercado o inmoble, cumpría reconstruílo e, para iso, recibiuse no ano 2000 unha achega económica da Xunta de Galiza e da Deputación da Coruña de 30.000 euros cada unha. Pero, esa cantidade non foi suficiente para levar a cabo as obras, polo que fixo falta novamente a axuda económica dos socios. Nunca debemos esquecer que os veciños, socios e amigos de museo responderon unha e outra vez a este proxecto e así foi posible xuntar máis de 10 millóns das antigas pesetas para a construción do edificio
Finalmente, despois de dous anos de obras non exentas de grandes dificultades e problemas que convén esquecer, tivo lugar o 26 de maio de 2001 a inauguración do novo Museo. Facíase así realidade un soño que enche de orgullo a todos os melidenses.
O Museo abría así as súas portas sabendo que aínda quedaban moitas obras por facer e mellorar. Houbo que poñer uns pasamáns provisionais de madeira, o chan das plantas quedada cunha capa fina de cemento, a luz das salas era moi deficiente, non se puideron colocar persianas nas ventás traseiras, etc. E así estivo o Museo durante catro anos.

4º etapa: Dende o 2005
Houbo que agardar case cinco anos para poder ver rematadas as obras do Museo e foi grazas á importante axuda de 30.000 € da Deputación da Coruña. Así, o 30 de novembro de 2005, O Museo da Terra de Melide abriu novamente as portas cunhas instalacións totalmente renovadas e melloradas. Foron o Presidente e Vicepresidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e Xaime Bello e a Deputada melidense, Socorro Cea, os encargados de inaugurar as novas instalacións con madeira no chan de todas as salas, pasamáns novos de aceiro e cristal, persianas, vitrinas acristaladas, máis iluminación, etc.
Agora si que temos un Museo digno de ser visitado, do que podemos sentirnos moi orgullosos e do que temos a obriga de coidar e mellorar cada ano.
Finalmente, cómpre lembrar que, 27 anos despois do nacemento do Museo da Terra de Melide, a Xunta Directiva do Museo está formada por Xosé Manuel Broz como Director-Presidente do museo, Benedito Álvarez de secretario; o seu irmán Xulio, como vicepresidente do mesmo e Xosé Antonio Díaz Rodríguez como tesoureiro e que na actualidade contamos con máis de 300 socios repartidos do seguinte xeito:
13 socios protectores que pagan 150 € ao ano
33 socios colaboradores (55 € ao ano)
327 socios que pagan 30 € ao ano.
A todos eles, o noso máis sincero agradecemento pois a súa fidelidade co Museo fixo posible facer realidade o proxecto cultural máis importante que temos no noso Concello.
Dicir tamén que o Museo da Terra de Melide pertence desde a súa fundación en 1981 ao Consello Galego de Museos.
Agardamos que este breve resumo da historia do noso Museo sirva para coñecelo un pouco mellor e para que siga medrando o número de socios pois son a mellor garantía de continuidade, conservación e mellora do mesmo.
Soqui Cea Vázquez
Socia do Museo

quarta-feira, fevereiro 21, 2007

OUTROS DEPORTES DE MELIDE NOS ANOS OITENTA

PRIMEIRA DÉCADA DE OURO DO BASKET EN MELIDE


No ano 1.983 unha triple conxunción de factores, instalación dunhas canastras nas pistas do Grupo Vello, a chegada a Melide de J. Luis Casado e a camiseta de tirantes verde Meyba de Lois Blanco, motivan o rexurdimento da práctica do basket na nosa terra.
Ese mesmo ano, tras unha azarosa viaxe no Freire, Lois Blanco e Miliski, mercan dúas canastras en Santiago, para instalar no patio do Grupo Vello, o vetusto campo era casi tan ancho como longo. Empezan así os campionatos do Instituto e os partidos internacionais que se celebraban cada ano contra Arzua, xa que os mestres de ximnasia, Maria José e Luis, tamén exercian no Instituto da capital do queixo.
O primeiro partido en Arzua deu nun masivo lanzamento de rubias (pesetas da época de franco) o alirón de “peseteros, peseteros” e remate con derrota melidense.
Terá que ser no 87, cando se consiga a ansiada victoria sobre o eterno rival, foi no Polideportivo de O Viso de Arzua, adestrando a escadra melidense, o mítico Leopoldo (profesor de Xeoloxía) que cunha defensa de “desplazamento de placas” (unhas rudimentarias axudas), que a medida que avanzaba o partido convértese na tradicional estaca, e un ataque “de erosión” que consistia en esgotar a posesión ata o límite (daquela eran 30 segundos).
Eran tempos nos que Fon de Mina tiña tódolos números do Gigantes e machacaba na canastra do seu patio, nos que os afeecionados melidensense vian a Olimpiada dos Anxeles 84,as tantas da madrugada, acadar a España a medalla de prata cos históricos: Arcega, Beirán, De la Cruz, Corbalán, Jiménez, Llorente, López Iturriaga, Margall, F.Martín, F.Romay, Epi e Nacho Solozabal e os partidos da NBA na segunda, narrados por Ramón Trecet, con Larry Bird, Magic Johnson, Michael Jordan, etc.
Houbo dous intentos de federar un equipo de basket, a principios dos oitenta Pérez co patrocinio do Banco de Bilbao e a finais ,Manolito Ribeirao. Ambolos dous intentos fracasan, xa que ben sabemos que a unión melidense , foi unha empresa de autobuses.
A foto é unha selección de veteranos do Instituto de Melide, que o 6-4-1.990 xogaron contra un selección do Instituto.
Erguidos: Charly Cordido, Kike Torreiro (nunca te esqueceremos), Manolo Torreiro, Santos e Gamero.
Anicados : Manuel Rios, J.L. Casado, Pipino e o inefable Pedro Panduriño (arbitro).
Lembrar máis nomes daquela máxica década aínda a risco de que quden moitos no tinteiro: Lois Blanco, Jose Militar, Vilariño, Macareno, Jordi “Epi” Boimorto, Javi Breaker, Miliski, Manito, Jim , Puntero, Fonde Estilo, Luis Rios, Xaime Fundación, Litera, Óscar Becerra, Guillermo Casado , Pablo Casal, Carlos Fondevila , Juanjo, Rivi, Zarokas, Javi e Juan Rosquilla, Kike Monstruo etc etc

