sexta-feira, abril 27, 2007


III FOLIADA DE MELIDE


29 DE ABRIL
PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS

ORGANIZA: Asociación Cultural e Musical O CASTELO
PATROCINA: Deputación de A Coruña
COLABORA: Concello de Melide
Asociación Catasol

+ info
www.agrupacioncastelo.com
afcastelo@gmail.com




10:30 Pasarrúas a cargo da Agrupación Folclórica Castelo

11:00 Apertura MOSTRA DE ARTESANÍA
11:00 Apertura EXPOSICIÓNS
Mostra sobre o traballo desenvolvido pola Asociación de Gaiteiros Galegos
Organiza: Escola de gaita e percusión galegas Axoúxere
Colabora: Asociación de Gaiteiros Galegos

15 anos de música e baile
Agrupación Folclórica Castelo

Instrumentos antigos
Pepe Temprano

Os xogos populares
AGXPT. Asoc. galega do xogo popular e tradicional

11:00 CONFERENCIA no Centro Multiusos

II Seminario de palletas e pallóns para gaita galega
Participan Antón Corral, X. M. Gil, J. Luis Enriquez e Juan Brea
Organiza: Asociación de Gaiteiros Galegos

12:00 TÍTERES TRES GLOBOS de Melide presenta a obra: “Pedro e o lobo”

13:00 MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL

- A. C. Brisas do Quenllo de Numide (Tordoia)
- Grupo de baile tradicional Xirandola (Bandeira)

14:00 OBRADOIRO tradicional “A fía”
15:00 XANTAR POPULAR
17:00 ACTUACIÓNS

- Miro Casabella (referente da música galega e cantor histórico)
- Benigno Penas (Harmónica)
- Xosé Sánchez (Cantor tradicional)

17:30 OBRADOIRO infantil “Os maios” (Agrupación Folclórica Castelo)

19:00 MARCHA GAITEIRA. Percorrido pola vila

- Agrupación Folclórica CASTELO (Melide)
- Esc. de gaita e percusións galegas AXOÚXERE (Melide)
- Gaiteiros FROITO NOVO (Melide)
- OS MELIDAOS Gaiteiros (Melide)
- Grupo de gaitas A MARISTELA (Sobrado)
- Grupo de gaitas BICO DA BALOUTA (Agolada)
- Grupo de gaitas CHARAMELA (Antas de Ulla)
- Grupo de gaitas PAO DE BUXO de Saídres (Silleda)
- Grupo de gaitas LUME NA LAREIRA (A Estrada)

20:30 SERÁN

A media noite QUEIMADA de valde para tódol@s asistentes

quinta-feira, abril 26, 2007



CONCURSOS DE PESCA,organizados pola: "SOCIEDADE DE PESCA PONTE MAZAIRA"


"Concurso de pesca interclubes de Galicia"
DATA: Sábado 28 de Abril,
MODALIDADE: Captura e solta.
TÉCNICA: Lance.
Agasallos a tódolos participantes.
INCRIPCIÓN E XANTAR: 10 €uros.DATA LÍMITE: 27 de Abril.
PREMIOS: Trofeos, material deportivo, estuches de viño etc
PUNTO DE ENCONTRO: Hotel Carlos 96 ás 9.00 horas.
"Campionato Provincial" organiza Federación Galega de Pesca e S.P.D. Ponte Mazaira.
Data: Domingo 29 de Abril de 2007.
Clasificatorio para o Campionato Autonómico.
MODALIDADE: Captura e solta.
TÉCNICA: Lance.
DÚAS TANDAS: Mañá e tarde.
PUNTO DE ENCONTRO: "HOTEL CARLOS 96"ás 8.00 horas.
XANTAR NO MESMO HOTEL ÁS 14.00 horas.
Agasallos a tódolos participantes.
Trofeos, material deportivo, estuches viño, xamóns de Salamanca etc

