quarta-feira, junho 03, 2009

ATA LOJO AMIJOS, PARTIU
A chegada o pasado luns da nova directora de programas da Radio Galega supuxo o cese do director de programas e conductor do "Aberto por Reformas" e "1000 Ribeiras", Xurxo Souto.
Ata aquí nada novo baixo sol, é unha cousa triste pero cuase que agardada, cabe lembrar que cando se entra nun cargo dese tipo por decisión política soese saír polo mesmo.
Pero o que verdadeiramente triste, ollo para min, é que o programa continua co mesmo nome, coas mesmas cuñas, no mesmo horario, con outro comunicador,e aquí é onde vén o paradoxo, con música totalmente distinta, coido que deberían ter mais dignidade e cambiarlle o nome o espazo.
Unha oferta dunha hora diaria, de luns a venres, de música galega de tódolos estilos estaba bastante ben e a radio pública era unha boa plataforma para que os de Melide souberamos que grupos musicais hai, por exemplo en Xinzo da Limia e viceversa, era un bo escaparate "da selva diversa da música galega".
Non lle hai que facer, o tema rematou pero quédannos as lembranzas, pola parte que nos toca, cabe destacar que a parte de grupos tamén se acordaron dos "mecenas do diectto" xa que adicaron un programa a entrevistar a Nani para que falara do X aniversario do Pub Gatos e dos seus concertos , tamén levaron o programa a ITH, o grupo de Toxo and company e ó extinto grupo punk melidán Porka Miseria.
Quédome coa frase do novo conductor do programa: "...a nosa aproximación a música é subxectiva..." podemos estar de acordo pero aínda que é aglo de perogrullo, é a Radio...Galega.
Remato coa opinión do grupo, Fanny & Alexander en Vieros.com : "...estase conculcando o artigo 19 da Lei 9/1984 da CRTVG onde se di a programación debe estar inspirada pola promoción e difusión da cultura e lingua galega..." fica claro. 3, 2, 1 ..... .

Sem comentários: