quinta-feira, janeiro 18, 2007

FOTOS HISTÓRICAS FÚTBOL MELIDÁN. ANEXO I

Buscando en publicación senlleiras da nosa vila atopei no "Boletín 11, Xuño 1998" do Centro de Estudos Melidenses "Mueso Terra de Melide" -que espectacular traballo o de Xosé Manuel Broz e a sua xente, durante tantos anos- unha excelente escolma de fotos antigas sobre moitos temas e entre eles un apartado adicado ó fútbol.
Escomenzamos por imaxes dos anos 40 tiradas dos archivos particulars de Pampín Fuciños, Edelmiro Blando e Marina Sardón. Exelentes xoias históricas do fútbol da posguerra no pequeno pobo de Melide. Nunha das fotos por detrás poñía a lenda: "Componentes que acutaron en Campo del Teijeiro F.C 29 Junio 1943" na que vos poño aqui embaixo o texto do dorso di tal que así: En Mellid, Rafale, Victor, Aguiar, Darío, Pituco, Meme, Manolito, Julio, Susito, Edelmiro y M.Gómez. Vencimos a Arzúa por 4 a 0. Mellid, Mayo de 1943"

Séguenlle por orde cronolóxico a estas emocionantes imaxes unha serie adicada ós anos 50, rodilleras e gorra estilo Ricardo Zamora,traxes ad hoc, que bonitos e difíciles tempos, a mellor conservada cecais sexa esta:


Tócalle o turno ós 60, outra gran colección de fotos dos archivos de Jesús Carregal, Juan López (nun partido disputado contra o Seminario de Lugo) e ésta de Jose Luis Senín, datada en 1966 e podemos ver ó Cire Ye-Ye en Lugo,entre outros adiviñamos a ver a Carregal de porteiro, Landín, Javier e Suso Aceiteiro ou Kiko Broz.

Nos 1970, xa se ven mais patillas e barbas estas duas fotos son caracterísitcas deste tempo:


A tempada 1973-74 histórica para o noso fútbol os Xuvenís do Atlético Melide proclámanse campións da Liga do Sar. Aqui os temos:


Ese mesmo ano xoga a Liga do Sar o equpo Senior que forma en Compostela coa Catedral ó fondo,pode que sexa Vista Alegre:

O 18-8-1975, en pleno San Roque no campo do Marco na Martagona xogou un equipo feminino (o ano anterior tamén houbera un combinado de mulleres pero en baloncesto, xogando na praza do convento) de Melide dirixido por Mosquito. Na imaxe podemos ver a Sabela Fondevila, Amparo Soto, Margarita, Aurora Pado, Fernanda Sobrado, Camani, Luisa Martínez, Loló García ou Marga Pampín entre outras.

A última foto deste pequeno anexo chega dende o archivo de Antón Segade e nela podemos ver o equipo do Cire, campión da Liga da Montaña (antes as ligas denominabanse por zonas, Liga das Mariñas, Liga da Montaña, Liga da Costa), que abranguía moitas poboacións do interior de Galiza. Era a tempada 1977-1978 e vencimos ó Ferreira por 3-2, na final de devandito campionato.


Pd: Nani a ver se me botas unha mau cos nomes que non quero meter a zoca.

8 comentários:

Anónimo disse...

recordo ben ese dïa; paseino increïblemente ben; aparte de ganar; facïa unha calor expantosa pero menos mal que Manolo do Alongos levara provisiöns para todo Melide; foran tres autonuses a tope e de verdade que foi inesquencible:O parido fora en Cantada e o pasar polos pobos veciños montäbase: Bueno a lineaciön ë:SUSO PAMPIN(delegado);PEPE LUIS (ADESTRADOR);JORGE;ANTON SEGADE;GOROS;MALEN;MONCHO BALBOA;MANOLO PATIÑO E JUAN(cuñado deste ultimo)=ANICADOS:VIA;KIKO BROZ;RUFINO;ZALO;EDREIRA E MIGUE O ASTURIANO
Das outra fotos tamën recoñezo moita xente; sobre todo no Atlëtico pero hoxe non me vai o teclado asï que xa falaremos:

Anónimo disse...

Nani obrigado, eres un fenómeno, un día tes que contar cando co Santiso lle gañastes a Copa d aMontaña ó Cire daqueles anos que deixaba no banquiño os de Melide e xogaban os mercenarios. jajja.
r n r

Anónimo disse...

Teño que rectificarme a min mesmo, o 1º pola esquerda non o identifiquei ben, trabuqueime, é Suso do Aceiteiro, o que pasa é que como se chama Jesús Rodríguez Pampín e o conto do teclado (onde pon autonuses-autobuses, Cantada-Chantada E Migue-Miguel, etc.)pois non dín correxido, agora parece que vai e xa seguirei, hai presa, veña coidarse.

rikimelide disse...

Tranqui Nani, entendíase todo ben. Non te apures xa falaremos de bagar.

Anónimo disse...

riki na foto do 66 tamen esta meu tio candido chiquitin

Anónimo disse...

ok, gracias chike, un abrazo ós chiquitís, raza balompedica onde as haxa, agora segue o mais novo "Beckenbauer" jajjajaj

Angeles Costoya disse...

Muy chulas las fotos, pero.... un detalle, (que claro yo veo)
En la foto cire 66 de pie en el centro Domingo Costoya y agachado el segundo por la izquierda Paco Costoya.

rikimelide disse...

Gracias Ángeles pola túa información, a ver si teño un pouco de tempo e colgo mais fotos. Un saúdo.