terça-feira, janeiro 16, 2007

ANOS 50, 60, 70, 80 e 90


Seguindo con esta retrospectiva pasamos agora a década dos 50, concretamente a finais.
E a foto corresponde o equipo da "Academia Balmes", mome do centro de ensino propiedade de don José Ares Lois. A instantánea foi tirada diante do Mosteiro de Sobrado, nunha excursión con partido que organizara a devandita Academia.
De esquerda a dereita e de pé: Porteiro:Pedro Borrazás (Tahona), Pepiño do Estilo, Quico de Mato, Luís Pintor (Caixa-Galicia), Chucho Fondevila, Chico Castro (Picado) e Mariano (Perelos); anicados: Toñito do Forno (calderilla), Javier do Aceiteiro, Juan Manuel Quintáns (Magua9, Antonio Vázquez (Perelos), Tito Aguiar e Suso do Aceiteiro.

Vamos agora con outro equipo de Melide dos anos 60, daquela nacía o Cire, Centro Instrutivo Recreativo e Educativo de Melide pero daquela aínda non tiña ningunha disciplina deportiva.
Conta a lenda de que esta foto, como ocurría moitas veces daquela, foi sacada no campo do Chantada nun partido, onde os melidenses devolvían a visita feita polos chantadinos nas Festas do San Roque. Pola aquela data desprazáranse moitos melidaos para merendar a beira de Belesar e ver o partido (segundo contan parece ser que a merenda foi moi suculenta e que rodou o viño de máis, despois os xogadores non estaban en moi boas condicións para celebrar o partido. Sobre todo o porteiro, e como é lóxico, perdeuse).
A alineación foi a seguinte de esquerda a dereita e de pé: Juan Manuel Quintáns (Magua), Cándido de Chiquitín, Suso de Fidalgo, Carlos de Chiquitín, Agra (familia Sexto) e Pedro Borrazás (Tahona); Anicados: Javier do Aceiteiro, José Antonio Chiquitn, Antonio Castro (fillo do zapateiro do campo), Chucho de Enrique, e Guillermo Lareo (Parente do actual goleador do Rangers, Nacho Novo).

No banco de suplentes agardaban a sua oportunidade, Pepiño do Estilo, Arturo Rúa, Toñito do Latoneiro e José Angel Cabado como porterio suplente. O adestrador era Antonio do Troito.


A primeira foto do Cire
como tal, coido que é esta, estampada na esquerda do peito da camisola a cruz de santiago, emblema que levan tamén o Celta, o Compos e o Racing de Ferrol entre outros.


Formaban para a historia, de pe e de esquerda a dereita: Carregal (porteiro), Luis de Magua, Sexto, Senín, Amador, Alfonso Pampín e Óscar Garea. Agachados: Kiko Broz, Javier do Aceiteiro, Pepe Luís, Jesús Carlos (acutal presidente), Carlos Landín, Miguel Parrado e Moncho.

Outra imaxe do Cire nos primeiros 70: De pé e de esquerda a dereita: Paco Costoya, Victorín, Pepe Luís, Rafael, Vía e Benigno
Abaixo: Laya, Jorge, Edreira, Enrique Manuel, Ramoncito Lareo, Kiko Broz e Lalo; non sei si é o campo actual pero si o é vemos que a grada esta sen cubrir e que hai unhos calvos no chan de nivel. E que agora queixamonos de vicio.


Esta foto que poño agora con pouca calidade corresponde a celebración do título da "Copa da Montaña" por parte do Cire, euforia, bandeiras, brazos en alto, mozos e vellos que bonito ten que ser...

Estas duas imaxes corresponden o Cire dos 70, nesta primeira aprecianse as gradas sen cubrir ó fondo.

Nesta concretamente, de 1978, formaban de pé e de esquerda a dereita: Manolo Pampín, Goros, Vía, Víctor, Miguel ASturiano e Jorge.
Anicados: Zalo, Kiko, Edreira, Balado e Rufino.


Esta que vos poño agora coido que dos primeiros 80, e vemos que na camiseta sae impreso o nome do equipo, CIRE MELIDE, con grandes letras.
Ahi estan de esquerda a dereita de pé: Mouriño(mítico directivo), Víctor Roque, Michel(léase michel acentuado na segunda sílaba), Roca, Ramón Camino(pai do xogador actual Moncho), Jesús Carlos, Ferreiro, Sito, Antonio Segade (non Juan, gracias Nani)e Suso Aceiteiro. Anicados: Pucha, Nanitas, Villa, Zalo, Diéguez, Goros, Merli (primo dos Segade) e Alfonso do Carretero.