quarta-feira, abril 25, 2007


25 de Abril
Como ben sinala Vanessa no seu interesantísimo blog, A lareira de Santiso hoxe é 25 de Abril. Si parece de perogrullo que diga que hoxe é o 25 de Abril pero isto para o noso país veciño Portugal conleva moitas cousas. Cúmplese anos da Revolta dos Cravos que derrocou o rexime salazarista e trouxo o sistema democrático á vella Lusitania.
Hoxe na Tvg ás 22.00 h (na primeira coproducción entre a Galega e a RTP, parece mentira) haberá un especial onde o mais granado dos músicos de aquén e de alén do pai Miño se xuntarán para rendirlle sincera homenaxe a un dos protagonistas daquela data o sempre lembrado Jose "Zeca" Afonso, todo un mito.

terça-feira, abril 24, 2007


XOVES 28 ABRIL. 1ª FESTA DA HOSTALARÍA DE MELIDE.
Aínda que pareza incrible a hostalaría de Melide (gran parte dela, alomenos) logrou porse de acordo e para este xoves preparou unha festa das de primeira categoría, boas viandas e acutacións de sete estalos.
O evento escomenzará ás oito do serán cando se procederá ó peche de tódolos locais hosteleiros de Melide. Así que o único lugar para tomar algo será o chiringuito da organización sito no Pazo de Congresos.
Acto seguido a charanga Os Amigos de Visantoña encherán de ritmo e colorido as ruas melidás , rompendo o xeo e preparando o pobo para esta grande I Festa da Hostalaría.
Aló polas nove e media no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide (antiga feira) celebraráse unha cea de amizada e confraternización onde por un módico prezo (15 €uros) disfrutarédes dun menú de aunténtico luxo servido polo Toxo-Cattering.
Para empezar: empanada, embutidos , entremeses e entrantes variados. De primeiro lacón asado con cachelos, seguimos con perna de tenreira ó forno con patacas fritidas e para rematar postre, café e chupitos á reventar.
Ó remate da cea na mesma instalación, recordemos Pazo de Congresos... (debido a que se presume mal tempo para o xoves e polo tanto non se pode facer a intemperie), comenzará a gran verbena con duas das mellores orquestras, para algún as nº 1
do panorma galego. PARÍS DE NOIA E PHILADELPHIA.
CRÓNICA CONCERTEIRA NA SEXTA FEIRA
Este venres pasado houbo duas actuación de auténtico luxo en Melide, Ruxe-Ruxe no 600 e Cornelius no Gatos.
Os de Aríns estiveron ben, na súa liña consolidándose como unha das mellores bandas de directo da Galiza, presentando moi dignamente o seu último traballo Comerical, aínda que sufriron problemas varios, eléctricos e de son que non os deixou brilar á altura de sempre, aínda así que tódolos concertos "menos bós" foran desta maneira. No apartado humano os ruxe son de puta nai dende o primeiro ó último e a min sempre mo demostran e por iso lles digo non cambiedes nunca e obrigado por todo. A parte disto o triste, como me comentou o amigo Sexto de Vilantime, é que non houbese mais público co tremendo grupazo que actuaba, á hora de analizar este factor habería que considerar que non fai nin mes e medio que estiveron no Gatos.
Ó remate da actuación dos de Vituco and company fomos ata o Gatos onde ofrecían a última parte do seu concerto Cornelius unha banda á cabalo entre O Grove, Vilagarcía e Vigo que demostrou ser unha das formacións chamadas a facer grandes cousas no país.
Moita calidade nos músicos experimentados do combo arousán, sen ir mais lonxe o guitarra solista era "O Abuelo", home que militou no conxunto do Reverendo incluso se deixou ver en varios programas de CQC na etapa Wyomingniana. Comentabáme Nani que era un dos guitarristas que mais lle gustaba dos que pasaron polo seu local e lembrábase cando viñera por primeira vez, moi noviño, con Salty Water.
Outro dos membros é o baixista Andoni Arcos, da familia dos Chiquitís de Melide, que á parte de darlle as catro cordas axuda fai as segundas e ás veces primeiras voces.
Toni B. Willisch (guitarra), José Vilas (teclados) ,Miguel D. Meixús (Batería) e o xoven e extraordinario vocalista David Chiquillo. Que demostrou dominar de maneira espléndia a súa gorxa para asi levarnos de viaxe dende universos funkys, bluseiros pasando por incribeles versións dos sempre máxicos Led Zeppelin ata ás ruas mais gostosas de Nova Orleans. Puro rockandroll anunciaba Nani na súa definición previa o concerto e de veras que atinou o condenado.
O sábado estiveron polo sempiterno Gatos os portugueses "Toques de Caramulo" non poiden asistir pero si vos podo dicir que foi un concerto impresionante debido o carácter festeiro dos compoñentes desta formación lusa que esta a revolucionar a música folk do país viciño. "Estaban ous dous na esquina tocando a concertina..." di o retrouso transminhoto e abofé que estaban. Seica as táboas do local non lle chegaban na actuación e a barra serviu de improvisado esceario, para os que non coñezades o local (aínda queda alguén?), direivos que ten duas partes ben diferenciadas e o acordeonista-concertinista lusitano botaba a mais parte do tempo pedindolle a xente que estaba na entrada (a zona chill-out) que deixase de falar e que se reunirá con eles diante (a zona "live-ao vivo").
Deixovos este clip grabado sen un can pero con profesionalismo por Cornelius, eles mesmo definen o tema como: funk-acid-jazz, DANCE, MEU, DANCE

