terça-feira, novembro 25, 2008


AGORA MAIS QUE NUNCA SUSO CAMPIÓN
Non puido ser Ferreiro e o seu equipo Melide Motor Sport non revalidaran o título de campións de España de vehículos históricos a pesar de ser os grandes dominadores e "xefes" absolutos todo o ano.
Despois de gañar fai duas fin de semana en Lloret, no rallye Costa Brava e facendo segundo no campionato de europa da especialidade todo presumía a que ó Ford Escort Mk2 sería de novo gañador estatal.
Pero faltando escasos kilometros do último rallye , o Shaylmar de Madrid, un fallo mecánico siginificou o abandono do equipo de Melide a pouco do final e que o campionato viaxará a terras mallorquinas ás mans de Dameto, todo o ano de eterno segundón de Ferreiro.
Moita rabia polo acontecido pero hai que significar como así o demostrou o público que son os virtuais gañadores e que a dupleta Ferreiro-Lorenzo e das mais queridas pola xente que enche as cunetas as fin de semana en calquera punto da xeografía nacional.
Temos que lembrar que Ferreiro compite cun coche de mais de trinta anos e que non manexa os presupostos "millonarios" dos seus rivais, e se a isto lle unimos que a federación non lle puxo para nada as cousas fáciles, ten doble mérito.
Como dato sifnificativo o coche melidense ten entre sesenta e setenta cabalos menos de potencia que o do terceiro clasificado, Toño Sainz.
O dito para nós non hai mais gañadores co MELIDE-MOTOR-SPORT, ánimo e a seguir dando espectáculo ¡¡¡
+ info premendo aquí

quarta-feira, novembro 19, 2008


Os de Gadis voltan á carga desta volta queren erradicar do diccionario da Real Academia Española á acepción de "tonto" do termo " gallego".
¿Sabías que no dicionario da Real Academia unha das acepcións de galego é parvo?, vota para que se elimine esa acepción ou que se engada, ser LISTO, moi LISTO.
Entra en Vivamoscomogalegos.com
Son os xefes do marketing estes de Gadisa.

terça-feira, novembro 18, 2008

En homenaxe as chorradas que andan polos mails:

Nacen dous novos blogs relaciondos co mundo do deporte en Melide.
1º: Melide-Motor, un blog creado por Adri "Mk2" , onde nos contará ás andanzas do equipo Melide Motor Sport, os éxitos de Ferreiro (a punto de ser novamente Campión de España).
Decir de Ferreiro que quedou segundo no rallye Costa Brava, un rallye que era valedeiro para o Campionato de Europa da especialidade, quedando por riba de míticos pilotos que foron campións do mundo nos setenta e nos oitenta e gañándolle a monturas tan espectucaleres como Porshces, Lancias Stratos , etc
2º; DeporteenMelide, un blog que nace coa seguinte idea: "Nace desde o Servizo de Deportes, querendo dar a coñecer todo o que ten que ver co deporte melidán, tanto federado como non federado. Unha xanela para quen goste de opinar sobre o deporte en calquera das súas formas".

terça-feira, novembro 11, 2008


Xa hai rival para o cuarto partido da Selección Galega, será outra selección sudamericana, Chile.
Tamén hai data, o sábado 27 de decembro, e segundo nos conta Sexto tamén hai escenario, será o estadio de Riazor na Coruña.
O domingo 28 en Pasarón (Pontevedra) , Galicia - Euskadi , en categoría feminina.
Adestradores: repiten Arsenio e Fernando Vázquez e para as féminas a adestradora do Orzán, Pilar Neira.

quarta-feira, novembro 05, 2008

BARAK OBAMA
Gañou Obama, o primeiro presidente negro da historia dos EEUU, algo impensable non fai tanto tempo.,
Se buscamos algo parecido no cine atoparíamos o xa famoso lehendakari negro de "Airbag" pero indo un poco mais aló no "New York Times" e en moitos blogs lémbranse dunha película chamada "Guess who´s coming to dinner” (“Adiviña quen vén cear esta noite"), protagonizada por Spencer Tracy, Kahterine Hepburn e Sidney Potier, a peli vai dunha xoven de San Francisco de boa familia liberal que se presenta de súpeto na casa dicindo que atopara o home da súa vida e que quere casarse de seguido.
O fulano en cuestión é un doutor cun extraordinario currículum, pero había un problema o tipo é afroamericano. Como os pais sempre lle inculcaron valores liberais a rapariga non agarda ningun problema, pero na práctica si que os hai.
Curiosamente non fai moito tempo que vin a peli e sí que ten algún paralelismo coa carreira do xa elexido presidente dos USA.
De feito os mozos coñecesen en Hawai, terra de nacemento de Barack Obama e nunha das esceas da película, Sidney Potier pronóstica diante do seu sogro (Spencer Tracy) que os seus futuros fillos poderían chegar a secretarios de estado ou porque non a presidente dos Estados Unidos. Busquei o video no youtube pero só o atopei en inglés, poñoo igual.
A peli é dos anos sesenta, uns anos de cambio (iniciado polos presidentes Kennedy e Johnson) onde había estados onde o matrimonio interracial estaba prohíbido e onde a loita polos dereitos civís estaba latente.