A última do Cire, corresponde os primeiros 90, co Cire en Primeira Rexional ou en Segunda, desta plantilla destaca o malogrado melidán Javier Pampín "Guay" que retornaba o equipo que o viu nacer despois de compartir vestiario con Fran e e José Ramón no Deportivo Xuvenil da época e no Fabril, e de botar unhas cantas tempadas no Brigantium de Betanzos. Daquela tamén empezaba a entrenar os cadetes que o Cire decidira crear despois dun parentése duns anos.
Outros da foto, Neira (moi noviño), Ricardo de Visantoña, os Agra (periodistas de Visantoña tamén), Pin, Roca, Orois, Cordido etc, Pucha cambiou de lado e afeitou o bigote, ;). As camisetas son da marca Zico, daquela eran iguais as que levaba o Compostela pero nun azul moito mais forte. A lenda que se le nas elásticas é "Melide, Cerne de Galicia".

8 comentários:

Anónimo disse...

Ricki, moi bo o reportaxe e denden logo entrañable a tope, pero teño que correxirte na foto dos 80, os presentes son, de izda. a dta: Mouriño, Víctor Roque, Michel, Roca, Ramón Camino, Jesús Carlos, Ferreiro, Sito, Antonio Segade (non Juan)e Suso Pampín. Anicados: Pucha, Nanitas, Villa, Zalo, Diéguez, Goros, Merli (primo dos Segade) e Alfonso do Carretero.
Sobre a dos 90 podo decirche que aparte dos que dixeches están: Carlos "Garrapata", Alfonso o Peluquero, Roca (sobriño de Pepe do Quinto), Víctor de Santiso e tamén está Olegario, creo que se chama así, de Furelos, o pai de Sara que tiña a taberna alí un pouco máis arriba da iglesia. Noraboa, eso está caralludo, pena de non ter fotos dos torneos que organizábamos nos 70 tanto co patrocinio dos Padres Pasionistas pola catequese(foi a 1ª vez que houbo un torneo de rapaces con árbitro,era Rufino, xogador do Cire e mestre no grupo escolar. E con equipaxes para todos os equipos) e outros que facíamos nos campos de Santa María, O Castiñeiro, Bacariza, no Castelo e incluso fumos xogar ó campo da festa do Barreiro, mitade asfaltado e mitade non.

Anónimo disse...

Falas de que Pucha sae case sempre na mesma posición. Outro que tamén sae sempre igual, polo menos nas fotos que teño eu, e Víctor o da farmacia de Santiso (ou Viiitro como lle chamaba Charly Cordido nos adestramentos). Ahí o temos inconfundible agachado e coa man no chan entre as pernas.

Anónimo disse...

Tes razón Nani, os parecidos dos Segade traicionoume, e con respeto o pai de Sara, é o mítico "Edelmiro" jeje que tamén facía as funcións de masaxista.
Hei poñer mais, pero vou precisar a axuda vosa para que digades quen é a peña porque sempre se che escapa algún. Nani por certo teño unha tua co Santiso jajja que tes un peinado jajaj ... bueno todo a su tiempo. veña, viva el rock que dirí o ooutro

Anónimo disse...

Ese vitro jaja

Anónimo disse...

esa cena jesusin keremos comer de balde.lambon

Anónimo disse...

Me encontré por casualidad con esta página,y me hizo mucha ilusión ver a familiares y amigos,a los que conocí durante mi estancia en la tierra de mis antepasados,entre los años 65 y 67.
Asimismo daros las gracias por la mención especial a Javier Pampín,cuyo recuerdo estará siempre presente entre las personas que lo quisimos,y del que me siento orgullosa por pertenecer a su familia.

Anónimo disse...

Que recuerdos, trasteando encontré este blog.
Aquí os dejo una foto clara de principios de los 90/94.

[IMG]http://i62.tinypic.com/30trl20.jpg[/IMG]

Anónimo disse...

¿Javier Pampín era o irmá de Manuel Pampín o comentarista deportivo da TVG?

Fixemos parte da mili xuntos a primeros dos 90 e perdéralle a pista.