segunda-feira, agosto 28, 2006


DEZTV, EDICIÓN MELIDE
Segundo nos conta un confidente ,que chamaremos señor X, próximamente ampliarase a nómina de medios de comunicación independentes que traballan na Terra de Melide, estamos a falar neste caso do eido das 625 liñas.
Si amigos, a mítica Canal Deza (gran programación nocturna) que agora se chama DezTV, vai empezar a emitir novas sobor da nosa bisbarra abrindo un pouco mais o abano do cuarto poder nesta terriña nosa.
Actualmente a programación propia de DezTv destaca sobor de todo no eido da información, cos senlleiros informativos comarcais(o parte) de M.Vilariño e o programa debate dos luns, A Peneira presentado polo mesmo e realizado por Manuel García.
Fai xa algún tempo que puxeron o ollo na comarca de Taberiós-Terra de Montes, mais que nada nas novas de A Estrada, presentado por unha rapaza da que non me lembro o nome, e agora supoño que quererán face-lo mesmo por estes lares.
Dende eiqui, benvidos e moita sorte compañeiros.

quinta-feira, agosto 24, 2006

Mañán venres, e despois de 16 anos (actuaron no SanRoqué`90), estarán na explanada do edificio multiusos (antigo instituto)a partir das 22.00 h os únicos e inimitables
SINIESTRO TOTAL

quarta-feira, agosto 23, 2006

Miki de Santa María envioume un gif baixo o titulo, ¿a que non sabes quen quixo asasinar a Fidel?, conspiración franco-arxelina para derrocar o de Láncara.


terça-feira, agosto 22, 2006

Onte, por que "Melide o merece" houbo outro día mais de festa cos grupos Limón e Master e tamén se celebrou o Día do Neno con atraccións a metade de prezo.
O mellor e o peor da festa. O peor dende logo o tempo nos primeiros días e a ausencia dalgún grupo mais no cartel en detrimento dalgunha orquestra.
O mellor, sen dúbida, Muchachito e o sábado que como era de agardar, ó coincidir varios factores (bon día, sabado de sanroque, e as duas mellores orquestras de Gz) non se collía en nigunres.
De Muchachito comentar que ten un directo moito mellor co disco, algo que tamén se agardaba. Unha sección de ventos moi completa, un organista (Tito, tito..) virtuoso e cachondo, e unha mestura musical digna herdeira do mellor Gato Pérez e a rumba catalana daqueles tempos.
O rumbaxing, mestura de rumba e swing foi o fio conductor do concerto, onde repasou os temas do seu último disco, un por un. Cecais se botou en falta algunha versión, que sempre sorprende. Pero o concerto moi redondo en tódolos aspectos.
A anécdota do mesmo foi ese bis a bis que tiveron o Muchachito cun espectador que portaba unha trompeta desas de animar eventos deportivos, estivo moi ben.
Do San Queremos de Vilantime, que vos podo dicir da "festa mais tola e orixinal do mundo mundial" que os que nunca fostes para o ano ide.
E se podedes ir xantar de campo (como nas antigas romerías) ide. E despois dos postres, a participar tanto no Arrebolamento de Sacho como no Tiro de carro por parexas. Para os mais novos, ou non tanto, carreira de sacos, futbolin, campeonato de baile SQ, etc etc. Non vos ides aburrir, iso seguro.
A verdade, e dicíao o ano pasado o cronista da voz, A.Mahía, coido, que ver hoxendía unha festa onde non se tira viño é unha ledicia.
Ogallá a rapazada desistise de facelo na vindeira edición da Nosa Festa, e se adicase a pasalo ben e punto. Non sei, está claro que non se pode prohibir, cada un que faga o que lle pete, pero na miña opinión é mellor bebelo que tiralo. Bueno ó de cartón que lle mezclen cocacola, senón que non o beban. Duquecola.
Deixovos aqui un artículo da Voz de onte, onde o xornalista relata moi ben o que é a festa, cortesía da web do SQ, Sanqueremos.com. Ah, este venres Siniestro, finais do campeonato de futbol sala de Agosto e o vindeio domingo día 3 de setembro, Festa da Terceira Idade de Galicia e a Xabaxira do Xabarín (rumorease que podería vir de grupo convidado Lamatumbá, para queixarse esta no non, xunta e xacobeo aínda se portaron ben).