CICLISMO DOS 80


Ante todo agradecerlle a Alberto Blanco que me deixara estas fotos que petencen ó seu tio Antonio, gran amante do deporte do pedal.
A data é imprecisa pero debeu ser polo 86/87 cando o gran corredor do mítico Teka, Suso Blanco Villar (agora é o nº dous de Álvaro Pino na dirección do Karpin-Galicia) daquela recente gañador de tres etapas da Vuelta a España e de quedar primeiro na Volta a Galicia e a Castela-León tivo a ben vir a Melide(aqui debeu xogar a favor que o corredor era de Rois e xa fai moitos anos que unha empresa de calefaccións leva operando na nosa vila, polo que a xestión de traelo poido vir por aqui) a desfrutar dunha xornada de ciclismo cos rapaces e non tan rapaces da vila e os afeccionados o ciclismo en particular e o deporte en xeral.
As fotos a parte de para recordar a infancia de moitos tamén nos serven para ver como cambiou Melide en escasos vinte anos.
O cantón de San Roque, a subida dende Santa María cara a Sabián, as pilas de madeira da serra de Elisardo na zona do actual Bodegón Celta son algún dos marabillosos fondos para emarcar esta viaxe pola historia de Melide e as súas xentes.




Esta última foto pertence a unha das competicións que se celebraban no San Roque e que se dominaban "Días da bicicleta", como se pode apreciar o emplazamento da meta-saída é a estrada da Coruña.

segunda-feira, fevereiro 19, 2007


"MELIDE É MAIS VITAL": Cristina Lago


Ollando os blogues dos Fernández Otero, http://www.marcus.es e http://www.xurxo.net atopei o video da que será participante por Melide no novo programa da Galega chamado Son de Estrelas, unha especie de OT presentado por Teté Delgado e onde os concursantes son seleccionados por comarcas. A nosa representante chámase Cristina Lago, ten 21 anos e é camareira. No video ela di que é de Arzúa, ??, algúen dixo que era de Baltar (unha parroquia pertencente a Melide pero mais perto do concello de Arzúa), e nel da a súa opinión (debéronlle preguntar que diferencias había entre as vilas) na eterna comparanza con respecto ás duas cabezas comarcais do interior. Entre os seus gustos musicais están "Mónica Naranjo" e "Camela" , grandes clásicos que aínda se escoitan en Radio Melide en doble sesión.

quinta-feira, fevereiro 15, 2007

FÚTBOL EN MELIDE, CAPÍTULO "CARRIL"
Hoxe estiven falando cun home que é historia viva do deporte nas comarcas do interior de Gz. Trátase do arzúan de nacemento e melidán de adopción J.L Carril que leva mais de trinta anos federado ó fútbol (actualmente milia nos veteranos do Arzúa) e empezou xogando en categoría senior no CSD Arzúa sendo un cativiño e con ficha de xuvenil. Coñezo a Carril dende fai anos e a verdade é que se lle iluminan os ollos cando fala das épocas douradas do fútbol da comarca, el militou no Arzúa (en Rexional Preferente), no Boimorto (ídem), no Órdenes (alomenos tamén en preferente), no Cire de Melide e en mil equipos mais ,en maratóns de fútbol sala ou onde o chamasen, tamén foi gañador de probas de carreira pedestre (hei conseguir unha foto na que sae cunha copa na que é cuspudiño a Fandinho). Gustáballe tanto o deporte que había fins de semana nas que xogaba a tres e a catro partidos e aínda iba de caza ou de pesca¡¡¡ (outras das suas grandes paixóns).
Cando escoito a Carril falar intento abrir ben as orelliñas para intentar meterme en situación dos tempos "bós" do fútbol afeccionado destes lares, miles de anécdotas saen nas conversas , algunhas irreproducibles neste blogue . Se el disfruta contándoas eu aínda disfruto mais escoitándoas, gracias tío por ser como eres.
Este rollo macabeo (merecido) ven porque Carril me deixou unhas fotos da súa etapa no Cire. Aqui vollas deixo,a primeira delas está tomada no campo da estrada da Golada, nunca vin o campo en tan bon estado coma o día da foto(agora xa sabemos que o vamos ter sempre ben, ah o campo ó final aínda non se inaugura para esta xornada, será para a seguinte, a ver¡¡).
Eran tempos no que o presidente era Benito, como curiosidades da foto non parei de rir cando vin os dous zagales que estan abaixo á esquerda, sí amigos, acertastes, son Jose Costoya e Fran "Cebolo" jejje, o balompé lévano no sangue dende cativiños.
No referente a indumentaria, camisesta Puma (aínda non estaba de moda) e publicidade do BB, Banco de Bilbao, agora van xa no BBVA y subiendo.
Na foto vemos entre outros a Paco do Marta, o propio Carril (segundo pola esquerda arriba), Milisky, Michel, Benito, Paulos,Buxy, Alfonso García "Pipino", Julio "Xuma", Víctor de Roque, Goros ou Cea (que exercía tamén de adestrador). Militaban na primeira rexional, tope da nosa historia.
Pulsade nas imaxes para amplialas:

A segunda das imaxes xógase pouco tempo con esta do Cire e nela saén os compoñentes do CSD Arzúa (en Rexional Preferente) e os xogadores arzúans que militaban esa campaña no Cire Melide (en Arzúa chamaban o Cire daqueles tempos o Arzúa-B xa que militaban entre outors, Buxi, Carril e Paulos). Entre os compoñentes branquiazuis distinguénse ó xerundense Juan Gallego (ex xogador do Real Madrid Castilla e veciño de Melide na actualidade), Pachal (o da radio) ou Fiúza entre outros.

