quinta-feira, julho 31, 2008

A Asociación de Troiteiros Río Furelos mandóume unha serie de fotos do desastre do Catasol:




quarta-feira, julho 30, 2008


XXVIII TORNEO FÚTBOL SALA
Despois do parón obrigado do ano pasado por mor do arranxo da pista do polideportivo este ano volta o que é mais que un torneo de fútbol sala, daría para un estudo sociolóxico, pero é como un gran acontecemento social.
O prazo para anotarse remata o sábado 2 de Agosto ás 21.00 h. na Cafetería Marta, 981505346. Cota: 60 € e as categorías son as seguintes:
ALEVÍNS.- Nados entre o 1-1-1998 e o 31-12-2000
INFANTÍS.- Nados entre o 1-1-1995 e o 31-12-1997
CADETES.-Nados entre o 1-1-1993 e o 31-12-1994
SENIORS e FEMININO.
Anotarse e disfrutar da pista polideportiva nova¡¡¡

terça-feira, julho 29, 2008


O CATASOL VOLTA A SUFIR
O Catasol afluente do Furelos sufriu no día de onte luns un verquido de alcatrán na ponte de Traspedra na parroquia de Moldes. 7.000 litros no río deste derivado do petróleo é a cifra deste desastre ecolóxico.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Melide (639874778, 981505003) solicita voluntarios e a máxima colaboración posible debido a dimensión do verquido,para axudar así na limpeza do Catasol ós empregados do Concello, os traballadores da empresa do camión, e membros da Asociación de Troiteiros que xa estan traballando nel.
Parece ser que o camión sufriu un accidente e foi dar ó río ó volcar lateralmente ó pasar pola ponte de Traspedra, unha pista moi estreita.
Deixovos aquí un enlace para ler a nova no xornal La Voz de Galicia

quinta-feira, julho 17, 2008


CONCERTO PUNK-ROCK EN MELIDE
Na Sala 600 de Melide este venres triple concerto punk-rock cos melidaos ALTERAZION DEL ORDEN (Rubio -voz-, Silvela -batería-, Carlos -baixo e coros, Brais -guitarra e coros- e Samuel -guitarra e coros-)acompañados dos dezanos Skarmento e Última Sacudida.Myspace de Alterazion del O
rden

terça-feira, julho 15, 2008



ROCK NO CAMIÑO
O pasasdo venres estivo Lamatumbá xunto con Xochilmica e Supersandwich no Vai de Camiño do Xacobeo en Melide, por medo a choiva trasladouse o concerto ó Pazo de Congresos, para quen coñeza o recinto non hai nada que explicar e para quen non saiba del dicir que é moi grande e acústica é unha palabra impronunciable no antigo campo da feira, aínda así os ourensás de Lamatumbá, con nova formación respecto a última vez que viñeron a Melide, intentaron sementar o esprito da festa para que prendera nos fieis asistentes ó concerto.
Vendo o espectáculo estaban catro individuos que polas pintas pensabamos que eran pelegríns, non hai acto festeiro en verán en que algún dos moitos camiñantes que paran en Melide dirección Compostela non se deixen ver co seu típico atuendo, sandalias, pantalós curtos, barba duns días, e aspecto en xeral extranxeiro, e mais sendo a historia organzida polo Xacobeo, pero nada mais lonxe da realidade trátabase, soubemolo despois, dos integrantes do conxunto portugúes Fading Commission, que se achegaron ata o recinto para ver o concerto antes xusto de que tocaran eles no Gatos.
Co doble luso de Luis Tosar á fronte os portugueses deron un auténtico concertazo de rockandroll no pub Gatos, sen dúbida a actuaciónn merece entrar no top-ten da xa veterana sala rockeira de Melide.
Este tema "7th Son" fixo as delicias dos alí presentes, autenticidade, actitude, compromiso, saber facer, bon rollo, uns fenómenos os Fading Comission, calificados como os "AC-DC do país veciño"

"FE DE ERRATAS", puxen un enlace dicindo que había Rock no camiño este ano, pero de momento non hai nada confirmado, gracias a Vitor de Palas que estivo atento a cuestión.

segunda-feira, julho 14, 2008



En Melide ruxiron motores na fin de semana, a peregrinación dos tractores antigos cara Compostela o sábado e a celebración do patrono dos camioneiros, o San Cristovo o domingo, encheron as rúas melidenses de colorido, moito barullo,claxones, buxías, pistóns,cabalos, aceite verquido, etc etc.