terça-feira, agosto 15, 2006

ESCOMENZA O SAN ROQUE E CHEGA O SANQUEREMOS

Pois eso que empeza a semán grande e como non xa se albisca o inverno que como din os veteranos, está detras da capilla do santo. Bueno este ano que chova supoño que será comprensible por todos dada a situación de extrema gravidade que está a sofrer o noso país. Tanto no tema do lume como no eido do agro, onde está todo seco e as explotacións gandeiras teñen que traer trailers de palla de Castilla para poder manter o gando no inverno. A quen corresponda dicirlle que chova, pero que non escaralle moito a festa, por pedir que non quede.
Do programa das festas comentar que veñen as mellores orquestas de Galicia(Panorama, Paris, Philadelphia, Sintonia etc etc )nun tempo este(do 15 ó 20 de Agosto) onde as orquestras cobran como se foran os Rolling , as mellores bandas de música galegas(Valladares, Rosal, se cadra falta coma outros anos algunha formación de fora, léase Valencia, Madrid, Exército, Guardia civil etc, e que aqui en Melide haiche moita tradición de banda e moita xente que cha entende), as mellores agrupacións de gaiteiros (as do pobo que son as mellores -Melidaos, Castelo, Froito Novo e Axóuxere, tamén a Maristela de Sobrado), concretamente hoxe haberá tamén a actuación da terceria orquesta de cámara de Galicia, a Sinfónica de Melide, dirixida por Fernando Von Arias. O concerto estará basado en melodías de Strauss, valses e polkas.
E para rematar o domingo con Muchachito Bombo Infierno, unhas das revelacións do ano no panorma nacional. Un exemplo contundente da nova ola da música que se está a facer en Barcelona, mestiza, fillos da rumba e en constante evolución.
Todo un espectáculo para a noite do domingo. Mais info aqui.
Aínda así os comentarios que se oen, son que á festa lle falta algo mais de forza.
Probablemente. Eu comentabao o outro día con Lamatumbá, co que costa unha orquestra (e veñen 10) facíase un festival de música galega actual fenomenal.
E mais se vemos que aínda non se fixo nada relacionado con Apologhit por ahi endiante, ou coa Perloca. Quedará para o outro ano.
Este ano tampouco nos podemos queixar moito xa que gracias ó Xacobeo, estiveron na cerne de Galicia actuando, Mercedes Peón e Leilía, e dios mediante estará o Venres 25 de Agosto, os vigueses Siniestro Total. Tres actuacións de altura.
Bueno disfrutade da festa con sentidiño e devoción, que ata o ano non volve.
Como dirían os míticos Treixadura, "Por dicir Viva San Roque¡¡¡ prenderon a meu irmán, agora que o soltaron, agora que o soltaron Viva San Roque e o can".
Eso si non cambio o Caralampio por un San Roque de 15 días.
E unha festa irmán da do Carlampio e da dos Botes, é , como non, o xa tradicional San Queremos de Vilantime (Arzúa).
Unha feta única que non precisa relatala precisa de ser vivida a ras de chao na carballeira de Zarra do Monte o vindeiro sabado.
Non vola perdades, e optade as plusmarcas dos campionatos de arrebolamento de sacho e de tiro de carro por parexas.
O cartel coma case tódolos anos fixoo o amigo Emilio, mestre debuxante amateur e arranxador de tractores e diversas máquinas agricolas.
Eu o ano pasado fíxenlle unuha montaxe a Sexto, co debuxo de Emi e un anuncio de Ballantine´s xogando un pouco coas palabras. Veña saúde e festa.

