quarta-feira, outubro 26, 2011


OS MELIDAOS ACTÚAN ESTE VENRES NO PROGRAMA LUAR DA TVG

Para Os Melidaos, que cumpren 10 anos, será a primeira vez que actúan en televisión.
Os Melidaos presentarán en Luar unha das cancións incluídas no novo disco que están gravando, e na que cantan todos os membros do grupo.O grupo melidense de música tradicional Os Melidaos actuarán o vindeiro venres, 28 de outubro, no programa Luar da TVG. Trátase da primeira actuación do grupo nun programa televisivo e agardan que a xente disfrute da mesma.
Os seis músicos dos Melidaos: Marcelino Vázquez, Pepe Taboada, Pepiño Blanco, Luís Casal, Antonio Raposo e Xele Barrio, están moi satisfeitos de poder actuar neste coñecido e veterano programa televisivo pois significa espallar a música feita dende Melide.
Os Melidaos interpretarán nesta ocasión especial unha peza cantada que tamén se poderá escoitar no novo disco, que agardan telo rematado para finais deste ano, que levará por título “Axudádeme a cantar”.

quinta-feira, agosto 04, 2011


SUSIÑO PORTADA DO PROGRESO DE HOXE

sexta-feira, julho 01, 2011


O pasado Martes participei no programa semanal de radio do meu amigo Jorge "Josu" Iglesias, dinamizador do proxecto Partner Tic en Melide, tamén participou no espazo Carlos Sánchez, outro coñecido melidense que acudiu a un dos numerosos cursiños que se imparten no Mulitusos de Melide e que se está iniciando no mundo dos Blogs. Deixovos o enlace: facer click aquí


Como cada Martes se realizo el programa "ParnetTic ti es parte". Este 28 de junio del 2011, tuvimos un programa muy ameno y divertido, en el que hablamos de los Blogs. Tuvimos como invitados a 2 personas relacionadas con este mundo, uno porque acaba de empezar a descubrirlo, como es Carlos Sánchez, que es un almumno que realizo uno de los cursos Parnettic, en el que veiamos la Creación de un Blog y otro invitdao como es Ricardo López (Riki), que es el bloggero mas antiguo de nuestro ayuntamiento, empezando su recorrido en el año 2005.

segunda-feira, maio 30, 2011



Tremenos Peta Zeta Top, versións dos míticos texanos por tres grandes músicos e mellores persoas, Jose de Palas, guitarra e voz, Pablo de Sobrado, batería e voz, e Brais de Melide, baixo e coros.
Fenomenal posta en escea, coas barbas e os sombreiros, e fenomenal concerto, noraboa rapaces ¡¡¡¡