quarta-feira, outubro 26, 2011


OS MELIDAOS ACTÚAN ESTE VENRES NO PROGRAMA LUAR DA TVG

Para Os Melidaos, que cumpren 10 anos, será a primeira vez que actúan en televisión.
Os Melidaos presentarán en Luar unha das cancións incluídas no novo disco que están gravando, e na que cantan todos os membros do grupo.O grupo melidense de música tradicional Os Melidaos actuarán o vindeiro venres, 28 de outubro, no programa Luar da TVG. Trátase da primeira actuación do grupo nun programa televisivo e agardan que a xente disfrute da mesma.
Os seis músicos dos Melidaos: Marcelino Vázquez, Pepe Taboada, Pepiño Blanco, Luís Casal, Antonio Raposo e Xele Barrio, están moi satisfeitos de poder actuar neste coñecido e veterano programa televisivo pois significa espallar a música feita dende Melide.
Os Melidaos interpretarán nesta ocasión especial unha peza cantada que tamén se poderá escoitar no novo disco, que agardan telo rematado para finais deste ano, que levará por título “Axudádeme a cantar”.