segunda-feira, agosto 14, 2006

GRACIAS RUXE, OBRIGADO LAMATUMBÁ

Fin de semán completiño completiño, escomenzamos o xoves vendo no 600 a un grupo alemán de versións dos Ramones, houbo coma non a sua jam session de rigor feita por músicos ben formados do país (Miki, Susiño, Nino etc), o batería xermano bautizado rápidamente polos que acudimos como Moncho -eu coido que se chamaba Hans o - demásscubriu como acompañar unha gaita en menos de duas cancións, e a verdade que se lle vía que disfrutaba ó teutón.
Venres, presentación do primeiro disco dunha banda de rock melidá en toda a historia, os artífices foron os Porka miseria, acompañabaos nesta data tan especial o grupo do Deza, Skarmento.
Por certo, como non, este magno evento foi no Salón Teatro Metal Pub Gatos.
Sábado, aqui xa empezan as diatribas e as decisións teñen que ser atinadas xa que a oferta é ampla.
En Sobrado tiñamos a Festa da Troita e en Arzúa a XXIV edición dos Botes.
Decisión salomónica, primeiro a un sitio e despois a outro.
Que implica esto?, perder a oportunidade de ver a tódolos grupos. Perogrullo puro.
Empezamos na vila dos monxes, presenciando -baixo un frío e un aire propio das terras da cordillera tibetana do Bocelo- ó grupo de Teixeiro, Lony, onde toca o baixo o amigo Toxo, e o sabado por circunstancias tamén estaba de guitarrista Miguel Xanceda.
Versións de grupos de rock comericias é o que fan, U2, Red Hot, Jet, etc
Destacar a Toxo, que se nota que pode tocar ata unha lata que el pasao ben, e a Miguel que só ensaiou tres días e fixoo con moita dignidade, só unha pega a guitarra Flashin V cun tema dos Piratas era chocante a la par que simpático.
Seguinte grupo La Fundación Tony Manero, funky por tódolos lados, ata bailaban os membros da comunidade cistercienese. Ora, labora e funky unha hora.
Quedaban pra rematar a historia da troita, La kinky beat (da onda de Muchachito e a nova fornada de musica mestiza de barcelona) e os míticos e baltánicos (da terra de Baltar) Festicultores.
Para ser sinceros amolóunos moito non podelos ver pero botamos mao do sentido común ó descartalos xa que este ano van estar de novo no Caralampio. (10-9-06)
Arráncamos para Arzúa polas Corredoiras (Cross way) e chegamos o inicio do concerto dos míticos composteláns Ruxe-ruxe , unha descarga en condicións -como é habitual neles- da que tedes mostra ahi embaixo nun video do youtube de parte da actuación. Impresionantes Vituco and company, dándolo todo polo rockandroll, e facendo mover a xente, moi nova diante e un pouquiño veterana atrás, botábase en falta en Arzúa o sábado a xeración do medio que debía estar..., sabe dios donde.
A anécdota da noite trascurriu no descanso entre tema e tema dos Ruxe, cando a Xuventude Arzuá, X@, coreou o himno oficioso dos seguidores de Cutinocho, "Ao bote, ao bote de Melide o que non bote", Vituco despois de mirar para min e rirse, dende as táboas atallou a historia con estas verbas "Ei ei tios,toda a tera é boa e en Melide hai boa xente tamén, non o localismo...pirómano o que non bote" mais ou menos.
Moi agradecido Victor polo cabo botado, pero estos cánticos entran na lóxica festeira, sempre que se fagan con cariño e bon rollo.
Eu xa o dixen mais dunha vez non creo nos localismos, non conducen a nada, e remítome os refráns dos vellos, "toda terra é país".
Tamén creo que o conflicto, se o houbo algún día polo tema do xulgado etc etc, está superadísimo de todo na maioría da xente dos dous pobos. E se hai algún problema que o arreglen en Boente, Pepsi-colo e Rafinha. Mano a mano. :)
Despois dos de Aríns, tocou Skarnio, música xamaicana a todo meter na Praza da Vila, suor ó ritmo dos metais dos vigueses. Gustóume.
E despois collimos cara Millí, cando chegamos se collía en ninnon había onde aparcares, e os locais de copas eran un rebuldeiro de xente, non se collía en ningures.
