terça-feira, setembro 30, 2008

Xa o vin fai unhos días no blog de Victor de Sobrado e agora póñovolo ós que aínda non o vistedes, "la he liao parda" , ;)

sexta-feira, setembro 26, 2008

CONCERTAZO HOXE NO 600
Hoxe venres na Sala 600 de Melide, actuación da banda tributo dos Dire Straits, Brothers in band, espectáculo garantizado, recoméndovolo, son moi bos.
Son da Coruña e xa tocaron por media península con grande éxito de crítica e público.
A verdade é que o mallan. Se eras dos que tocabas a guitarra coa raqueta cando eras pequeno non tes excusa. Prohibido perdelo. We are a Sultanssssss of swinggg.

quinta-feira, setembro 25, 2008

A noticia da semana en Melide non é outra que a actuación da xoven Mónica Vázquez despois de que un grupo de rumanos lle roubaran no seu comercio, Comercial Hermanos Vázquez, igual mais coñecido como piensos Coren.
Supoño que xa estardes o tanto, deixovos un enlace da nova publicada na Voz.
Marcus tamén se fixo eco no seu blog e incluso colgou un video dos informativos de Antena 3.
DÚAS DE PULPO...

Ás reflexións de Rafinha sempre teñen miga.
Esta que vos transcribo vai relacionada co ciclismo. Despois da gran Vuelta que fixo Ezequiel Mosquera, compoñente do equipo Xacobeo-Galicia na que acabou cuarto na clasifiación xeral, Rafa pensa que o ciclista de Cacheiras ten que ter familia en Melide xa que chamándose como se chama incluso pode que sexa dono dalgunha das famosas pulperías do noso concello. O colmo xa sería que o segundo apelido fose Curros (non o é, e Míguez), e por riba que lle alcumaran o jarnacho.
Isto recordame a dous xogadores do Betis, chamados Melli e Arzu.
Falando de pulpo, esta semana saía no Correo e no Tierras a melidense Tita Taboada, é foi debido a que ela e seu fillo Guti (Kanetas) formaron parte do grupo de pulpeiros elexidos por Turgalicia para preparar un dos nosos pratos mais típicos na Expo de Zaragoza.
Tedes aquí o enlace do Correo.
E que como sabedes para pulpos os de Melide.
RESOLTO O CASO LAMPREA
Despois de que pescadores da comarca se alarmaran na primavera pasada de que as troitas que pescaban viñan atacadas por lampreas un estudo do profesor da Universidade de Santiago, Fernando Cobo, afirma que ás lampreas foron introducidas, a matenta ou accidentalmente, pola man do home.
Segundo se publica hoxe na Voz e en blogs como o Recuncho Troiteiro, desvelouse o misterio.
A lamprea é unha especie das mais primarias e menos evolucionadas do mundo animal que nace no río pero que migra o mar para alcanzar a sua madurez sexual (segundo a Wikipedia) e é enton cando volta o río a desovar.
De ahí o estrano do caso de que apareceran no alto Ulla despois de 40 anos da construcción do encoro de Portodemouros (barreira infranqueable para viaxar o mar).
Foto de troita , con lamprea incluída, pescada en Beigondo (Santiso) por Carlos Lamas o pasado 11 de maio.

