sexta-feira, junho 27, 2008


O 34 % de vos estabades no certo a Selección está na final, o 17 % pensa que os rusos son moi falsos, ó 21 % nin lles ía nin lles viña, outro 17 % dicía que Arshavin ía facer unha estrageira, e o 8 % quería ensaladilla na montaña (rusa claro).
A ver se o domingo a Ballack lle sigue perseguindo a maldición das finais.
CONCERTOS NO GATOS
Dinos Nani na web do Gatos
Venres 27: Recibimos de novo a un grupo do nos veciño e querido Portugal, dende Oporto e por mediación de Audienzia Zero- Eixo Norte, chega o rocanrol de ALISON BENTLEY, que virán demostrar a forza do rock da outra beira do Miño. Entrada gratuíta e por suposto á hora de costume: 1 da noite.

Sábado 28: Para despedir este festeiro mes e concentrarnos xa nas romerías do vindeiro darémoslle caña ó corpo ca festa balcánico-celta-xamaicana de TANGHANA SHOW chegados dende a zona de Vigo que demostrarán que o que remato de contar de caña ó corpo non é ningunha coña. Entrada de balde e á uinha da noite.
Myspace de Tanghana Show

quinta-feira, junho 26, 2008



Parecidos razoables
Non foi sen tempo, pero hoxe acordeime de poñelo, non cabe dúbida de que Andy e Lucas viven en Melide aínda que se fagan chamar Juan de Orois e Victor das Barreiras.

segunda-feira, junho 23, 2008

23 de xuño, noite meiga, noite de San Xoán, a sardiña unta o pan, noite meiga, pistoletazo de saída do veran 2008. A pasalo o mellor que se poida¡¡¡ e cuidado co lume¡
Algún día tiña que ser, e foi onte. A Selección de fútbol ,cun Iker Casillas incomensurable, gañoulle a Italia pero sobre todo gañoulle á Historia (futbolística xa que no resto dos deportes de equipo onde vai que somos mais competitivos). Non foi sin tempo. Venceronse as vellas pantasmas que sempre aparecian a altura de cuartos de final. Segundo votastedes na enquisa este ano había mais confianza que en outras ocasións, agás claro está, eses que tiñan que ensilar que desexaban mais que o tempo os respetase para cumplir coas labouras típicas deste tempo.
A "nosa" Portugal non poido acceder as semis ó caer diante dunha Alemania que son os de sempre. Pediume Josu_castelo que recordase neste recuncho que foi Gary Lineker e non "outros" quen dixo a famosa frase :"O fútbol é un deporte de once contra once onde sempre gañan os alemáns", ahí queda e canta razón tiña o bon do inglés.
Turquía, Alemania, Rusia e España. A ver que pasa, boa Eurocopa este ano, si señor.
Pd: Podemos = Yes, we can, que coincidencia.
PD 2: Despois non queremos que nos chamen país de pandereta, sangría, sol y toros.

quinta-feira, junho 19, 2008


...ESTO ME SUENA...
Esta historia xa está moi vista, Italia pasa a trompicóns e con moita sorte a primeira ronda e despois firma un gran campionato e incluso gaña a competición.
Que opinades vos cambiará a dinámica este domingo, ou non?
Cecais sodes partidarios de apuntarse, para nos non é tanta novidade, ó apoio que fai o Intermedio de Wyoming a selección de Portugal.

terça-feira, junho 17, 2008

COMO O GUADIANA, APAREZO E DESAPAREZO
Bueno, canta "pacencia" tedes, unha semaniña sen escribir nada e aínda vos achegades por este recuncho para ver si actulizo dunha vez ou que carallo pasa, pois como estades lendo xa estamos aquí de novo.
Primeiro de todo o Concello de Melide xa ten nova web, totalmente actualizada con novas, avisos, convocatorias, en fin todo o que se espera dunha páxina deste tipo.
concellodemelide.org é o novo nome da web.
Segundo. Xa sabemos algunha das actuacións para este verán en Melide, Lamatumbá vai estar en Xullo no VaideCamiño, Marcos Teira taména andará por ese mes pola praza do convento, e tamén nos enteramos de quen vai pechar as Festas do SanRoque 2008, o ex-pirata Iván Ferreiro.
Outro Ferreiro, o noso gran piloto, participou no II Rallye show Cidade de Vigo deixando coma sempre o pavillón moi alto.