Eu xoguei en varios equipos e campionatos con Carril e aprendín moito del (tanto no tereo deportivo como fóra do campo onde o compañeirismo e o bon rollo é o mais importante), agora ós seus cuarenta e pico está pensando en retirarse , eu coido que aínda lle queda moito fútbol por ensinar pero a decisión é del.
Para rematar este sentido homenaxe poño unha foto mais recente, de xullo do 2005, ano no que xogamos co "Templo de Nefertari" no campionato de fútbol 7 de Toques. Un equipo internacional (para que despois digan que hai rivalidades e localismos). Mais da metade do equipo era de Arzúa (Núñez, Camiño, Miguel Toldos, Pedrito, Carbón etc), Xele e Carril (medio recastados de Melide),José Costoya e eu de Melide, David o do Templo , Coruña-Melide, e Casal, Prados-Paradela-Toques. Coido que caímos en cuartos pero pásamalo en grande. Disculpade a calidade da imaxe é que ma deron no Templo e xa vos imaxinades.


Como vedes na imaxe-flyer de arriba voltan o Gatos os canadio-valencianos www.dazeofdawn.com , un incrible grupazo que fará as delicias dos ouvidos mais esixentes.
Nesta ocasión o vocalista líder Claude (nado na zona francófona de Canadá, no Quebec) trae unha formación radicalmente distinta, aínda que comentou que son mellores que a anterior (mi má, esto promete). Se vos fixades enriba estarán o sábado en Vigo. 5 €, e o domingo en Bueu, 6 €, coma sempre na taberna do Nani de balde. Supoño que se saberá valorar.
O mellor rock na reserva india do Gatos, unha maneira boa de escomenzar o Antroido.
Este concerto está fora da iniciativa "Rede galega de música ao vivo" que promoven as institucións, Igaem, e os locais, Clubtura.
O que si esta dentro deste formato é o que vai haber no 600, tamén o venres, trátase do grupo de Torroso-Mos, The Turres band. - www.turresband.tk - Presentando o seu disco "Aljo hai".
Versións de clásicas bandas sonoras do cinema e da tv a golpe de ska e de ritmos balcánicos.
Vai haber moito "vento" no 600 este venres.
O premio de Chago sigue xerando novas para os grandes rotativos galegos. Desta volta volve ser o líder, www.lavozdegalicia.es , quen se fai eco do recente galardón do melidao. Se eu vivira na Rúa de Ovedo-en pleno casco vello melidao-,sentiríame aínda mais fachendoso xa que quen lle realiza a entrevista e a sua veciña Natalia Noguerol, corresponsal da Voz por estas terras. Noraboa ós dous por chegares onde estades chegando.
Teño que dicir que foi Vanessa de Santiso quen me mandou o link para publicar esta nova, aproveito a coxuntura para recomendarvos encarecidadmente a súa nova "criatura", trátase do blogue www.alareiradesantiso.blogspot.com , longa vida a esta bitácora que seguro nos vai fascinar e nos vai facer descubrir tesouros que pensabamos perdidos.
Aqui queda ló, a entrevista de Natalia a Chaqui: http://www.lavozdegalicia.es/ed_santiago/noticia.jsp?CAT=123&TEXTO=5548290
«Hai moitos alumnos que non están tendo un borendemento»
Entrevista Santiago Prado Conde
A tese doutoral que este mozo investigador de Melide fixo sobre o entorno social e educativo do instituto da súa comarca natal vén de ser distinguida pola fundación do escritor ourensán.
(Firma: Natalia Noguerol Lugar: melide)
O traballo que Santiago Prado Conde (Melide, 1976) desenvolveu entre o alumnado do IES de Melide valeulle un cum laude pola Universidade Autónoma de Barcelona. Dende a pasada semana, a investigación deste diplomado en Maxisterio e licenciado en Antropoloxía tamén suma o recoñecemento do xurado da edición número doce do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Baixo o título de Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na Terra de Melide, a obra será publicada pola editorial Sotelo Blanco. -Hai un número importante de alumnado que non está obtendo o rendemento académico que todos agardariamos e, polo tanto, hai que preguntarse na educación a que se debe iso. Ademais, hai un grupo de alumnado que ten unhas características singulares sexa pola súa orixe ou pola clase social á que pertencen. -¿Que solucións plantexa? ­­-O primeiro que proporía sería formación para o profesorado no ámbito das ciencias sociais e non só con metodoloxías. É dicir, formación social vinculada á obtención de ferramentas para coñecer a realidade social na que está inmerso un centro educativo. -Foi alumno do instituto de Melide, onde desenvolveu o traballo de campo para a súa tese doutoral. ¿Mudou dende entón o entorno educativo? -Cambios houbo e moi importantes, cando menos a nivel do papel, porque houbo unha nova lei. Houbo un cambio estrutural importantísimo. Agora, tódolos rapaces teñen que estar escolarizados obrigatoriamente ata os 16 anos na educación secundaria cando antes este nivel era optativo. -¿Foi prexudicial? -Todo o contrario. O cambio o primeiro que fixo foi visibilizar unha serie de colectivos na educación secundaria que antes non chegaban a ela. Por exemplo, na Terra de Melide, o colectivo de alumnado procedente do rural que antes da entrada en vigor da LOXSE chegaba á educación secundaria sómente representaba o 30% dos nacidos na comarca. O que non foi positivo é que se reproduce a realidade. É dicir, aquel alumnado que antes non chegaba a cursar secundaria é o mesmo que hoxe peores resultados académicos obtén. É dicir, dáselles acceso, pero non se poñen as condicións para que o seu rendemento académico cambie.