terça-feira, setembro 23, 2008


No almanque melidiano a queima da traca do San Caralampio semella que marca o final do veran e o que isto significa, festas, bon tempo (?), vacaciòns, festas, acampadas,festas,festivais, praia, festas, río, festas, monte ,festas, churrascadas, festas, viaxes, festas, dixen festas?.
Aínda así os arredores da nosa comarca sempre dan unha tregua para quen queira seguir cultivándose na fórmula do campo da festa carro-orquestra-carro e así sucesivamente, este pasado fin de semana foron festas en Sobrado, tamén en Lalín, agora veñen as de Présaras e as de Monterroso e claro dentro de poucos días chega a prolongación do verán por excelencia, o SAN FROILÁN.
E un non parar. Conteivos todo isto para dicirvos que o cartel do San Froilán, coma sempre, está moi ben.
4 de Outubro Julieta Venegas
5 de Outubro Luar na Lubre
5 de Outubro Dover
6 de Outubro Conchita
6 de Outubro Los Suaves
7 de Outubro Diego, El Cigala
7 de Outubro The Cabriolets
8 de Outubro Pedro Guerra
8 de Outubro Violadores del verso
9 de Outubro Psicolepsia, Kimuru y Hollywater
10 de Outubro Batital y Kentokaki
10 de Outubro Facto delafé y las flores azules, Pastora, Safari Orquestra e Doctor Think
11 de Outubro El Canto del Loco
11 de Outubro Def Con Dos, The Ellas y Miguel Costas con Germán Coppini
12 de Outubro Melendi
Esto sin contar coas sempre gratas costumes hostaleiras lucenses, as tapas... ., bueno está claro que o cartel é variado e para tódolos gustos. ou?
link oficial do San Froilan

sexta-feira, setembro 19, 2008



Non teño palabras.

quarta-feira, setembro 17, 2008

ANEXO 1.0



Co risco de que a Josu lle dera algo ( :) ) dinlle caña e xa subin parte das fotos deste ano de A NOSA FESTA, ó final optei por subilas de novo no Flickr, como o ano pasado non me colleron todas. ( Se queredes mandarme algunha a miña dirección é rikimelideARROBAgmail.com e igual facemos unha segunda tandada)
A 62ª edición do San Caralampio non defraudou, o tempo acompañou, e no que respecta ás pistolas e a tirada de viño a cousa foi moito mellor,aínda así como ben publica Marcus no seu blog , a festa viuse empañada polas navalladas dun señor de 71 anos a varios rapaces de Melide.
ENLACE DAS FOTOS: preme aquí
ou anosafesta.blogspot.com

terça-feira, setembro 16, 2008

Pois si, como dicían os dasbrigadas xa pasou, unha mágoa pero xa queda menos para o vindeiro.
En breve, poñereivos as fotos que saquei, veña meus¡¡¡¡, ah, que plataforma me aconsellades para que as colgue?

quinta-feira, setembro 11, 2008

XA VÉN, XA CHEGA....
Estos días para os melidenses os minutos parecen horas. Non corre o reloxio. A que é debido isto?, está claro aproximase ó domingo 14 de setembro e con el a celebración da festa mais agardada por moitos. O San Caralampio. Eso sí, cando chegue o domingo o reloxio bota fume e o día (a pesares de estiralo o máximo posible) pasa cuan-Usuain Bolt nos xogos de Pekín.
Este ano non vamos contar coa actuación dos Festicultores-Trópico de Grelos (levaban tres anos consecutivos vindo), nin tampouco cunha acutuación tipo Lamatumbá ó final da noite, pero haberá que ir tirando co que hai que non é pouco.
Para os mais novos: nada de andar facendo o parvo por ahí con pistolitas de plástico, os cativos (como se fixo sempre) teñen o concuros de debuxo "Alberte Lafuente" e ó Tiro á Lata con Escopetas de Pao na praza do Pozo pequeno.
Para o resto, o menú é ben sabido, ós tradicionais pementos e cachelos nas pallas na praza das Coles,e como no o viño vai ter o máximo protagonismo.
Acutacións: as charangas Tralla 101 de Melide, Os Amigos de Visantoña e Air Jalisia.
Á noite, a iso das nove na praza das Ichoas: The Turre´s Band dende Mos (Pontevedra).
Unha formación galega que sen dúbida vai facer bailar a todo o mundo ó son dos seus intrsumentos de vento e as súas sorprendentes versións da cultura popular e como non coa Muiñeira-Ska.
E xa na praza das Coles, OLLO COA TRACA ¡¡¡ e acutación da orquestra feminina M3, que despois de que a comisión presidida por Barullo pegáse ós carteis polos viños xa suscitou moitos e variados comentarios.
Pasadeo ben e sentidiño ¡¡¡¡¡, ah e non tiredes co viño que hai crise.