terça-feira, novembro 04, 2008

Corroído pola envexa de ver que Fandi facía 85 palabras nos seu primeiro intento, volvín darlle á movida esta da "mecanografía", 86 palabras, he ahí a proba gráfica:

Veña anímovos a probar e a facer un ránking friki, de momento:
LEÓN DE MAROXO : 116
ALBA CARRIL: 111
AMIGA DE VITOR PALAS: 101
VITOR DE PALAS: 100
FANDI:88
RIKI: 86
GHAITEIRA: 81
VICTOR DE SOBRADO: 57

PD: , está claro que nos engancha calquera conachada, veña.

segunda-feira, novembro 03, 2008

KUSTURICA EN MELIDEFozando pola rede atopoei unha foto nesta bitácora que o autor definiu como "parece sacada dunha película de Kusturica..", está claro que razón non lle falta. Vale mais unha imaxe....

PD: A dereita da foto, a palmera tropical e o cruceiro de pedra mais antigo de Galicia.

segunda-feira, outubro 27, 2008



Os asiduos do blog seguro que vos lembrades que Félix, o mais branco da foto da esquerda e autor da bitácora do blogomillo melidense Liadia, andivo por terras tailandesas colaborando cunha ONG.
Despois do seu traballo como voluntario no interior do país, Fiz tamén pasou pola cidade de Bangkok.
Hoxe póñovos en primicia unha foto que me mandou dun cartel situado no Patpong o mercado nocturno da capital asiática.
Non é unha fotomontaxe, fixádevos nos carteis do redor. Mi má, vaia franquicias que teño polo mundo. Obrigado Fiz¡¡¡
Pd: se queres rememorar ou descubrir as crónicas de Fiz dende Tailandia, picade neste enlace

quarta-feira, outubro 22, 2008


CONGRESO INTERNACIONAL EN MELIDE
Xa fai uns meses que vedes no recuncho dereito deste blog, unha árbore, e unhas siglas A.G.I.R, pois ben son as siglas da Asociacióm para a Imvestigación e Desenvolvmento Sociocultural da que forma parte o antropólogo melidán Santiago Prado, Chago de Chiquitín.
Pois ben esta asociación vai desenvolver o seu sexto congreso internacional en Melide, impresionante.
Tedes mais información na seguinte nota de prensa e recordade que todas as actividades son de balde e abertas ó público.
Melide converterase entre o xoves e o sábado na sede dun foro internacional de discusión e de posta en común dos temas de maior calado a nivel sociocultural. A asociación portuguesa AGIR –Asociación para a Investigación e Desenvolvemento Sociocultural- organiza nesta vila o seu VI Congreso Internacional, que por segunda vez sae das fronteiras portuguesas, logo de terse celebrado nunha ocasión en México.
Dende este xoves, arredor duns cincuenta nomes de referencia do ámbito sociocultural analizarán en Melide a situación das políticas de desenvolvemento, a globalización, a identidade, o patrimonio, a construción do sistema de sexo/xénero, ... entre outros moitos temas. O antropólogo melidense Santiago Prado Conde – Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais 2007- destacaba hoxe en rolda de prensa que “este congreso será un escaparate para Melide, unha mostra do seu dinamismo e das ganas de sacar adiante a identidade galega dende unha vila rural do interior”. Neste sentido, a rexedora melidense, Socorro Cea, amosouse “moi satisfeita e agradecida porque a asociación AGIR teña escollido a nosa vila para a organización deste VI Congreso”, no marco do cal se celebrará tamén o II Encontro de Antropoloxía do Norte de Portugal e da Galiza.
O VI Congreso Internacional de Investigación desenvolverase simultaneamente en dous espazos do Edificio Multiusos de Melide: na sala de conferencias e no novo telecentro, onde se proxectarán as comunicacións audiovisuais que achegarán ao congreso os especialistas e técnicos que teñen confirmada a súa asistencia. Entre eles estará Álvaro Campello, activista do movemento pedagóxico Ponte nas Ondas; Edelmiro López Iglesias, director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e ademais recoñecido economista no campo do desenvolvemento; ou o brasileiro Fernando José Martíns, do movemento dos sen terra.
Mais a fin de aproveitar e coñecer tamén o marco de desenvolvemento do Congreso, a organización contempla para eses días a visita ao Museo da Terra de Melide, e á Casa do Queixo en Grixalba (Sobrado). O peche do congreso será musical, grazas ás actuacións dos melidenses Tromentelos Chis Pum e do músico portugués Franklin Pereira, o venres na Sala 600.A celebración do Congreso en Melide non sería posible sen o financiamento da Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral e Creación e Difusión Cultural.
Máis información sobre o contido e desenvolvemento do congreso na
web de AGIR.

