segunda-feira, outubro 27, 2008



Os asiduos do blog seguro que vos lembrades que Félix, o mais branco da foto da esquerda e autor da bitácora do blogomillo melidense Liadia, andivo por terras tailandesas colaborando cunha ONG.
Despois do seu traballo como voluntario no interior do país, Fiz tamén pasou pola cidade de Bangkok.
Hoxe póñovos en primicia unha foto que me mandou dun cartel situado no Patpong o mercado nocturno da capital asiática.
Non é unha fotomontaxe, fixádevos nos carteis do redor. Mi má, vaia franquicias que teño polo mundo. Obrigado Fiz¡¡¡
Pd: se queres rememorar ou descubrir as crónicas de Fiz dende Tailandia, picade neste enlace

quarta-feira, outubro 22, 2008


CONGRESO INTERNACIONAL EN MELIDE
Xa fai uns meses que vedes no recuncho dereito deste blog, unha árbore, e unhas siglas A.G.I.R, pois ben son as siglas da Asociacióm para a Imvestigación e Desenvolvmento Sociocultural da que forma parte o antropólogo melidán Santiago Prado, Chago de Chiquitín.
Pois ben esta asociación vai desenvolver o seu sexto congreso internacional en Melide, impresionante.
Tedes mais información na seguinte nota de prensa e recordade que todas as actividades son de balde e abertas ó público.
Melide converterase entre o xoves e o sábado na sede dun foro internacional de discusión e de posta en común dos temas de maior calado a nivel sociocultural. A asociación portuguesa AGIR –Asociación para a Investigación e Desenvolvemento Sociocultural- organiza nesta vila o seu VI Congreso Internacional, que por segunda vez sae das fronteiras portuguesas, logo de terse celebrado nunha ocasión en México.
Dende este xoves, arredor duns cincuenta nomes de referencia do ámbito sociocultural analizarán en Melide a situación das políticas de desenvolvemento, a globalización, a identidade, o patrimonio, a construción do sistema de sexo/xénero, ... entre outros moitos temas. O antropólogo melidense Santiago Prado Conde – Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais 2007- destacaba hoxe en rolda de prensa que “este congreso será un escaparate para Melide, unha mostra do seu dinamismo e das ganas de sacar adiante a identidade galega dende unha vila rural do interior”. Neste sentido, a rexedora melidense, Socorro Cea, amosouse “moi satisfeita e agradecida porque a asociación AGIR teña escollido a nosa vila para a organización deste VI Congreso”, no marco do cal se celebrará tamén o II Encontro de Antropoloxía do Norte de Portugal e da Galiza.
O VI Congreso Internacional de Investigación desenvolverase simultaneamente en dous espazos do Edificio Multiusos de Melide: na sala de conferencias e no novo telecentro, onde se proxectarán as comunicacións audiovisuais que achegarán ao congreso os especialistas e técnicos que teñen confirmada a súa asistencia. Entre eles estará Álvaro Campello, activista do movemento pedagóxico Ponte nas Ondas; Edelmiro López Iglesias, director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e ademais recoñecido economista no campo do desenvolvemento; ou o brasileiro Fernando José Martíns, do movemento dos sen terra.
Mais a fin de aproveitar e coñecer tamén o marco de desenvolvemento do Congreso, a organización contempla para eses días a visita ao Museo da Terra de Melide, e á Casa do Queixo en Grixalba (Sobrado). O peche do congreso será musical, grazas ás actuacións dos melidenses Tromentelos Chis Pum e do músico portugués Franklin Pereira, o venres na Sala 600.A celebración do Congreso en Melide non sería posible sen o financiamento da Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral e Creación e Difusión Cultural.
Máis información sobre o contido e desenvolvemento do congreso na
web de AGIR.

Foto de Chago tirada de Tierras de Santiago, onde tamén lle fixero unha entrevista que podes ver picando aquí

quinta-feira, outubro 16, 2008

GADIS 2.0
Despois de que o primeiro anuncio, "Vivamos como galegos" fora un grande suceso, tanto na tele como no Youtube, a pesar de acusacións de plaxio, a compañía de Tojeiro volta á carga :

RÁPIDO-CORUXO
Falábase nos comentarios nunha das entradas deste blog da rivalidade futbolística, esta nova que publica hoxe o xornal cibernético Vieiros vén un pouco a colación, agardemos que estes episodios indefinibles e extranos, dentro da rivalidade ben entendida, non cheguen por estes lares.
E é que o Rápido de Bouzas denunciou ó Coruxo á Federación Galega de Fútbol por insultos ó presidente no foro da páxina do Rápido e por unha montaxe do escudo dos de Bouzas ardendo.
+ info picando
aquí

quarta-feira, outubro 15, 2008


Vota Marta
Boas a tod@s, hoxe fálovos dunha xornalista melidá que esta triunfando por terras madrileñas, chámase Marta Landín, e despois de ser a imaxe da TVG en Madrid e de pasar polos informativos de Telemadrid, hoxendía presenta un dos espazos mais senlleiros e con mais audiencia dos programas das canles autonómicas: "Madrid directo".
Dende aquí anímote a que a votes neste ranking: Presentadores de telediario mas atractivas, onde ocupa un meritorio decimocuarto posto (14ª de 40).
Pica neste enlace.
Melide Calidade¡¡¡
Pd: saúdos a Pablo, ;).

sexta-feira, outubro 10, 2008

Partidos do Cire para esta fin de semana:
Cire Veteranos-Compostela Veteranos. Sábado ás 7.30 da tarde en Melide.
Portazgo-Cire Seniors. Domingo ás 16.30 da tarde en Portazgo - A Coruña -.
Amistoso - Hoxe venres, Cire Xuvenil - Curtis.

quarta-feira, outubro 01, 2008

OS GASES NOBLES E EMILIO
O domingo 21 de setembro, no Demo da Mota, grande festa entre Arzúa e Boimorto, Emilio "O Almudeno Cid de Priorada" fixo as súas primeiras declaracións, axudado polo helio, despois do éxito obtido co video das Olimpíadas.

Emilio Non Stop¡¡¡