Tónica xeral, esta, neste tempo de Agosto onde xa pola semán hai atascos en plena vila, parecéndonos outro ano mais a M-30 que a outra cousa. Pero ten que ser así, e unha moi boa nova para o pobo que siga sendo así. (€).
Domingo, pola tarde toca siesta longa, porque a todo isto estos son os días, no meu caso e no de moita xenta do sector sevizos, que mais se curra do ano.
Se o corpo non precisase dormir probablemente voltaría a Sobrado a ver as Carrilanas e A Quenlla, e repetiría a xogada para rematar con Lamatumbá en Arzúa.
Non poido ser o primeiro si o segundo. Cando chegamos bouraba na guitarra Alberto Bmundi, angolano residene en Gz, que chegou via Portugal. Moi ben o africano, un músico que xa foi telonero do mesmo Manu Chao. Vibraçao positiva, altamente irmaus, alegría¡¡¡. Foi unha actuación didáctica onde aprendimos cousas relativas a triste andaina da xente que tenta buscar unha vida mellor e tense que vir para Europa; contou un pouco da sua historia e a de compañeiros que facían autostop no Oceáno Atlántico. Nunca nos daremos conta do privelexiados que somos o nacer ó chou nun sitio coma este.
Despois de Bmundi, quen?, La-ma-tum-bá, a verbena do século XXI estaba porfín en Arzúa(dcespois da invernía do Queixo) e viña disposta a encher os corazóns de lume, pero lume do bon qe do outro sobra, é moito.
Pezas novas e un repertorio sen perxuizos moi currado e rodado en moitas prazas, foi o cocktail explosivo dos das Burgas, como lle comentei a Ico(cantante) despois o quen non baile, salte, cante, sude etc etc con Lamatumbá e por algún problema ou tara. E recordeile aquel retrouso sambista que diciá: "Quem nâo goste de samba, bon suxeito nâo é, ou e ruin da cabeça ou doente do pé".
Teño que darlle as gracias por deixarme compartir metros cudadrados de madeira con eles, no que xa casi ben sendo unha tradición.
Coñecimos a Lamtumbá en Sobrado, e trouxémolos para o Caralampio, alí coñeceron un pouco das boas cousas que temos, hospitalidade, queixo da nabiza(como lles gustou),bon ambiente, festa etc etc. Agradecéronnolo cunha reseña nos agradecementos do libreto cun "Si, si si somos de Millí".
O Ico ó son da cumbia, pediu que non só unha, senón duas¡¡¡ rapazas bailaran conmigo.
Que crack o "zamorano".
Supoño que Lamatumbá sexan unhos artistas cojonudos non o discute ninguén, pero é que aínda son mellores peroas que músicos e artistas. Non cambiedes nunca tios.
Despois da descarga ourensá turno para a banda do arzuán Mendez, Flash Flan.
Correctísima actuación onde o rocandroll clásico e o blues se confundía coa noite arzúa.
E nesta semán non vos digo nada o que queda,Santa María, San Roque, San Queremos, san san san san san san san san san san , e o 10 de setembro S A N C A R A L A M P I O. A festa das festas. 60 aniversario.
Ah, e o venres 25 de Agosto(día da final dos campeonatos de fútobl sala), Siniestro Total no Cantón de San Roque, desta volta sen farola no medio.
Cando Julián veu tocar ó Gatos cos Transportes Hernández e Sanjurjo, sorprendéunos a todos (porque mira que deberon dar concertos os vigueses) coa sua prodixiosa memoria.
Ó lembrar a actuación que fixeran no 88 ou 89, na devandita praza melidá , onde daquela estaba espetada unha farola xusto diante de onde se ubicaba o palco. Quedando unha estampa un tanto dantesca,curiosa e rocambolesca o mesmo tempo.
Bueno por hoxe xa abonda meus, se chegastes lendo ata aqui,e que tedes paciencia .
Ah,podedes descargar de balde cancións do disco de Lamatumbá e unha nova que fixeron para o Xabarín neste enlace Prémelle.
Saúde meus.
Este é o video de Ruxe, o sabado na terra do Queixo, con imaxes do concerto, e da tarde dos Botes, charagna, montaxe, o teatro... O mellor é velo.

