quinta-feira, janeiro 04, 2007
Despois duns días sin escribir nada, como diría Boney-M andivemos de Holy-holy days, retomo a actividade blogueira cun pequeno repaso ó que foron estes días.
O pasado venres 22, o día da lotería -ou da salú-, houbo dous concertos en Melide de alcurnia. Por unha banda no 600 actuaban os Guezos de Ourense, unha aposta folk-rock dende terras de Foxo, soaron bastante ben aínda que os teclados a penas se percibían, está todo perdoado xa que o técnico de son que traían era o mesmiño que o de Lamatumbá, :). Destaco da actuación unha versión que fixeron dun tema dos grandes cataláns , Lone Star, unha canción dos setenta que foi número un en España.
O tema chamáse "Mi calle" e eles traducirona como "A rúa". Lóxico.
Tamén saliento a jam-session do final, o público que empezou a chegar pouco a pouco (coma sempre) non quería que se marchasen e aínda botaron ben tempo no escenario, na que lle deron unha voltiña a temas míticos dos "Doors" coma "Raiders on the storm".
Rematados os da terra da chispa dirixímonos o Gatos onde xa comenzará ó gurpo innovador de todo chamado "Son do jalpón" un cuarteto de compostláns de percusión, violín, guitarra e voz que fixeron disfrutar ó persoal cos seus temas e con estrofas improvisadas á calor da xentiña asistente. Funk, rock, rap todo mesturadiño, sen dúbida a esta xente gústalle experimentar.
Ben continuando co resumo destas datas, pois aqui en Melide puxerónche unha pista de xeo, para grandes e pequenos, definíuna ben Emilio "Como na Coruña, carallo¡¡".
Despois chegaría noiteboa e nadal, sen novidade, que recorde.
Os días prevíos ó partido do 28 de decembro, andivemos preparando a historia da selección. Pancartas, avituallamento etc etc.
E o 28 chegou, partimos de Melide pola tarde en dous buses de maneira escalonada, xa que infantes de terna idade tamén acudían. Estes xuntamente co personaje de Eugenio, un home peculiar, marcharon despois e viñéronse antes, lóxico.
No bus de ida espectácular ambiente festivo, coa axuda de Miki na gaita e os irmaus combustibles picato-toquenses, para ir quentándose, non se parou de cantar de Priorada a Alfonso Molina, previa parada en Oza dos Ríos para que os que tiñan problemas coa próstata os solucionaran, non era plan de que morreran reventados.
Bueno chegamos a "la coru" e a montar o chiringuito, como xa é costume, gracias os ferros e táboas da feira que nos deixou Joselín FrutasLugo, alá veña a cargalos e montálos a carón da grada de preferencia na rúa, se non me engano, Manuel Murguía, alí a parte dos que ibamos no bus xuntáronse a nos os que xa estaban na Coruña. En total perto de dous centos de melidaos en pé de guerra dispostos a queimar Riazor emocionalmente co seu apoio a selección galega e o seu carácter festivo.
Entramos para dentro e un de seguridade dime, eu levaba as pancartas, que despregara as pancartas, eu díxenlle que me daba moito choio e que non era plan.
E el respostáme, é para ver si teñen algo ofensivo. Eu díxenlle o que poñía e que como non molestáramos ós de Arzúa, é brincadeira ;), non creo que ofendamos a ningúen. Risas e pa´dentro.
Hai certas cousas que non entendin, ¿que pintaban as majorettes de Valadares tocando "Paquito el Chocolatero"?, ¿algúen sabe a segunda parte do himno galego?, ¿acabaría Rallas de tocar a trompeta infame que tiña?, ¿algúen coñecía a mais de tres xogadores?, ¿o de megafonía non tiña medo a levar unhos paus, despois das que fixo? -trabucarse de idioma bastantes veces e rematando o partido poñendo ráfagas de cancións da Roda, ¿como quedaron?, sí, como quedaron foi unha pregunta que escoitei moito pola nosa zona, sen dúbida a festa a algún non o deixaba ver o espectáculo no terreo de xogo. No eido deportivo Galiza xogou ben pero Ecuador tivo mais oportunidades no primeiro tempo onde un gran Diego López, porteiro suplente no Madrid e natural de Paradela (lugo) -por certo estivo este verán en Melide na Pousada Chiquitín- demostrou a sua calidade.