Foto de Chago tirada de Tierras de Santiago, onde tamén lle fixero unha entrevista que podes ver picando aquí

quinta-feira, outubro 16, 2008

GADIS 2.0
Despois de que o primeiro anuncio, "Vivamos como galegos" fora un grande suceso, tanto na tele como no Youtube, a pesar de acusacións de plaxio, a compañía de Tojeiro volta á carga :

RÁPIDO-CORUXO
Falábase nos comentarios nunha das entradas deste blog da rivalidade futbolística, esta nova que publica hoxe o xornal cibernético Vieiros vén un pouco a colación, agardemos que estes episodios indefinibles e extranos, dentro da rivalidade ben entendida, non cheguen por estes lares.
E é que o Rápido de Bouzas denunciou ó Coruxo á Federación Galega de Fútbol por insultos ó presidente no foro da páxina do Rápido e por unha montaxe do escudo dos de Bouzas ardendo.
+ info picando
aquí

quarta-feira, outubro 15, 2008


Vota Marta
Boas a tod@s, hoxe fálovos dunha xornalista melidá que esta triunfando por terras madrileñas, chámase Marta Landín, e despois de ser a imaxe da TVG en Madrid e de pasar polos informativos de Telemadrid, hoxendía presenta un dos espazos mais senlleiros e con mais audiencia dos programas das canles autonómicas: "Madrid directo".
Dende aquí anímote a que a votes neste ranking: Presentadores de telediario mas atractivas, onde ocupa un meritorio decimocuarto posto (14ª de 40).
Pica neste enlace.
Melide Calidade¡¡¡
Pd: saúdos a Pablo, ;).

sexta-feira, outubro 10, 2008

Partidos do Cire para esta fin de semana:
Cire Veteranos-Compostela Veteranos. Sábado ás 7.30 da tarde en Melide.
Portazgo-Cire Seniors. Domingo ás 16.30 da tarde en Portazgo - A Coruña -.
Amistoso - Hoxe venres, Cire Xuvenil - Curtis.

quarta-feira, outubro 01, 2008

OS GASES NOBLES E EMILIO
O domingo 21 de setembro, no Demo da Mota, grande festa entre Arzúa e Boimorto, Emilio "O Almudeno Cid de Priorada" fixo as súas primeiras declaracións, axudado polo helio, despois do éxito obtido co video das Olimpíadas.

Emilio Non Stop¡¡¡

terça-feira, setembro 30, 2008

Xa o vin fai unhos días no blog de Victor de Sobrado e agora póñovolo ós que aínda non o vistedes, "la he liao parda" , ;)

sexta-feira, setembro 26, 2008

CONCERTAZO HOXE NO 600
Hoxe venres na Sala 600 de Melide, actuación da banda tributo dos Dire Straits, Brothers in band, espectáculo garantizado, recoméndovolo, son moi bos.
Son da Coruña e xa tocaron por media península con grande éxito de crítica e público.
A verdade é que o mallan. Se eras dos que tocabas a guitarra coa raqueta cando eras pequeno non tes excusa. Prohibido perdelo. We are a Sultanssssss of swinggg.

quinta-feira, setembro 25, 2008

A noticia da semana en Melide non é outra que a actuación da xoven Mónica Vázquez despois de que un grupo de rumanos lle roubaran no seu comercio, Comercial Hermanos Vázquez, igual mais coñecido como piensos Coren.
Supoño que xa estardes o tanto, deixovos un enlace da nova publicada na Voz.
Marcus tamén se fixo eco no seu blog e incluso colgou un video dos informativos de Antena 3.
DÚAS DE PULPO...

Ás reflexións de Rafinha sempre teñen miga.
Esta que vos transcribo vai relacionada co ciclismo. Despois da gran Vuelta que fixo Ezequiel Mosquera, compoñente do equipo Xacobeo-Galicia na que acabou cuarto na clasifiación xeral, Rafa pensa que o ciclista de Cacheiras ten que ter familia en Melide xa que chamándose como se chama incluso pode que sexa dono dalgunha das famosas pulperías do noso concello. O colmo xa sería que o segundo apelido fose Curros (non o é, e Míguez), e por riba que lle alcumaran o jarnacho.
Isto recordame a dous xogadores do Betis, chamados Melli e Arzu.
Falando de pulpo, esta semana saía no Correo e no Tierras a melidense Tita Taboada, é foi debido a que ela e seu fillo Guti (Kanetas) formaron parte do grupo de pulpeiros elexidos por Turgalicia para preparar un dos nosos pratos mais típicos na Expo de Zaragoza.
Tedes aquí o enlace do Correo.
E que como sabedes para pulpos os de Melide.
RESOLTO O CASO LAMPREA
Despois de que pescadores da comarca se alarmaran na primavera pasada de que as troitas que pescaban viñan atacadas por lampreas un estudo do profesor da Universidade de Santiago, Fernando Cobo, afirma que ás lampreas foron introducidas, a matenta ou accidentalmente, pola man do home.
Segundo se publica hoxe na Voz e en blogs como o Recuncho Troiteiro, desvelouse o misterio.
A lamprea é unha especie das mais primarias e menos evolucionadas do mundo animal que nace no río pero que migra o mar para alcanzar a sua madurez sexual (segundo a Wikipedia) e é enton cando volta o río a desovar.
De ahí o estrano do caso de que apareceran no alto Ulla despois de 40 anos da construcción do encoro de Portodemouros (barreira infranqueable para viaxar o mar).
Foto de troita , con lamprea incluída, pescada en Beigondo (Santiso) por Carlos Lamas o pasado 11 de maio.