sexta-feira, abril 20, 2007


AXENDA
Hoxe venres como ben sendo habitual ración doble a mesma hora de concertos ao vivo
Na sala 600 chega o pontetísimo directo do gran grupo galego: RUXE-RUXE que retornan unha vez mais a Melide, terra onde son moi queridos, voltando a presentar o seu quinto ou sexto disco (xa perdin a conta) titulado "COMERCIAL". Cita ineludible.
Hoxe tamén no Gatos, dende Vilagarcía: CORNELIUS, puro rock and roll. Por certo os dous concertos a mesma hora, 1.00 da noite.
Mañán sábado no Gatos concerto internacional co grupo do veciño Portugal: TOQUES DE CARAMULO, música folque no templo do rock na noite do sábado. Promete.
O Cire xogará o domingo ás 17.00 h na casa.
E xa vos vou informando que a semana vindeira ven cargada de cousiñas.
Primeira Festa da Hostalaría o xoves 26 e Terceira Foliada de Melide o domingo 29.
Fervemos con tanta actividade, eso es bueno cona.

Deutsche Demokratische Republik
O venres pasado no concerto da Compañía do Ruído de Ribeira na sala 600 de Melide, encontreime co amigo Fandinho. Un Fandi que lozía no seu torso de galán libertario, ;), unha camisola da extinta RDA, ou DDR. Ó certo e que a añexa prenda lembroume a unha peli que vin fai unhos anos e que che me gustara ben. Trátase de "Good bye, Lennin" e recoméndovola se non a vistes. Non vos desvelo nada. A proveito para mandárlle un saúdo a tropa arzuana e para voltar a pedir desculpas polo erro cometido "posts" atrás de confundir a Rial con León. Maldita la hora. Buscando na rede sobor do signficado do escudo atopei esto na wikipedia:
Escudo de Alemania Oriental

De Wikipedia, la enciclopedia libre

Escudo de Alemania Oriental. El escudo de Alemania Oriental estaba constituido por un martillo y un compás rodeados por un anillo de espigas de centeno. El martillo representaba a los trabajadores industriales, el compás a la intelectualidad y el centeno a los agricultores. Los primeros diseños incluían únicamente el martillo y el anillo de centeno, expresando que la República Democrática Alemana (RDA) era un Estado socialista "de obreros y campesinos", tal como establecía la Constitución.
Escudo de la NVA. Fue adoptado como escudo estatal de la RDA mediante ley de la Cámara del Pueblo del 26 de septiembre de 1955 y agregado a la bandera nacional por ley del 1 de octubre de 1959. El mismo escudo, rodeado por dos ramas de olivo, servía como escudo de armas del Ejército Nacional Popular (NVA, Nationale Volksarmee), y rodeado de una estrella blanca de doce puntas era el distintivo de la Policía Popular (Volkspolizei). El escudo fue abolido oficialmente el 31 de mayo de 1990 durante el gobierno de transición surgido luego de las primeras elecciones multipartidistas.