Cartaz da Orquestra M3, este domingo no Caralampio.
PD: Aquí a dereita tedes ás acutacións para venres e sábado da sala 600 e do pub Gatos.

terça-feira, setembro 09, 2008

Pizarra das tapas de O NOSO BAR, onte luns.

BOENTE ESTÁ MAIS PRETO DE MELIDE
"O CIRE GAÑA NO CAMPO DO MÁXIMO RIVAL E EMPEZA CON BON PÉ A SÚA NOVA ANDAINA NA SEGUNDA REXIONAL"*
*(este foi o títular que lle adiantei o 2 de Setembro no blog de León de Maroxo, anunciándolle xa o que iba acontecer ;) )
Lémbrome do título daquela película de Nicholson, Mejor....Imposible, está claro que ese é o pensamento dos siareiros azuis debido á que o CF Cire de Melide gañou o domingo no feudo do CSD Arzúa por 1-4 no retorno a Segunda Autonómica (Rexional chamouse sempre), despois de quince anos,e ademais ocupa a segunda praza na táboa clasificatoria (anécdota, pero mola).
A parte para os amantes da estatística, se non me engano, e a primeira vez que o Cire lle gaña ó Arzúa no campo do Viso en partido oficial.
Ben, no estrictamente futbolístico, o Arzúa levou o peso do partido pero non atinou co gol nos primeiros compases, din que nesto do fútbol quen perdoa págao, e así foi.
A falta de entedemento entre a defensa local e o seu porteiro propiciou que Peke lle marcara ó seu ex-equipo, tanto co que se chegaba ó descanso.
Os xogadores do Cire (o domingo de amarelo) agradecendo ó apoio incondicional dos siareiros chegados dende a Cerne.
Na segunda metade, o Cire aproveitou as súas ocasións e non perdoou, primeiro Toñito despois dunha maxistral contra e cunha gran definición , co Arzúa aínda pensando nesa xogada, foi Ramón Camiño quen conseguía o terceiro. O Arzúa seguía atacando pero precipitábase nos últimos metros do ataque aínda así nun saque de esquina chegaba o 1-3 obra de Pérez para os locais.
Ó Cire aguantaba atrás sen moitos problemas e nunha falta Suso Pampín poñía o definitivo e histórico, 1-4.
Ben, que lecturas podemos facer despois do partido.
1. O Arzúa está mais rodado físicamente e notase, a parte que ten xogadores que tocan moi ben o balón.
2. Como ben dixo León, ó CSD faltalle un "killer" da área, sen desmerecer o traballo voluntarioso de Dieguez.
3. Veteranía, os arzuáns son moi novos e sen dúbida están chamados a facer grandes cousas no Viso pero está claro que lles falta mais experiencia, é normal.
Alguén dixo tamén que o resultado do partido fora inxusto e que o Cire tivera moita sorte.
Bueno, 1-4 case o di todo, por moita sorte que teñas, tes que meter catro goles.
Estou dacordo en que o fútbol combinativo e a iniciatia na tarde do domingo foi propiedade do Arzúa, pero o Cire despois de recibir duas goleadas en pre-temporada non quixo cometer os mesmos erros,levaba a lección ben aprendida e optou por facer o partido que mais lle conviña dadas as circunstancias.
Ós melidenses nótaselles que as festas do San Roque, e o mes de agosto en xeral pasaron factura nos adestramentos e que aínda non están, nin de lonxe, no mellor ton físico, pouco a pouco chegase lexos.
Ben, agora gustaríame dicir que aìnda que non é un partido como os demais, é un derby e está claro que che gusta gañalo, pero só son tres puntos e acabamos de empezar, pes no chan.
Humildade, traballo e compañeirismo son os prinicipais factores que nos levarán ó noso obxectivo, a permanencia.
Con total seguridade, a 2ª Autonómica presúmese tremendamente igualada e quedan moitas batallas, con equipos moi competitivos, por exemplo o sábado ás 17.00 h. visita o municipal melidense o Olímpico de Rutis, que vira picado por quedar fora da Copa en Melide, e que polo que se está vendo, é un claro favorito ó ascenso, así que a poñerse ás pilar facer un bo encontro contra os de Vilaboa e o domingo disfrutar de A NOSA FESTA.
PD: Gustaríame facer unha crónica mais divertida pero o tartán arzuán e a distancia entre os banquiños e o graderío impediron estar ó loro do ambiente "extra-deportivo".
Aínda así habería que estar de Boente p`acó para non enterarse de que Emilio, Eva e Vacenas levaron a voz cantante nos ánimos dos chegados de Melide(que por certo, non foron poucos), e que fixeron unha festa a pesares de que como é sabido o bombo nas tardes de resaca dos domingos manca un pouquiño.
Cánticos de Emilio: "Outro día no campo da festa en vez do cabalo caparon á besta", "San Caralampio lorololó", "si si si somos de millí"... "el alcalde de Arrigorriaga tiene mucha ilustración, le gusta tocar el txistu, tambien toca el acordeón, también toca la guitarra y le llamaban Pantaléon", "La moto, la moto, la moto..." etc etc.
En definitiva día de festa en Arzúa dos de ....Melide.
Agora a polo Olímpico, gañandoo somos mais líderes. ;)
Ramón Camiño arzuán de nacemento, autor dun dos goles do encontro.