terça-feira, setembro 23, 2008


No almanque melidiano a queima da traca do San Caralampio semella que marca o final do veran e o que isto significa, festas, bon tempo (?), vacaciòns, festas, acampadas,festas,festivais, praia, festas, río, festas, monte ,festas, churrascadas, festas, viaxes, festas, dixen festas?.
Aínda así os arredores da nosa comarca sempre dan unha tregua para quen queira seguir cultivándose na fórmula do campo da festa carro-orquestra-carro e así sucesivamente, este pasado fin de semana foron festas en Sobrado, tamén en Lalín, agora veñen as de Présaras e as de Monterroso e claro dentro de poucos días chega a prolongación do verán por excelencia, o SAN FROILÁN.
E un non parar. Conteivos todo isto para dicirvos que o cartel do San Froilán, coma sempre, está moi ben.
4 de Outubro Julieta Venegas
5 de Outubro Luar na Lubre
5 de Outubro Dover
6 de Outubro Conchita
6 de Outubro Los Suaves
7 de Outubro Diego, El Cigala
7 de Outubro The Cabriolets
8 de Outubro Pedro Guerra
8 de Outubro Violadores del verso
9 de Outubro Psicolepsia, Kimuru y Hollywater
10 de Outubro Batital y Kentokaki
10 de Outubro Facto delafé y las flores azules, Pastora, Safari Orquestra e Doctor Think
11 de Outubro El Canto del Loco
11 de Outubro Def Con Dos, The Ellas y Miguel Costas con Germán Coppini
12 de Outubro Melendi
Esto sin contar coas sempre gratas costumes hostaleiras lucenses, as tapas... ., bueno está claro que o cartel é variado e para tódolos gustos. ou?
link oficial do San Froilan

sexta-feira, setembro 19, 2008



Non teño palabras.

quarta-feira, setembro 17, 2008

ANEXO 1.0



Co risco de que a Josu lle dera algo ( :) ) dinlle caña e xa subin parte das fotos deste ano de A NOSA FESTA, ó final optei por subilas de novo no Flickr, como o ano pasado non me colleron todas. ( Se queredes mandarme algunha a miña dirección é rikimelideARROBAgmail.com e igual facemos unha segunda tandada)
A 62ª edición do San Caralampio non defraudou, o tempo acompañou, e no que respecta ás pistolas e a tirada de viño a cousa foi moito mellor,aínda así como ben publica Marcus no seu blog , a festa viuse empañada polas navalladas dun señor de 71 anos a varios rapaces de Melide.
ENLACE DAS FOTOS: preme aquí
ou anosafesta.blogspot.com

terça-feira, setembro 16, 2008

Pois si, como dicían os dasbrigadas xa pasou, unha mágoa pero xa queda menos para o vindeiro.
En breve, poñereivos as fotos que saquei, veña meus¡¡¡¡, ah, que plataforma me aconsellades para que as colgue?

quinta-feira, setembro 11, 2008

XA VÉN, XA CHEGA....
Estos días para os melidenses os minutos parecen horas. Non corre o reloxio. A que é debido isto?, está claro aproximase ó domingo 14 de setembro e con el a celebración da festa mais agardada por moitos. O San Caralampio. Eso sí, cando chegue o domingo o reloxio bota fume e o día (a pesares de estiralo o máximo posible) pasa cuan-Usuain Bolt nos xogos de Pekín.
Este ano non vamos contar coa actuación dos Festicultores-Trópico de Grelos (levaban tres anos consecutivos vindo), nin tampouco cunha acutuación tipo Lamatumbá ó final da noite, pero haberá que ir tirando co que hai que non é pouco.
Para os mais novos: nada de andar facendo o parvo por ahí con pistolitas de plástico, os cativos (como se fixo sempre) teñen o concuros de debuxo "Alberte Lafuente" e ó Tiro á Lata con Escopetas de Pao na praza do Pozo pequeno.
Para o resto, o menú é ben sabido, ós tradicionais pementos e cachelos nas pallas na praza das Coles,e como no o viño vai ter o máximo protagonismo.
Acutacións: as charangas Tralla 101 de Melide, Os Amigos de Visantoña e Air Jalisia.
Á noite, a iso das nove na praza das Ichoas: The Turre´s Band dende Mos (Pontevedra).
Unha formación galega que sen dúbida vai facer bailar a todo o mundo ó son dos seus intrsumentos de vento e as súas sorprendentes versións da cultura popular e como non coa Muiñeira-Ska.
E xa na praza das Coles, OLLO COA TRACA ¡¡¡ e acutación da orquestra feminina M3, que despois de que a comisión presidida por Barullo pegáse ós carteis polos viños xa suscitou moitos e variados comentarios.
Pasadeo ben e sentidiño ¡¡¡¡¡, ah e non tiredes co viño que hai crise.