La exhibición pública del escudo fue considerada inconstitucional en Alemania Occidental y Berlín Occidental durante algunos años, siendo prohibida por la policía. En 1969 el gobierno alemán occidental de Willy Brandt revirtió esta política en lo que se conoció como Ostpolitik, un acercamiento de la República Federal a la República Democrática.

En 2004, un intento de registrar como marca el escudo de la RDA por parte de un comerciante alemán fue denegado con el argumento de que continuaba siendo un símbolo de uso común para representar el origen regional de bienes y servicios del este alemán.

quinta-feira, abril 19, 2007

PESCA EN MELIDE
O 19 de abril de 2007 celebrouse en Furelos o II Campionato pesca organizado pola Asociación que leva o nome do río.

53 participantes repartíronse trofeos, medallas e diverso material de pesca valorados en 2.500 euros
A Asociación de troiteiros “Río Furelos” de Melide organizou a pasada fin de semana o II Campionato de Pesca no río melidense que lles dá nome. Ao evento apuntáronse un total de 53 troiteiros aínda que so contaban con 15 permisos da Consellería de Medio Ambiente. Os troiteiros restantes fixeron de xuíces durante toda a xornada e outros labores de organización do evento. O xurado da proba valorou o número pezas capturadas de; así como o tamaño e o peso das mesmas. Pescaron un total de 109 troitas.


PREMIOS:
1º premio: Antonio García Prado
2º premio: Jesús Cea Vázquez quen pescou, ademais, a troita máis grande.
3º premio: Emilio Gómez Vázquez
4º premio: José Antonio Cea quen, con so 16 anos, foi o participante máis novo.
Os trofeos e premios entregados estaban valoradas en 2.500 euros ente os que destacaba a figura única e exclusiva feita en cerámica para a ocasión e que representa á ponte medieval de Furelos.
A Asociación de troiteiros “Río Furelos” de Melide naceu hai só dous anos pero xa conta con 210 socios que valoran moi positivamente a preocupación medioambiental da súa directiva que quedou patente nas II Xornadas de limpeza do río Furelos celebradas o pasado verán.
Para o presidente da asociación, Xabier Pazo Blanco, “o II Concurso de Pesca “Terra de Melide” foi todo un éxito de participación polo que están aseguradas futuras edicións”. A xornada rematou cun xantar nun coñecido restaurante da vila no que participaron unhas setenta persoas.
O Próximo día 29 de abril celebrarase no río Furelos de Melide un concurso provincial de pesca para o cal a asociación de troiteiros Río Furelos cede os cinco permisos dos que dispón para esa xornada á Federación Galega de pesca para colaborar así a que a nova proba sexa un éxito.

Fai unhos días aparecía no "Ideal Gallego" este artigo de opinión:

EL "CONCURSO DE PESCA" DE MELIDE FUE UN ÉXITO/POR VíCTOR CASTRO

La Sociedad de Pesca Deportiva "Ponte Mazaira", de Melide, obtuvo un destacado éxito con motivo del "Concurso de pesca" clasificatorio para el provincial, en la modalidad de captura y suelta, en la técnica de lance. El resultado fue el siguiente; 1º.- Jesús Segade Villar, con 1128,583; 2º.- Luís Otero Balboa, 1123,278, y 3º.- Gutier Penas Taboada, 1102,723. Tras la prueba los participantes se reunieron en una comida en el Restaurante "Xaneiro", de Toques, invitados por la organización, procediéndose a la entrega de material deportivo destinado a los premios. Destacar que esta modalidad deportiva tiene por objeto el pescar con unos anzuelos especiales, que luego permiten al pescador el devolver vivos a las aguas del río los diferentes ejemplares que pescan a lo largo del desarrollo de la prueba.

