quinta-feira, abril 12, 2007

AXENDA
Este fin de semán vén cargadiño de actividades, ahi vos van algunhas:
Este venres 13 (que medo) como xa é habitual, dupleta de concertos á mesma hora:
No Gatos ZUMBIDO, punk-rock dentro da RedeGalega de Música AoVivo,
Defínense así:Zumbido somos un grupo nado na Coruña en Outubro do 98. Orixinalmente formámonos coma cuarteto, pero co paso do tempo convertémonos nun trío o que provocou tamén unha evolución musical, xa que pasamos do “Grunge-Punk&Roll” inicial a un “Punk experimental” (no que caben HC, Ska, Reggae, Dub instrumental) máis sólido e compacto.
En directo somos un grupo rápido e contundente… enerxía pura, e temos un amplo temario composto por cancións propias (case todas en Galego) anque tamén nos atrevemos con algunha que outra versión de grupos coma Mudhoney e Nirvana…

E no 600 dende Riveira: A COMPAÑÍA DO RUÍDO. + INFO premendo aquí
O sábado no Gatos: Tiro na Testa e Soak. Impresionante.
O sábado 14 de Abril (76 aniversario da II República), II campionato de pesca da Asociación de troiteiros "Río Furelos".
O domingo, 15 de Abril: II Feira do Salón do automóbil. Coches clásicos, maquetismo, e pola tarde volta de novo a Melide o espectacular portugéus , Paulo Martinho, que fará devanadas encima de vehículos de todo tipo incluído un Ferrari. Cantos jolpiños tivo que levar este home para facer o que fai. Esta é a web
Para mostra un botón:

3 comentários:

Anónimo disse...

Vaia putada, vese interesante tanto venres coma sábado, pero non poderei estar en ningún. MEEEEEEEEEEEERDA.

Anónimo disse...

rectificndo nun cmntrio meu anterior xa qe solo tiña infrmcion dun bndo grcias a xavier cbzudo qe acntceu na miña csa unha chrla de amzde e pdindodisclpas os implicdos qe estuveron pescndo bem e qe se aclrara todo pa mais infrmcion ver o prgrma do deza no qe cbzudo espoñera informacion!e polo menos deixrnos aclrdo todo os socios!dunha e outra asociacion xdn polo meu anteriorcmntrio

Anónimo disse...

ok kanetas, aínda que me levou algo de tempo traducir as abreviaturas ,jejeje