OUTROS DEPORTES DE MELIDE NOS ANOS OITENTA
PRIMEIRA DÉCADA DE OURO DO BASKET EN MELIDE
No ano 1.983 unha triple conxunción de factores, instalación dunhas canastras nas pistas do Grupo Vello, a chegada a Melide de J. Luis Casado e a camiseta de tirantes verde Meyba de Lois Blanco, motivan o rexurdimento da práctica do basket na nosa terra.
Ese mesmo ano, tras unha azarosa viaxe no Freire, Lois Blanco e Miliski, mercan dúas canastras en Santiago, para instalar no patio do Grupo Vello, o vetusto campo era casi tan ancho como longo. Empezan así os campionatos do Instituto e os partidos internacionais que se celebraban cada ano contra Arzua, xa que os mestres de ximnasia, Maria José e Luis, tamén exercian no Instituto da capital do queixo.
O primeiro partido en Arzua deu nun masivo lanzamento de rubias (pesetas da época de franco) o alirón de “peseteros, peseteros” e remate con derrota melidense.
Terá que ser no 87, cando se consiga a ansiada victoria sobre o eterno rival, foi no Polideportivo de O Viso de Arzua, adestrando a escadra melidense, o mítico Leopoldo (profesor de Xeoloxía) que cunha defensa de “desplazamento de placas” (unhas rudimentarias axudas), que a medida que avanzaba o partido convértese na tradicional estaca, e un ataque “de erosión” que consistia en esgotar a posesión ata o límite (daquela eran 30 segundos).
Eran tempos nos que Fon de Mina tiña tódolos números do Gigantes e machacaba na canastra do seu patio, nos que os afeecionados melidensense vian a Olimpiada dos Anxeles 84,as tantas da madrugada, acadar a España a medalla de prata cos históricos: Arcega, Beirán, De la Cruz, Corbalán, Jiménez, Llorente, López Iturriaga, Margall, F.Martín, F.Romay, Epi e Nacho Solozabal e os partidos da NBA na segunda, narrados por Ramón Trecet, con Larry Bird, Magic Johnson, Michael Jordan, etc.
Houbo dous intentos de federar un equipo de basket, a principios dos oitenta Pérez co patrocinio do Banco de Bilbao e a finais ,Manolito Ribeirao. Ambolos dous intentos fracasan, xa que ben sabemos que a unión melidense , foi unha empresa de autobuses.
A foto é unha selección de veteranos do Instituto de Melide, que o 6-4-1.990 xogaron contra un selección do Instituto.
Erguidos: Charly Cordido, Kike Torreiro (nunca te esqueceremos), Manolo Torreiro, Santos e Gamero.
Anicados : Manuel Rios, J.L. Casado, Pipino e o inefable Pedro Panduriño (arbitro).
Lembrar máis nomes daquela máxica década aínda a risco de que quden moitos no tinteiro: Lois Blanco, Jose Militar, Vilariño, Macareno, Jordi “Epi” Boimorto, Javi Breaker, Miliski, Manito, Jim , Puntero, Fonde Estilo, Luis Rios, Xaime Fundación, Litera, Óscar Becerra, Guillermo Casado , Pablo Casal, Carlos Fondevila , Juanjo, Rivi, Zarokas, Javi e Juan Rosquilla, Kike Monstruo etc etc
CICLISMO DOS 80
Ante todo agradecerlle a Alberto Blanco que me deixara estas fotos que petencen ó seu tio Antonio, gran amante do deporte do pedal.
A data é imprecisa pero debeu ser polo 86/87 cando o gran corredor do mítico Teka, Suso Blanco Villar (agora é o nº dous de Álvaro Pino na dirección do Karpin-Galicia) daquela recente gañador de tres etapas da Vuelta a España e de quedar primeiro na Volta a Galicia e a Castela-León tivo a ben vir a Melide(aqui debeu xogar a favor que o corredor era de Rois e xa fai moitos anos que unha empresa de calefaccións leva operando na nosa vila, polo que a xestión de traelo poido vir por aqui) a desfrutar dunha xornada de ciclismo cos rapaces e non tan rapaces da vila e os afeccionados o ciclismo en particular e o deporte en xeral.
As fotos a parte de para recordar a infancia de moitos tamén nos serven para ver como cambiou Melide en escasos vinte anos.
O cantón de San Roque, a subida dende Santa María cara a Sabián, as pilas de madeira da serra de Elisardo na zona do actual Bodegón Celta son algún dos marabillosos fondos para emarcar esta viaxe pola historia de Melide e as súas xentes.
Esta última foto pertence a unha das competicións que se celebraban no San Roque e que se dominaban "Días da bicicleta", como se pode apreciar o emplazamento da meta-saída é a estrada da Coruña.
6 comentários:
Este Riki é un libro aberto! Noraboa polas túas reportaxes locais, e séguenos ilustrando con esas cousas que non convén esquecer.
Unha aperta.
QUE BUENO!....QUE BUENO..!....QUE Grande eres RiKi............(Eu lémbrome perfectamente do dia da xuntanza das bicis...buscareime na foto..jaja)
Si señor....Parabéns.Vaia repasiño que lle deche.Pero é que as fotos tocáronche a fibra...Ou non??.
Por certo...avere se lle pegas unha ollada ó cartel de ViñaROck e falas na hora amiga do cartel deste ano(moi ghipghopeiro pero impresionante!!) e da nova ubicacion en Benicasim.Conmigo podes contar desde XA de enviado especial porque xa teño o billete sacado...juas!!!27-28-29 Abril anímame ó personal a ir.Veña Falámonos..SALUD!!!UN BICO
FIz!!
STOP CRIMINALIZACIÓN...
Eu tamén creo que, alomenos no tocante ó baloncesto, si lle tocaron a fibra. Nótase que sabes do que falas, e que che gusta. Acostumo a sair ós sábados, entre outros, con Javi Urrutia (ben coñecido pola súa altura e a tamén por ser bo degustador de cervexa e mellor xogador de baloncesto), e cada vez que se atopa con algúns dos ilustres retratados nalgunha destas fotos, sempre sae algún antigo pique: que se en Santiso non había baloncesto, que so daban estaca... en fin.. Non sempre tempos pasados foron mellores, ou eso din, pero dame envidia sana pensar nas pachangas e piques que esta xente ten botado (pese a que confeso que o baloncesto nunca foi o meu forte). Un saúdo
Un saúdo ós tres, e gracias por darme estes azos que me animan a seguir degullando no recente pasado da comarca.
Ten razón Tono e Fiz en que o basket tocame a fibra, vas ben, pero tamén disfrutei moito vendo a daquela xoves melidenses nas bicis que había daquela (ou de carreiras ou as orbea, Bh,torrot, aínda que hai algún que parece sacadao da peli dos Bicivoadores, BMX, é Jordi Curros,agora predominan as mountain bike), pero antes ter unha BH California era moito nivel de Diola.
Estou dacordo con "non sempre o pasado foi mellor" pero cómpre recordalo para saber de onde vimos.
Veña unha aperta ós tres e a tod@s.
Daquela, daquela, moito me gusta está palabra jajjaja
PLAS, PLAS, PLAS!!!!! Maravillosas reportaxes Riki. ¿O pasado?, non, o noso camiño xa percorrido ata chegar ó agora, somos o que fomos e seremos o que somos. Cantos bos momentos, como fermosas flores, quedan no camiño. Que sensación espertar recordos durmidos da memoria. Moi bo, riki, moi bo.
Enviar um comentário