quarta-feira, fevereiro 14, 2007

O premio Vicente Risco recibido polo melidao Chago Prado levouno a esta entrevista publicada en http://www.galicia-hoxe.com e en http://www.elcorreogallego.es aqui vola deixo en toda a sua integridade:


O desprestixio do traballo agrario provoca emigración
O antropólogo Santiago Prado alerta de que “a institución educativa lles nega a identidade cultural ós mozos"

V. Oliveira. Santiago
O antropólogo Santiago Prado cre que o sistema educativo non responde ás necesidades dos alumnos do rural"A emigración dos mozos galegos con fracaso escolar é unha estratexia de resistencia". É unha conclusión do antropólogo galego e investigador na Universidade Autónoma de Barcelona, Santiago Prado Conde, que acaba de recibir o Premio Vicente Risco por unha obra pioneira nos estudos de antropoloxía da educación en Galicia.
O experto regresou á súa vila natal, Melide, para indagar nas razóns das elevadas cifras de fracaso escolar entre os estudantes da vila. No seu traballo, que leva o título provocador de Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide, Prado cre que os mozos de Melide cun baixo rendemento escolar viven "un proceso de resistencia cara á institución educativa que lles nega a súa identidade cultural e cara á comunidade rural porque o que aprenderon non é a súa memoria lexítima". Isto explica, na súa opinión, que os estudantes opten pola emigración "debido á falta de perspectivas económicas".
"Eu fun vendo como os meus colegas da EXB abandonaban o sistema educativo e quería buscar a que se debe isto", sinala Prado. O antropólogo comezou a súa investigación no Instituto de Educación Secundaria de Melide no ano 2000 con entrevistas ós profesores e o seguemento a 70 alumnos do centro e a súa contorna familiar.
A mala consideración do emprego agrario por parte dos rapaces inflúe cando deciden facer o que lles din as súas nai: "primeiro que busquen traballo fóra e se non atopan nada, que queden coas vacas". Unha ideoloxía que se reproduce debido a que aqueles que xa emigraron xeran unha serie de expectativas falsas. "A institución escolar non resulta atractiva para os alumnos porque reproduce o anterior sistema educativo", afirma.
Agora, o antropólogo está a investigar sobre outras zonas rurais europeas e realizou varios traballos sobre o Museo Etnográfico de Ribadavia e o Museo Galego do Viño.

CANDO EMIGRAR É A ÚNICA SAÍDA
"Utilizan o galego e non o cambian"
O desprestixio do rural provoca que os procesos migratorios tamén varíen. "Se nos anos 70, os emigrantes marchaban para regresar, agora xa non se pensa en volver", asegura o antropólogo. Porén, un trazo común é que utilizan o galego e non cambian a lingua cando regresan da emigración. A consecuencia lóxica deste proceso é que "non hai recambio xeracional". Se a migración dos anos 50 e 60 se debía a que había demasiada xente e poucos recursos, agora que melloraron as condicións laborais e económicas, a primeira opción é "marchar, non quedar". Consciente de que "en educación non existe unha variña máxica", Prado cre que se debería artellar un "cambio estrutural do sistema educativo cunha maior sensibilización por parte do profesorado e valorar o que saben os alumnos", apunta. Incluso cos rapaces que tiveron éxito académico "non houbo unha absorción do capital humano" ó que o Estado lle custa unha forte "inversión

CRÍTICA CONSTRUCTIVA
Este blogue que estades ollando agora, sempre estivo aberto ó debate e de feito ten unha sección de comentarios, onde pon "comments"(como en case todos os que coñezo) para expresar abertamente calquera tipo de opinión referente o tema que se está a tratar ou doutro que lle apeteza o visitante.
Outra vía é o e-mail, nunca está mal recordalo, rikimelide@gmail.com .
Esta longa e innecesaria parrafada vèn a conto porque me mandaron un correo no que non estaban de todo dacordo co tratamento da nova da Festa-Sorteo do CCA Melide o pasado 21 de Xaneiro.
Este é o correo en cuestión mandado por Pablo Vázquez, e que me pide que o publique neste espazo, pois ahi vai:
"A verdade mando iste email porque sentin un pouco de vergoña e de inxustiza ó velo resultado sobre o que aconteceu o dia 21 de xaneiro na sala600.
Non me estrana que de acotío os rapaces non queiran estudar historia xa que os quedia.
Eu, fillo adoptivo de Melide xa que era melidense de veran gracias os meus abos tiven a fortuna de presenciar os feitos de ese día ademais de moi boa tinta e como testemuña direta.
No voso blog dise que Os tonechos apadriñaron un sorteo... pódovos asegurar que a presencia destes persoaxes televisivos debeuse a sua amizade con un melidense de raza loba coma é Manuel de Andrade, e que ise foi o unico motivo polo que estiveron ali. Ou nieguen de nós escoitou as palabras do Tonecho Roberto Vilar cando o presentou antes do concerto? pra min deixouno moi clariño. "Estou eiqui o carón dunhas persoas que mais quero na miña vida o meu amigo Manuel de Andrade"
Tamén e moi triste que non se nombre o tremendo espectáculo e a sua calidade musicai xa que aparte dise xenial veciño deandrade que tira dos seus amigos para nosa vila acompañarono musicos de talla internacional com,a Manu Conde guitarrista do grupo milladoiro, Carlos o percusionista de Susana Seivane e Pablo Pérez baixista de Brath, Anubia e moitos mais....
En resume o certo e que sin a presenza dista xente o sorteo careceria de interese algun que non fose un
comun sorteo.
Facendo xustiza “o vasques”. Grazas
.
"
Acéptanse as críticas , cecais está mal expresado o de "arrouparon e apadriñaron a gala os Tonechos", e debería dicir que "arrouparon e apadriñaron a DeAndrade", tamén asumo o de non comentar neste blog persoal "o tremendo espectáculo e a sua calidade musical", ninguén é perfecto, a verdade é que o que as poucas pezas que soaron me gustaron bastante (aínda que non sexa o meu estilo predilecto) pero recórodoche que a música é un arte e subxetivo. Por outra banda coido, porque non, que o pobo de Melide estarálle eternamente agradecido a " ese xenial veciño (de raza loba) que tira dos seus amigos para nosa vila".
Respecto ó de que os "rapaces non queiran estudar historia" recomendo a todo o mundo o traballo do noso veciño Chago Prado onde nos explica seriamente as causas do fracaso escolar na nosa comarca. Agardando que se fixera "xustiza" un saúdo "o vasques" e a todos os que visitan este espazo.