Na segunda parte adíantase os ecuatorianos cun gol de falta maxistral e Diego Castro empeza a bourar pola banda dereita e nunha desas xogadas balón ó cativo vigúes Johnatan Pereira que en dosu tempos funde o coiro nas maias. Delirio. Ó final houbo unhas xustas táboas. No partido houbo un que outro incidente no que estivemos implicados, trátouse dunha señora que dicía que non podía ver e chamou a seguridade privade do estadio. Ali viñeron e pouco fixeron. Eu coido que o que non deixaba ver "a la señora" era o pucho mexicano que Miguel o de Mina trouxo da súa lúa de mel en Cancún, por certo non lle pasou nada como a peluquera de Arcade, menos mal.
Rematado o partido fúmonos a "furgo cero" que Suso do Mandil nos deixou para ter as viandas ó carón do estadio. Repostos os corpos e as almas. Uns pro Orzán outros ó concerto. A min tocoume concerto por cinco ouros, ós herculinos Meu non os viu, aínda que me dixeron que estiveran ben, cando cheguei bouraban os suecos Backyard Babies, o pouco que vin gústoume. Moita caña escandinava. Daba gusto atoparse naquel recinto mítico que era a Polideportiva de Riazor cuna de antigos éxitos do hoquei patins do Liceo. A historia do Liceo garda un curioso paralelismo coa do Dépor, a ver si non acaba igual.
Bueno ó allo, despois tocaron Siniestro, facendo un concerto moi parecido o que fixeran en Melide este verán. Cumplían 25 anos e un día e celebrarónno con retranca e bo humor, como a vez que lle pediron ó público que lle cantara o "Vigo no".
E despois de volta pra cerne que xa eran horas.
Non me esquezo neste improvisado resumo do triángular que disputou o Cire, o Santiso e o Toques, no feudo deste último.
Bon xogo Cirense no primeiro partido contra o Santiso, con momentos brilantes. O segundo encontro Toques-Santiso, cómodo tamén para o Santiso aínda que os goles viñeron todos en balón parado. E o último e decisivo Cire-Toques, rematou a pre.
Adiantóuse Jechu marabillosamente e daba a sensación de que se o Cire apretaba chegaría o segundo, pero non sei si entre o frío, o árbitro, que se fixo de noite, as mais ganas do Toques, ou o que pasou de verdade, que se botaron atrás.
Fixo que o Toques empatara nun balón colgado a área melidá.
Houbo que ir a penalties para ver quen se levaba o trofeo Xuma, gañou o Toques despois de que errara un dos mellores do Cire, Jechu.
Noraboa ó Toques xusto gañador, asi o celebraron, acordándose da famosa consigna "Sí, sí, sí somos de Millí" e mudandoa por outra que non me acordo, se alguén estaba por alí e a quere reproducir que o faga en comments porfi.
Ánimo e arriba Cire que este domingo temos cita en Órdes para asaltar o cuarto e se os resultados se dan o terceiro posto da liga.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
11 comentários:
Buahh Doutor, tiñasnos aquí sufrindo ó sindrome de abstinencia dos teus posts.
Pero xa vexo que te reservabas ata este artigo tremendo, moi ben detallada toda a actualdade navideña, e eso que a min pouco che me interesa o football jejeje... Aquí fixechesme volver a ver un partido de fútbol como unha festa entre amigos, e non como ó que pra min é na realidade hoxe en día, un negocio moi lucrativo.
Só por eso, GRACIAS.
Agora, con respecto os concertos do 28 de Nadal no Pazo dos Deportes, estou nejro da "mala organização", que ó meu parecer promoveu estos concertos (XUNTA DE GALICIA).
E falaches do Pazo dos Deportes. Eu inda non cho contei, pero este ano estiven probando a ver que tal eran as probas pra entrar na Policia Nacional, e resulta que as preparei a un par de meses do examen (fisico), no Pazo de Riazor. Coincidin con dous mendas de Millí, dos que non vou dar nomes porque igual non queren que se sepa, e mira que chupamos pista no puto circuito de 160 m. (sú p.m.), e logo nos ximnasios dominadas que dios te criou. Pois agora non me acordo que dous días eran, creo que martes e xoves, concidiamos có Liceo Fodafone. E outros días cós de basket e có O´Loureiro F.S.
Teño que decir que ó final non me puden presentar os exames, porque de tanta p... dominada reventei ó musculo dun brazo. jajaja...
