sexta-feira, junho 05, 2009

WILD MUSICAL FRYDAY, AGAIN.Como cada venres a oferta de música de calidade ao vivo en Melide insuprable.
Hoxe na Fundación ás 11.00 h. Iván García Flamenco Trío, co melidense Nino Costoya ao caixón.
Ás 12.30 h. na Sala 600, concerto do contrastado e eclético vigués Juan Rivas.
Á 1.00 h. da noite no Pub Gatos, chega MICROGUAGUA: grupo radicado en Barcelona e formado por xente procedente de Italia, Arxentina e Cabo Verde, participaron no disco "Mariatchi Boggie" editado por Manu Chao.
Alguén da mais?

quinta-feira, junho 04, 2009


AMIGOS DO CABALO
Dende fai anos Melide é unha potencia no mundo da hípica. No Campionato Galego de Andadura en dous tempos, Juan Rial atesora varios títulos montando á sempre querida e recordada Rula. -lembramos tamén que por aquel tempo Xabi Gómez tamén se proclamou varios anos campión na modalidade de catro tempos co cabalo "Pombo" -
O Chicho do Violo tamén gañou varias probas con diversos équidos (non fai moito Paco foi campión co burro "Ferrari" na 57 edición da carreira de burros de Escairón) segundo nos contou no blogomillo
Xurxo.
Agora seu irmán Marcus faise eco no seu estupendo blog da nova que aparecía fai pouco na contraportada da Voz de Galicia, trátase da irrupción nas grandes carreiras hípicas da Zarzuela dun cabalo chamado Melide, a explicación a este fenómeno reside en que un criador de Chantada (Manuel Pereira) que bautiza ós seus pura sangues con nomes de localidades que "despiertan su interés por proximidad o por apego personal".
Marcus tamén achou na rede o video no que se pode ver a Melide gañando a carreira de 1.200 en liña recta. Non ten desperdicio, somos bastatnes frikis pero recoñecédeme que mola moito que na 2 de Televsión Española digan o seguinte: "...va ganar Melide fácil, va ganar Melide, Ganó Melide, victoria limpia de Melide¡¡¡¡ ", aquí tedes o video:


GO LAKERS ¡¡¡
Hoxe de madrugada (ás 3) empezan a The Final, da Nba, a ver si a segunda vai a vencida e Pau consigue o anillo, sería o primeiro para el, o cuarto para Kobe Bryant e o decimo terceiro para Phil Jackson (2 como xogador e 9 como adestrador), só Silvela ten mais anillos que o Mestre Zen, tremendo.
A ver se Gasol e Bynum son a criptonita para parar os Orlando Magic de Superman Howard, un homiño enclenque de todo, e compañía.
Os da terra de DisneyWorld veñen de gañarlle os campións do ano pasado, Celtics, e a un dos favoritos, os Cavaliers de LeBron, a ver que pasa.

quarta-feira, junho 03, 2009

ATA LOJO AMIJOS, PARTIU
A chegada o pasado luns da nova directora de programas da Radio Galega supuxo o cese do director de programas e conductor do "Aberto por Reformas" e "1000 Ribeiras", Xurxo Souto.
Ata aquí nada novo baixo sol, é unha cousa triste pero cuase que agardada, cabe lembrar que cando se entra nun cargo dese tipo por decisión política soese saír polo mesmo.
Pero o que verdadeiramente triste, ollo para min, é que o programa continua co mesmo nome, coas mesmas cuñas, no mesmo horario, con outro comunicador,e aquí é onde vén o paradoxo, con música totalmente distinta, coido que deberían ter mais dignidade e cambiarlle o nome o espazo.
Unha oferta dunha hora diaria, de luns a venres, de música galega de tódolos estilos estaba bastante ben e a radio pública era unha boa plataforma para que os de Melide souberamos que grupos musicais hai, por exemplo en Xinzo da Limia e viceversa, era un bo escaparate "da selva diversa da música galega".
Non lle hai que facer, o tema rematou pero quédannos as lembranzas, pola parte que nos toca, cabe destacar que a parte de grupos tamén se acordaron dos "mecenas do diectto" xa que adicaron un programa a entrevistar a Nani para que falara do X aniversario do Pub Gatos e dos seus concertos , tamén levaron o programa a ITH, o grupo de Toxo and company e ó extinto grupo punk melidán Porka Miseria.
Quédome coa frase do novo conductor do programa: "...a nosa aproximación a música é subxectiva..." podemos estar de acordo pero aínda que é aglo de perogrullo, é a Radio...Galega.
Remato coa opinión do grupo, Fanny & Alexander en Vieros.com : "...estase conculcando o artigo 19 da Lei 9/1984 da CRTVG onde se di a programación debe estar inspirada pola promoción e difusión da cultura e lingua galega..." fica claro. 3, 2, 1 ..... .