terça-feira, fevereiro 13, 2007

"A MUIÑEIRA MECÁNICA"
Foi tal o éxito das fotos do deporte en Melide que todo o mundo (bueno de momento só Puncho e Alberto) quere colaborar, e eu encantado de poñer neste humilde espacio anaquiños da nosa hisotria e retazos das xentes e os lugares do Melide de antano. Para os que o queirades facer tedes este e-milio: rikimelide@gmail.com .
Bueno, no capítulo de hoxe uns singulares gaiteiros cambian o instrumento patrio polo balón e as polainas polos pantalóns curtos para disputar o xa comentado Campionato de Agosto.
"Froito novo", agrupación fundada ó amparo dos Padres Pasionistas e de Gabriel Mato "Garceiras" tiña tempo para todo, tanto animaban unha romaría coma suaban ó uniforme roxibranco e estas fotos de embaixo así o atestemuñan.

De esquerda a dereita e de pé: Miguel de Mina (porteiro, Mingos de Pita, Cabezudo , e Ramón (Chita). Abaixo: Pita panadeiro, Dimas e Moncho Palancas.
A foto está tomada no grupo vello (nº 1) nos primeiros oitenta coa grada da portería a media entrada e onde distingo a varias persoas.

Nesta outra imaxe, xa tomada no pavillón actual, vemos de esquerda a dereita e de pé a: Miguel de Mina, José de Mina, Ramón, Ferrys e J.R de AGolada. Abaixo: Mingos, Michel, Alfonso de Mina e Pazo Cabezudo.

Non sabemos si o entrar o campo soaba o "Antigo himno do Reino de Galicia" pero ben podería ser polas veces que o interpretaron en procesións e actos diversos os compoñentes da nosa agrupación folclórica mais internacional ata o momento.Ata aquí a entrega de hoxe, gracias a Alberto Prado por pasar o traballo de dixitalizar as fotos e mandarmas (eres un fenómeno, cuerno).
Nas próximas edicións , xa vos informo, veredes un dos mellores ciclistas galegos da historia compartindo unha xornada de cicloturismo co mais granado da socieade melidense de finais dos oitenta, non vólo perdades.

segunda-feira, fevereiro 12, 2007

ME LLENA DE ORGULLO Y SATISFACCIÓN...

Este pasado domingo non foi dos mellores, perdía o Cire en Sobrado, caía o Madrid de básket etc etc, pero a xornada tivo o seu punto bon lendo un artigo no xornal "La voz de Galicia"
Un traballo sobre alumnado rural gaña o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
11/02/2007
Un traballo que analiza a nivel cuantitativo e cualitativo a discriminación do alumnado rural que acode a centros de ensino da vila de Melide é o gañador da duodécima edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Santiago Prado Conde é o autor do estudo, titulado Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide .Convocado polos concellos de Allariz e Castro Caldelas e polas fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco, foi fallado onte polo xurado formado por Fernando Acuña Castroviejo, Teresa Devesa Graña, Xosé Manuel Cid Fernández, Francisco Fernández Rei e Xerardo Pereiro Pérez. Salientan que se trata dun traballo pioneiro na antropoloxía da educación e que convida á reflexión e á transformación da actual realidade educativa. O premio está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra.
Noraboa e parabens para Chago do Chiquitín (antropólogo melidán e Cum Laude pola Univeristat Autónoma de Catalunya) un orgullo para Melide, sí señor. A seguir así meu.
COMERCIAL ARES "TERRA DE MELIDE"






Meu amigo Carlos Segade Puncho mandoume estas fotos para proseguir con esta colección de fotos antigas do deporte melidense. Neste caso trátase dunhas imaxes tiradas no transcurso nunha cea de celebración (no Restaurante El Molino) do equipo, por aquela federado en Primeira Autonómica, Comercial Ares "Terra de Melide".