E seguindo no plano deportivo o Cire quedou fora na copa perante o equipo de preferente, Vizoño S.D, nun gran partido dos de Melide pese a derrota que puxo fin a unha gran campaña que quedara para a lembranza do fútbol melidán.
Os veteranos quedámonos a un punto das posicións do ascenso pero aínda non está todo dito porque cecais suban mais dos previstos.
O Atlético xuvenil subiu a liga galega na repesca despois de remontarlle un 2-1 ó Brexo-Lema, coincidirán para o ano con outro equipo da Cerne que subiu este ano, o Monterroso. Noraboa.
O Melide FS confirmou a permanencia na liga autonómica nun partido épico onde loitaron a parte de contra o Riveira, contra a propia Federación que lles mandou celebrar o partido despois de que non se presentaran os do Barbanza cando tiñan que facelo.
E fai dous domingos foi o Día do Deporte en toda Galicia, en Melide celebrouse na pista do mulitusos e nos cantóns, deixovos unhas imaxes do gran Alberto Neira (xogador dos veteranos do Cire e directivo do Melide Fútbol Sala) subindo polo rocódromo de Ferventía, o mais difícil non foi que subira senón que puxera o casco. ;), veña.


Tamén se disputou este fin de semana en Arzúa, un torneo de Fútbol 7 organizado polo CSD Arzúa, fixemos un equipo de última hora e pese a acudir sen porteiro chegamos a final. Non se poido gañar, se cadra polo cansacio e por algunha que outra decisión arbitral, pero foi moi bonito, sobre todo o partido de semifinais onde Fernando Carreira se volveu a convertir no "Gato de Orois" e parouno todo incluído dous penaltis os homes da escadra arzuá do Ameixa. O equipo chamóuse Melide, e estaba composto por xogadores do Cire e do Palas: Fernando, Luis Eugenio, Mateo, Paquiño, Chorén, Horacio, Quintela, Koeman, Ivo...fixeron un gran papel no campo do Viso. Parabens a eles e o CSD Arzúa por este tipo de iniciativas¡¡¡

sexta-feira, junho 06, 2008


AXENDA FINDE
O próximo día 8 de xuño celebrarase en Galicia a Festa do Deporte, actividade que ten como obxecto levar o deporte á rúa, aos parques, aos xardíns... que o deporte "tome" as nosas cidades, vilas e pobos durante unhas horas (10 a 14 horas) para reivindicar a importancia da práctica deportiva na vida das e dos nosos cidadáns.En Melide, será a partir das 11 horas no Edificio Multiusos, onde se desenvolverán actividades de predeporte fútbol e baloncesto 3x3, tenis-, circuítos de bicicleta, e unha sesión de batuka que a Concellería de Deportes está ultimando para incluír no programa. Tamén se organizará un circuíto de xogos populares e tradicionais, cos que se quere animar á participación a todos os segmentos de idade.A partir das 17 horas, as actividades trasladaranse ao céntrico Cantón de San Roque, que acollerá xogos tradicionais e xogos de mesa nos que o que se procura é a convivencia a través do deporte, no canto da competitividade.
+ Deporte: Melide FS Jim Sports ten que xogar este sábado, por obrigación da Federación, o partido que se lle dera por gañado, por incomparencia, contra o Riveira.
Ás oito da tarde no Pavillón da Martagona todos a animar o Melide FS para corroborar a permanencia fronte os do Barbanza.
CONCERTOS
Hoxe venres, na sala 600 monólogo, ás 12.30, a cargo de Sebas Méndez (ex-compoñente de Ruxe-Ruxe). O título da peza é "Joselito, Ángel Cristo e Maradona son la misma persona"
Hoxe tamén, no histórico Pub Gatos, actuación doutros históricos (do rock en galego, e de actuar no Gatos) os sempre contundentes e cumplidores ZëNZAR, dende Cerceda, Bocixa, Tabeallo, Mario Grela e Paco Cerdeira entre outros.
Puro rockandroll, cita ineludible para os amantes deste xénero.
E mañán, no Gatos, mais concertos (tamén de históricos), TONHITO DE POI E RASA LOBA visitan por primeira vez o templo do rock da cerne de Galicia, un concerto tamén moi prometedor.

