BARAK OBAMA
Gañou Obama, o primeiro presidente negro da historia dos EEUU, algo impensable non fai tanto tempo.,
Se buscamos algo parecido no cine atoparíamos o xa famoso lehendakari negro de "Airbag" pero indo un poco mais aló no "New York Times" e en moitos blogs lémbranse dunha película chamada "Guess who´s coming to dinner” (“Adiviña quen vén cear esta noite"), protagonizada por Spencer Tracy, Kahterine Hepburn e Sidney Potier, a peli vai dunha xoven de San Francisco de boa familia liberal que se presenta de súpeto na casa dicindo que atopara o home da súa vida e que quere casarse de seguido.
O fulano en cuestión é un doutor cun extraordinario currículum, pero había un problema o tipo é afroamericano. Como os pais sempre lle inculcaron valores liberais a rapariga non agarda ningun problema, pero na práctica si que os hai.
Curiosamente non fai moito tempo que vin a peli e sí que ten algún paralelismo coa carreira do xa elexido presidente dos USA.
De feito os mozos coñecesen en Hawai, terra de nacemento de Barack Obama e nunha das esceas da película, Sidney Potier pronóstica diante do seu sogro (Spencer Tracy) que os seus futuros fillos poderían chegar a secretarios de estado ou porque non a presidente dos Estados Unidos. Busquei o video no youtube pero só o atopei en inglés, poñoo igual.
A peli é dos anos sesenta, uns anos de cambio (iniciado polos presidentes Kennedy e Johnson) onde había estados onde o matrimonio interracial estaba prohíbido e onde a loita polos dereitos civís estaba latente.
quarta-feira, novembro 05, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Saleu elexido o menos malo dos dous, pero aínda así é malo de carallo.
Foreando un pouco por internet atopeime con isto:
A estas elecciones no solo se presentan Obama y McCain.
También están el militante anti-globalización RALPH NADER, la verde CYNTHIA MCKINNEY, BOB BARR (apuesta por la legalización de la marihuana) por el partido Libertaniano, por el partido Constitucionalista CHUCK BALDWIN, GENE AMONDSON por el Partido Contra el Alcohol, ROGER CALERO de los Trabajadores Socialistas, CHARLES JAY del Boston Tea, ALAN KEYES, independiente, BRIAN MOORE, Socialistas de Vermont y THOMAS STEVENS, Objetivista (libertariano).
Como vedes non só están o das patacas fritas e o barracas Obama. xD
http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_candidates_in_the_United_States_presidential_election,_2008
XD, gracias pola info pepe, vendo a cantidade de millóns de dolares que recaudaron burros e elefantes (se llos deran os pobres) pouco podían facer estes outros candidatos, pero o mesmo pensaba eu cando se presentaba fai uns anos o Reverendo Jackson e mira o que pasou, quen sabe igual dentro duns anos levamos unha sorpresa, saúdos para ás terras de rebordiños,joe
como ben puxen no meu blogue énos o mesmo. Riki,o primeiro posto é imposible:
Conseguiu 440 puntos, clasificouse na posición 2 de 1983 da listaxe
Vostede escribiu 597 caracteres por minuto
Vostede escribiu 116 palabras correctas
Vostede escribiu 0 palabras incorrectas
Segireino intentando
Enviar um comentário