Non recordo ben o ano pero calculo que a mediados dos 90 Ares disputou unha final do campionato de agosto de fútbol sala contra o todopoderoso Cafetería Cristal, formado por xogadores de moito nivel provintes da Coruña e do Egasa Chastón (Bituco, o sobriño etc etc).
Aquela final será recordada polo "atraco" arbitral que sufriu Ares en beneficio do imbatible Cristal. Fútbol sala de altura no agosto melidao onde as duas gradas do pavillón non chegaban para albergar a toda a xente que acudía as finais.
Dese ano temos estas imaxes na da esquerda vemos de esquerda a dereitea e de pé: Carlos Puncho (co banderín do Egasa), Guiller L.Garabatos, Miguel Prado (adestrador, non é que sexa heavy e que gustalle facer monadas nas fotos), Davicito da Noela e Marquitos Porto.
Anicados: Marcos Tapicero, Toñito Lirio (xogador do senior e segundo adestrador) e Tito García, faltan moitos na foto tanto de grandes como de pequenos pero debía estar bon o churrasco e non saíron a rúa. Na outra foto o patrono do equipo cos xogadores alevís e os trofeos.
Ó ver catro trofeos, suponse que dous corresponden a dous segundos postos e os outros dous a porteiro menos batido e a pichichi.
Como pasa o tempo, como curiosidade na primeira imaxe enriba de Miguel vemos un garaxe moi melidense el , co cartel do vado posto, pero sin ningún tipo de número de licencia escrito. Ou esquecéronse de poñelo ou esta feito a pillería. Tampouco hai que pensar sempre con maldad, ou sí.

quinta-feira, fevereiro 08, 2007

VENRES 9 FEBREIRO, DOBRE CITA MUSICAL
Si amigos se non queres caldo....., este venres en Melide sesión doble protagonizada polos ordenses, Dios ke te crew, e polos Zënzar de Cerceda.
Os primeiros actuaran na sala 600 proceden da comarca veciña de Ordes e teñen a honra de ser o primeiro grupo en grabar integramente un cd profesional en galego.
DKTC nace da fusión dos grupos 5 talegos e Ghamberros dando como resultado no 2003 esta Crew de hip-hop que engloba nun escenario dende a música ata o baile (break) pasando polo graffiti. No seu disco "Xénese" convencidos como os "Blues brothers" de que son enviados na terra dunha misión divina de dignificar e poñer paz na competencia do mundo do hip-hop, non se cortan e analizan con gran intelixencia os problemas da xente nova deste país, fálannos dende a "política de asfalto", da prepotencia policial, da situación do galego actual, das drogas, das festas ata temas que cuestionan a monarquia borbónica.
Gloriosa a colaboración de Miguel de lira como o desleigado Cabo Ameneiro, "tranquilo, onde va que murió..."
Pois eso, Dios ke te crew no 600 presentando un disco con 16 temas que está petando moi forte e que os vai levar por numerosos puntos da xeografía galaica incluído Arzúa onde estarán compartindo palco con "La excepción" e "Macaco" na xa cercana edición do Festival do Queixo.




No Gatos tócalle o turno a Zënzar, que dicir deles?, pois sobre todo que son os auténticos pais do rock en galego. Levan xa case vinte anos bourando nas suxas guitarras e cada vez soan mellor, son coma o bon viño melloran cos anos. Claramente influenciados por Barricada, LaPolla, Burning, Extremoduro ou Reincidentes entre outros (grupos cos que xa compartiron cartel) contan nas suas letras, sempre en galego (agás eses sublimes deslices dos narcorridos mexicanos) historias non moi lonxanas as nosas (non hai tantos kms): poemas musicados de Celso Emilio, letras combativas, de denuncia social, ecoloxía, marcha e desfase ou caciquismo e manexos políticos.
Dicir que vivir en Cerceda ten que marcar xa que despois de espetarlles unha central térmica en Encrobas despois lles mandaron toda a merda con Sogama . Eso si teñen o Aquapark para lavarse de cinza a cinco minutos.
Tamén presentan disco os cercedenses, "Todo vai ben" (que fai o cuarto longa duración á parte das duas primeiras maquetas unha aínda co nome de Mördor e de colaboracións en recopilatorios como o de "Rock na costa da morte").
Colaboracións de luxo neste traballo como a guitarra do galego-mexicano Pacor Cerdeira e as voces de Vituco Ruxe e de Presencia Zero.
Zënzar creadores do "Son Cerceda" (ahí podemos enmarcar ós propios Presencia, a Kastomà ou porque non ós primeiros ITH).

Resumindo moita cultura de banda na comarca de Ordes e este venres poderémola disfrutar en dous sabores disintos, o rock contundente ou o hip-hop.

Link do video de Zenzar, "o padriño": http://www.youtube.com/watch?v=t_OvVDxpvKI
Xa sabes no Gatos e no 600.
LAMATUMBÁ, PARTIU¡

Xa se comentaba fai un mes e confírmase a nova, o conxunto ourensán Lamatumba vai sufrir cambios no seu plantel.
As baixas, "por discrepancias internas no grupo" segundo se conta na nota de prensa que lle remitiu o guitarrista Abraham "El niño"ó programa "Aberto por reformas" de Xurxo Souto son as seguintes Ico; cantante, compositor e membro fundador, Samuel Agite, membro fundador, trompeta, trombón, frauta e voz, Abraham; guitarra clásico, e Cris, acordeón e teclados.
Non sei que dicir, é unha mágoa pero a vida continua, hai que quedarse cos marabillosos momentos que este grupazo nos deu e cos que nos dará (agora sen parte fundamental da súa historia).
Comentábame Vituco de Aríns o sábado antes de que subirá a tocar nas táboas do Gatos cos Ruxe-Ruxe (por certo menudo concertazo) que se rumoreaba que iba haber unha escisión neste grupo xa senlleiro do panorma galaico, facíamos as nosas porras, acertamos con Abraham pero non contabamos que se marchara Ico, Samuel e Cris (eu polo menos, ó consideralos sobre todo a Ico e a Samuel alma-máteres da historia, pero...)
1998, feira das Mentiras organizada por Manu Chao en Salgueiriños en Compostela , un grupo de rapaces ourensás encabezados polo propio Ico e Samuel montan un conxunto chamado Los Carayos de Ourense para formar parte de devandito evento. Nacía Lamatumbá. 1998-2007.
Longa vida a nova Lamatumbá e longa vida tamén a Ico, Abraham, Cris e Samuel que seguro que non darán estado quieto e seguiran escribindo páxinas de ouro na música galega contemporánea.
Na sua páxina web tamén informan:
Neste comezo de 2007, queremos comunicarvos cambios na tripulación deste barco lamatumbeiro. Ico, Samuel, Abraham e Cris inician novos camiños fóra de Lamatumbá e o grupo está a acometer unha renovación que verá a luz nas vindeiras semanas. Manterémosvos informados.
O concerto do vindeiro día 16 de febreiro en Solsona (Catalunya), será o derradeiro coa actual formación, a que nos últimos meses percorreu os escenarios de todo o estado presentando “lume (para que saia o sol)”, o disco que quedará como testemuña destes anos fenomenais, que levaron a festa galega a portos lonxanos e a tantos outros tan próximos.

