quinta-feira, fevereiro 01, 2007

PROBLEMAS DEPORTIVOS EN MELIDE.
Últimamente o deporte en Melide non ten sorte, e non me refiro o deporte colectivo dos equipos federados, úsease fútbol e fútbol-sala, que están facendo unha campaña digna en tódalas suas categorías (Cadetes do Cire 1ºs, Xuvenís metade da taboa, Seniors en camiño do record de puntos das últimas quince tempadas, fútbol sala senior segundos na sua liga), senón que me refiro o deporte que se practicaba nas dependencias da Piscina climatizada e no Pavillón da Martagona. A primeira instalación permanece pechada á espera de que as obras arranxen o teito e a segunda ten problemas despois de que se instalase en decembro unha pista de xeo sintética.
Problemas hainos e haberáos sempre en calquera apartado da vida, agora cómpre amañalos canto antes para que a cidadanía que disfrutaba destes "privelexios" poida seguir coa sua actividade habitual.
Dende este espazo pregámoslle a quen corresponda que acelere as suas xestións para con estas duas eivas na vida social dos melidenses.
PD: O pavillón do novo instituo é unha instalación moi boa que podería subsanar algún destes problemas. O Melide F.S pediu a sua dirección que llo deisaxe para disputar os seus partidos de liga nos que oficia de anfitrión, a primeira resposta foi non, é unha mágoa (dende o meu pequeno punto de vista) que guerras independentes aos cidadáns condicionen o san aproveitamento destas dependencias obrigando os do fútbol sala federado ó exilio o veciño concello de Toques (menos mal). Coma sempre Melide un exemplo de unión.
PD II: Agardamos que o futuro campo de fútbol (xa tarda o seu estreno) teña mais sorte e non sufra na sua herba artificial e no seu caucho estes problemas.

Sem comentários: