quarta-feira, janeiro 17, 2007

OUTROS DEPORTES EN MELIDE

A parte do fútbol en Melide tamén estiveron ou estan (sobre toto o fútbol sala) en boga na sua historia recente.
Empezemos polo fútbol sala. O primeiro equipo federado foi o Centro Cultural de Melide, participou nos últimos anos oitenta (cando o Chastón da Coruña era o mellor equipo de España) na Liga Autonómica daquela. Formaron de esquerda a dereita e de pé: Moncho Puntero (vicepresidente), Suso Aceiteiro (presi), Pedro do Forno (Vocal), Richard e Monchiño (porteiros), Villa, e Ferris (adestrador). Abaixo: José de Mina, Manolito "Quillo" -canta clase mi má-, Alfonso de Mina (Garrincha), Javi Pampín e Nanitas.

Na tempada 93-94 creabase o Melide Fútbol Sala (aínda segue xogando hoxe) que chegou incluso a militar en Primeira Nacional, está era a sua formación daquela: Alfonso de Mina (Garrincha), Gusi, Manolito (é moi recordada unha actuación súa contra o Pozo de
Murcia naqueles grandes torneos do SanRoque onde metera un seño golazo propio de Paulo Roberto, é que o Pozo o mellor equipo dos 90 fixo un ano a sua pretempada en Melide, parando no Carlos96 e indo a correr a praia fluvial de Furelos, non nos damos conta pero é como sen fútbol viñera o Madrid ou o Barça), Koke e Buxi (porteiros), Alfonso e Cacha (adestrador). Abaixo: Arturo (porteiro tamén), Mon, Ramoncito, Tono Segade (Escuadrín,membro da saga dos Segade de Santa María e campión de España de futbol sala con Galica en categoría xuveníl), Litera e Jordi Vidal.


Outro equipo que compartiu espacio e tempo con Melide FS foi o C.C.D Terra de Melide, primeiro Ares e despois Impreta Ayude, que estivo federado arredor dun lustro na Autonómica Norte. Nesta imaxe podemos ver de esquerda a dereita e de pé: Alberto Prado(daquela gran porteiro), Neira, Cebolo, Pin, Miguel Prado (tamén daquela porteiro, despois descubriuse un gran xogado de campo), Baby e Jordi. Abaixo vemos a Javi "Rambito", Militar (adestrador), Rial, Michel e Jose Sueiro e Juan Luis o madrileño.


O Clube Baloncesto "Terra de Melide" participou durante dous anos na Liga Autónomica-Zonal, quedandose a dous puntos do ascenso na sua segunda tempada ó xogarlle en contra o basket-average creo recordar co Noia, foi unha etapa ben bonita que vivin en primeira persoa. Que tempos...
De pé e de esda a dta: Alberto, Gerard, Óscar "Guti", Manito (adestrador), Xurxo Otero, Álex Porto e Riki (jajaja, si oh son eu). Abaixo: Situs, José Núñez, Alberto Jafas (Melindrovic), Jesús Carlos "Lorcas" e Cebolo (tira la bomba), falta na foto entre outros Juan Rosquilla (que agora xoga comigo no Palas) e Rambi que facía as tareas de delegado e que seguramente sacou esta foto.



O Clube Ciclista Melidense naceu no ano 1994 e participou en diversas carreiras e
en diveras cateogrías, entre elas a mítica "Subida ós Lagos de Covadonga".
Nesta foto dos 90 figuran na primeira fila e de esda a dta: Javi Salgado, José Antonio Loureiro, Jesús Sánchez, Juan Núñez, Tomás Porto, Javier Amboage e Jesús López.
Na segunda fila: Óscar Lugris, Marco Lugrís, Eladio Casal, Manuel Gómez (joma), Vicente Ezama, Jorge Rivadulla e Ángel López. Anicados: José Filgueria e Santiago Ezama.


Falta nesta selección de "outros deportes" ó Hockey patíns que en Melide pegou bastante forte nos 90, a ver se consigo unha imaxe que vale mais que mil palabras, eu acordome dun partido fronte ó Dominicos no que Toñito Lirio tivera unha boa actuación, Tomás, Quelalo, Quintás, Rober, Óscar Aceiteiro, Toñito e Diego, Pedro de adestrador e un longo etcetera.

4 comentários:

pepetrola disse...

Bueno, bueno..., vaia personaxes. Tampouco é que conocera a moitos, pero os que conocín ¡Menudas pintas! :D Por exemplo: Ó Sr. Rambito, Ó Madrileño, Cebolo (dalle a todo este tipo), Manolito "Quillo" Ariquitaun!!, e a alghún que outro delincunte máis. :P

Sen embargo, nos articulos do fútebol melidao, xa me costa máis traballo coñecer a alguén. Será porque hoxe en día deben andar todos peinando canas, ups...
Os que coñecín foi gracias ó apodo, que polo que vexo índa conservan hoxe, jejeje...

Ghaiteira disse...

Ostiaa!! Vaia traballiño he Riki!!

A miña noraboa, calquera dos artigos está xenial. Como me gusta a min ler cousas de Melide de fai anos...

rikimelide disse...

Alegrome que vos guste, eu paseino como un anano facendo jeje

Anónimo disse...

Riki encantame o teu Bloque, pero pareceme que tes un pouco descoidado os rapaces de futbol sala de este ano que sen ningun apollo fixerono francamente ben.

Un saudo