quarta-feira, fevereiro 07, 2007


QUE VIENE, QUE VIENE ...
Case que en primcia, no blog do ciremelide.blogspot.com xa se di algo en comments, cóntovos que despois do derby deste domingo en Sobrado, entre o Clube Atlético Sobrado Xuventude e o Cire de Melide a vindeira xornada , é dicir a xornada do fin de semán do 17 e o 18 de febreiro o Cire inaugurará o campo novo perante o Pontecarreira . Agardemos que non sexa unha pulla do Antroido é seña certo. Non foi sen tempo.
Déixovos as características técnicas do recinto publicadas plo semanario tierrasdesantiago.com :
En primer lugar, se tuvo que excavar la anterior área de juego hasta una profundidad de 25 centímetros para posteriormente realizar un relleno de zahorra de 20 y, así, conformar una superficie a dos aguas con pendiente de un uno por ciento. Sobre ésta, se ha establecido una base de aglomerado asfáltico que se ha convertido en la base para la colocación de la hierba artificial, de sesenta centímetros de longitud.
Los trabajos también incluyeron la excavación de las zanjas de tuberías de abastecimiento de agua, que era deficitario, saneamiento e iluminación. Se aportó un nuevo equipamiento deportivo, como porterías y banderines.
El nuevo campo cuenta con unas dimensiones de 100,15 por 63,45 metros, siendo las efectivas de 95,75 por 59,2 metros. El recinto de juego queda limitado en los fondos por un bordillo de hormigón, mientras que en los laterales se ha preferido la instalación de una barandilla de acero galvanizado.
Por otra parte, la red de drenaje consta de una de canaleta perimetral en dos laterales y uno de los fondos del campo de juego, así como de areneros para la limpieza por acumulación de arena y caucho. El sistema de riego automatizado se compone de seis cañones: cuatro en las esquinas y dos en la zona central de cada banda. Se incluye la colocación de un depósito enterrado de 20.000 litros y un grupo de impulsión constituido por una bomba de 30 cm3.
Además, se ha renovado el sistema de iluminación. El campo ya cuenta con cuatro torretas de nueve metros de altura, dotadas cada una con cuatro focos de dos mil vatios, lo que supone una potencia total de 32.000.
Complementos
Para completar las reformas en este campo, se llevó a cabo el acondicionamiento de las gradas, con la correspondiente reestructuración de los bancos y la instalación de asientos monobloque. Asimismo, el campo de calentamiento cuenta con una nueva plataforma asfáltica con cubierta de césped artificial lastrado con arena y caucho. Sus dimensiones son de 14 m. de ancho y 28 de largo.
A las anteriores actuaciones se añadieron la colocación de redes de protección de fondos y el acondicionamiento de los vestuarios. Éste incluye la colocación de suelos y su pintado, así como la sustitución de puertas e instalación de urinarios. También se adecuaron los aseos exteriores.
Toda esta obra se completa con la urbanización del entorno inmediato del campo de fútbol municipal. Para ello se ha construido una rampa para facilitar la accesibilidad a las instalaciones y se instalaron zonas ajardinadas.

terça-feira, fevereiro 06, 2007


6 de Febreiro móbiles caídos!!


O Amiguete mandoúme este e.mail e eu sen mais corto e pego neste blogue:


Os operadores móbiles en España queren subir as súas tarifas a principios de marzo para compensar o efecto da nova lei que prohibirá a práctica do redondeo nas chamadas.


A idea das compañías de móbiles é aumentar o prezo do establecemento de chamada -fixado agora por todos os operadores en 12 céntimos- e o do prezo por minuto.


Telefónica xa anunciou que a partir do 1 de marzo o prezo de establecemento da chamada subirá de 12 a 15 céntimos de euro -un 25%- e tamén subirá a tarifa nominal por minuto.


Telefónica Móbiles é o principal operador en España, con 21 millóns de clientes e unha cota de mercado que roza o 46%. Coa subida das tarifas, o prezo medio por minuto Subirá un 16% ao pasar de 18,4 céntimos a 21,45 céntimos, calcula o diario 'Expansión'.


Orange e Vodafone anunciasen nos próximos días cales serán as subidas das súas tarifas, similares a Movistar.


O único fin desta subida nas tarifas en non ver mermado o Beneficio do exercicio pola aplicación dunha lei aprobada no parlamento para salvagardar os dereitos dos Consumidores destas compañías telefónicas.


As compañías telefónicas non se avergoñan en absoluto de ESTAFAR aos seus clientes e soben as tarifas colocándoas ao dobre que noutros países europeos por exemplo Dinamarca, Bélgica ou Holanda.


Se non reciben un toque de atención por parte dos consumidores, que deberían ser a súa primeira preocupación, estas compañías seguirán tendo uns beneficios anuais máis altos que o PIB de máis de 60 países no mundo.


Convócase a todos os usuarios e consumidores de telefonía móbil que a unha xornada de móbiles caídos que terá lugar o próximo 6 de Febreiro (martes).