Cartaz da Orquestra M3, este domingo no Caralampio.
PD: Aquí a dereita tedes ás acutacións para venres e sábado da sala 600 e do pub Gatos.

terça-feira, setembro 09, 2008

Pizarra das tapas de O NOSO BAR, onte luns.

BOENTE ESTÁ MAIS PRETO DE MELIDE
"O CIRE GAÑA NO CAMPO DO MÁXIMO RIVAL E EMPEZA CON BON PÉ A SÚA NOVA ANDAINA NA SEGUNDA REXIONAL"*
*(este foi o títular que lle adiantei o 2 de Setembro no blog de León de Maroxo, anunciándolle xa o que iba acontecer ;) )
Lémbrome do título daquela película de Nicholson, Mejor....Imposible, está claro que ese é o pensamento dos siareiros azuis debido á que o CF Cire de Melide gañou o domingo no feudo do CSD Arzúa por 1-4 no retorno a Segunda Autonómica (Rexional chamouse sempre), despois de quince anos,e ademais ocupa a segunda praza na táboa clasificatoria (anécdota, pero mola).
A parte para os amantes da estatística, se non me engano, e a primeira vez que o Cire lle gaña ó Arzúa no campo do Viso en partido oficial.
Ben, no estrictamente futbolístico, o Arzúa levou o peso do partido pero non atinou co gol nos primeiros compases, din que nesto do fútbol quen perdoa págao, e así foi.
A falta de entedemento entre a defensa local e o seu porteiro propiciou que Peke lle marcara ó seu ex-equipo, tanto co que se chegaba ó descanso.
Os xogadores do Cire (o domingo de amarelo) agradecendo ó apoio incondicional dos siareiros chegados dende a Cerne.
Na segunda metade, o Cire aproveitou as súas ocasións e non perdoou, primeiro Toñito despois dunha maxistral contra e cunha gran definición , co Arzúa aínda pensando nesa xogada, foi Ramón Camiño quen conseguía o terceiro. O Arzúa seguía atacando pero precipitábase nos últimos metros do ataque aínda así nun saque de esquina chegaba o 1-3 obra de Pérez para os locais.
Ó Cire aguantaba atrás sen moitos problemas e nunha falta Suso Pampín poñía o definitivo e histórico, 1-4.
Ben, que lecturas podemos facer despois do partido.
1. O Arzúa está mais rodado físicamente e notase, a parte que ten xogadores que tocan moi ben o balón.
2. Como ben dixo León, ó CSD faltalle un "killer" da área, sen desmerecer o traballo voluntarioso de Dieguez.
3. Veteranía, os arzuáns son moi novos e sen dúbida están chamados a facer grandes cousas no Viso pero está claro que lles falta mais experiencia, é normal.
Alguén dixo tamén que o resultado do partido fora inxusto e que o Cire tivera moita sorte.
Bueno, 1-4 case o di todo, por moita sorte que teñas, tes que meter catro goles.
Estou dacordo en que o fútbol combinativo e a iniciatia na tarde do domingo foi propiedade do Arzúa, pero o Cire despois de recibir duas goleadas en pre-temporada non quixo cometer os mesmos erros,levaba a lección ben aprendida e optou por facer o partido que mais lle conviña dadas as circunstancias.
Ós melidenses nótaselles que as festas do San Roque, e o mes de agosto en xeral pasaron factura nos adestramentos e que aínda non están, nin de lonxe, no mellor ton físico, pouco a pouco chegase lexos.
Ben, agora gustaríame dicir que aìnda que non é un partido como os demais, é un derby e está claro que che gusta gañalo, pero só son tres puntos e acabamos de empezar, pes no chan.
Humildade, traballo e compañeirismo son os prinicipais factores que nos levarán ó noso obxectivo, a permanencia.
Con total seguridade, a 2ª Autonómica presúmese tremendamente igualada e quedan moitas batallas, con equipos moi competitivos, por exemplo o sábado ás 17.00 h. visita o municipal melidense o Olímpico de Rutis, que vira picado por quedar fora da Copa en Melide, e que polo que se está vendo, é un claro favorito ó ascenso, así que a poñerse ás pilar facer un bo encontro contra os de Vilaboa e o domingo disfrutar de A NOSA FESTA.
PD: Gustaríame facer unha crónica mais divertida pero o tartán arzuán e a distancia entre os banquiños e o graderío impediron estar ó loro do ambiente "extra-deportivo".
Aínda así habería que estar de Boente p`acó para non enterarse de que Emilio, Eva e Vacenas levaron a voz cantante nos ánimos dos chegados de Melide(que por certo, non foron poucos), e que fixeron unha festa a pesares de que como é sabido o bombo nas tardes de resaca dos domingos manca un pouquiño.
Cánticos de Emilio: "Outro día no campo da festa en vez do cabalo caparon á besta", "San Caralampio lorololó", "si si si somos de millí"... "el alcalde de Arrigorriaga tiene mucha ilustración, le gusta tocar el txistu, tambien toca el acordeón, también toca la guitarra y le llamaban Pantaléon", "La moto, la moto, la moto..." etc etc.
En definitiva día de festa en Arzúa dos de ....Melide.
Agora a polo Olímpico, gañandoo somos mais líderes. ;)
Ramón Camiño arzuán de nacemento, autor dun dos goles do encontro.