sexta-feira, setembro 05, 2008

FINDE
Hoxe venres no Gatos procedentes de Santiago HYDE CASINO co seu psycodelic-rock-powerpop. A verdade é que trátase dun grupo interesante e con moito futuro por diante, comentanos NAni.

Tardes máxicas da Sala 600 (Melide), comenza con Román García (1º Premio Nacional de Maxia), o espectáculo que trae titulase "Laberinto de ilusións".
Sábado 5 de setembro ás 19.30 horas, entrada única de 3 €uros.
E o domingo 7 de setembro, ás 11.00 da noite, concerto co artista compostelán Xan Solo, entrada de balde.

quinta-feira, setembro 04, 2008

VALLE UNE
Hoxe lendo "La voz de Galicia" chamóume poderosamente a atención a seguinte noticia; "A Pobra y Vilanova pondrán fin a la disputa por ser cuna de Valle-Inclán", Mira que levaban anos escornados para levarse a gloria de ser o Concello onde viu a luz o autor de "Luces de Bohemia".
"La histórica polémica había llevado al literato a decir que había nacido en un barco en medio de la ría de Arousa", e continua a nova "Los alcaldes anuncian que los municipios se hermanarán porque «lo importante es que es arousano"
Noraboa, parabens, impresionante, aínda hai esperanza, como ben sabedes na nosa terra sempre se pelexou ata o mínimo cuartillo de terreo, os movementos de marcos así o demostran, pero parece que neste século XXI algo está a cambiar, esperemos que este sexa o prinicpio do fin de polémicas estériles que nunca foron boas para ninguén.
Coma contrapunto a noticia, a min Valle sempre me recordou a un dos nosos mais queridos persoeiros melidáns, Xosé Domingos Fuciños, Mingos.
OPEN
"Closed", así estivo o blog durante un mes, e digo estivo porque conto actualizalo mais a miúdo a partir deste setembro, mes máxico onde os haxa xa que o segundo domingo (este ano é o día 14) pasa o que pasa.
Sereivos sincero ás ameazas dunha posible "comida de orella" por parte de León de Maroxo se pechaba o blog, son un dos motivos principais (é broma oh¡¡, bueno...), polos que continuamos esta nova "tempada".
León é o persoeiro da esquerda da foto, o da dereita e outro asiduo desta bitácora, Rial, ós que mando un afectuoso saúdo a pesares de que vivan do Bareta de Boente p`aló.
Verémonos, si Diolo quer, o domingo 7 de setembro, ás 17.00 h. da tarde no Campo do Viso en Arzúa, onde o Cire voltará a 2ª autonómica enfrontándose o seu máximo rival.
Dicir que en amistosos do mes de agosto, os de Arzúa lévannos oito goles de ventaxa, pero (el que avisa no es traidor) o domingo vai ser outra cousa (ogallá).
PD: Algún día Boente será a nosa parroquia número vinta e sete.