terça-feira, agosto 08, 2006



Mentras media Galicia arde atopo no blog amigo de Marcus unha desas cousas que cando as ves dis "buah, que movida tio".
Se te alonxas da pantalla o paisan@ da esquerda volvese manso sen embargo o da dereita ponse de mala oxtia.
Terá algo que ver esta ilusión óptica coa política galega?
Debería cambiar de traxes Suárez Canal?
Por que se lle da prioridad a incendios próximos as residencias (tanto pública -Monte Pío- como privada -Rois- de Touriño?
Os que queiman o monte viven entre nós ou son mais putas cas galiñas?
Eso amiguiños nunca o saberemos.

sexta-feira, agosto 04, 2006


O MAGOSTO PARA AGOSTO

Iso dician Reixa e compañía fai dous decenios, era o que faltaba para acabarse de estresar, Agosto non era un mes de vacacións?, bueno en Melide xa sabemos que non, pero aínda para o que estea ocioso e queira acudir, xa non a todas, a parte das actividades que hai, non che da nin de coña.
Onte estiveron no 600, Haiku, perdón por non informar a tempo.
Hoxe van estar Saldos Arias, grupo punk de Vigo, ex-Kgben, no Gatos a hora de costume coma sempre de balde.
Hoxe tamén ctuación da cantautora galego-arxentina Lorena Lores co seu espectáculo "Tango" na Praza do Convento ás 21:00h.
Mañán, o que pasa sempre por estas datas, quen poidera desdobrarse¡¡¡, varios eventos de altura coinciden no tempo. Polo menos que non chova.
Sabado 5, Festival Folk de Antas con: Pepe Vaamonde Grupo, A banda de Poi e Treixadura (Gaiteiros e Orfeón).
A poucos kilometros, Festival da Música e das Artes de Pardiñas (Guitiriz)cos amigos de ITH, o grupo de Folgueira e Toxo de Boimorto, de Pablo de Abellá e de Miguel de Xanceda, Ialma, pandereteiras dende Bélxica con participación de unha delas en Eurovisión quedando segunda, e un rollo tribal este ano, con Basidou (marrocos) e N´faly kouyaté & Dunyakan (Guinea-Conakry).
Tamén, aínda que un pouco mais lonxe, o Festival Folk da Carballeira de Zas.
O domingo mais Pardiñas.
E en Melide, festival de misses da terceira idade (rafinha non te presentes).
Luns 7, na praza do convento espectáculo teatral coa compañía Lagarta,Lagarta (Con Ernesto Chao (miro pereira), rosa alvarez, etc etc). risas garantidas.
E o xoves que ven, o grupo alemán RockAwayBeachBoys dende Alemania, facendo versións dos Ramones. No 600.
O venres no Gatos, o grupo local Porka Miseria e os dezanos Skarmento.
E volta a coincidir eventos no vindeiro findesemán.
Botes e Troita. Arzúa e Sobrado respectivamente.
En Arzúa o sabado, XsTRUME, Skarnio e Ruxe-Ruxe, e o domingo Flash Flan, Alberto Mbundi e Lamatumbá.
E en Sobrado,VII FESTA DA TROITA EN SOBRADO DOS MONXES

12 de Agosto
II FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE
Festicultures Troupe
Lony
Fundación Toni Manero
La Kinky beat

13 de Agosto
Mañá
Concurso de pesca
Mostra de artesanía
Sesión Vermú: ORQUESTA IMPERIAL
Serán
VI Baixada de Carrilanas "Circuito de Alvariza"
Espectáculo Cabalar "E Gemelo" de Narón
Noitiña
Grupo de baile "A MARISTELA" de Sobrado
Concerto folk A QUENLLA
Foliada nocturna coa ORQUESTA IMPERIAL.

A todo esto xa escomenzou o mítico e senlleiro campeonato de verán de futbol sala de Melide, que leva un lote de anos enchendo as noitiñas deste mes no pavillón do Marco. Teredes cumprida información se damos, porque neste mes NON DAMOS FEITOOOOO.