sexta-feira, setembro 05, 2008

FINDE
Hoxe venres no Gatos procedentes de Santiago HYDE CASINO co seu psycodelic-rock-powerpop. A verdade é que trátase dun grupo interesante e con moito futuro por diante, comentanos NAni.

Tardes máxicas da Sala 600 (Melide), comenza con Román García (1º Premio Nacional de Maxia), o espectáculo que trae titulase "Laberinto de ilusións".
Sábado 5 de setembro ás 19.30 horas, entrada única de 3 €uros.
E o domingo 7 de setembro, ás 11.00 da noite, concerto co artista compostelán Xan Solo, entrada de balde.

quinta-feira, setembro 04, 2008

VALLE UNE
Hoxe lendo "La voz de Galicia" chamóume poderosamente a atención a seguinte noticia; "A Pobra y Vilanova pondrán fin a la disputa por ser cuna de Valle-Inclán", Mira que levaban anos escornados para levarse a gloria de ser o Concello onde viu a luz o autor de "Luces de Bohemia".
"La histórica polémica había llevado al literato a decir que había nacido en un barco en medio de la ría de Arousa", e continua a nova "Los alcaldes anuncian que los municipios se hermanarán porque «lo importante es que es arousano"
Noraboa, parabens, impresionante, aínda hai esperanza, como ben sabedes na nosa terra sempre se pelexou ata o mínimo cuartillo de terreo, os movementos de marcos así o demostran, pero parece que neste século XXI algo está a cambiar, esperemos que este sexa o prinicpio do fin de polémicas estériles que nunca foron boas para ninguén.
Coma contrapunto a noticia, a min Valle sempre me recordou a un dos nosos mais queridos persoeiros melidáns, Xosé Domingos Fuciños, Mingos.
OPEN
"Closed", así estivo o blog durante un mes, e digo estivo porque conto actualizalo mais a miúdo a partir deste setembro, mes máxico onde os haxa xa que o segundo domingo (este ano é o día 14) pasa o que pasa.
Sereivos sincero ás ameazas dunha posible "comida de orella" por parte de León de Maroxo se pechaba o blog, son un dos motivos principais (é broma oh¡¡, bueno...), polos que continuamos esta nova "tempada".
León é o persoeiro da esquerda da foto, o da dereita e outro asiduo desta bitácora, Rial, ós que mando un afectuoso saúdo a pesares de que vivan do Bareta de Boente p`aló.
Verémonos, si Diolo quer, o domingo 7 de setembro, ás 17.00 h. da tarde no Campo do Viso en Arzúa, onde o Cire voltará a 2ª autonómica enfrontándose o seu máximo rival.
Dicir que en amistosos do mes de agosto, os de Arzúa lévannos oito goles de ventaxa, pero (el que avisa no es traidor) o domingo vai ser outra cousa (ogallá).
PD: Algún día Boente será a nosa parroquia número vinta e sete.

domingo, agosto 31, 2008

quarta-feira, agosto 06, 2008


ONTE VOLTOU O CLÁSICO DOS TORNEOS DE VERÁN
Toda a información do XXVIII Torneo de Agosto no seguinte link, www.futbolmelide.blogspot.com , resultados, goleadores, clasificacións, imaxes etc., ponte ó día na volta do espectáculo do fútbol sala o verán melidense.

segunda-feira, agosto 04, 2008


FÚTBOL SALA
Mañán martes escomenza o XXVIII Torneo de Fútbol Sala "Concello de Melide" todo un clásico, despois de non poder celebrare o ano pasado por motivos por todos coñecidos, este ano volve o espectáculo do fútbol sala as noites de agosto, algo que se botou en falta no verán do 2007. Aquí quedan os horarios dos partidos da primeira fase.
PD: Se picades na imaxe amplíase e tedes mais información no blog creado para a ocasión, pica aquí