Como queda señalado el "Concurso de pesca" fue un éxito, a pesar del boicot y amenazas que días previos a la prueba, habían realizado miembros de la "Asociación Troiteiros Río Furelos", de que el día del concurso irían a pescar y pescaron. Conocedores de que la Sociedad "Ponte Mazaira" era poseedora de los permisos expedidos por Medio Ambiente, contravinieron la disposición de la Consellería. A pesar de ello se cumplió el objetivo, que no era otro que pescar sin muerte, esperando los organizadores que la "Sociedad Río Furelos" cambie de parecer, de cara a los concursos que aún faltan. Hay que fomentar la pesca sin muerte.


POLO QUE RESPEITA A POLÉMICA QUE SEN VÉN DANDO NOS "COMMENTS" DISTE BLOG REFERIDOS A PRESUNTAS ILEGALIDADES DENTRO DO COUTO DO "RÍO FURELOS", TEÑO QUE DICIR QUE PÚXOSE EN CONTACTO COMIGO XABIER PAZO, Ó USO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS "RÍO FURELOS", DESMENTIDO AS ACUSACIÓNS QUE SE REALIZABAN NESTE "BLOG" POR USUARIOS ANÓNIMOS E AMOSÓUME UNHA SERIE DE DOCUMENTOS OFICIAIS QUE ASEVERABAN QUE O DÍA DO CAMPIONATO DE PESCA DA "SOCIEDADE DE PESCA DEPORTIVA "PONTE MAZAIRA" TIÑAN TRES PERMISOS PARA PESCAR, POLO TANTO CUMPLIRON COA LEXISLACIÓN.
Non sei sí era isto o que se me preguntaba, sobra dicir que a xente que se considere aludida ten este espazo libre para rebatir ou debatir o que desexe.
Por último, sempre quixen poñer isto. Ista web non se fai responsable das opinións verquidas por calquera dos seus visitantes ou usuarios. ;)
VOLVO LEMBRAR O MEU E-MAIL: rikimelide@gmail.com , para o que queirades.
PULGA Vs PELUSA
Se non vistes aínda o gol de Messi estes días vades quedar fartos de velo, aqui vos queda, merece a pena velo. Tamén deixo o de Diego no 86, pola teima de comparar, aínda que como ben sabedes as comparanzas son odiosas. Un foi nunha semifinal de copa do rei e o outro foi mais que un gol por aquilo da rivaliade Arxentina-Inglaterra despois da guerra das Malvinas, Messi ten 19, Maradona tiña 25. Así é todo que grandes son estes dous artistas do balón aínda que non cheguen ó 1.70 m. (1.66 Diego Armando, 1.69 Lionel). E eu que son algo merengón non me doen prendas en dicilo.

sexta-feira, abril 13, 2007

Mándoume un e-mail Noela Broz na que me informaba do seguinte:

Xubílase unha Institución


O día 5 de maio, sábado, celebraráse un XANTAR DE HOMENAXE a

XENARO SUEIRO RAPOSO


Lugar: Balneario de Pambre
Prezo: 45 euros (35+10)
C/C Banco Pastor 0072-0103-8-00000207728
Data límite: 20 de abril

Confirmación: iesdemelide@gmail.com

A verdade é que XGJenaro meréceo por tantos e tantos anos e por esa amabilidade que amosaba con tod@s.

