quinta-feira, abril 19, 2007

PESCA EN MELIDE
O 19 de abril de 2007 celebrouse en Furelos o II Campionato pesca organizado pola Asociación que leva o nome do río.

53 participantes repartíronse trofeos, medallas e diverso material de pesca valorados en 2.500 euros
A Asociación de troiteiros “Río Furelos” de Melide organizou a pasada fin de semana o II Campionato de Pesca no río melidense que lles dá nome. Ao evento apuntáronse un total de 53 troiteiros aínda que so contaban con 15 permisos da Consellería de Medio Ambiente. Os troiteiros restantes fixeron de xuíces durante toda a xornada e outros labores de organización do evento. O xurado da proba valorou o número pezas capturadas de; así como o tamaño e o peso das mesmas. Pescaron un total de 109 troitas.


PREMIOS:
1º premio: Antonio García Prado
2º premio: Jesús Cea Vázquez quen pescou, ademais, a troita máis grande.
3º premio: Emilio Gómez Vázquez
4º premio: José Antonio Cea quen, con so 16 anos, foi o participante máis novo.
Os trofeos e premios entregados estaban valoradas en 2.500 euros ente os que destacaba a figura única e exclusiva feita en cerámica para a ocasión e que representa á ponte medieval de Furelos.
A Asociación de troiteiros “Río Furelos” de Melide naceu hai só dous anos pero xa conta con 210 socios que valoran moi positivamente a preocupación medioambiental da súa directiva que quedou patente nas II Xornadas de limpeza do río Furelos celebradas o pasado verán.
Para o presidente da asociación, Xabier Pazo Blanco, “o II Concurso de Pesca “Terra de Melide” foi todo un éxito de participación polo que están aseguradas futuras edicións”. A xornada rematou cun xantar nun coñecido restaurante da vila no que participaron unhas setenta persoas.
O Próximo día 29 de abril celebrarase no río Furelos de Melide un concurso provincial de pesca para o cal a asociación de troiteiros Río Furelos cede os cinco permisos dos que dispón para esa xornada á Federación Galega de pesca para colaborar así a que a nova proba sexa un éxito.

Fai unhos días aparecía no "Ideal Gallego" este artigo de opinión:

EL "CONCURSO DE PESCA" DE MELIDE FUE UN ÉXITO/POR VíCTOR CASTRO

La Sociedad de Pesca Deportiva "Ponte Mazaira", de Melide, obtuvo un destacado éxito con motivo del "Concurso de pesca" clasificatorio para el provincial, en la modalidad de captura y suelta, en la técnica de lance. El resultado fue el siguiente; 1º.- Jesús Segade Villar, con 1128,583; 2º.- Luís Otero Balboa, 1123,278, y 3º.- Gutier Penas Taboada, 1102,723. Tras la prueba los participantes se reunieron en una comida en el Restaurante "Xaneiro", de Toques, invitados por la organización, procediéndose a la entrega de material deportivo destinado a los premios. Destacar que esta modalidad deportiva tiene por objeto el pescar con unos anzuelos especiales, que luego permiten al pescador el devolver vivos a las aguas del río los diferentes ejemplares que pescan a lo largo del desarrollo de la prueba.

Como queda señalado el "Concurso de pesca" fue un éxito, a pesar del boicot y amenazas que días previos a la prueba, habían realizado miembros de la "Asociación Troiteiros Río Furelos", de que el día del concurso irían a pescar y pescaron. Conocedores de que la Sociedad "Ponte Mazaira" era poseedora de los permisos expedidos por Medio Ambiente, contravinieron la disposición de la Consellería. A pesar de ello se cumplió el objetivo, que no era otro que pescar sin muerte, esperando los organizadores que la "Sociedad Río Furelos" cambie de parecer, de cara a los concursos que aún faltan. Hay que fomentar la pesca sin muerte.


POLO QUE RESPEITA A POLÉMICA QUE SEN VÉN DANDO NOS "COMMENTS" DISTE BLOG REFERIDOS A PRESUNTAS ILEGALIDADES DENTRO DO COUTO DO "RÍO FURELOS", TEÑO QUE DICIR QUE PÚXOSE EN CONTACTO COMIGO XABIER PAZO, Ó USO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS "RÍO FURELOS", DESMENTIDO AS ACUSACIÓNS QUE SE REALIZABAN NESTE "BLOG" POR USUARIOS ANÓNIMOS E AMOSÓUME UNHA SERIE DE DOCUMENTOS OFICIAIS QUE ASEVERABAN QUE O DÍA DO CAMPIONATO DE PESCA DA "SOCIEDADE DE PESCA DEPORTIVA "PONTE MAZAIRA" TIÑAN TRES PERMISOS PARA PESCAR, POLO TANTO CUMPLIRON COA LEXISLACIÓN.
Non sei sí era isto o que se me preguntaba, sobra dicir que a xente que se considere aludida ten este espazo libre para rebatir ou debatir o que desexe.
Por último, sempre quixen poñer isto. Ista web non se fai responsable das opinións verquidas por calquera dos seus visitantes ou usuarios. ;)
VOLVO LEMBRAR O MEU E-MAIL: rikimelide@gmail.com , para o que queirades.

5 comentários:

Anónimo disse...

SI A ASOCIACION PONTE MAZAIRA TIÑA 15 COTOS AHORA AI 18¿?

Anónimo disse...

Vou ser moi claro, non me gustan un carallo estas loitas cainitas e fraticidas entre pescadores de Melide. Para min non conducen a nada. Coido que hai documentos que acreditan que a asociación "Río Furelos" tiñan dereito a tres cotos para ese día.
Agora ben, este vai ser o último que EU persoalmente comente deste tema. OK, que non lle pareza mal a ninguén pero a quen credes que beneficia que as asociacións estexan pelexadas "per seculam seculorum"?. Perdoade si faltei
a culpa éche destes días de tronada- segundo teño oído bos días para as troitas-.

Anónimo disse...

Mira unha cuestionciña técnica. Para os que estamos fora do pobo e usámos este blog para estar un pouco ao dia sería bastante interesante que pensaras en ofrecer a posibilidade de suscribirse a un servicio de feeds para enterarnos das novas entradas. Pénsao. Gracias polo blog e xa nos veremos polas tascas

Anónimo disse...

Riki, es un crack!
A "terra de abaixo" (... tristemente desaparecida do teu blog...) énchese de orgullo de terte de veciño e informador local, cun criterio serio e admirable. Graciñas por este recuncho onde se respira proximidade.

Anónimo disse...

Boas, Teletuba non teño nin idea de como facelo pero vouche recomendar unha páxina que xa fixo, está ó día sobre todo o que pasa en Melide co servizo de feed incluído de tódolos blogs da comarca e das noiticias dos xornais, chámase melide.net, ten como webmaster o gran Marcus, melidán de pro. Gracias polos teus comentarios .
E a Vanessa dicirlle que moitas gracias por estes azos, non os merezo e menos últimamente que posteo o xusto. Así é todo é de ben nacido ser agradecido, vouche repostar á reciproca. Énchome de orgullo de terte como veciña e noraboa por ese blog onde se tratan unhos intersantísimos temas, quinzán-calidade, aire fresco para curar o que faga falta,na tua bitácora www.alareiradesantiso.blogspot.com
Veña.