sexta-feira, junho 06, 2008


AXENDA FINDE
O próximo día 8 de xuño celebrarase en Galicia a Festa do Deporte, actividade que ten como obxecto levar o deporte á rúa, aos parques, aos xardíns... que o deporte "tome" as nosas cidades, vilas e pobos durante unhas horas (10 a 14 horas) para reivindicar a importancia da práctica deportiva na vida das e dos nosos cidadáns.En Melide, será a partir das 11 horas no Edificio Multiusos, onde se desenvolverán actividades de predeporte fútbol e baloncesto 3x3, tenis-, circuítos de bicicleta, e unha sesión de batuka que a Concellería de Deportes está ultimando para incluír no programa. Tamén se organizará un circuíto de xogos populares e tradicionais, cos que se quere animar á participación a todos os segmentos de idade.A partir das 17 horas, as actividades trasladaranse ao céntrico Cantón de San Roque, que acollerá xogos tradicionais e xogos de mesa nos que o que se procura é a convivencia a través do deporte, no canto da competitividade.
+ Deporte: Melide FS Jim Sports ten que xogar este sábado, por obrigación da Federación, o partido que se lle dera por gañado, por incomparencia, contra o Riveira.
Ás oito da tarde no Pavillón da Martagona todos a animar o Melide FS para corroborar a permanencia fronte os do Barbanza.
CONCERTOS
Hoxe venres, na sala 600 monólogo, ás 12.30, a cargo de Sebas Méndez (ex-compoñente de Ruxe-Ruxe). O título da peza é "Joselito, Ángel Cristo e Maradona son la misma persona"
Hoxe tamén, no histórico Pub Gatos, actuación doutros históricos (do rock en galego, e de actuar no Gatos) os sempre contundentes e cumplidores ZëNZAR, dende Cerceda, Bocixa, Tabeallo, Mario Grela e Paco Cerdeira entre outros.
Puro rockandroll, cita ineludible para os amantes deste xénero.
E mañán, no Gatos, mais concertos (tamén de históricos), TONHITO DE POI E RASA LOBA visitan por primeira vez o templo do rock da cerne de Galicia, un concerto tamén moi prometedor.

1 comentário:

Anónimo disse...

Finde axetreado en Melide,coma todos.

Paso por aquí pa dar aviso de que volvo a ter un blog :P