Un home é un palillo máxico que abría portas que se atrancaban ó mais puro estilo McGiver facían deste home un auténtico ídolo para o alumnado.
Non podo rematar esta entrada sin dicir aquelo de :
-Xenaro faime ahí unhas fotocopias, oh.
-Dicho y hecho.
-Canto é?
-Sasenta pesetas.
Genaro te queremos.

quinta-feira, abril 12, 2007

AXENDA
Este fin de semán vén cargadiño de actividades, ahi vos van algunhas:
Este venres 13 (que medo) como xa é habitual, dupleta de concertos á mesma hora:
No Gatos ZUMBIDO, punk-rock dentro da RedeGalega de Música AoVivo,
Defínense así:Zumbido somos un grupo nado na Coruña en Outubro do 98. Orixinalmente formámonos coma cuarteto, pero co paso do tempo convertémonos nun trío o que provocou tamén unha evolución musical, xa que pasamos do “Grunge-Punk&Roll” inicial a un “Punk experimental” (no que caben HC, Ska, Reggae, Dub instrumental) máis sólido e compacto.
En directo somos un grupo rápido e contundente… enerxía pura, e temos un amplo temario composto por cancións propias (case todas en Galego) anque tamén nos atrevemos con algunha que outra versión de grupos coma Mudhoney e Nirvana…

E no 600 dende Riveira: A COMPAÑÍA DO RUÍDO. + INFO premendo aquí
O sábado no Gatos: Tiro na Testa e Soak. Impresionante.
O sábado 14 de Abril (76 aniversario da II República), II campionato de pesca da Asociación de troiteiros "Río Furelos".
O domingo, 15 de Abril: II Feira do Salón do automóbil. Coches clásicos, maquetismo, e pola tarde volta de novo a Melide o espectacular portugéus , Paulo Martinho, que fará devanadas encima de vehículos de todo tipo incluído un Ferrari. Cantos jolpiños tivo que levar este home para facer o que fai. Esta é a web
Para mostra un botón:

domingo, abril 08, 2007

DERBY AÑORADO E AÑEJO
Este sábado de semana santa fixeron (ou fixemos) o seu debut en partido oficioso perante o TGM-Arzúa un combinado de veteranos do balompé melidense que aproveitando a coxuntura de dispoñer do campo novo do Cire, andan teimando en federarse para a vindeira campaña.
O plantel co que xogou o Cire poderíase definir como un caixa de jalletas variadas porque había xente de distintas xeracións e provintes de diferentes colectivos do deporte local (da liga da amistade, do fútbol sala local, do Cire, do Santiso etc) e de distintas épocas ou etapas, pero eso sí unidos todos coa ilusión de xogar o fútbol e divertirsee coa única condición de ter superados os 28 anos.
Esta é a formación que pasará a historia, de esquerda a dereita e arriba: Jesús Cea, Pablo Casal (cedido pola Real para este partido), Villa, Emilio Manuel, Pipino Gª, Riki, Rubén Leiva, Frilu e Manolo do Cristal. Abaixo: Coego, Manolito Quillo, Masi más, Toñito Lirio, Ricardo Pezobre, Jesús Roca, Pinchi e Arturo. Na grada estaban tamén Lorenzo e Ruchi.