sexta-feira, agosto 01, 2008


AGOSTOOOOOOOOOOO
Mañán I Rallye da Ulloa en Palas, Antas e Monterroso, co noso Ferreiro saíndo moi arriba, no posto nº 10¡¡¡, desta volta Suso correrá cun Ford Escort RS 2000 X 12 r, un MK1, un modelo mais antigo co que corre a cotío.
Que mágoa non poder ver a Ferreiro polas pistas melidenses (houbo algún contacto para que o rallye tamén pasara por Melide) pero bueno, estará nas veciñas do Castelo de Pambre entre outras.
Desexámoslle sorte, ao igual que ó melidense Marcos Torreiro de 15 anos, campión galego de natación en 100 m. estilo e que esta fin de semana compite en Reus (Tarragona) no campionato de España. Leva moito tempo adestrando no clube natación Lalín, aínda que agora xa está no Arzúa, outra verdadeira potencia na natación.
Outro melidense Xurxo Otero "Pombo" ou "A Quenlla" tamén milita no clube arzuano e tenme falado en cantidade de ocasións da calidade e do bo traballo do clube natación Arzúa, con fenómenos como Óscar Pereiro. De novo os nosos veciños por riba nosa, a quen lle extraña xa.
Hoxe concertos en Melide, na sala 600, Relevancia O, e no gatos os de Perlío, Tigres del Cañotas, un auténtico grupazo de ferrolterra, merece a pena.
Tamén nesta fin de semana é Pardiñas e o Festival da Carballeira de Zas, Romaría Vikinga etc etc, hoxe é un de agosto e xa andan por aquí os jolines, buff estos días por festas,actividades varias, acutacións non é eh.
E para semana os Botes en Arzúa , a festa da Xuventude en Palas, a Troita en Sobrado, e despois o San Roque e del..spois .ladl.. .buff, vamos ir a modo e con boa letra, pasadeo ben e recordade moderación, non excedades, e eso sí MOITO TINO NA CARRETERA, se bebes non conduzas éche un gran verdá.
PD: XA SE COÑECE O CALENDARIO DA TEMPORADA QUE VÉN, EN SEGUNDA AUTONÓMICA:
ESCOMENZA A LIGA O 7 DE SETEMBRO CO DERBY MAIS AGARDADO: ARZÚA-CIRE MELIDE, en Arzúa.

quinta-feira, julho 31, 2008

A Asociación de Troiteiros Río Furelos mandóume unha serie de fotos do desastre do Catasol:




quarta-feira, julho 30, 2008


XXVIII TORNEO FÚTBOL SALA
Despois do parón obrigado do ano pasado por mor do arranxo da pista do polideportivo este ano volta o que é mais que un torneo de fútbol sala, daría para un estudo sociolóxico, pero é como un gran acontecemento social.
O prazo para anotarse remata o sábado 2 de Agosto ás 21.00 h. na Cafetería Marta, 981505346. Cota: 60 € e as categorías son as seguintes:
ALEVÍNS.- Nados entre o 1-1-1998 e o 31-12-2000
INFANTÍS.- Nados entre o 1-1-1995 e o 31-12-1997
CADETES.-Nados entre o 1-1-1993 e o 31-12-1994
SENIORS e FEMININO.
Anotarse e disfrutar da pista polideportiva nova¡¡¡

terça-feira, julho 29, 2008


O CATASOL VOLTA A SUFIR
O Catasol afluente do Furelos sufriu no día de onte luns un verquido de alcatrán na ponte de Traspedra na parroquia de Moldes. 7.000 litros no río deste derivado do petróleo é a cifra deste desastre ecolóxico.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Melide (639874778, 981505003) solicita voluntarios e a máxima colaboración posible debido a dimensión do verquido,para axudar así na limpeza do Catasol ós empregados do Concello, os traballadores da empresa do camión, e membros da Asociación de Troiteiros que xa estan traballando nel.
Parece ser que o camión sufriu un accidente e foi dar ó río ó volcar lateralmente ó pasar pola ponte de Traspedra, unha pista moi estreita.
Deixovos aquí un enlace para ler a nova no xornal La Voz de Galicia

quinta-feira, julho 17, 2008


CONCERTO PUNK-ROCK EN MELIDE
Na Sala 600 de Melide este venres triple concerto punk-rock cos melidaos ALTERAZION DEL ORDEN (Rubio -voz-, Silvela -batería-, Carlos -baixo e coros, Brais -guitarra e coros- e Samuel -guitarra e coros-)acompañados dos dezanos Skarmento e Última Sacudida.Myspace de Alterazion del O
rden

terça-feira, julho 15, 2008



ROCK NO CAMIÑO
O pasasdo venres estivo Lamatumbá xunto con Xochilmica e Supersandwich no Vai de Camiño do Xacobeo en Melide, por medo a choiva trasladouse o concerto ó Pazo de Congresos, para quen coñeza o recinto non hai nada que explicar e para quen non saiba del dicir que é moi grande e acústica é unha palabra impronunciable no antigo campo da feira, aínda así os ourensás de Lamatumbá, con nova formación respecto a última vez que viñeron a Melide, intentaron sementar o esprito da festa para que prendera nos fieis asistentes ó concerto.
Vendo o espectáculo estaban catro individuos que polas pintas pensabamos que eran pelegríns, non hai acto festeiro en verán en que algún dos moitos camiñantes que paran en Melide dirección Compostela non se deixen ver co seu típico atuendo, sandalias, pantalós curtos, barba duns días, e aspecto en xeral extranxeiro, e mais sendo a historia organzida polo Xacobeo, pero nada mais lonxe da realidade trátabase, soubemolo despois, dos integrantes do conxunto portugúes Fading Commission, que se achegaron ata o recinto para ver o concerto antes xusto de que tocaran eles no Gatos.
Co doble luso de Luis Tosar á fronte os portugueses deron un auténtico concertazo de rockandroll no pub Gatos, sen dúbida a actuaciónn merece entrar no top-ten da xa veterana sala rockeira de Melide.
Este tema "7th Son" fixo as delicias dos alí presentes, autenticidade, actitude, compromiso, saber facer, bon rollo, uns fenómenos os Fading Comission, calificados como os "AC-DC do país veciño"