ROBERBARBAS
Todo empezou cunha aposta, que xa está gañada, pero debeulle gustar non ter que afeitarse que Rober Tito aínda non está pola labor de barbearse.
O seu novo look deu para moitos parecidos e comentarios.
Entre os que mais lle comenta a xente, que xa sabemos que moi amigha de falar, están: Chuck Norris, Manolo Ribeirao, Bin Laden, Peter Griffin no episodio do paxaro na barba, o típico sureño secesionista americano, Fito o cantante de A Roda,El Solitario,un compoñente de Froito Novo dos anos 70 etc etc etc, non sei que opinades vos.

quinta-feira, julho 10, 2008


SPORT AND MUSIC
O II Torneo de Fútbol 7 "Concello de Melide" escomeza o vindeiro xoves 17 ata o domingo 20 de Xullo, data límite para anotarse 15 DE XULLO ás nove da noite na Cafetería Marta, 981 505346 , o torneo será no campo municipal de fútbol de Melide de herba artificial.
E este fin de semana a parte do Festival de Ortigueira, en Melide contaremos co festival do xacobeo do VAI DE CAMIÑO, o venres 11 de Xullo, cos grupos XOCHILMICA, SUPERSANDWICH E LAMATUMBÁ, NA EXPLANADA DO MULTIUSOS DE MELIDE, se chove será no Pazo de Congresos.
No pub Gatos Nani di o seguinte:
"Venres 11 de Xullo: Nova visita dun grupo do noso querido e admirado veciño Portugal, e coma de costume en colaboración co Eixo Norte-Audienzia Zero, nesta ocasión tócalle ó punk-rock de FADING COMISSION, banda cun amplo abano de seguidores ó outro lado do Miño e que seguro que en Melide poñen unha "pica en Flandes"."

sexta-feira, julho 04, 2008


NOITEBUS
Xa están dispoñibles os horarios e as paradas do Noitebus que levan a Melide picando no seguinte enlace doConcello de Melide
AXENDA
O primeiro fin de semana de Xullo traenos unha axenda completiña completiña.
Hoxe Venres 4 de Xullo (de que me sona esta fecha) no Pub Gatos:
dende Vigo e nunha onda indi-pop chegan CIRCULAR logo de facer unha exitosa xira pola península na que se inclúen concertos acústicos nas sedes na FNAC.
Na sala 600 : SKAMA LA REDE + GUEZOS
Por terceira vez no 600, chegan dende Ourense os Guezos, banda que fusiona dende o folk ao rock paasndo polo reggae, rematará a noite con SKAMA LA REDE, banda asturiana que presentará o seu derradeiro traballo "Echaos a la mar" no que mezclaska, punk, folk ...., a festa esta asegurada.
Non esquecerse de que ás 10.30 h. no Cantón de San Roque, a actuación que abre o Festival das Artes e das Letras 2008 do mes de Xullo en Melide, o guitarrista da Poboa do Caramiñal, Marcos Teira, presentando o seu último traballo onde se achega a música árabe.
Luthea Salom trae o seu jazz este sábado a Melide ás 22:00 h.
A cantautora canadense, producida por David Bowie e teloneira de Norah Jones, actua de balde este sábado, 5 de xullo, no Cantón de San Roque, dentro do Festival das artes e das letras de Melide
Luthea Salom é unha das voces máis rompedoras do actual jazz mundial.
E o domingo na sala 600 ás 10.30 unha auténtica actuación de luxo, o grande, para min o mellor contacontos (entre outras moitas cousas), Quico Cadaval, que volta a Melide despois de oito ou nove anos cando estivera no extinto pub Trisquel, actual Templo de Nefertari.

quarta-feira, julho 02, 2008


ARTEMELIDE
Este mes de xullo I Festival das Artes e das Letras Melide 2008, tedes todas a información sobre a programación na páxina artemelide.com

A suxerencia de CF Toques, comentovos que van entrar en funcionamento este sábado 5 de xullo de cara o verán cinco liñas de Noitebús, Arzúa,Boimorto, Santiso, Agolada, Friol, Lalín e as parroquias melidenses serán os prinicpais beneficiados,
+ info na nova páxina web do Concello de Melide
Onde estan agora os que criticaban/criticabamos a Luis Aragonés?