O partido rematou 3-2 para os da casa aínda que no rival arzúan militaban bastantes oriundos do noso pobo como Ramocito, Gusi, Batería, Roca, Benito etc a parte dos reforzos de Albino e Pavero que su sumaron os da terra do queixo ó non ter efectivos dabondo. Outros xogadores do Arzúa foron Carril I, Carril II, Ruso ou Miguel Toldos.
Hai que dicir que ós arzúans faltábanlle bastantes xogadores como é o caso dos Carbós, Gabriel, Xele ou Sanmartín. O Arzúa de veteranos milita na Primeira B da Agrupación de Santiago e coido que vai clasificado en terceiro lugar. É dicir duas caterogías por riba da Terceira que sería na que lle correspondería xogar o Cire en caso de federarse. Feito iste que engade un pouco máis de mérito a victoria nun partido onde os da casa a pesares de levar poucos entrenamentos, non ter adestrador e non xogar nunca un partido xuntos, demostraron unha orde no terreo de xogo e un bo gusto á hora de tocar o balón.
Abriron o marcador eles e empatamos nós á beira do descanso, na segunda metade o Cire puxose 3-1 nos primeiros compases e nas postrimerías do partido o Arzúa acercabase no marcador cun perigoso 3-2 que non foi 3-3 mercede ás fabulosas paradas de Masi que demostrou unha forma impresionante.
Os goles melidenes foron obra de Riki, García e Toñito. Participando este último en tódalas xogadas con perigo da escuadra local. Bon partido de toda a xente e o millor de todo eses pinchos de irmandade despois do partido entre os xogadores dos distintos equipos continuando fora del a deportividade que houbo no terreo de xogo.
Agradcerlle a Juan Segade que nos trouxera as camisetas antigas do Cire Senior e a Juan Segade Abad que nos arbitrará xa que o trencilla que se chamara non poido acudir. Juan, actual xogador do Toques, demostrou que para arbitrar non se hai que complicar moito e exercer o sentido común, todo o contrario do que fan os colexiados destas categorías rexionais onde se queren erixir como protagonistas amosando dotes de pedantería, chulería e prepotencia en elevadas doses, gracias a Dios non foi así e o match disputouse en boa lid. Cajonatos, porque sempre acabamos falando dos arbitros?
PD: Facía mais ou menos entre quince e vinte anos que o Cire non xogaba contra Arzúa (ó non coincidir nas categorías nin disputar ningún amisotos) e é curioso que na dilatada historia destes dous equipos os enfrontamentos entre as duas cabezas comarcais non superana a quincena ente amistosos e partidos oficiais. Por certo no balance de victorias e derrotas os de Arzúa lévannos bastante vantaxa, todo isto según ó libro do XXV Aniversario do CSD Arzúa que conten un resumo ben detallado de tódolos enfrotamentos da historia ata daquela do conxunto branquiazul.
Formación do Arzúa que conseguiu o ascenso a 1ª B a pasada tempada.
VÁMONOS DE JAM...
Vou reaunadar logo a actividade do blog co que o deixei o Décimo Aniversario do Pub Gatos dende que o collera Nani Casal.
O sábado 30 de marzo celebroúse por todo o alto devandita efémeride como non podía ser menos.
Unhos reconfortantes pinchos pola tardiña onde se xuntou xente de todo tipo e condición, dende clientes, músicos amigos a xornalistas da radio galega etc etc que . O ágape foi amenizado por un só de violín dunha das retoñas do Nani que demostrou non ter ningún tipo de medo escénico e un abraiante dominio do esceario impropio dos seus sete aniños. Despois xa pola noite disfrutamos do magnífico e inclasificable espectáculo de "Leo i Arremecaghona" cantautor olívico de Matamá que nos fixo disfrutar hora e media longa. Este concerto foi retransmitido ao vivo pola Radio Galega no progrma "Máis berberechos". Despois de Leo tocoúlle o turno ós boimortenses-xancedanos Ith, que a pesares de ter á baixa do sue cantante Pablo fixeron un bo espéctaculo de rockandroll de notas potentes coa axuda dos que andabamos por alí incluído o propio Leo que se atreveu con clásicos do rock como o de Dylan "Knocking`on heavens door" e o reconvertiun nun "Petándolle a San Pedro nas portas do ceo". A jam-session continuaba e non paraban de subir músicos e músicas as táboas do Gatos, dende o heavy mais clásico o punk mais punk pasando polos acordeóns e as gaitas do país nun evento que se prolongou na profunidade na noite ata altas horas. Co gallo desta celebración non se podía agardadar outra cousa. Longa vida o Gatos, longa vida a toda a xente que lle gusta a música en directo, longa vida os grupos (sen eles sería imposible), longa vida ás xuntanzas de músicos improvisando e como diría o toxo "Viva el Rock".
Aqui vos quedan algunhas imaxes de Leo e de Ith.