terça-feira, abril 01, 2008


Éxitos deportivos na fin de semana.
Pois eso, o Cire gañou en Pontecarreira e está a un punto do ascenso directo e Ferreiro gañou a primeira proba do Campionato de España de Rallyes en Alacante.
+ info da victoria do Cire, no blog Prensa Cire.

Nota de prensa do MelideMotorSport:
Ferreiro e Roberto Lorenzo, que a pesar dos problemas coa ponte traseira do Ford Escort MKII, lograban a vitoria nas estradas da provincia de Alicante.
Co primeiro tramo neutralizado dos dez previstos, Ferreiro vencía nos tres seguintes e se colocaba líder con 41 segundos de vantaxe sobre Antonio Sainz. Pero as dúas últimas especiais da mañá ían resultar preocupantes para o piloto patrocinado pola Deputación de A Coruña e Turgalicia, xa que empezamos a notar como o Ford se movía moito de atrás, así que despois de revisalo na asistencia comprobamos que a ponte traseira estaba roto.
Esa incidencia provocaba que non puidesen gañar o quinto e o sexto tramo, pero aínda así chegaba a mediodía cunha cómoda renda sobre Antonio Sainz-Javier Cattaneo. De tódolos xeitos Ferreiro estaba preocupado, pois en cada asistencia os mecánicos tiñan que aplicar diversos puntos de soldadura sobre o eixe traseiro para que non rompese.
Unha vez finalizado o rallye, Jesús Ferreiro comentaba que lle tiñan moito respecto ao último tramo de 52 km, xa que era extremadamente duro para as condicións nas que estaba o noso Ford Escort. Pero por sorte o coche aguantou e mesmo marcamos o mellor tempo na categoría de Históricos.
A próxima proba do Nacional que disputarán Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo será a Rallye Cantabria-Infinita, que se celebrará o 17 de maio.

CLASIFICACIÓN TROFEO DE HISTÓRICOS 18º RALLYE LA VILA JOIOSA

1º Jesús Ferreiro/Roberto Lorenzo (Ford Escort MKII), 2:22:41.3.
2º Antonio Sainz/Javier Martínez (Ford Escort MKII), 2:25:03.2.
3º Fernando Dameto/Angela Dameto (Ford Escort), 2.34.02.8.
4º Tomas Jordá/Raúl Pérez (Seat 124 2000), 3:12:55.1.

Ah, informarvos tamén de que hai unha nova bitácora no blogomillo melidán trátase de Xosi e a dirección para entrar no seu fantástico espazo é : xosimelide.nireblog.com

4 comentários:

Unknown disse...

Moi boas figura:

como vai todo? xa hai tempo que non nos vemos? este finde non vou poder asistir o apaixoante derbi porque irei a Riazor a prestar un pouco de alento para confirmar a salvación de xeito automático.

Agardo que o derbi sexa moi deportivo e que gañe o mellor, se pode ser a Makina Amarilla mellor que mellor. Estades a facer unha gran campaña e ogallá ascendades o igual que a Ponte que tamen o merece, penso que para o ano tanto CIRE coma Ponte van a estar na 2ª Autonómica, equipo para eso tédelo.

Nada máis, a ver se nos vemos hoxe ou mañan polas "discotascas" de Melide.

Un abrazo

Leon disse...

Vaia vaia vaia,ata 5 ex-xogadores do CSD Arzúa,de todas maneiras sorte,vémonos no ascensor que nos non nos libra nin Caneda

Leon disse...

(do descenso,digo)

@ Sexolog@ disse...

novo blog sobre sexo!atrevedesvos?