Se durante ese día os 40 millóns de móbiles que hai en España non fan ningunha chamada, salvo as estrictamente necesarias, e non mandan ningún sms,algunha alarma soase nos consellos de dirección destas tres empresas e os directivos despegaran o cu dos seus asentos de pel para dirixir as súas miradas cara aos seus clientes, que están fartos de tarifas abusivas, de contratos de permanencia que son tan ilegais como as tarifas que nos van a meter con calzador.

Pon unha alarma no teu móbil ou apontoo no teu calendario, para que non se che esqueza que ese día farás historia e recordásese por moito tempo como o día que empezaches algo moi importante para moita xente. Se conseguimos que non entren en vigor estas tarifas valería a pena.

PÁSAO A TODOS Os teus CONTACTOS (SE PODE SER CON COPIA OCULTA MELLOR). É MOI IMPORTANTE.


40.000.000 DE USUARIOS AGRADECERANCHO TODOS Os FINAIS DE MES

sábado, fevereiro 03, 2007

RUXE RUXE HOXE SABADO NO GATOS
Perdón por non avisar antes pero paoúseme, onte disfrutamos co concerto de Miguel de la Cierva e Bruno Ford (alemán compoñente dos Río Bravo) no Gatos e hoxe inaugurando o proxecto "Clubtura"( as salas de concertos de Gz aliarónse para facer unha programación e un circuito estable de concertos ó longo do páis e con numerosísimos grupos, tanto xa recoñecidos como noveis,en colaboración co Igaem) chegan os míticos, os auténticos , os xa clásicos modernos
www.ruxeruxe.com , xa sabes se queres pasalo ben e disfrutar dunha música sen prexuízos e letras ben traballadas , todo elo en galego, dende Aríns a parroquia rural mais grande de Compostela, Vituco and friends, ....non tes disculpa, hoxe sábado (si sábado) no Gatos á 1.00 da noite. Que el ritmo no pare mcd.....

quinta-feira, fevereiro 01, 2007


APAJA O CANDIL MARICA CHUS CHUS, APAJA O CANDIL QUE TEN MOITA LUS
Hoxe Greenpace anima a xente que de oito menos cinco a oito se apajen as luces para chamar a atención sobor do cambio climático.
Mais información en www.greenpeace.org
España — El jueves 1 de febrero, entre las 19:55 y las 20:00, súmate a apagar las luces durante cinco minutos para llamar la atención sobre la urgencia de hacer frente al cambio climático, causado por la energía sucia que consumimos.
Greenpeace anima a los ciudadanos a participar en la iniciativa lanzada desde Francia por las 72 organizaciones ecologistas de la Alianza por el Planeta, que están convocando a la ciudadanía a prescindir durante cinco minutos de la electricidad. Sólo son 5 minutos pero, todos juntos, podemos llamar la atención de nuestros vecinos, de los medios de comunicación y de los políticos sobre el impacto del consumo diario de energía sobre el cambio climático. Se trata de una pequeña acción simbólica para mostrar a los políticos que la sociedad reacciona frente al cambio climático y pide lo mismo a sus políticos.Greenpeace acaba de publicar un informe,
[R]evolución Energética que demuestra que con eficiencia energética y energías renovables se podrán reducir las emisiones de CO2 mundiales a la mitad. La tecnología para salvar el clima existe y está ya disponible, sólo falta una adecuado apoyo político para su implantación.¿Por qué el 1 de febrero?Este día saldrá en París el nuevo informe del grupo de expertos climáticos de Naciones Unidas que, una vez más, demostrará la urgencia de responder a la amenaza del Cambio Climático.

PROBLEMAS DEPORTIVOS EN MELIDE.
Últimamente o deporte en Melide non ten sorte, e non me refiro o deporte colectivo dos equipos federados, úsease fútbol e fútbol-sala, que están facendo unha campaña digna en tódalas suas categorías (Cadetes do Cire 1ºs, Xuvenís metade da taboa, Seniors en camiño do record de puntos das últimas quince tempadas, fútbol sala senior segundos na sua liga), senón que me refiro o deporte que se practicaba nas dependencias da Piscina climatizada e no Pavillón da Martagona. A primeira instalación permanece pechada á espera de que as obras arranxen o teito e a segunda ten problemas despois de que se instalase en decembro unha pista de xeo sintética.
Problemas hainos e haberáos sempre en calquera apartado da vida, agora cómpre amañalos canto antes para que a cidadanía que disfrutaba destes "privelexios" poida seguir coa sua actividade habitual.
Dende este espazo pregámoslle a quen corresponda que acelere as suas xestións para con estas duas eivas na vida social dos melidenses.
PD: O pavillón do novo instituo é unha instalación moi boa que podería subsanar algún destes problemas. O Melide F.S pediu a sua dirección que llo deisaxe para disputar os seus partidos de liga nos que oficia de anfitrión, a primeira resposta foi non, é unha mágoa (dende o meu pequeno punto de vista) que guerras independentes aos cidadáns condicionen o san aproveitamento destas dependencias obrigando os do fútbol sala federado ó exilio o veciño concello de Toques (menos mal). Coma sempre Melide un exemplo de unión.
PD II: Agardamos que o futuro campo de fútbol (xa tarda o seu estreno) teña mais sorte e non sufra na sua herba artificial e no seu caucho estes problemas.
Arzúa, coma sempre "la excepción"
Dende sempre, van moitos anos, o Festival do Queixo de Arzúa achegou ó centro do país a numerosos grupos e artistas da mais variopinta condición sempre de primeira liña.
Este primeiro fin de semana de Marzal voltará a ocorrer.
Rumoreábase que virían Dover, Julieta Venegas e SFDK, pero o que hai de certo ata o momento, segundo informa a páxina web oficial do grupo de hip-hop www.laexcepcion.net é que confirmados están estes mesmos e Macaco. Que vos parece?