Por iso a miña ausenza e tanto tempo sen dar noticias ahi atras. ;D
De todas maneiras que ironía, quen vería a un anarco-bohemio coma min na Nacional. xD
Publicar un comentario en: PPTROLACONEXION "O Novo Guitar Hero (Sobran comentarios)"
2 comentarios -Mostrar entrada original
Ocultar comentarios
rikimelide dijo...
A ver, hai que mándarlle un "post" ou?, dende xuño xa está ben.
Estou ata os guevos de ver ó personaje ese (Steven) cunha sachadora de seis cordas, estamos deseosos de mais....
veña un sáudo dende esta parte do bocélico mundo
15/11/06 11:47 AM
pepetrola dijo...
Andamos neso Riki, tiempo al time, algun dia xa che contarei o porque da miña tan larga espantada, pero iso queda pra mais adiante.Veña dende aki unha aperta dun fiel admirador e devoto seguidor das tuas andanzas.
15/11/06 6:36 PM
Eu sabía que tiña algo olvidao...e perdoa a rayadura Doutor. xD
Ok, José alcarado tudo.
Jajaa, si si quen che vería de madero, pero bueno sigueo intentando e non decaigas, jaja.
Infiltrados de Scorsese jajjaja.
Veña un saúdo e gracias pola fidelidade, castro.
Vémonos meu unha aperta atómica.
Ostia! Distinguinme aí na primeira foto e aínda non sei como... Por certo, hai que ser listas coma o fomos Lucía máis eu, fomos tomar un café antes dos concertos e cando ibamos, as taquillas xa estaban cerradas así que entramos polo morro, nin 5€ nin nada só un "dejadme ver que llevais en el bolso" do segurata.
Outra cousa... Eu quería algunha foto dese día... (silbando..)
E eu non puiden ir a ver ese partidazo. Mecagonacona.... pero bueno esperaremos a que veñan xogar contra o Cire no campo novo, je je que por certo xa esta apuntiño, queda menos.
E a frase que se escoitou en toques na fria noite do 30 era: "Si, si, si, Toques non é Milli", un saudo e vemonos o domingo en Ordes
boas!!o do penalty haber se llo pago no partido de volta porque a verdade é que ia un pouco mal tirado que se non están os vestiarios o balón ia parar o cruce de melide,jeje!!eña haber se co ordes hai mais acerto,jeje!!son Jechu!!
Tranquilos socios os penaltis ensinareivos a tiralos eu.
Saúdos victor, non estaría mal esa comarca, jaja. O Castro de Lobos non che ten mal equipo... o tute. Porque as noites de inverno no bocelo sonche ben longas seguro.
Non sei o motivo da vosa non inclusión no torneo, pero despois de dez anos de historia ininterrumpida do CASX pois o torno estaba algo coxo.
Sorte no próximo derby e non se mancar meu. Unha aperta.
RICKY RICKY QUEDaronche cousas ben importntews por decir ,,,, como os goles MARCdos por bareto e carril.... por certo uns golazos,! eche ben certo que toques non e milli-! arriba toques e o toques!
saude
Querido usuario anónimo: tes razón en que me quedaron cousas ben importantes por dicir, voulle botar a culpa ás presas con que escribin o artiuclo, mais que nada porque asi foi.
Dos goles de Bareto e Carril, decirche que contra o Santiso non estaba moi atento xa que estaba falando con Fran, o irmau de Santi-Tucho no bar, e do gol de Bareto de cabeza contra o Cire, non me enterei moito porque non se via un carallo. Vinte días despois suscribo as miñas verbas :"Noraboa ó Toques xusto gañador", felicidades pola copa Xuma, sorte na liga (agás contra o Cire) e "Si, si , si Toques non é Millí", tes razón no que dis Toques é un concello independente o de Melide, dende xa fai moitos anos, pero eu pregunto que seria Toques sen Melide e que sería Melide sen Toques, non o poño a mala fé, senón todo o contrario. Toques sin Melide e Melide sen Toques non se entedería porque somos complementarios. Precisamonos e entendemonos. Eso sí sen un pouco de picante, sen un pouco de rivalidade futbolística (xa que este ano tedes equipo de fútbol, antes tivestes o de futbol sala que incluso xogou en Autonomica) esta vida sería un pouquechiño aburrida, non cres?.
Perdón por esquecerme desos detalles pero e que non dou estado a todo.
Un abrazo dende a Muruxosa ata Prados, de Manjueiro a Ponte Queimada e de Vilouriz a Ordes.
Enviar um comentário