"FE DE ERRATAS", puxen un enlace dicindo que había Rock no camiño este ano, pero de momento non hai nada confirmado, gracias a Vitor de Palas que estivo atento a cuestión.

segunda-feira, julho 14, 2008



En Melide ruxiron motores na fin de semana, a peregrinación dos tractores antigos cara Compostela o sábado e a celebración do patrono dos camioneiros, o San Cristovo o domingo, encheron as rúas melidenses de colorido, moito barullo,claxones, buxías, pistóns,cabalos, aceite verquido, etc etc.


ROBERBARBAS
Todo empezou cunha aposta, que xa está gañada, pero debeulle gustar non ter que afeitarse que Rober Tito aínda non está pola labor de barbearse.
O seu novo look deu para moitos parecidos e comentarios.
Entre os que mais lle comenta a xente, que xa sabemos que moi amigha de falar, están: Chuck Norris, Manolo Ribeirao, Bin Laden, Peter Griffin no episodio do paxaro na barba, o típico sureño secesionista americano, Fito o cantante de A Roda,El Solitario,un compoñente de Froito Novo dos anos 70 etc etc etc, non sei que opinades vos.

quinta-feira, julho 10, 2008


SPORT AND MUSIC
O II Torneo de Fútbol 7 "Concello de Melide" escomeza o vindeiro xoves 17 ata o domingo 20 de Xullo, data límite para anotarse 15 DE XULLO ás nove da noite na Cafetería Marta, 981 505346 , o torneo será no campo municipal de fútbol de Melide de herba artificial.
E este fin de semana a parte do Festival de Ortigueira, en Melide contaremos co festival do xacobeo do VAI DE CAMIÑO, o venres 11 de Xullo, cos grupos XOCHILMICA, SUPERSANDWICH E LAMATUMBÁ, NA EXPLANADA DO MULTIUSOS DE MELIDE, se chove será no Pazo de Congresos.
No pub Gatos Nani di o seguinte:
"Venres 11 de Xullo: Nova visita dun grupo do noso querido e admirado veciño Portugal, e coma de costume en colaboración co Eixo Norte-Audienzia Zero, nesta ocasión tócalle ó punk-rock de FADING COMISSION, banda cun amplo abano de seguidores ó outro lado do Miño e que seguro que en Melide poñen unha "pica en Flandes"."

sexta-feira, julho 04, 2008


NOITEBUS
Xa están dispoñibles os horarios e as paradas do Noitebus que levan a Melide picando no seguinte enlace doConcello de Melide
AXENDA
O primeiro fin de semana de Xullo traenos unha axenda completiña completiña.
Hoxe Venres 4 de Xullo (de que me sona esta fecha) no Pub Gatos:
dende Vigo e nunha onda indi-pop chegan CIRCULAR logo de facer unha exitosa xira pola península na que se inclúen concertos acústicos nas sedes na FNAC.
Na sala 600 : SKAMA LA REDE + GUEZOS
Por terceira vez no 600, chegan dende Ourense os Guezos, banda que fusiona dende o folk ao rock paasndo polo reggae, rematará a noite con SKAMA LA REDE, banda asturiana que presentará o seu derradeiro traballo "Echaos a la mar" no que mezclaska, punk, folk ...., a festa esta asegurada.
Non esquecerse de que ás 10.30 h. no Cantón de San Roque, a actuación que abre o Festival das Artes e das Letras 2008 do mes de Xullo en Melide, o guitarrista da Poboa do Caramiñal, Marcos Teira, presentando o seu último traballo onde se achega a música árabe.
Luthea Salom trae o seu jazz este sábado a Melide ás 22:00 h.
A cantautora canadense, producida por David Bowie e teloneira de Norah Jones, actua de balde este sábado, 5 de xullo, no Cantón de San Roque, dentro do Festival das artes e das letras de Melide
Luthea Salom é unha das voces máis rompedoras do actual jazz mundial.
E o domingo na sala 600 ás 10.30 unha auténtica actuación de luxo, o grande, para min o mellor contacontos (entre outras moitas cousas), Quico Cadaval, que volta a Melide despois de oito ou nove anos cando estivera no extinto pub Trisquel, actual Templo de Nefertari.

quarta-feira, julho 02, 2008


ARTEMELIDE
Este mes de xullo I Festival das Artes e das Letras Melide 2008, tedes todas a información sobre a programación na páxina artemelide.com