quarta-feira, junho 04, 2008

FERREIROOOOOOOOO


O de este home é moito, non para e ten corda para rato, a pesar dos desprezos que sofre por parte dos "altomandos" do automovilismo, que entre outras couaas aínda non lle entregaron o Trofeo por ser o campión nacional de rallyes, na modalidade de vehíuclos históricos, na pasada tempada.
Pois no mellor rally de España, o Rías Baixas, Ferreiro voltou demostrar porque é o piloto mais querido da afección, grande SUSO¡¡¡¡


Cóntocho.eu
Será o vindeiro sábado 5 de xullo no Pino. Este ano han estar Cándido Pazó, Paula Carballeira, Quico Cadaval, Xurxo Souto, Espido e Róber Bodegas, entre outros.
Recollo esta nova de Vieiros, ten boa pinta este envento que se celebrará no Pino:

O ano pasado veu a primeira, e este tócalle á segunda Festa da Narración que chegará a Arca, vila do Concello do Pino o vindeiro sábado 5 de xullo.

Alí hanse xuntar, durante todo o día, xente de todo o país a contar os seus "sucedidos", narración orais curtas que cada quen conta e re-conta ao seu xeito porque, como din os organizadores (o Colectivo Tatalo e a Nova Escola Galega) as historias son irrepetíbeis, irrecuperábeis tal como saíron do maxín e dos beizos de quen a contou, e, inevitabelmente, mudan cando se re-contan: "por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, coma o río aquel".

Desta volta organizaron unha Xornada de Oralidade para os educadores, cuxo prazo de inscrición xa está aberto. Nesta actividade de formación ha colaborar xente coma Antón Cortizas e Montserrat Rivero (do grupo Leilía). Tamén haberá conferencias, impartidas pola narradora, actriz e escritora Paula Carballeira e o escritor Bieito Iglesias.

Máis tarde chegarán os contacontos, nos que intervirán Quico Cadaval, Xurxo Souto, Cándido Pazó e Paula Carballeira, e, a seguir, Espido (Guadi Galego e Guillerme Fernández) ofrecerá un concerto ao vivo. Ao mesmo tempo, están organizadas sesións de contacontos nos bares de Arca, nas que participan as persoas inscritas e que estarán presentadas por Róber Bodegas, Celso F. Sanmartín, Eva Varela e Carlos Santiago. A festa terminará coa actuación do grupo de gaitas Tombalobos.

Pódese consultar toda a información e inscribirse para a grande festa dos contos na web

Contocho eu

terça-feira, junho 03, 2008


OS REIS DE COPAS
O Cire está empeñado en redondear aínda mais, se cabe, esta tempada 2007-2008 e antonte eliminou a todo un Olímpico de Rutis, un club con moito pedegree nas zonas das Mariñas, nun gran partido de todo o conxunto, con grandes destellos de calidade, por exemplo de Miki, Jechu e Perilla.
E o sorteo celebrado onte na Federación deparou que nos tocara o actual campión desta Copa da Coruña, o Vizoño de Preferente, un gran equipo pertencente o Concello de Abegondo e cun gran palmarés no seu haber.
Non vai ser fácil derrotalos pero a ser a partido único e en Melide (este domingo 8 de xuño ás seis) todo pode acontecer. A ver se temos sorte e coa axuda inestimable da nosa gran afección podemos plantarnos en Semifinais do torneo do K,O.
Noraboa rapaces por esta nova machada, sodes o máximo¡¡¡
PD: A foto é do plantel do noso rival, o Vizoño.