sexta-feira, abril 25, 2008


Mañán sábado ás 17.00 h. no campo do San Estevo de Abellá (Frades) o Cire de Melide ten unha cita coa historia. Penúltimo partido de liga e aventaxa nun punto á Ponte Carreira que xoga na súa casa contra o Vizoño-B, de gañar o Cire e perder a Ponte, o Cire sería campión e subiría automáticamente. Hai que apoiar o equipo nesta gran cita e lévalo en volandas para que logre o triunfo en terras de Frades. Si, si, si somos de Millí¡¡¡¡¡, xuntos podemos, FORZA CIRE¡¡¡¡
PD: Non faltedes.

quarta-feira, abril 23, 2008


FOLIADA DE MELIDE¡¡¡
Xa está ahí a porta a IV Foliada de Melide (como pasa o tempo chacho) cun variado e extenso programa de actividades. Será este domingo 27 no Pazo de Congresos e Exposicións.
Artesanía, mostras, exposicións, seminario de palletas, títeres, banda de gaitas e baile, obradoiro tradicional (A Forxa), xantar popular, contacontos, actuación de TINO BAZ (cantor e poeta de A Guarda), Marcha Gaiteira polo pobo con nove agrupacions de gaitas do centro de Galicia, serán aberto, actuación de PABLO SEOANE GRUPO (folk-tradicional), queimada gratuíta etc etc
Parabéns os organizadores, O Castelo, porque cada ano saénse mais do mapa.
Para ver en profundidade o programa podedes entrar na páxina oficial: picando aquí

Xa está actualizado o blog de prensa do Cire

II FESTA DA HOSTALERÍA
O vindeiro Xoves 24 de Abril á II FESTA DA HOSTALERÍA, organizada pola recén creada Asociación de Hostalería "Cerne" de Melide, no que pode decirse que será o seu acto de presentación.

A Asociación nace ca idea de defender os intereses da hostalería da comarca e de sumar esforzos cara obxetivos comúns. Terá ámbito autonómico pola proximidade de Melide ás provincias de Lugo e de Pontevedra co cal intentamos mostrar a apertura da mesma a outros Concellos.

Coa festa, tal como aconteceu na edición do ano pasado, tentaren que todos os locais de hostalería de Melide pechen as súas portas a partires das oito da tarde e así disfrutar dun día de descanso todos xuntos.

Lograrano xuntándose todos no "Pazo de Congresos i Exposicións", (antigo recinto feiral) e disfrutar dunha cea (pulpo, carne ó caldeiro, postres, viño, refrescos, café e chupitos..todo a reventar) a que calquera, hostaleiro ou non, pode asisitir previo pago de 18 €.

De seguido gozaran todos os presentes ca actuación de dúas das máis importantes orquestras da inagotable canteira galega: PARIS DE NOIA e OLYMPUS, que nos levarán en volandas (espero que caiga algún que outro rocanrol) ata ben entrada a madrugada.
Palabras de Nani

terça-feira, abril 22, 2008


XUNTANZA DE "BLOGUEIROS" EN AGOLADA
Co seguinte extenso programa de actividades:
11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas BICO DA BALOUTA e da CHARANGA INFANTIL DA BANDA.
12:00 NOS PENDELLOS:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.
17:30 Desprazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: MARUXA de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por PABLO VÁZQUEZ, director da Coral Polifónica de Agolada.
A ZANFONISTA (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
ALMUDENA VIDAL (Guitarra) e BLANCA BELLO (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)
Por último, as despedidas e deica o que cada un estime conveniente.


Haberá que ir ata a vila veciña dos Pendellos, unha vila moi activa culturalmente falando.
Ligazón oficial: Blog-xuntanza.blogspot.com

Xa anda na rede a páxina do programa de Suso, balasperdidas008.blogspot.com

Noraboa a Miguel de Mina e a Mariví por traer ó mundo a outro galeguiño. Felicidades parella¡¡¡
PD: non tiña unha foto dos dous, nin dos tres, e esta era na que mellor saías jajja

segunda-feira, abril 21, 2008


Xa voltamos a andar por estes lares que estaban un pouquechiño, mais ben bastante, ab
andoados, a razón, entre outras, é a falta de tempo, xa que polas tardes ándovos en Radio Melide, no 107.1 Fm couducindo (sen carné) o programa das tardes:

quarta-feira, abril 02, 2008


Duas novas ligazóns moi literarias:
O blog da Biblioteca do IES Melide e o blog de Xosi , non teñen ningún tipo de desperdicio.

terça-feira, abril 01, 2008


Éxitos deportivos na fin de semana.
Pois eso, o Cire gañou en Pontecarreira e está a un punto do ascenso directo e Ferreiro gañou a primeira proba do Campionato de España de Rallyes en Alacante.
+ info da victoria do Cire, no blog Prensa Cire.

Nota de prensa do MelideMotorSport:
Ferreiro e Roberto Lorenzo, que a pesar dos problemas coa ponte traseira do Ford Escort MKII, lograban a vitoria nas estradas da provincia de Alicante.
Co primeiro tramo neutralizado dos dez previstos, Ferreiro vencía nos tres seguintes e se colocaba líder con 41 segundos de vantaxe sobre Antonio Sainz. Pero as dúas últimas especiais da mañá ían resultar preocupantes para o piloto patrocinado pola Deputación de A Coruña e Turgalicia, xa que empezamos a notar como o Ford se movía moito de atrás, así que despois de revisalo na asistencia comprobamos que a ponte traseira estaba roto.
Esa incidencia provocaba que non puidesen gañar o quinto e o sexto tramo, pero aínda así chegaba a mediodía cunha cómoda renda sobre Antonio Sainz-Javier Cattaneo. De tódolos xeitos Ferreiro estaba preocupado, pois en cada asistencia os mecánicos tiñan que aplicar diversos puntos de soldadura sobre o eixe traseiro para que non rompese.
Unha vez finalizado o rallye, Jesús Ferreiro comentaba que lle tiñan moito respecto ao último tramo de 52 km, xa que era extremadamente duro para as condicións nas que estaba o noso Ford Escort. Pero por sorte o coche aguantou e mesmo marcamos o mellor tempo na categoría de Históricos.
A próxima proba do Nacional que disputarán Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo será a Rallye Cantabria-Infinita, que se celebrará o 17 de maio.

CLASIFICACIÓN TROFEO DE HISTÓRICOS 18º RALLYE LA VILA JOIOSA

1º Jesús Ferreiro/Roberto Lorenzo (Ford Escort MKII), 2:22:41.3.
2º Antonio Sainz/Javier Martínez (Ford Escort MKII), 2:25:03.2.
3º Fernando Dameto/Angela Dameto (Ford Escort), 2.34.02.8.
4º Tomas Jordá/Raúl Pérez (Seat 124 2000), 3:12:55.1.

Ah, informarvos tamén de que hai unha nova bitácora no blogomillo melidán trátase de Xosi e a dirección para entrar no seu fantástico espazo é : xosimelide.nireblog.com